Estimada 21/09/2021 · 124 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información de derechos mineros resuelta con estimación por motivos formales

Un sindicato solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Galicia información sobre derechos mineros. Tras un silencio administrativo y una resolución parcial, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, validando que el acceso se concrete tras los plazos legales de oposición de terceros.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa en el plazo legal, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2 El trámite de audiencia a terceros es esencial cuando la información solicitada afecta a derechos o intereses de personas identificadas, para evitar la indefensión del afectado.
3 El acceso a la información debe limitarse mediante la disociación de datos de carácter personal y la protección de datos de especial relevancia económica de la entidad mercantil afectada.
4 La denegación de copias digitales por falta de pago de tasas no es correcta si la Administración ya tiene acreditado el abono del importe mínimo, debiendo precisarse la cantidad total restante.
5 Conforme al artículo 22.2 de la Ley 19/2013, cuando existe oposición de un tercero, el acceso a la información solo es efectivo una vez transcurrido el plazo para interponer recurso contencioso-administrativo sin que este se formalice o sea resuelto.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno en representación ■ mediante escrito do 20 de maio de 2021, e cons1 eran o os an ece entes e un amentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES en representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor o Po o o 20 de maio de 2021, unha reclamación ao ampa ro do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, á Información sobre os dereitos mineiros LU/C/04070 San Acisclo LU/C/04076 Ampliación San Acisclo ---LU/C/05239 Ampliación A Jose LU/ C/04260 JOSE ) de titularidade (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisíondatransparencia.ga1 A reclamante indicaba que a solicitude se presentou por vía telemática o 11/12/2020, e despois de completar e atender requirimentos, comunicóuselle resolución na que se lle ten por desistida na súa solicitude de acceso. Con data do 4 de febreiro de 2021, a Xefatura Territorial revoga a dita resolución e suspenden o prazo para comunicarlle á empresa. Pasados tres meses na Delegación de Lugo comunícanlle telefonicamente que a delegación emitiu informe que debe resolverse nos servizos centrais. Con data do 20 de maio de 2021, solicitouse á reclamante que acreditase a representación do sindicato, acreditación que remitiu con data do 24 de maio de 2021. Segundo. Con data do 24 de maio de 2021, déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de maio de 2021. Terceiro. Con data do 30 de xuño de 2021 o sindicato reclamante remite escrito no que informa que recibiu Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación sobre a solicitude de acceso á información na que manifesta que se concede acceso a parte da información pero non a facilitan en copia dixital, argumentando non ter pagadas as taxas (ou non telas pagado en cantidade suficiente), sen que se lles comunique cales son esas taxas que deberían aboar. Cuarto.-Con data do 13 de xullo de 2021, o Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo informe da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e informe da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación. Non se remite copia do expediente de tramitación da solicitude de acceso á información, senón que (enténdese que por erro), remitiu copia doutro expediente de "denuncia por alteración acceso red y nulidad expediente" presentado por unha entidade mercantil. Neste informe en resumo, indícase que con data do 13 de xaneiro de 2021 emitiuse requirimento de emenda á solicitude achegada, solicitando o aboamento da correspondente taxa administrativa así como a concreción da información solicitada. Pola representación do solicitante, dáse contestación ao requirimento efectuado, achegando xustificante de ter aboada a correspondente taxa así como unha concreción da documentación solicitada. Con data do 2 de febreiro de 2021 ditouse resolución de desistimento da solicitude de información, debido a que, por erro, non se tivera coñecemento da contestación ao (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal requirimento e con data do 4 de febreiro de 2021 ditouse resolución de revogación da resolución de desisitimento. Realizado o trámite de audiencia establecido no artigo 19.3 da Lei 19/2013, e no que existiu oposición do terceiro, con data do 24 de xuño de 2021 ditouse resolución favorable de acceso á información, que foi notificada á solicitante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas info@cornísiondatransparenda.gal www.cornisiondatransparencia.gal funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A asociación interesada non recibiu a resolución sobre a súa solicitude de acceso á información transcorrido o prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, resolución que se ditou unha vez presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O sindicato interesado solicitou o acceso a determinados expedientes sobre dereitos mineiros, nos que, agás a información que poden ter carácter ambiental (plans de labores), debemos entender que se trata dun acceso a un expediente administrativo que constitúe información pública e que se debe rexer pola normativa de Transparencia. A Consellería, dado que a información solicitada podía afectar a dereitos ou intereses de terceiros debidamente identificados, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, abriu un trámite de audiencia para que puidesen realizar as alegacións que estimasen oportunas informando á entidade solicitante desta circunstancia e da suspensión do prazo para ditar resolución, tramite que é conforme co establecido na normativa de Transparencia. O dito trámite, debe considerarse esencial, por canto a súa falla, podería determinar que se producise a efectiva indefensión do afectado. O sindicato reclamante remitiu, con data do 30 de xuño de 2021 o un escrito no que informa que recibiu a Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación de 24 de xuño de 2021, e sobre a que manifesta que se concede acceso a parte da información pero non a facilitan en copia dixital, argumentando non ter pagadas as taxas (ou non telas pagado en cantidade suficiente), e sen que se lles comunique cales son esas taxas que deberían aboar. Tal e como establece a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitida polo sindicato, concédese o acceso á información solicitada, previa disociación dos datos de carácter persoal de modo que se impida a identificación das persoas afectadas. Faise constar na resolución que o titular do dereito formula oposición á subministración da información, polo que unha vez valorada, limítase o acceso á documentación que figura no procedemento de transmisión das concesións de explotación que conten datos de especial relevancia económica para a mercantil, que serán disociados. Respecto do abono das taxas na resolución expresamente consta que a solicitante xa ten acreditado no expediente o aboamento da taxa administrativa pola expedición de copias polo seu importe mínimo e que en todo caso, con carácter previo á entrega ou remisión da •.,,. $ ' . . ': 1r1 \ __ .cq -· ti( ~, ·:. · =. 0 (+34)981569740 \:) Rúa do Hóneo, 65 ~!·::¡: ditrn nspan._;.nc GaHcia ib (;,) info@comisiondattanspa,encia.gal ® www.c:omisiondatransparencia.ga1 información, deberá quedar acreditada no expediente o pagamento da cantidade tota l que resulte da aplicación da correspondente taxa, polo que non é correcta a afirmación da reclamante no senso de que non se lle remit e a información por non ter abonada a correspondente taxa. Si se establece expresamente na resolución, que ao existir opos1c1on polo titular da información, non se dará acceso ata que transcorra o prazo que sinala o artigo 22.2 da Lei 19/2013. O artigo 22.2 da Lei 19/2013, prevé que no caso de que existise oposición de terceiro, o acceso só terá lugar cando, concedéndose este acceso, transcorrese o prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo s-en que este se forma lizase, ou fose resolto confirmando o dereito para recibir a información. Esta previsión, ten como obxectivo que a información non sexa accesible en prexuízo de dereitos ou intereses de terceiros alegados no procedemento, de tal maneira que as posibles vías de recurso, t anto ante a Comisión da Transparencia como ante o xurisdición Contencioso- Administrativa non se poidan ver desnaturalizadas, polo que é correcta a aplicación do contido do dito artigo pola Administración, pudendo ter acceso o sindicato á información solicitada unha vez transcorridos os ditos prazos. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por 1111 en representación desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, á Información sobre determinados dereitos mineiros. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no info@comísiondatransparencia.gat www.tomisiondatransparencia.ga l artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.09.23 13:18:51 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.