Una empresa solicitó la anulación de una resolución que permitía a un competidor acceder a la documentación de una explotación minera. Alegó que la solicitud era abusiva y afectaba a secretos industriales. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación, validando la decisión de conceder el acceso previa disociación de datos personales y comerciales.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración consideró que, al tratarse de expedientes finalizados, no es aplicable la condición de interesado según la Disposición adicional primera de la Ley 19/2013.
2
Se determinó que la resolución impugnada aplicó correctamente los límites de acceso establecidos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
3
El acceso a la información fue concedido condicionándolo a la disociación de datos de carácter personal y de aquellos que revelen la estrategia empresarial o comercial de la entidad.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación de
, mediante escrito do 9 de outubro de 2018, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. D en representación de
presentou, mediante escrito do 9 de outubro de 2018, que tivo entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de outubro de 2018, unha reclamción ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
resolución da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria
do 27 de agosto de 2018, pala que se lle concede á empresa
, previa disociación dos datos de carácter persoal aos que fai
referencia a Lei Orgánica 15/1999 e aqueles cuxo contido poda inferir naquela información
relativa á estratexia empresarial ou comercial da entidade explotadora, a información
referente aos expedientes da Canteira Poi da que • é titular da autorización de
"aproveitamento dos recursos da sección A" a entidade
e na que se establece que no referente á información na que houbese oposición de terceiro,
non se dé;lrá acceso ata que transcorra o prazo que sinala o artigo 22.2 da Lei 19/2013
O reclamante no seu escrito, en síntese, manifesta que a amplitude material e temporal da
solicitude, deixa ben claro que a intención que subxace á Retición de acceso á información,
non se corresponde coa finalidade da normativa de trans11>arencia e bo goberno, xa que o
ámbito material da petición é amplísimo e, en consecuencia, excede, con moito, o ámbito
estritamente necesario para garantir o dereito de toJos os cidadáns de acceder á
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
dereitos, que inclúe o perímetro autorizado dos terreas, propios e arrendados, así como os
perímetros da explotación, instalación, vertedoiros, etc., plano de labores actualizado,
detallando os labores efectuados durante o ano anterior e as previstas para o ano en curso,
perfís de cubicación, plano de instalación de preparación mecánica, diagrama de fluxo de
materiais e produtos que trátase de documentación cun eminente valor comercial que se
enmarca dentro do segredo empresarial e no l+D+i e "know-how" propio de , sen
que resulte pois admisible o acceso á mesma por parte de , máxime cando se trata
dun competidor directo.
Exactamente o mesmo cabe predicar en relación co proxecto de explotación, non debendo
esquecer que o mesmo inclúe, entre outra, información relativa á descrición xeolóxica do
xacemento así como o orzamento xeral, incluíndose na descrición xeolóxica apartados tan
relevantes como a estratigrafía da formación Vegadeo na zona asturoccidental-leonesa.
Igualmente contempla unha xeoloxía local ou de detalle, detallando a estratigrafía e
tectónica, inclúe unha descrición xeolóxico-mineira da área recoñecida en sectores,
resultados das investigacións realizadas e características do mineral, incluíndose ensaios
físico-químicos (resistencia a compresión simple, densidades, desgaste dos anxos,
coeficiente de pulimento acelerado, etc.) así como ensaios de caracterización química e de
probeta de morteiro.
Considera evidente que todos os documentos enumerados, tanto no caso dos plans de
labores como do proxecto de explotación, son froito do "know-how" industrial de ,
polo que, a estimación da petición de acceso de a tales documentos, supón
outorgar a esta última unha vantaxe competitiva, en detrimento do dereito de á
protección dos seus segredos industriais.
No presente caso, polos motivos xa expostos, en atención ás circunstancias concorrentes e á
natureza da documentación solicitada, non pretende acceder á información
solicitada para coñecer e "controlar" a actuación desta Administración, senón para ter un
coñecemento íntegro das actividades e do "know-how" dunha empresa competidora como é
No presente caso, a solicitude formulada por non se fundamenta no interese
lexítimo de coñecer como se toman as decisións públicas, baixo que criterios actúan as
institucións públicas nin como se manexan os fondos públicos e, en consecuencia, tal
solicitude non está xustificada coa finalidade da Lev, o que leva que deba reputarse abusiva
e deba ser inadmitida.
Segundo. O 2 de novembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
Consta a recepción do dita traslado o 8 de novembro de 2018.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Terceiro. O 23 de novembro de 2018 ten entrada no rexistro do Valedor do Pobo oficio da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria ca que remite
copia do expediente e informe no que en síntese manifesta o seguinte:
º
A solicitude inicial de acceso ao expediente da Cantera Poi n 316 da que é titular ,
foi presentada o día 23 de abril de 2018 polo representante de , empresa que é
º
titular do dereito mineiro colindante Estefanía n 317. Con data do 30 de abril requíreselle o
solicitante que concrete a información á que quere ter acceso, con indicación de que
durante ese prazo quedará en suspenso a tramitación do dita expediente.
Con data do 5 de maio de 2018, a entidade concreta a documentación á que solicita acceso,
consistente no expediente de outorgamento da concesión mineira, a documentación
acreditativa das condicións do outorgamento e os plans de labores dos últimos cinco
exercicios.
Con data do 22 de maio déuselle traslado da solicitude a entidade de
conformidade ca disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, por considerar que a información
solicitada puidese afectar aos seus dereitos ou intereses e con data do 19 de xuño de 2018 a
referida empresa remite escrito de alegacións cuxas argumentacións se recollen na
resolución do procedemento de data do 27 de agosto de 2018.
A resolución do 27 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía,
Emprego e Industria en Lugo, permite o acceso e facilitar copia, previa disociación dos datos
de carácter persoal e aqueles cuxo contido poda inferir naquela información relativa á
estratexia empresarial ou comercial da entidade explotadora, de todos os documentos
concretos solicitados.
É necesario tamén poñer de manifesto que ambas empresas son titulares de dereitos
mineiros colindantes e que teñen un conflito de delimitación da superficie ente elas,
poñendo de manifesto que , tomou vista do expediente do dereito mineiro
colindante "Estefanía n 317" titularidade de en numerosas ocasións e retirando
numerosas copias.
Considera o informe da Dirección Xeral de Industria que dado que os expedientes dos que se
solicita información son expedientes finalizados, non se pode considerar que nin o
solicitante nin o titular da información teñan a condición de interesados, polo que non é de
aplicación a Disposición adicional primeira da Leí 19/2013, por canto se ben existe un
conflito de intereses entrambos titulares de dereitos mineiros, o acceso que se solicita
afecta a expedientes finalizados.
A Resolución que se impugna concede acceso e copia de toda a información solicitada,
previa disociación dos datos de carácter persoal e de aqueles cuxo contido poda inferir
naquela información relativa á estratexia empresarial ou comercial da entidade explotadora.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
acceso á información protexida pola normativa en materia de protección de datos de
carácter persoal e información de carácter comercial ou económica, por terse aplicado
correctamente os límites establecidos nos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por en
representación de contra a resolución da Xefatura Territorial da
Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27 de agosto de 2018, pola que se concede
acceso á información a previa
disociación dos datos de carácter persoal e a información relativa á estratexia empresarial e
comercial, agás no referente á concesión de acceso á información que teña carácter
ambiental que se inadmite por non carecer esta Comisión de competencia para resolver.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia