Una empresa recurre la resolución de la Xefatura Territorial de Pontevedra que permitió el acceso a planos y planes de labores de una explotación minera. Alega que no se le dio traslado de la solicitud concretada del interesado, vulnerando su derecho de audiencia. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena retrotraer las actuaciones.
Puntos clave de la argumentación
1
El trámite de audiencia es esencial para que el tercero afectado pueda alegar intereses subjetivos que pudieran limitar el acceso a la información.
2
La indefensión se produce no solo por la falta de trámite, sino cuando no se traslada al tercero la solicitud completa, incluyendo las aclaraciones posteriores.
3
La Administración reconoció que la solicitud inicial era imprecisa y requirió una concreción, la cual no fue comunicada al tercero interesado.
4
El hecho de no remitir la aclaración de la solicitud imposibilitó al tercero de aducir razones de hecho y derecho en apoyo de sus intereses económicos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por e
, en representación de mediante escrito do 16 de abril de
2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Con data do 24 de abril de 2020, tivo entrado no Rexistro do Valedor do Pobo correo
electrónico do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería
de Economía, Emprego e Industria polo que se remite escrito de reclamación presentado por
e , en representación de
, por entender que se trata dunha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 24
de marzo de 2020, da citada Xefatura Territorial, pola que se permite o acceso á
aos Planos de emprazamento e plans de
labores dos anos 1998, 2004, 2018 e 2020, correspondentes á explotación Berducido nº 2661.
Na súa reclamación indican que se lles notificou resolución do xefe territorial da Consellería
de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra do 24 de marzo de 2020 na que se resolve
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga\
permitir o acceso aos planos de emprazamento e plans de labores correspondentes aos anos
1998, 2004, 2018 e 2020 da concesión de explotación Berducido nº2661. Considera que esa
resolución adolece de erres materiais, dado que a
solicitou vista do expediente de explotación -planos, etc.- da delimitación da
referida explotación antes do ano 2005, da que se lles conferiu un trámite de audiencia a
Dado que a delimitación da canteira con anterioridade ao ano 2005 non afecta a información
sensible para a sociedade, non afecta aos intereses económicos e comerciais de
non se realizou ningunha alegación ao respecto.
Na resolución quer agora se impugna faise referencia á Comunidade de Montes Veciñais en
Man Común San Vicente de Cerponzóns, o que se trata dun erro material, que deberá ser
corrixido.
Afirma que segundo se lle informou, o contido da solicitude eran os planos de delimitación da
canteira do ano 2005, que parece que foi completamente modificado, sendo agora a solicitude
da o acceso aos planos de
emprazamento e aos planos de labores correspondentes aos anos 1998, 2004, 2018 e 2020,
polo que no caso de que se trate dun erro material, debe ser corrixido.
No caso de que non se trate dun erro, considera que se produciu unha vulneración do
procedemento dado que non se lles comunicou a modificación da solicitude formulada por
consistente no acceso aos planos de
emprazamento e plans de labores correspondentes aos anos 1998, 2004, 2018 e 2020 para
que puidese exercer o seu dereito á defensa, actuando a Administración
de modo contrario a dereito.
non realizou ningún tipo de alegación á solicitude de acceso a planos
sobre a delimitación da canteira do ano 2005, pesto que non afectaba os seus intereses
económicos e comerciais, pero non puido realizar alegacións á solicitude dos planos de
emprazamento e plans de labores da canteira de 1998, 2004, 2018 e 2020 porque nunca se
lles deu traslado. Considera que o acceso á devandita información sería causante de prexuízos
aos intereses económicos e comerciais da súa empresa, sendo a resolución impugnada
contraria a dereito. Afirma a entidade reclamante que parece que a Administración xa deu
acceso telemático a parte da información solicitada pola
actuación ilegal da que considera que a Administración é a
única responsable.
Os epígrafes dos plans de labores referidos a aos custos e orzamentos de gastos,
investimentos e resumo do orzamento de gastos solicitados non poden ser facilitados por
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
i info@comi5,iondatransparencia.ga! www.comisiondatransparencia.gal
supoñer un prexuízo para os intereses económicos e comerciais, xa que revela a estratexia de
investimento que levou a cabo a compañía nos últimos anos na explotación de Berducido,
polo que, de chegar estes datos aos competidores da sociedade, estaríase a causar un
importante prexuízo para os seus intereses económicos e comerciais.
A información que se contén nos epígrafes indicados acreditan que concorre un interese
privado superior que xustifica a limitación no acceso. Os investimentos que se realizaron
durante estes anos na explotación constitúen a estratexia de investimento da sociedade na
explotación, que debe cualificarse de información estratéxica e de permitirse o acceso por
terceiros á información estratéxica de investimento da sociedade, estaríase a causar un
prexuízo aos intereses económicos e comerciais de ao proporcionar
información protexida polo segredo comercial.
Mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 25 de maio de 2020, no
que a empresa interesada comunica que con data do 15 de maio de 2020, a Consellería de
Economía, Emprego e Industria lle puxo en coñecemento que procedera á corrección do erro
material detectado na resolución de 24 de marzo de 2020. Acompaña copia da resolución do
15 de maio de 2020 do Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía,
Emprego e Industria pola que se rectifica o erro detectado, establecéndose que nos feitos
onde se indica CMVMC de San Vicente de Cerponzóns, debe indicarse
Os reclamantes acreditaron o seu poder mancomunado para presentar en nome da
sociedade, as reclamacións e recursos que consideren necesarios, mediante a presentación
de copia dá escritura de elevación a público de acordos sociais, do 30 de marzo de 2017, n º
de protocolo 811, outorgada ante ou notario de Madrid, que consta
no expediente desta Comisión RSCTG 38/2020.
Segundo. Con data do 28 de abril de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 28 de maio de 2020 A Consellería de Economía, Emprego e Industria
contesta a petición remitindo o informe e o copia do expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que respecto do trámite de audiencia consta no
expediente escrito do Xefe do Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra do 18 de febreiro de
2020, no que se lle da traslado da solicitude de acceso á información e copia da
documentación presentada por sobre a
concesión de explotación Berducido n 2661 (PO/C/02661), na que en concreto solicita vista
º
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.cornisíondatransparencia.gal
do expediente de explotación da canteira de referencia, co fin de comprobar os límites da súa
explotación en data anterior ao ano 2005.
Coa mesma data, remítese á sociedade solicitante da información un requirimento no que
consta que dado que non existe un expediente Berducido 2661, senón distintos expedientes
relacionados coa concesión de explotación Berducido nº2661, que conforman toda a
documentación relativa a dita concesión de explotación dende o seu inicio, e polo tanto é
preciso que o solicitante especifique a que documentos en concreto desexa ter acceso da dita
documentación.
A dita sociedade solicitante con data do 27 de febreiro remite escrito no que especifica a
información solicitada, consistente nos planos de emprazamento e plan de labores de 1.998,
2004, 2018 e 2020.
Fronte a alegación de no senso de que a solicitude formulada foi
completamente modificada, a Administración considera que non, senón que da solicitude só
cabía entender que abarcaba todo tipo de documentación relativa á canteira, sen
circunscribila nin a un lapso temporal nin á unha tipoloxía de documentos, sen que a finalidade
para a que se solicita a información sexa relevante á hora de conceder o acceso.
Alega a consellería que do teor do formulario presentado poderíase chegar a entender que
solicita vista do expediente de explotación antes do ano 2005, se ben a referencia temporal
parece aludir máis á propia delimitación que ao expediente. En todo caso, non se limita a
solicitar os planos de delimitación "do ano 2005" nin tampouco os "planos de delimitación
anteriores a 2005", senón que solicita a "vista do expediente de explotación" acompañado
dun significativo "etc" despois de citar planos entre guións, o que non deixa dúbida de que
non só se solicitan os planos, senón o expediente.
Pola súa banda, a concreción da solicitude achegada o 27de febreiro de 2020 circunscribe a
documentación solicitada a dúas tipoloxías de documentos: os plans de labores e os planos
de emprazamento, ambos sen dúbida xa incluídos na solicitude inicial do expediente de
explotación da canteira e o restrinxe a os anos 1998, 2004, 2018 e 2020.
Considera que o trámite de audiencia foi efectivamente realizado e non
presentou ningún tipo de alegacións.
Alega a Consellería que o artigo 19.3 da Lei 19/2013 non esixe que, no caso de ser concretada
a solicitude, se remita de novo ao terceiro afectado concedendo novo trámite de alegacións,
que só podería ter sentido no suposto de que a modificación da solicitude fora tal que
equivalera e unha solicitude nova, e non a unha mera concreción.
[email protected] www.comisíondatransparencia.gal
Respecto do erro material alegado pala parte reclamante, procedeuse á súa corrección de
conformidade co artigo 109 da Lei 39/2015, tal e como consta no expediente.
En canto aso prexuízos comerciais e económicos, de acordo co informe do Xefe de Enerxía e
Minas de Pontevedra do 6 de maio de 2020, os datos orzamentarios e de investimentos
reflectidos no plan de labores só indican o investimento preciso para executar os traballos
descritos no dita plan e non revelan ningún tipo de información estratéxica da empresa
e polo tanto non hai causa de inclusión no artigo 14 da Lei
19/2013debendo terse en canta que é un
competidor de senda o seu obxecto social a construción, máis
concretamente a escavación e movemento de terras, e non a minería.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro}.
