Desestimada 31/03/2022 · 58 días en resolverse

Denegación de acceso al informe sobre materias críticas en Galicia realizado por el Colegio Oficial de Geólogos

Se solicitó a la Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais el acceso a un informe sobre materias críticas en Galicia. El solicitante alegó que se denegó el acceso por confidencialidad. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la administración justificó que la revelación causaría perjuicios económicos y especulativos en la fase de diagnóstico.

Puntos clave de la argumentación

1 La aplicación de los límites al derecho de acceso debe ser restrictiva y solo procede cuando la concesión de la información suponga un perjuicio claro y concreto superior al interés de su acceso.
2 La revelación del informe en fase de diagnóstico podría provocar movimientos especulativos mediante la reserva anticipada de zonas de explotación de materias primas críticas.
3 La difusión prematura del documento desvirtuaría la utilidad de la actividad de planificación y control en beneficio del interés público, eliminando la garantía de confidencialidad en la toma de decisiones.
4 La resolución impugnada y el informe de la Consellería justifican convenientemente la aplicación de los límites alegados basándose en la protección de la política económica y las funciones de control mineral.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en representación _ , med iante escrito do 1 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o d ía 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. , en representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 1 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais po la que se lle denega o acceso ao informe sobre materias críticas en Gal icia, realizado polo Colexio Oficial de Xeólogos (Expediente: ■ O reclamante indicaba que se lle denegou o acceso á información solicitada por tratarse de información confidenciai e esixe que se atenda ás peticións de infor mación formu ladas. O escrito viña acompañado de cop ia da solicitude presentada, asinada con certificado electrón ico de representante da fundación, e do seu DN I. Segundo. Con data do 3 de febreiro de 2022, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de febreiro de 2022. Terceiro. Con data do 28 de febreiro de 2022, a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a resolución denega o acceso á información solicitada, por ser aplicables á mesma os límites de acceso a información referidos ás funcións administrativas de vixilancia, inspección e control, á política económica e monetaria e á garantía de confidencialidade ou o segredo requirido na toma de decisións (artigo 14.1.g), i) e k)) Considera que a resolución ditada motivou debidamente a denegación de información, aplicando tres límites ao dereitos de acceso que se xustifican na mesma sen que o reclamante achegue ningunha argumentación que rebata minimamente as motivacións que xustifican na resolución a denegación da información solicitada. O informe sobre materias críticas de Galicia realizado polo Colexio Oficial de Xeólogos foi encargado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e as liñas xerais do mesmo foron presentadas nun acto público, mais non se considerou axeitado dar a coñecer o seu contido íntegro dados os prexuízos que podería ter a súa revelación. Como figura na resolución impugnada, a Administración autonómica atópase nunha fase previa de diagnose e de carácter confidencial, e o estudio servirá como un documento previo de traballo para tomar decisións e realizar propostas de actuación que se adopten respecto das súas conclusións, que se procede, serán obxecto de exposición e avaliación polo público en xeral unha vez que sexan elaboradas. Considera que facilitar o acceso a este documento suporía un prexuízo para as funcións administrativas de control da actividade mineira, a política de desenvolvemento mineiro como parte da política económica, así como para a garantía de confidencialidade requirida na toma de decisións. O seu coñecemento antes de terse elaborado unha estratexia, podería dar lugar a movementos especulativos consistentes na reserva anticipada das zonas nas que potencialmente poden explotarse estas materias primas críticas, dificultando o desenvolvemento ordenado posterior e incidindo negativamente na política económica, así como nas funcións administrativas de control dos recursos minerais desta Dirección Xeral. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Por tanto, considera que a denegación do acceso á información foi debidamente motivado na resolución ditada polo que non achegándose polo reclamante argumentación algunha que desbote as motivacións da resolución, considera que a reclamación debería ser desestimada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data do 31 de xaneiro de 2022, e a reclamación se interpuxo o 1 de febreiro de 2022, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A entidade interesada solicitou acceso ao informe sobre materias críticas en Galicia, encargado pola Dirección Xeral ao Colexio Oficial de Xeólogos, información que foi denegada Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 por concorrer na mesma os límites establecidos no artigo 14.1 g), referido ás funcións administrativas de vixilancia, inspección e control, 14.1.i) a política económica e monetaria e 14.1.k), garantía da confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisións. En materia de acceso á información pública a regra xeral é a de permitir o mesmo, mentres que a aplicación dos límites debe entenderse de forma restritiva e procede unicamente nos casos nos que a concesión da información supoña un prexuízo claro e concreto superior ao interese do seu acceso. Tal e como xa afirmou a xurisprudencia, os límites de acceso á información establecidos no artigo 14, constitúen conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia e transcendencia deben ser concretadas en cada caso, ponderando os intereses en conflito. Considérase que tanto a resolución impugnada como no informe remitido pola Consellería, se xustifican convenientemente a aplicación dos límites alegados, por canto o documento solicitado, forma parte dunha fase previa de diagnose no que o estudio servirá de base para a toma de decisións e realización de propostas de actuación para o control da actividade mineira, polo que a súa revelación suporía un prexuízo para a política de desenvolvemento mineiro como parte da política económica, que podería anular ou desvirtuar a utilidade da actividade de planificación e control en beneficio do interese público, eliminando a necesaria garantía de confidencialidade na toma de decisións. Así mesmo, como se xustifica informe, o seu coñecemento antes de terse elaborado a estratexia, podería dar lugar a movementos especulativos mediante a reserva anticipada de zonas nas que potencialmente poden explotarse as materias primas críticas, dificultando o desenvolvemento ordenado posterior, incidindo negativamente na política económica e nas funcións administrativas de control dos recursos minerais pola Dirección Xeral competente. Por outra banda, e como figura no informe remitido pola Consellería, a Asociación interesada non combate os motivos de denegación da resolución que impugna, nin fundamenta a súa reclamación en ningún motivo de nulidade ou anulabilidade da resolución impugnada, polo que procede a desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por en representación da con data do 1 de febreiro de 2022, contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se lle denega o acceso ao informe sobre materias críticas en Galicia. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:33:59 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.