Desestimada 07/10/2016 · 163 días en resolverse

Solicitud de acceso a puntuaciones de centros y méritos de docentes de cursos AFD 2015 en Vigo

El ciudadano solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria puntuaciones de centros y méritos de docentes de cursos AFD 2015 en Vigo. La administración denegó parcialmente el acceso basándose en la protección de datos y secreto comercial. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque parte de la información ya fue entregada y el resto requiere consentimiento de los docentes.

Puntos clave de la argumentación

1 La información relativa a baremaciones y actas de valoración fue desestimada por haber sido ya facilitada al solicitante por la Jefatura Territorial.
2 El acceso a los documentos justificativos de habilitación y méritos de los docentes se deniega al no constar la autorización expresa de dichos profesionales.
3 Se considera que la administración actuó correctamente al realizar el trámite de audiencia con las entidades afectadas antes de resolver.
4 La denegación de los datos de los docentes se fundamenta en la protección de datos de carácter personal según la Ley 15/1999.

Texto completo

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx EXPEDIENTE RSCTG 008/2016 RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, en calidade de xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 27 de abril de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.- xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxpresentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 27 de abril de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria. xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxindica que xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, solicita os puntos finais obtidos polas entidades que impartiron formación no ano 2015 con cargo aos fondos da Unión Europea na demarcación de Vigo para os traballadores desempregados (Cursos AFD). Con data de 6 de maio 2016 se solicita xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxque informe sobre se se dirixiu ás administracións públicas que xestionan ditos fondos, e de telo feito, en que data e a que órganos se dirixiu. Infórmaselle da existencia da Comisión da Transparencia. Segundo.- O 12 de maio de 2016, o interesado remite unha comunicación á que incorpora os seguintes tres documentos: a. Copia dun burofax do 24 de outubro de 2015 no que se dirixe á Consellería de Traballo e Benestar, na Xefatura territorial de Pontevedra, no que solicita que, ante a comunicación de que o resto dos cursos que solicitaron non van ser subvencionados, se lles informe das puntuacións de todos os cursos da demarcación de Vigo co obxecto de poder coñecer as puntuacións doutros centros; solicita as causas polas que certos cursos non se van realizar. No mesmo se deixa constancia de que na páxina web da consellería non están expostos os puntos obtidos por cada centro que recibe fondos da Unión Europea. b. O segundo escrito, co mesmo contido, se dirixe á Consellería de Economía, Emprego e Industria. c. Escrito de 21 de marzo de 2016, rexistrado o día 22 de marzo, dirixido ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia en Vigo onde fai as seguintes peticións de información: 1. Baremacións, cursos subvencionados e concedidos no exercicio 2015 relativos ás accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (AFD 2015) na demarcación de Vigo. 2. Acta ou actas da Comisión de Valoración que reflictan a valoración e puntuación desglosada atribuída a todos os centros da comarca de Vigo participantes nas referidas AFD 2015, con base aos criterios dispostos na convocatoria. 3. Documentos xustificativos da habilitación presentados polo profesorado participante nas accións formativas AFD 2015, aos que fora concedida finalmente a acción formativa. 4. Méritos dos docentes que impartiron cursos AFD 2015 na provincia de Pontevedra Terceiro.- Con data 24 de maio de 2016, vía correo electrónico, requírese á administración para que remita o expediente e o informe previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Neste escrito, comunícaselle á Consellería que o 21 de marzo de 2016 xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx“dirixiuse por escrito ao Xefe Territorial en Pontevedra (R. Entrada 45419 /RX 762943), solicitando a información recollida no escrito referenciado na letra c) do apartado anterior. Con esa mesma data do 24 de maio 2016 se lle acusa recibo xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxda recepción da reclamación formulada informándolle do número de expediente que se lle asigna, e informándolle que se procede á petición do preceptivo informe. Cuarto.- Con data de 13 de xuño de 2016 xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxreitera a súa solicitude de información, xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. Quinto.- Con data 9 de agosto de 2016, a Consellería de Traballo e Benestar remite un informe no que se indica que tramitou o expediente de transparencia, e deu trámite de audiencia aos interesados/as. Engade este informe que soamente hai unha entidade que autoriza expresamente e sen limitacións o acceso aos datos solicitados. A denegación da maior parte das entidades é porque os datos dos docentes deben ser autorizados expresamente por ditos docentes, de acordo coa lei 15/1999, de 13 de decembro polo que este departamento da Xunta de Galicia propón que se estime parcialmente a solicitude xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. A consellería non remite a esta Comisión da Transparencia o expediente nos termos previstos para os recursos pola vixente lexislación de procedemento administrativo común, que establece que deberán remitirse o informe e unha copia completa e ordenada do expediente no prazo de dez días. O expediente que debe ser remitido á Comisión de Transparencia non é o que orixina a solicitude de acceso á información nesa administración, neste suposto, as subvencións para cursos de formación, senón o expediente da tramitación que se lle deu a esa solicitude de acceso e no que se basea o recurso de reclamación por denegación da información pública, de xeito expreso ou por silencio. