Un sindicato solicitó a la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza información sobre la licitación y ejecución del contrato de vigilancia y seguridad de edificios de la Xunta. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La contratación pública es objeto de publicidad activa y debe facilitar información sobre actos de gestión administrativa con repercusión económica y presupuestaria.
2
Ante el silencio administrativo, el interesado tiene derecho a interponer reclamación potestativa contra la denegación presunta.
3
La resolución de estimación parcial dictada por la administración fue emitida fuera del plazo legal de un mes para notificar la resolución.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por en nome e representación
de , mediante escrito
do 31 de outubro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D en nome e representación de
presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 31 de outubro de 2017, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por
entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O interesado indicaba que o día 15 de setembro de 2017 solicitara á Xunta de Galicia, dirixido
á Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a seguinte
documentación:
Toda a información relativa á licitación, adxudicación e execución do vixente contrato de
vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta, con número de expediente
2013-SESE 02-EM, sobre os plans da Xunta para cubrilas súas futuras necesidades de vixilancia
e seguridade de ditos centros ao fin do contrato, e especialmente o seguinte:
“ 1.- La información que corresponde publicar conforme el artículo 13 de la Lei 1/2016, y en
particular: pliegos y documentación de interés (apartado c), composición de la mesa y otros
órganos técnicos (apartado e), la valoración de las ofertas (apartado j), y las modificaciones
del contrato (apartado m).
2. La documentación de las comunicaciones con la empresa y de las incidencias durante su
ejecución, y en particular: el nombramiento e identidad del coordinador general durante la
vigencia del contrato (conforme a la sección 3.1.1 del pliego de prescripciones técnicas, en
adelate PP); lo propio referido a los jeges de equipo (3.1.3 PP); el plan de trabajo y los informes
anuales (4.1 PP); el sistema de control de caliad, su aprobación por la Xunta, el control por
rondas de los edificios, los informes semestrales, y en su caso la contratación por la Xunta de
algún servicio de control externo (4.2 PP); las mejoras ofrecidas y efectivamente suministradas
con su justificación documenbatl (4.3 PP); las sustituciones de personal, y modificaciones en el
número, categoría, distribución de turnos o lugares de trabajo habituales (6.1 PP); la
acreditación de la cualificación del personal mediante listado nominal y documentación, y lo
propio en cuanto al uso de escáner y cámaras (6.2.1-3 PP); comunicaciones previas de los
cambios del personal adscrito a la empresa (6.2.4 PP); incidencias en materia de seguridad,
salud y prevención de riesgos (6.2 PP); información sobre equipamiento y uniformes (6.4.-5
PP); instruciones de la administración (7.1PP); y comunicaciones de la administración sobre su
disconformidad respecto a incumplimientos, discrepancias o incidencias con sus respuestas de
la contratista (7.2 PP).
3. Documentación existente con respecto a la situación de prórroga del presente contrato,
término del mismo, los planes para la futura contratación de la seguridad, las intenciones de
la Xunta que puedan afectar a la conservación de puestos de trabajo de personal de seguridad,
mejoras en las condiciones laborales y salariales, cumplimiento del convenio de sector, y
posibles cláusulas sociales a incluir en el mismo.”
O escrito presentado viña motivado en que se pretendía satisfacer dous intereses “uno de
carácter general y otro particular. Como interés general, el seguimiento de la licitación,
adjudicación y ejecución del contrato en sus propios términos, y la comprobación de que se
cumplen los principios de eficacia, eficiencia, buen uso de los recursos públicos y tranparencia
en la contratación. Como interés particular, el sindicato
, tiene por objeto la defensa de los intereses económicos y
profesionales de los trabajadores del sector, que pueden verse afectados por la euecución del
contrato. Por ejemplo, en lo que atañe a equipamiento, uniformidad, organización racional de
los turnos del trabajo u horas de formación ofertadas por la contratista, los trabajadores
podrían obtener beneficios o sufrir perjuicios dependiendo de su cumplimiento”.
Finalmente se indicaba que existía unha falta de comunicación entre o contratista
e o comité de empresa, polo que este descoñece estes datos, en concreto se o
actual contrato está en período de prórroga, a data do termino, as intencións da
administración no que fai ás condicións laborais e conservación de postos de traballo, o que
causa inquietude tras a redución do servizo no ano 2013, ano no que se produciron despidos
obxectivos e modificacións substanciais das condicións de traballo, sinalando que é función
dos sindicatos, defender os intereses profesionais e colectivos dos traballadores.
O escrito viña acompañado da acreditación da representación de por
e a solicitude de 15 de setembro de 2017 na Xunta de Galicia.
Segundo. Con data 6 de novembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo interesado á Vicepresidencia para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de novembro de 2017.
Terceiro. Con data 16 de xaneiro de 2018 elabórase unha proposta de resolución en sentido
estimatoria. Esta proposta forma parte da notificación realizada o día 23 de xaneiro de 2018
aos membros da Comisión da Transparencia, sendo parte da orde do día da sesión que tería
lugar o 30 de xaneiro de 2018.
Cuarto. Con data de 29 de xaneiro de 2018 recíbíuse no rexistro de entrada do Valedor do
Pobo o informe e copia do expediente administrativo onde consta a recepción da resolución
da Consellería de 26 de xaneiro de 2018, por parte do reclamante.
A resolución elaborada foi unha estimación parcial indicándose que en relación ao sistema de
control de calidade, se eliminou a parte declarada confidencial na oferta da empresa
adxudicataria do contrato de vixilancia e seguridade expediente numero 2013-SESE-02-EM, e
que se excluían, tamén, aqueles aspectos necesarios para protexela seguridade pública ,
recolléndose unha ponderación clara e xustificada na resolución.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de
procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación
perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao
previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013,
do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e
previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación
ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4).
Cuarto. Prazo para resolver
A administración segundo o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro dispón dun mes para
notificar a resolución, e transcorrido o prazo para resolver sen que se ditase e notificase a
resolución expresa se entenderá que a solicitude foi desestimada dispoñendo o interesado,
segundo o artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e a disposición adicional quinta da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, do prazo dun mes para a interposición do recurso potestativo ante
a Comisión da Transparencia. Prazo, que nos casos de silencio empeza a contar desde a data
na que o interesado dáse por notificado e interpón o recurso, por tanto foi presentado en
prazo pois a solicitude é de 15 de setembro de 2017.
Quinto. Análise do expediente
Corresponde a esta Comisión determinar se o solicitado constitúe información pública ou non.
E se, en caso afirmativo, está sometido a algún dos límites do artigo 14 e 15 e as causas de
inadmisión do artigo 18, todos eles da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Hai que ter en conta que a contratación pública ademais de dar lugar ao dereito de acceso á
información é obxecto de publicidade activa tal como o recolle o artigo 8 1. a) Lei 19/2013, do
9 de decembro e 13 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. A información pública se relaciona no
artigo 8 da Lei 19/2013, do 18 de xaneiro como a obriga de facilitar a información relativa aos
actos de xestión administrativa con repercusión económica e orzamentaria, por tanto, en
función da materia procedía estimar a petición.
O artigo 24.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que fronte a toda resolución
expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación. O
reclamante, ante o silencio da administración, presentou unha reclamación, e, se ben fora de
prazo foi resolta pola administración, polo tanto procede pronunciar unha resolución
estimatoria por motivos formais.
A resolución de estimación parcial da consellería, por entrar o día 29 de xaneiro de 2018 no
rexistro do Valedor do Pobo, non tivo tempo de ser coñecida no estudo do expediente, nin na
elaboración da proposta, pero en todo caso, ao existir unha resolución distinta esta podería
ser obxecto dos recursos pertinentes.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por. en
nome e representación de
con data 31 de outubro de 2017, contra a denegación por silencio da Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sen que sexa necesaria
ningunha outra actuación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 31 de xaneiro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga