Una asociación solicitó a la Dirección General de Planificación Energética y Recursos Naturales información sobre el Parque Eólico 'Serra do Colmo'. Ante el silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta a la Consellería de Economía, Empresa e Innovación a responder y remitir la información en un plazo máximo de 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La administración debe resolver expresamente sobre el acceso, examinando si la información está afectada por los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
3
En caso de afectar a derechos de terceros, debe abrirse un trámite de audiencia y realizar una ponderación entre el interés público y la protección de intereses privados.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
5
La Comisión recuerda la obligación legal de la administración de remitir los informes requeridos por el órgano de transparencia para el cumplimiento de sus funciones.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
en representación de
me ,ante escrito do 16 de xuño de
, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en representación de
resentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor
do Pobo o 16 de xullo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
admin istrativo, da solicitude presentada ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Natu rais de obtención de copia de información relativa ao Parque Eólico "Serra do
Colmo" (concello de Becer reá) .
A entidade reclamante expón que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais notificou o traslado da solicitude de acceso á información á promotora do parque
eólico, sen ter obtido contestación ..
(•34) 9815,, 97 40 Rúa do Horreo., 65
15700, Santiago de Cornpostda
A Coruña
info~cornisíond¿,transr.,arcricia.gal www.comisiondatransparcncia.gal
Segundo. Con data do 20 de setembro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada
pola entidade reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e
lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de setembro de 2021, sen que se
recibise a copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
{+34) 98156 97 40 Rúa do Horreo) 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
ínfo11/comisiondêtransparcncia.gal ww\v.cornisioncauanspan:ncla.gal
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(+3~) 9815¿. 97 40 Rúa do Hóneo 1 65
15700, Santiago de Compostela
;., ínfo~o/comisíond.atransparrr;c¡a.gal www.comlsiondatransparcncia.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación non resolveu a
reclamación dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que
debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A asociación interesada solicitou o acceso a copia de información relativa ao Parque Eólico
"Serra do Colmo" (concello de Becerreá).
A Comisión non ten información sobre o contido concreto da documentación solicitada, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercido das súas
funcións, debe a Consellería resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente
si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei
19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal
existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma
clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que
despois da ponde ración tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público
ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
Respecto da información solicitada, cuxo acceso poida afectar a dereitos ou intereses de
terceiras persoas interesadas, debe abrirse o correspondente trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 1/2016, e unha vez finalizado o mesmo, facer
unha ponderación para determinar si debe primar o interese público na difusión da
información, ou a protección dos intereses privados das persoas interesadas, resolvendo o
que corresponda.
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse á Vicepresidencia Segunda que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse á Vicepresidencia Segunda , de conformidade co disposto no
artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle
requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
•
,t
.l1b.
~
(• 34i 9S1569740
o Rúa do Hórr~o. 6S
15700, Sant iag:> d• Com~•"'
\ tt!'c ns¡..,-,rer¡ciJ ACQruna
!·
"i
G2 ida (~ www.comlsiondavans.parcncia.g.11
En base aos feitos e fun damentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: en
representación de , contra a
desestimación por silencio administrativo, da solicitude presentada ante a Dirección Xeral de
Planificación Enerxética e Recursos Naturais de obtención de copia de información relativa ao
Parque Eólico "Se rra do Colmo" (concello de Becerreá).
Segundo: Instar á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación
, a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles, responda á petición de información solicitada,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á forma lización do acceso.
Terceiro: Instar á Vicepresidencia Segunda e Conselleria de Economia, Empresa e lnnovación
a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envio ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o dia seguinte á notificación de·sta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrat ivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
OOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.10.28 12: 13:50 +02'00'
María Dolores Femández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.