El solicitante pidió al Concello de Santiago de Compostela información sobre aportaciones económicas a convenios y contratos de la empresa pública INCOLSA. El Ayuntamiento denegó parte de la información alegando confidencialidad comercial. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por considerar que los límites al acceso fueron invocados de forma genérica.
Puntos clave de la argumentación
1
La invocación de límites al acceso a la información no opera de forma automática, requiriendo la realización de un 'test del daño' para acreditar un perjuicio concreto, definido y evaluable.
2
No es admisible que la totalidad de la actividad contractual de una empresa pública sea considerada secreta basándose en una confidencialidad formulada de carácter genérico.
3
La información relativa a contratos (objeto, duración, importe y adjudicatario) debe publicarse según el artículo 8 de la Ley 19/2013, sin que la competitividad del sector justifique su exclusión total.
4
Los secretos comerciales deben referirse a conocimientos técnicos, métodos de costes o estrategias de ventas, y no a los datos básicos de contratos realizados por una entidad pública.
5
El límite relativo al secreto en procesos de toma de decisiones requiere acreditar que la divulgación perjudicaría la decisión, no siendo válido basarse en hipótesis puramente abstractas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 18 de febreiro
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de xullo de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 18 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela do 21 de
xaneiro de 2021, polo que se lle da traslado do informe emitido por INCOLSA (Información e
Comunicación Local, S.A.) relativo ás cuestións suscitadas no expediente en
relación á Resolución da Comisión de Transparencia de Galicia n° RSCTG 63/2021. Á dita
reclamación asinóuselle o número de expediente RSCTG 26/2022.
O reclamante indicaba que a Comisión da Transparencia de Galicia con data do 22 de xullo de
2021, estimou a súa reclamación (expediente RSCTG 63/2021), instando ao Concello de
Santiago de Compostela a proporcionar a información solicitada de forma completa, e con
data do 31 de xaneiro de 2022 o Concello de Santiago de Compostela lle entregou como
resposta un informe de INCOLSA no que alega que esa entidade non é parte do "Convenio de
Colaboración do Comité de Rutas Aéreas de Galicia", que non concede subvencións e, en
relación a información sobre os contratos e convenios asinados, invoca a aplicación dos limites
de acceso recollidos no artigo 14.1. h) e k) da Lei 19/2013.
Indica que a maioría da información que solicitou, estaría formada por datos expresamente
mencionados non artigo 8.1.a), b) e c) da Lei 19/2013, que obrigaría a entidade a facer pública
esa información, incluso sen necesidade de solicitude.
Arguméntase tamén por INCOLSA que non ten coñecemento de ningún "Convenio de
Colaboración do Comité de Rutas Aéreas de Galicia" e que INCOLSA non concede subvencións.
Independentemente da veracidade desas afirmacións, que o reclamante non discute, a
solicitude non estaba dirixida a INCOLSA, senón ao Concello de Santiago de Compostela, sendo
este quen debería proporcionar a información, sen prexuízo da súa obriga de remitir a
solicitude a quen a teña a información no seu poder.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 2 de marzo de 2022, asinouse dilixencia de arquivo no expediente
RSCTG 26/2022, por considerar que o escrito presentado o día 18 de febreiro de 2022, que
deu lugar ao expediente RSCTG 26/2022 coincidía na petición e no solicitante co escrito
dirixido a esta Comisión o 10 de febreiro de 2022 , procedéndose á tramitación do expediente
RSCTG 22/2022 e pasando a documentación a integrarse no dito expediente.
Terceiro.- Con data do 25 de maio de 2022, o interesado presenta escrito no que solicita
información sobre o estado de tramitación da súa reclamación. Constatado nese momento
que o escrito presentado o 18 de febreiro non coincidía co presentado o 10 de febreiro de
2022, e que por tanto a dilixencia de arquivo asinouse en base a un erro material, procedeuse,
de conformidade co disposto no artigo 106 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, á iniciación dun novo expediente de
reclamación baixo o número RSCTG 101/2022, dándoselle traslado da documentación
achegada polo reclamante ao Concello de Santiago de Compostela, con data do 31 de maio
de 2022, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia
completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de xuño de 2022, sen que polo Concello
se remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación remitida polo interesado, a resolución
notificóuselle o 31 de xaneiro e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 1 de febreiro de 2022, polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información ao Concello de Santiago de
Compostela referente a achegas económicas do dito Concello no Convenio coa entidade
pública empresarial AENA e no Convenio co Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas de Galicia,
e a relación dos contratos adxudicados, convenios asinados e subvencións concedidas por
unha empresa pública, e ante a falla de contestación polo Concello, tramitouse o expediente
RSCTG 63/2021, no que a Comisión ante a falla de remisión da copia do expediente e o informe
solicitado ao Concello, e por considerar que a información solicitada era información pública,
estimou a reclamación con data do 20 de xullo de 2021, instando ao Concello a proporcionar
ao interesado a información solicitada.