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1}. No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
info@cornísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data
do 24 de marzo de 2020 e a reclamación interpúxose con data do 16 de abril de 2020, debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O motivo de impugnación por da resolución do 24 de marzo de 2020,
do Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola
que permite a o acceso aos Planos de
emprazamento e plans de labores correspondentes aos anos 1998, 2004, 2018 e 2020 da
explotación Berducido nº2661 e se remite copia dixital da información solicitada, é por
considerar que se lle deu traslado como terceiro interesado da solicitude inicial, que se refería
á vista do expediente de explotación da canteira de referencia, co fin de comprobar os límites
da súa explotación en data anterior ao ano 2005, e non se lle deu traslado para alegacións da
aclaración efectuada por (efectuada a
requirimento da Xefatura Territorial), na que concretaba a súa solicitude aos planos de
emprazamento e plan de labores dos anos 1.998, 2004, 2018 e 2020.
Como é sabido, a documentación que un particular presente ante unha Administración e que
pase a formar parte dun expediente, fai que adquira a condición de información pública, que
por tanto pode ser solicitada por calquera persoa, e que que unicamente pode ser limitado o
seu acceso, para protexer outros dereitos ou intereses de terceiros máis dignos de protección,
sempre que o órgano competente o motive adecuadamente.
A información ou documentación pública non só contén datos públicos senón que, tamén,
pode ter datos que correspondan ás persoas privadas, sendo esta información ou
documentación adquiridas neste caso pola Administración no exercicio das súas
competencias.
O artigo 19.3 da Lei 19/2013, nos casos nos que o acceso á información solicitada pode afectar
a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, establece a obriga de darlles
audiencia para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O obxecto do
trámite de audiencia é que o terceiro poidan realizar as alegacións que estimen oportunas, a
fin de que se substancien todos os dereitos e intereses subxectivos que poidan verse afectados
pola resolución.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
A estes efectos, debe trasladárselle a ese terceiro e con carácter previo, toda a información
solicitada a fin de que a administración poida valorar cada petición de acceso, e verificarse
existe algunha limitación á difusión ou de traslado da mesma, sendo o trámite de audiencia
esencial, dado que a súa falla podería determinar que se producise a efectiva indefensión do
afectado. A indefensión non se da unicamente si falla o trámite, senón tamén nos casos nos
que o trámite formalmente existiu, pero non se trasladou ao terceiro a solicitude completa,
que no presente caso seria a solicitude inicial e a aclaración presentada pola empresa
a instancias da Xefatura Territorial de
Pontevedra.
No requirimento efectuado pola Xefatura Territorial a
de data do 18 de febreiro de 2020, se afirma expresamente que analizada a
solicitude, obsérvanse, no que aquí nos interesa, deficiencias que deben ser emendadas, no
senso de que non se especifica a información concreta á que desexa ter acceso. É dicir, a
Xefatura Territorial ten dúbidas sobre cal é a información concreta que se solicita, polo que
pide esa concreción. Así mesmo, no informe emitido pola Consellería, expresamente se
recoñece que a teor do formulario presentado (retírese á solicitude inicial), poderíase chegar
a entender que solicita vista do expediente de explotación antes do ano 2005, que é o que
entendeu
De acordo co anterior, constátase que á propia Xefatura Territorial lle suscitou dúbidas sobre
cal era a información solicitada, motivo polo cal solicitou a súa concreción, e unha vez
concretada pola solicitante, non a remitiu ao terceiro interesado como debeu facer, sen que
do expediente se poida deducir o motivo polo que non se realizou o trámite de audiencia de
forma correcta, remitindo ao terceiro o contido concreto da solicitude.
O feíto de non remitir a solicitude completa (a inicial mais aclaración) supón que a tramitación
do período de audiencia, como trámite fundamental para a defensa dos dereitos e intereses
dun terceiro, fose deficiente, pudendo provocar que o terceiro se vira imposibilitado de aducir
en apoio dos seus intereses, cantas razóns de feito e de dereito puidera considerar oportunas.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada para a súa
retroacción, debendo a Xefatura Territorial retrotraer o procedemento á fase de audiencia,
na que debe remitir a o contido da aclaración presentada por
ditando nova resolución motivada sobre o
acceso ao expediente.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
[email protected] www comisiondatransparencia.gat
ACORDA
Único: Estimar para a retroacción, de acordo co disposto no fundamento xurídico quinto desta
resolución, a reclamación presentada por con data do 16 de abril de
2020, contra a Resolución do 24 de marzo de 2020, Xefatura Territorial de Pontevedra da
Consellería de Economía, Emprego e Industria, pala que se permite o acceso á
aos Planos de emprazamento e plans de
labores dos anos 1998, 2004, 2018 e 2020, correspondentes á explotación Berducido 2661, nº
debendo a dita xefatura, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai referencia á formalización do acceso, dictar
nova resolución sobre o acceso.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:26:38 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.