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: No mesmo preámbulo da Lei 19/2013 citada declárase: Este dereito soamente se verá limitado naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información –derivado do disposto na Constitución española– ou pola súa entrada en conflito con outros intereses protexidos. En todo caso, os límites previstos aplicaranse atendendo a un test de dano (do interese que se salvagarda co límite) e de interese público na divulgación (que no caso concreto non prevaleza o interese público na divulgación da información) e de forma proporcionada e limitada polo seu obxecto e finalidade. Así mesmo, dado que o acceso á información pode afectar de forma directa a protección dos datos persoais, a lei aclara a relación entre ambos os dous dereitos establecendo os mecanismos de equilibrio necesarios. Así, por un lado, na medida en que a información afecte directamente a organización ou actividade pública do órgano prevalecerá o acceso, mentres que, por outro, se protexen – como non pode ser doutra maneira– os datos que a normativa cualifica como especialmente protexidos, para cuxo acceso se requirirá, con carácter xeral, o consentimento do seu Titular. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que: “ 1. A normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte dos que teñan a condición de interesados nun procedemento en curso aos documentos que se integren no mesmo.” Cuarto.- Análise do expediente 1.- No informe achegado á Comisión de Transparencia a consellería indica que o día 23 de abril de 2016, xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx Convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015 (Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de decembro de 2014), remitiu, mediante burofax, un escrito polo que solicita acceder ao dito expediente administrativo. Con data de rexistro de saída do 12 de maio de 2016 remitiuse escrito de trámite de audiencia as entidades a que fai referencia xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, en total 71 entidades, no que se lle concedía un prazo de quince días para presentar alegacións. Con data de rexistro de saída do 13 de maio de 2016, comunicóuselle xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxque o Servizo de Orientación e Promoción Laboral procedeu a enviar as ditas comunicacións de trámite de audiencia, e informóuselle de que o traslado da súa solicitude aos afectados producirá a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación. Unha vez que remataron os prazos para realizar alegacións por parte das entidades que participaron no procedemento arriba indicado, recibíronse as respostas co seguinte resultado: a. 16 entidades manifestan expresamente que non consenten en facilitar os datos requiridos xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. b. 1 manifesta a súa conformidade sen condicións. c. 6 vinculan o acceso ao cumprimento da normativa de aplicación ou ben atribúen a Administración a responsabilidade sobre a autorización de acceso. d. As demais non contestaron ao trámite de audiencia. 2.-Tal e como se indica no informe, realizouse o trámite de audiencia que establece o art.27.2 da Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Soamente existe unha entidade que autoriza expresamente e sen limitacións o acceso aos datos solicitados polo reclamante. Nos demais casos, en xeral, as entidades remiten ao cumprimento da normativa de aplicación, algunhas manifestan que a autorización para acceder aos datos dos docentes, tanto habilitacións como méritos, debe estar vinculada a autorización expresa dos ditos docentes, pois de non figurar tal autorización no expediente, poderíase vulnerar o disposto nos art. 10 e concordantes da Lei 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Outras entidades ampáranse no segredo comercial e empresarial para rexeitar o acceso solicitado. 3.-Dado que a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no seu artigo 14 ñ) establece como contido das bases reguladoras o facilitar aos interesados información da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx desde o momento da concorrencia, porque así o recolle o artigo 8 da orde de convocatoria coñecía que existía o Rexistro Público suxeito aos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro. CONCLUSIÓN En relación aos puntos 1 e 2 do escrito de xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, cómpre indicar que a dita información xa se lle facilitou xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxdende a Xefatura territorial. En relación aos puntos 3 e 4 do escrito de xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, nos que solicita o acceso aos documentos xustificativos da habilitación presentados polos docentes e os méritos dos docentes que impartiron cursos AFD, non consta no expediente a autorización de ditos docentes para permitir tal acceso. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Desestimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, como xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, contra a denegación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xa que as baremacións, cursos subvencionados e concedidos no exercicio 2015 relativos ás accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (AFD 2015) na demarcación de Vigo, e a acta ou actas da Comisión de Valoración que reflictan a valoración e puntuación desglosada atribuída a todos os centros da comarca de Vigo participantes nas referidas AFD 2015, con base aos criterios dispostos na convocatoria xa lle foron entregados ao solicitante, segundo manifesta o informe da consellería. Segundo: Desestimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, como xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, contra a denegación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dos documentos xustificativos da habilitación presentados polo profesorado participante nas accións formativas AFD 2015, aos que fora concedida finalmente a acción formativa por non teren dado os interesados o seu consentimento para acceder a esta información, cuxo acceso foi adecuadamente tratado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no trámite de audiencia. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga