Desestimada 25/05/2021 · 95 días en resolverse

Reclamación contra la resolución que concede acceso al expediente AIP-MI-LU-2019-10 a una asociación ecologista

Una empresa reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la decisión de conceder acceso a un expediente administrativo a una asociación ecologista. Alegó falta de legitimación, abuso de derecho y carácter ambiental de la información. La Comisión desestimó la reclamación, confirmando que el derecho de acceso es universal y no requiere motivación ni acreditar interés.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito subjetivo, por lo que no es exigible la condición de interesado ni acreditar legitimación alguna para obtener la información.
2 No es requisito legal que el solicitante indique el régimen jurídico bajo el cual fundamenta su solicitud de acceso a la información.
3 La información solicitada, referida a actuaciones previas a un expediente sancionador, no se considera información ambiental según la Ley 27/2006.
4 El carácter abusivo de una solicitud debe evaluarse según el contenido objetivo de la documentación y no basándose en las motivaciones o móviles del solicitante.
5 No se puede denegar el acceso a la información basándose en la presunción de un uso futuro ilegítimo de la misma, ya que existen otros mecanismos legales de defensa contra tales usos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación de - mediante escrito do 19 de febreiro de 2021, e considera ndo os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, remitiu con data do 26 de febreiro de 2021, unha reclamación do presentada no rexistro do Concello de Foz con data do 19 de febrei ro de 2021, por en representación de ao amparo do establecido no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación pola que se convalida a resolución do 10 de febreiro de 2020, pola que se da acceso á ao expediente AIP-MI-LU-2019-10. O reclamante en síntese indicaba que a solicitude formu lada pola - nada específica sobre o réxime xurídico en base ao cal presenta a súa solicitude e de acordo coa xurisprudencia, considera que non basta con invocar a condición de asociación ecoloxista para acceder a información administrativa, senón que, para considera la interesada nun expediente concreto, establece unha serie de requisitos que deben de ser contrastados antes de dar a información que esixen un vínculo entre a Asociación ou Corporación accionante e o obxecto do proceso (contencioso administrativo -aquí do procedemento administrativo), de modo que do pronunciamento estimatorio do recurso se ~ (•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Sa ntiago de Compostela A Coruña @ A -· [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 obteña un beneficio colectivo e específico, ou comporte a cesación de prexuízos concretos e determinados, pero sen que iso implique que poidan asumir unha posición xurídica de defensa abstracta do interese pola legalidade. A entidade redamante solicitou no seu primeiro escrito, que se lle facilitase copia dos estatutos da para comprobar, entre outras cuestións, cales son os seus fins estatutarios (que non constan no expediente) e se entre os mesmos está ou non a protección do medio ambiente e, en que medida poidan satisfacer o seu interese asociativo co obxecto da súa solicitude. Considera que para facilitar a asociación copia dos seus expedientes, debe acreditarse cales son os seus fins asociativos. Por outra banda, considera que polo contido da información solicitada, debe en aplicación da disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, debe inadmitirse a .solicitude por ter por obxecto acceder á información de carácter ambiental, ao tratarse de información referente ao ámbito sancionador/ambiental en un expediente mineiro. Considera a entidade reclamante que a e os membros da mesma, converteron o peche da súa explotación mineira e a súa actividade industrial nunha auténtica obsesión, en algo obxecto de acoso e derribo, non dubidando de ningún xeito, en usar e abusar de cuantos mecanismos pon ao seu dispor o Estado de Dereito para coadxuvar a aquel remate, sen considerar na legalidade ou ilegalidade daquela explotación, polo que consideran que se esta a producir un abuso de dereito .. Segundo. Con data do 3 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Consellería de Economía, Emprego e lndustria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida na Vicepresidencia con data do 8 de marzo de 2021. Terceiro. Con data do 14 de maio de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación Consellería de Economía, Emprego e lndustria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo indícase que a resolución de procedemento de acceso a información do 14 de xaneiro de 2021 ditada pola Xefa Territorial en Lugo da Vicepresidencia segu nda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación no expediente AIP-MI-LU-2019-10 foi obxecto de convalidación por parte da directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais mediante resolución do 15 de abril de 2021. Dado que a dita resolución convalidaba outra previa do 7 de febreiro de 2020, resolución esta que xa foi obxecto de .. (•34)981569740 (:) Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña i.~ ~.J info@com isiondatransparencia,gal ~ www.comisiondat,ansparencia.ga1 recurso polos mesmos reclamantes e que se está a tramitar nesa Comisión co número RSCTG 51/2020, considera que procede a súa acumulación. Por outro lado, no informe do 15 de abril de 2021 da xefa do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo faise constar que a solicitude t rae a súa causa nunha serie de denuncias sucesivas e cun contido similar formuladas pola -ea arqueolóxicos próximos á Canteira Trinidad nº 257. A ra íz das denuncias efectuadas ditouse un Acordo de inicio de actuacións previas, de data do 25 de xaneiro de 2019, no que se levaron a cabo distintas actuacións entre as que se atopan tanto a solicitude de información a out ros organismos como a inspección levada a cabo sobre o terreo por persoal técnico, concluíndo este período de actuacións previas {Acordo do 21 de outubro de 2019} que os feitos denunciados xa foran obxecto dun oportuno expediente sancionador IN635C2011/13- 2., sen que polos denunciant es se puxeran de manifesto circunstancias distintas as que xa foran obxecto de instrución do oportuno procedemento. O contido do acordo de peche das actuacións previas foi notificado aos denunciantes con data do 22 de outubro de 2019 { 821251 / RX 1585587 e 821252 / RX 1585589}, poñendo de relevo que non se fixo entrega das actuacións previas nin doutros feitos resultado da actuación inspectora que non gardan relación coas denuncias efectuadas, por non ter a asociación a condición de interesada. presentou alegacións durante trámite de audiencia na tramitación do expediente, formulando oposición ao acceso á información solicitada. Respecto da alegación da recorrente de que a asociación non especificou o réxime xurídico da súa solicitude e que a súa condición de asociación ecoloxista non lle confire condición de interesada, a Xefatura Territorial informa que a solicitude tramit ouse como solicitude de acceso a información pública, non en calidade de interesada no expediente administrativo. En canto á solicitude pola reclamante dos estat utos da Asociación, esta consta inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, podendo o interesado dirixirse a este para recadar a información solicitada. Considera a Xefatura Territorial que a consideración da información solicitada como información ambiental, non foi posta de manifesto polo solicitante nin apreciada pola administración por entender que os documentos de investigación e comprobación de feitos denunciados no acordo de peche de actuacións previas, non tiñan carácter ambiental, polo que considera que non lle é de aplicación a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.(om isio nd atra nsparenc ia.gal os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente. Respecto da alegación do reclamante do carácter abusivo da solicitude, a Xefatura Territorial considera que se ben é certo que son numerosas as solicitudes de acceso á información pública da Asociación, non se puido constatar unha finalidade antixurídica das mesmas, polo que se procedeu a conceder a información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que ~exa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.(omisiondatransparencia.ga1 ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á entidade recorrente aceptou a notificación da resolución con data do 21 de xaneiro de 2021, e a súa reclamación a presentou t .t f ! ''. 0 (•34) 981 5697 40 O Rúa do Hórreo~ 65 :\ tr21n:Sorif'encia A Coruña "- : ,_ c(;lícia '~t (;J iní[email protected] atransparencia.gat ~ 'www.comisiond:atrdosparencia.ga1 no Concello de Foz con data do 19 de febreiro do mesmo ano, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Acumulación de expedientes. Débese en primeiro lugar, resolver sobre a acumulación formulada no oficio remitido pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais que considera que ao ter por obxecto a resolución do 14 de xaneiro de 2021 (convalidada pola Dirección Xeral con data do 15 de abril de 2021), a convalidación da resolución do 7 de febreiro de 2020, e ter sido esta obxecto de recurso polos mesmos reclamantes e que, segundo a Dirección Xeral, se está a tramitar nesa Comisión co número RSCTG 51/2020, considera que procedería a acumulación co presente expediente. Respecto da acumulación dos expedientes administrativos, o artigo 57 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece que o órgano administrativo que tramite un procedemento, poderá dispoñer de oficio a súa acumulación a outros cos que garde identidade substancial ou íntima conexión, sempre que sexa o mesmo órgano quen deba tramitar e resolver o procedemento. Os efectos que produce a acumulación de expedientes administrativos, é a de resolver nun só procedemento e nunha soa resolución todas as cuestións expostas, para o que é necesario que ambos expedientes se atopen en nas mesmas fases procedimentais. No presente caso, o expediente RSCTG 51/2020, foi resolto pola Comisión da Transparencia en sesión celebrada con data do 29 de setembro de 2020, polo que carece de sentido a acumu lación dun expediente, o RSCTG 51/2020, no que xa se ditou resolución por esta Comisión, co presente expediente. Sexto.- Análise do expediente Entrando xa na análise das alegacións contidas na reclamación presentada pola representación de respecto do feito de que a Asociación non especificase o réxime xurídico da súa solicitude, sobre si o fixo en base á Lei de acceso á información ou doutra norma, débese ter en conta que de acordo co disposto no artigo 17 da Lei 19/2013, a solicitude de acceso á información pode presentarse por calquera medio que perm ita ter constancia da identidade do solicitante, da información que se solicita, unha dirección de contacto e a modalidade na que se prefire para o acceso á información, sen que sexa un requisito por tanto para a súa concesión, que o solicitante indique o réxime xurídico da súa solicitude. En canto a que non se lle remitise á reclamante a copia da solicitude realizada p o l a - nin a copia dos estatutos da dita asociación, como tiñan solicitado, e necesario lembrar que o acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo, polo que non é esixible nin t er a info@cornísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.gal consideración de interesado nin acreditar lexitimación algunha para o acceso. Neste senso todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercício das súas funcións, que por tanto constitúe información pública, pode ser obxecto dunha solicitude de acceso, sen que sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016 e 17 da Lei 19/2013, polo que a efectos de acceso á información pública é completamente irrelevante coñecer si os fins para os que se constituíu a asociación, están ou non relacionados coa información solicitada. Respecto da consideración da información solicitada como información ambiental, debemos ter en conta que de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, é información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente que lles afecten, as medidas administrativas, políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente e os informes sobre a execución da lexislación ambiental. No presente caso, tal e como se fai constar no fundamento xurídico da resolución da informe da Xefatura Territorial, a solicitude ten por obxecto o acceso a un procedemento de actuacións previas a un expediente sancionador, polo que non pode considerarse que se trate de información ambiental. Respecto á consideración pola entidade reclamante, de que en base ao disposto no artigo 7 do Código Civil e o artigo 11.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial a solicitude é abusiva por canto a Asociación solicitante converteu o peche da explotación mineira e a súa actividade industrial nunha auténtica obsesión, en algo obxecto de acoso e derribo, de acordo coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 436-2020, o carácter abusivo debe avaliarse en función do contido obxectivo da documentación solicitada, e por tanto, as motivacións do solicitante ou os móbiles que lle impulsan non son parte esencial do xuízo sobre a admisibilidade da solicitude de acceso á información pública, sen que poida basearse a inadmisión na presunción polo órgano requirido, dunha futura utilización ilexítima da información obtida. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. Por iso, non pode utilizarse o feito de que o solicitante sexa unha asociación e os seus fins estatutarios desta para tachar de abusiva a solicitude, referida a información pública á que calquera cidadán pode acceder, cando a motivación do solicitante e a finalidade para a que se vai a utilizar esa información nin se expresa na solicitude, nin tiña por que explicitarse. Non se pode denegar o acceso por unha presunción sobre o destino futuros que se lle poida dar a esa ,~ ' e ~ (-34)981 5697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago deComposlela , t t1 r."i !óp~: (•fl(,,; ACoru~• \ Cí- lk i;-: ..... [:'°'{ lnío@comisiondatransµaum cia.gal ~ www.comisiondatransparenci~.ga1 información, destino que en todo caso vén condicionado polo disposto no artigo 24.2 a) da Lei galega 1/2016 de transparencia e bo goberno, conforme ao cal no exercício do seu dereito ao acceso á información pública garanti rase á cidadanía a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis. É dicir, calquera utilización da información non terá máis limitacións que as derivadas con carácter xeral das leis, e se esa utilización fose ilexítima, o reclamante poderá utilizar os mecanismos de defensa previstos no ordenamento xurídico, pero non pode utilizarse ese eventual feito posterior, futuro e hipotético como un prius que impida o exercício dun dereito recoñecido legalmente a todas as persoas, neste caso a unha Asociación. Neste senso, considérase, tal e como figura no informe da Consellería, que non existen elementos que poidan constatar que a solicitude de acceso teña finalidade antixurídica algunha . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por en representación de contra a Reclamación contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Direccion Xera e lanificación Enerxética e Recu rsos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Conselle ría de Economia, Empresa e lnnovación pola que se convalida a resolución do 10 de febreiro de 2020, pola que se da acceso á ao expediente AIP-MI-LU-2019-10. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.05.2710:25:21 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.