El ciudadano solicitó a la Consellería de Política Social el número y motivo de quejas recibidas contra residencias de mayores en 2019 y los expedientes derivados. Tras alegar la administración diversos límites legales, la Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar los datos generales pero sin identificar las residencias cuyas quejas fueron archivadas.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración debe acreditar que el acceso a la información suponga un perjuicio real y no meramente hipotético para aplicar los límites del artículo 14 de la Ley 19/2013.
2
La limitación del derecho de acceso no constituye una potestad discrecional de la Administración, debiendo interpretarse de forma restrictiva y proporcional.
3
El acceso al número de quejas y sus motivos no perjudica la prevención, investigación y sanción de ilícitos ni las funciones de vigilancia e inspección.
4
Se considera que identificar residencias cuyas quejas fueron archivadas sin sanción sí podría perjudicar injustamente sus intereses económicos y comerciales al afectar a la opinión de los usuarios.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada p o , - m e d i a n t e escrito do 3 de agosto de
2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 3 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desest imación
por silencio administrativo, da súa solicitude presentada á Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Política Social, referente ás denuncias ou queixas recibidas, no órgano
com petente da Comunidade Autónoma, contra residencias de maiores durante o ano 2019.
Solicitou coñecer o número de queixas ou denuncias recibidas e o motivo das mesmas,
desagregadas por residencia en 2019, e os casos nos que se derivou a apertura dun expediente
administrativo contra a empresa titular da residencia, como consecuencia da denuncia ou
queixa.
O reclamante en resumen, indica que non recibiu resposta á súa solicitude, polo que considera
que a Administración actuou de forma discrecional, limitando de forma absolutamente
inxustificada o dereito de acceso á información posta que nin sequera respondeu ás
solicitudes expostas, o que supón un menoscabo inxustificado e desproporcionado do seu
dereito de acceso.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pala administración foi o 17 de agosto de 2020.
Terceiro.- Con data do 21 de outubro, a Consellería de Política Social remite copia do
expediente e informe.
No informe manifesta que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara ou
estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na
súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos
prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.
Respecto da falta de resolución en prazo da solicitude de información pública realizada, sinala
que das once solicitudes presentadas na mesma data, seis se corresponden con información
que obra en poder da Secretaría Xeral Técnica e na súa meirande parte os datos están
relacionados ou incluso son coincidentes, polo que se procedeu ao seu análise conxunto, con
independencia de que se resolveran de xeito individual. Indica que a consellería se viu moi
afectada pala crise sanitaria, ao estar adicada a atender a colectivos especialmente
vulnerables (persoas maiores, con discapacidade e/ou dependentes, menores, persoas en
risco de exclusión social, etc.), polo que durante o estado de alarma tiveron que concentrarse
todos os esforzos en intentar evitar que a crise sanitaria afectara aínda máis a estes colectivos,
o que provocou atraso na tramitación de expedientes. Comunica que todas as consultas
realizadas polo interesado foron resaltas con data 20.10.2020.
En canto á reclamación presentada, o interesado solicitaba información sobre denuncias ou
queixas recibidas en 2019, desglosadas por residencia, motivo e casos nos que derivou na
apertura dun expediente administrativo contra a empresa titular da residencia como
consecuencia da denuncia ou queixa.
A Secretaria Xeral Técnica ditou resolución con data do 20 de outubro de 2020, denegando o
acceso á información en base ao establecido nos artigas 14.1 letras e), g) e h) e 14.2 da Lei 1
9/2013, isto é, por entender que de conceder o acceso á información, pode supoñer un
prexuízo para a prevención, investigación e sanción dos ilícitos administrativos, as funcións
administrativas de vixilancia, inspección e control e os intereses económicos e comerciais.
Considera que concorren este límites, por canto todas e cada unha das denuncias ou queixas
recibidas na unidade de inspección son investigadas, e unicamente unha porcentaxe dá lugar
a que se abra posteriormente de oficio un procedemento sancionador. Si se facilitase o nome
dun centro contra o que se presentou unha denuncia que lago resultase arquivada, sen iniciar
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
ínfo@comísíondatransparencia.ga! www.comisiondatransparencia.ga l
sequera procedemento sancionador algún, produciríaselle un prexuízo xa que o só feito de
aparecer como denunciado podería xerar un estado determinado de opinión nas persoas
usuarias actuais ou potenciais que considera que non ten o deber de soportar, dado que a
presentación da reclamación non implica un incumprimento por parte do centro ou entidade
sobre o que se reclama.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
í[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acceso ao
número de denuncias recibidas en 2019, desglosadas por residencias, o motivo e os casos nos
que derivou na apertura dun expediente contra a empresa titular da residencia como
consecuencia da denuncia.
A resolución da Secretaría Xeral Técnica, denega o acceso á información por entender que o
acceso á mesma pode supoñer un prexuízo para a prevención, investigación e sanción dos
ilícitos administrativos, as funcións administrativas de vixilancia, inspección e control e os
intereses económicos e comerciais das empresas xestoras das residencias, en aplicación do
disposto no artigo 14, parágrafos e), g) eh).
O referido artigo 14, regula os límites ao dereito de acceso á información que poden ser
aplicados mediante resolución motivada e sempre que o acceso á información solicitada
supoña un prexuízo real, non meramente hipotético, a algún dos bens públicos ou privados
alí mencionados, tendo en conta que a aplicación dos límites será xustificada e proporcionada,
atendendo ás circunstancias do caso concreto e, especialmente, á existencia dun interese
superior que xustifique o acceso.
A análise da existencia de límites na información solicitada, debe facerse en base á sentenza
do Tribunal Supremo nº 1547/2017, que consagra a necesidade de interpretar de xeito
restritivo os límites e excepcións legais e resolve a limitación do acceso á información prevista
no artigo 14.1, as limitacións contempladas no dito artigo, o mesmo que sucede coas causas
de inadmisión de solicitudes de información que enumera o artigo 18, deben ser interpretadas
de forma estrita e partindo da premisa de que o dereito de acceso á información aparece
configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables
as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas.
Claramente o deixa así sinalado o artigo 14.2 cando dispón que a aplicación dos límites será
xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás
circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou
privado superior que xustifique o acceso, por tanto a posibilidade de limitar o dereito de
acceso á información non constitúe unha potestade discrecional da administración.
Así mesmo, debe terse en conta o Criterio Interpretativo Cl/002/2015, do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno no que se establece que os límites aos que se refire o artigo
14 da Lei, a diferenza dos relativos á protección dos datos de carácter persoal, non operan
automaticamente nin a favor da denegación nin absolutamente en relación aos contidos. A
invocación de motivos de interese público para limitar o acceso á información deberá estar
ligada coa protección concreta dun interese racional e lexítimo, polo que deberá analizarse se
a estimación da petición de información supón un prexuízo (test do dano) concreto, definido
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
e avaliable. Do mesmo xeito, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional
atendendo á circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que
xustifique a publicidade ou o acceso (test do interese público).
A Lei consagra a prevalencia do dereito subxectivo a obter a información e correlativamente
o deber de entregala, salvo que concorran causas xustificadas que limiten tal dereito, ás que
se refire o art. 14. Tales causas constitúen conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia
e transcendencia deben ser concretadas en cada caso, ponderando os intereses en conflito,
esixíndose que se acredite que o acceso á información supoña un prexuízo real, neste caso
para a prevención, investigación e sanción dos ilícitos administrativos, as funcións
administrativas de vixilancia, inspección e control. e os intereses económicos e comerciais das
empresas xestoras.
A posibilidade de limitar o dereito de acceso á información non constitúe unha potestade
discrecional da Administración ou entidade á que se solicita información, pois aquel é un
dereito recoñecido de forma ampla e que só pode ser limitado nos casos e nos termos
previstos na Lei.
O limite de acceso a información que poida prexudicar a prevención, investigación e sanción
de ilícitos administrativos (artigo 14.1.e), ten unha dobre finalidade: por unha banda
preténdese que a actividade dos poderes públicos non sexa entorpecida ou se vexa errada
polo coñecemento público das súas actuacións, pero á vez ten tamén como obxectivo
protexer os dereitos das persoas incursas nestas causas (neste caso as entidades xestoras das
residencias), que sen resolución administrativa, poden ver vulnerados un conxunto moi
importante dos seus dereitos fundamentais.
O conflito entre o dereito de acceso e o exercicio das funcións administrativas de vixilancia,
inspección e control (artigo 14.1. g), pode producirse cando se solicita do acceso a un plan de
inspección, control ou vixilancia por calquera cidadán que potencialmente poda ser suxeito
pasivo do mesmo, xa que é nese momento cando a publicidade da actuación administrativa
pode anular ou desvirtuar a utilidade da actividade inspectora ou de control que se está
levando a cabo en beneficio do interese público, en cumprimento do ordenamento xurídico
vixente. É dicir, aparece a esixencia de determinar en cada sector ou ámbito obxecto de
inspección, vixilancia ou control ata que grao, pode ou debe admitirse a transparencia da
propia actuación administrativa de policía, sen perturbar nin mitigar a efectividade da mesma.
O ben xurídico protexido por este límite é a preservación da efectividade das funcións de
policía administrativa que teña encomendada cada administración ou organismo no seu
concreto sector da actividade.
Respecto dos intereses económicos e comerciais (artigo 14.1.i), poden definirse como as
conveniencias, posicións vantaxosas ou de importancia dun suxeito individual ou colectivo no
terreo neste caso da prestación de servizos nun ámbito de mercado.
(í
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
í[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Dende unha consideración puramente gramatical, faise evidente que o comercial constitúe
unha parte do económico xa que o intercambio de bens e servizos é unha parte da actividade
de distribución de recursos que, á súa vez, forma parte, de seu , da actividade económica.
Á hora da aplicación da Lei 19/2013 aos casos concretos de intereses económicos e comerciais
que poidan suscitarse aos órganos xestores ou garantes da transparencia e o acceso á
información, é necesario acoutar máis o contido e delimitar na maior medida do posible os
ámbitos obxectivos da actividade económica e a actividade comercial en que pode
considerarse que se dan estas posicións vantaxosas ou beneficiosas que poden verse
lesionadas por unha divulgación ou un acceso indebido á información dispoñible palas
autoridades, administracións ou institucións públicas así como o tipo de documentos ou
contidos informativos que poden chegar a afectalos e que, en consecuencia, xustifican a
aplicación do límite establecido na lei.
Podemos así considerar que o que se trata de evitar son os danos indebidos á capacidade
competitiva ou ás posicións no ámbito da prestación de servizos a persoa maiores, das
entidades titulares das residencias: o elemento identificativo fundamental para a aplicación
deste límite é o feito de que a divulgación das queixas presentadas que non deriven en
sanción por non existir infracción administrativa, poida prexudicar inxustamente a posición
do suxeito nos ámbitos da competencia ou a negociación.
No presente caso, estase a solicitar o número de queixas presentadas no 2019, o motivo das
mesmas e os casos nos que a investigación derivou na apertura dun expediente contra a
empresa titular da residencia como consecuencia da denuncia. Dar ao solicitante o número
de queixas, o motivo das mesmas e cantas queixas motivaron a apertura de procedementos
sancionadores, non se considera que poida prexudicar á prevención, investigación e sanción
dos ilícitos administrativos, as funcións administrativas de vixilancia, inspección e control e os
intereses económicos e comerciais das empresas xestoras, nin se xustifica mais alá da mera
alegación, nin na resolución nin no informe remitido pala Consellería de Política Social a esta
Comisión.
Conceder o acceso a esta información, tampouco vulnera o deber de sixilo profesional do
persoal inspector que lles impón a Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, nin afecta á
confidencialidade dos datos persoais que afecten a intimidade das persoas usuarias nin as
persoas directamente relacionadas co servizo.
Pode entenderse que a identificación das residencias contra as que se presentaron queixas e
sobre as que, como resultado da investigación realizada pala unidade de inspección, se
arquivaron por non existir infracción, poidan prexudicar os intereses económicos das
empresas titulares, dado que o feito de aparecer como denunciado pode xerar un estado
determinado de opinión nas persoas usuarias actuais ou potenciais que a empresa non ten o
deber de soportar, polo que este dato si esta amparado polo límite do artigo 14.1.h)
~ (•34)981569740
e [email protected] ~ www.comisiondatransparencia.ga1
De acordo co anterior, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a
Consellería de Política Social informar ao interesado do número de queixas presentadas no
2019, o motivo das mesmas e número de casos nos que derivou na apertura dun expediente
contra a empresa titular da residencia como consecuencia da denuncia, sen identificar as
residencias contra as que se presentaron queixas que se arquivaron por non apreciarse a
existencia de infracción.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Est imar parcialmente a reclamación presentada p o r - c o n data
do 3 de agosto de 2020, contra a desestimación da súa s o l i c i t ~ m a c i ó n á
Consellería de Política Social, referente ás denuncias ou queixas recibidas, no órga no
competente da Comunidade Autónoma, contra residencias de maiores durante o ano 2019.
Segundo: Instar a Consellería de Política Social, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada de acordo co funda mento xurídico quinto desta
resolución, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Política Social, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-admi nistrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xust iza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Leí 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisd ición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2020.10.29 17:55:01 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia