Inadmitida 30/05/2017

Reclamación contra el acceso a información económica del plan de labores de 2019 de la explotación Berducido nº 2661

Una empresa solicitó la denegación de acceso a información económica de su plan de labores de 2019, facilitada a una Comunidad de Montes por la Consellería de Economía, Emprego e Industria. La empresa alegó perjuicio a sus intereses económicos. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por haber sido presentada fuera de plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera extemporánea ya que fue presentada el 2 de marzo de 2020, superando el plazo de un mes desde la notificación del acto impugnado el 27 de enero de 2020.
2 El cómputo de los plazos en meses concluye el mismo día en que se produjo la notificación en el mes de vencimiento, según el artículo 30.4 de la Ley 39/2015.
3 El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión de acuerdo con el artículo 116 de la Ley 39/2015 y el artículo 24.3 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por en representación de mediante escrito do 2 de marzo de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. , en representación de presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 27 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se da acceso á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común San Vicente de Cerponzóns da información económica que se indica nos epígrafes 10, 10.1 y 10.20 do documento do plan de labores do ano 2019 da explotación Berducido nº 2661. A entidade reclamante en síntese alega que, que tal e como indicou no trámite de audiencia conferido para ese efecto, a información que se contén nos epígrafes 10, 10.1 e 10.2 do Plan de Labores de 2019 da explotación, revela a estratexia de investimento que levou a cabo a compañía nos anos 2018 e 2019 na dita explotación, polo que de facilitarse dita información a terceiros, podendo chegar estes datos aos competidores da sociedade, estaríase a causar un importante prexuízo aos intereses económicos e comerciais da súa empresa, e a (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] t www (omisiondatransparencia ga l información económica que figura nas páxinas 24 a 26 do documento do Plan de labores do ano 2019, non ofrece ningún tipo de dato relevante para a restauración da canteira, que parece ser o obxectivo da Comunidade de Montes. Consonte a comunicación do 22 de decembro de 2005 da Comisión Europea, pode considerarse secreto comercial a información técnica e/ou financeira relativa aos coñecementos técnicos dunha empresa, os métodos de avaliación de custos, os segredos e procesos de produción, as fontes de subministración, as cantidades producidas e vendidas, as cotas de mercado, os ficheiros de clientes e distribuidores, a estratexia comercial, a estrutura de custos e prezos e a estratexia de vendas. Hase de preservar a confidencialidade de tatos que afectan o segredo comercial, entre os cales se atopan a estrutura dos custos de produción. Á vista da normativa, considera que o plan de investimento da canteira revela a estrutura de custos que a sociedade previu realizar, polo que como segredo comercial que é, enténdese que a súa divulgación prexudica ás empresas e á súa competitividade fronte a outras, de modo que constitúe un dos datos cuxa divulgación prexudica os intereses económicos e comerciais das empresas ás que alude o artigo 14.1. h) da Lei 19/2013. , acreditaron, mediante a presentación de copia dá escritura de elevación a público de acordos sociais, do 30 de marzo de 2017, nº de protocolo 811, outorgada ante ou notario de Madrid, , o seu poder mancomunado para presentar en nome da sociedade, as reclamacións e recursos que consideren necesarios. Segundo. Con data do 6 de marzo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de maio de 2020. Terceiro. Con data do 4 de maio de 2020 a Consellería de Economía, Emprego e Industria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que respecto do expediente do proxecto de explotación e plan de restauración a Comunidade de Montes xa tiña a condición de interesada no dito expediente, polo que ostenta a mesma condición aos efectos do acceso á información contida no mesmo. Respecto do expediente do plan de labores do ano 2019, este constitúe o documento que reflicte de modo detallado parámetros técnicos relativos á actividade da explotación, tales como o método de explotación ou as medidas de seguridade, contendo os planos de labores (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña info@cornisíondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga! as previsións anuais da actividade. O plan de labores de 2020, é información que non existía no momento da solicitude nin tampouco calquera documento relativo á realización da restauración presentado no exercicio 2019, polo que non procedía a tramitación desta parte da solicitude de acorde co artigo 18 da Lei 19/2013. Respecto das alegacións efectuadas polo titular da explotación referidos aos epígrafes 10. Inversiones. Costes y presupuestos de gastos epígrafe 10.1. Inversiones, epígrafe 10.2. Resumen presupuesto de gasto, estima que os datos orzamentarios e de investimentos reflectidos no plan de labores só indican o investimento preciso para executar os traballos descritos no dito plan e non revelan ningún tipo de información estratéxica da empresa e polo tanto non constitúe un prexuízo para os intereses económicos e comerciais da sociedade. Debe terse en conta que a Comunidade de Montes non é un competidor de Cementos Secil SLU, e que o grupo empresarial Secil, a través das súas oito fábricas de cemento e a súa presenza en oito países, ten unha capacidade de produción anual de cemento de máis de nove millóns de toneladas, polo que non se pode considerar como información estratéxica os datos de inversións e gastos do ano 2019 da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Berducido nº2661, datos de inversión e gastos non reais senón previstos e, que é probable, que non sexan tan sequera os datos incorridos realmente no ano 2019. Respecto dos datos de carácter persoal que figuran nas páxinas 18 e 19 do Plan de Labores foron disociados, así como os datos referentes á execución de voaduras por cuestión de seguridade. De acorde co anterior, considera que procede a desestimación do recurso potestativo presentado xa que o acceso non constitúe un prexuízo para os intereses económicos e comerciais da sociedade. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. (+34) 981 5697 40 Rúa do Hórreo, 65 info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga l O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación info@comíiondalransparencia.gal WVJW.tornisiondatransparencia.gal dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 27 de xaneiro de 2020, segundo consta no documento xustificante do sistema Notifica.gal que figura no expediente remitido, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2020, é dicir fora do prazo previsto no artigo 28 da Lei 1/2016, que prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso administrativa, e que a reclamación se interporá no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Pola súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses ou anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación no mes de vencemento. Por conseguinte, dado que a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o día 2 de marzo de 2020, resulta innegable que a reclamación presentouse unha vez superado o prazo dun mes a que se refire o artigo 28. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d} da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017}, info@comisíondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.gal ACORDA Único: lnadmitir por extemporánea, a reclamación presentada por , en representación S.L.U. con data do 2 de marzo de 2020, contra a Resolución do 27 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se da acceso á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común San Vicente de Cerponzóns da información económica que se indica nos epígrafes 10, 10.1 y 10.20 do documento do plan de labores do ano 2019 da explotación Berducido n º 2661. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2020.06.26 09:50:44 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.