Tras a resolución da Comisión da Transparencia, o Concello remitiu ao interesado un informe
da empresa pública no que se lle indica que o convenio formalizado por INCOLSA coa Axencia
Turismo de Galicia e AENA, non prevé a realización de ningunha achega económica por parte
desta, e a dita empresa pública non é parte do Convenio de Colaboración do Comité de Rutas
Aéreas de Galicia, nin concede subvencións de ningún tipo a entidades do sector privado ou
público.
Respecto dos contratos adxudicados a empresas vinculadas ao transporte aéreo, indica que a
solicitude presentada ten por obxecto acceder a información directamente relacionada coa
actividade comercial dirixida á promoción turística da cidade, actividade que se desenvolve
nun sector do mercado multinacional altamente competitivo e cunha elevada volatilidade na
concertación das operacións de difusión turística en medios especializados, polo que a
negociación e tramitación está suxeita a condicións de confidencialidade que impiden difundir
o seu contido, e o seu incumprimento podería dar lugar a un incumprimento contractual de
imprevisibles consecuencias para a entidade e o interese público. Respecto da definición das
partidas e custos económicos das actividades de promoción turística vencelladas aos
mercados emisores europeos, figuran nos Orzamentos anuais da sociedade, publicados no
Portal de Transparencia do Concello de Santiago de Compostela, o cal é accesible para toda a
cidadanía.
Non se lle deu por tanto a información solicitada polo reclamante sobre as achegas
económicas realizadas polo Concello no Convenio coa entidade pública empresarial AENA e
no Convenio co Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas de Galicia, que debeu dárselle.
Respecto dos convenios asinados e subvencións concedidas por INCOLSA, debe aceptarse a
afirmación contida no informe de que a dita empresa pública non é parte do Convenio de
Colaboración do Comité de Rutas Aéreas de Galicia, nin concede subvencións de ningún tipo.
Respecto dos contratos asinados con indicación do obxecto, duración, importe do
contrato/subvención ou obrigas económicas contraídas, data de formalización e identificación
das partes, adxudicatarios e beneficiarios, non poden aceptarse a concorrencia do límite dos
intereses económicos e comerciais (artigo 14.1.h) e o da garantía da confidencialidade ou o
segredo requirido en procesos de toma de decisións (artigo 14.1.h).
O articulo 14.1 h) da Lei 19/2013 dispón que o dereito de acceso poderá ser limitado cando
acceder á información supoña un prexuízo para os intereses económicos e comerciais.
O articulo 14.1 k) da Lei 19/2013 sinala que o dereito de acceso poderá ser limitado cando
acceder á información supoña un prexuízo para a garantía de confidencialidade ou o segredo
requirido en procesos de toma de decisión.
Por tanto, ambas as causas actúan como límites ao exercicio do dereito de acceso á
información. Respecto da aplicación destes límites, o Consello de Transparencia elaborou o
Criterio Interpretativo Cl/002/2015, do 24 de xuño, no que se destaca que se ven observando
unha interpretación extensiva dos conceptos contidos en determinados límites respectos dos
cales resulta conveniente identificar e precisar os criterios e condicións que xustifican a súa
aplicación.
Os límites a que se refire o artigo 14 da Lei 19/2013, a diferenza dos relativos á protección dos
datos de carácter persoal, non se aplican directamente senón que, de acordo coa literalidade
do texto do número 1 do mesmo, poderán ser aplicados.
Desta maneira, os límites non operan nin automaticamente a favor da denegación nin
absolutamente en relación aos contidos. A invocación de motivos de interese público para
limitar o acceso á información deberá estar ligada coa protección concreta dun interese
racional e lexítimo.
Neste sentido a súa aplicación non será en ningún caso automática: antes ao contrario, deberá
analizarse se a estimación da petición de información supón un prexuízo (test do dano)
concreto, definido e avaliable. Esta, ademais non poderá afectar ou ser relevante para un
determinado ámbito material, porque do contrario estaríase a excluír un bloque completo de
información. No presente caso, non é admisible que todos os contratos realizados por unha
empresa pública no seu ámbito de actividade, teñan carácter de segredo.
Do mesmo modo, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional atendendo á
circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que xustifique a
publicidade ou o acceso (test do interese público).
Non se debe esquecer que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser un dos eixes fundamentais de toda acción política. Só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Tendo en conta o anterior, no presente suposto, INCOLSA non xustifica, mais que dunha forma
xenérica, que os datos solicitados referentes a contratos financiados con fondos públicos, por
estar nun sector altamente competitivo, está suxeita a condicións de confidencialidade que
impiden difundir o seu contido.
A Lei 19/2013 no seu artigo 8, establece que deben publicarse como mínimo, a información
relativa aos contratos, con indicación do seu obxecto, duración, importe de licitación e de
adxudicación, procedemento de celebración, publicidade, identidade do adxudicatario e as
modificacións do contrato, sen que se poidan excluír desa publicidade, e por tanto do
coñecemento de quen o solicita, neste caso o reclamante, a actividade contractual realizada
por unha empresa pública como no presente caso, baixo o argumento dunha
confidencialidade formulada con carácter xenérico.
Os segredos comerciais, esenciais á hora de poder confirmar que se produce un prexuízo no
sentido sinalado no art. 14.1 h) da Lei 19/2013, foron regulados na Lei 1/2019, de 20 de
febreiro, de Segredos Empresariais.
A Comunicación da Comisión relativa ás normas de acceso ao expediente da Comisión nos
supostos de aplicación dos artigos 81 e 82 da Tratado CE, os artigos 53, 54 e 57 do Acordo EEE,
e o Regulamento (CE) nº 139/2004 do Consello (2005/C 325/07) en referencia os segredos
comerciais, establece que cando a divulgación de información sobre a actividade económica
dunha empresa poida causarlle un prexuízo grave, dita información terá carácter de segredo
comercial. Como exemplos de información que pode considerarse secreto comercial cabe
citar a información técnica e/ou financeira relativa aos coñecementos técnicos dunha
empresa, os métodos de avaliación de custos, os segredos e procesos de produción, as fontes
de subministración, as cantidades producidas e vendidas, as cotas de mercado, os ficheiros de
clientes e distribuidores, a estratexia comercial, a estrutura de custos e prezos e a estratexia
de vendas, sen que se poida considerar segredo comercial a información referente ao obxecto,
importe, obrigas e demais información solicitada en referencia a contratos realizados por
unha empresa pública.
No presente caso está a solicitarse información dos contratos celebrados por unha empresa
pública referidos ao seu campo de actividade, polo que se ben se podería xustificar que algún
ou algúns dos aspectos dos contratos, estean sometidos ao referido límite, sempre que se
xustifique adecuadamente, non é admisible que a totalidade dos aspectos contractuais o
estean.
Respecto do límite do artigo 14.1.k) Garantía de confidencialidade ou o secreto requirido en
procesos de toma de decisións, non se aprecia nin se xustifica na información remitida ao
interesado, que concorra o mesmo.
O seu obxectivo é o de protexer as deliberacións internas previas á toma de decisións para
garantir que as decisións se tomen sen presións externas indebidas. Como calquera outro
límite para a súa aplicación , debe acreditarse que se pode producir un prexuízo de divulgar a
información e que pode prexudicar a toma de decisión, mediante a súa ponderación co
interese público da divulgación do documento o que determinaría a decisión de facelo público
ou non, polo que para poder ser invocado o risco de menoscabar o interese debe ser
razoablemente previsible e non puramente hipotético. No presente caso, unicamente se
invoca a existencia do límite referido aos procesos de toma de decisión, non á decisión como
tal, sen acreditar en que sentido, ou en que medida se podería producir un prexuízo.
En conclusión, aceptar os argumentos de INCOLSA, de carácter xenérico, suporía excluír sen
xustificación algunha toda a actividade contractual dunha empresa pública do ámbito da
Transparencia, o que seria contrario á normativa que rexe nesta materia.
Debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto no
artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite
para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 18 de
febreiro de 2022, contra o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de
Compostela do 21 de xaneiro de 2021, polo que se lle da traslado do o informe emitido pola
sociedade Información y Comunicación Social, S.A. relativo ás cuestións suscitadas no
expediente en relación á Resolución da Comisión de Transparencia de Galicia n°
RSCTG 63/2021.
Segundo: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 10 días
hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14
e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización
do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2022.07.22 15:10:21 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.