Una entidad solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia la ejecución de una resolución de acceso a la información ya confirmada por sentencias del TSJG. El reclamante alegó la vulneración de su derecho al no recibir la información. La Comisión inadmitió la reclamación porque carece de competencia para ejecutar sentencias judiciales.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no impugna una resolución expresa o presunta de acceso a la información, sino que solicita la ejecución de una resolución administrativa confirmada judicialmente.
2
La Comisión da Transparencia de Galicia no fue parte en los procedimientos contencioso-administrativos previos.
3
El órgano carece de competencias para ejecutar o instar la ejecución de sentencias judiciales.
4
Según el artículo 103 de la Ley 29/1998, la potestad de hacer ejecutar las sentencias corresponde exclusivamente a los Juzgados y Tribunales que conocieron del asunto.
5
Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al no tratarse de un acto susceptible de recurso ante dicha Comisión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación da -
- • mediante escrito do 15 de xaneiro de 2021, e considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Único.- en representación da presentou, mediante
escrito con entrada no rexist ro do Valedor do Pobo o 29 de setembro de 2021, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a falla de execución do acceso á información solicitada
ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais tras as sentenzas do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 38/2021, Rec. 7251/2019, e Sentenza 96/2021, Rec.
7270/2019.
O reclamante indicaba que tras a sentenza ditada con data do 29 de xaneiro e 2021 do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sentenza 38/2021, Rec. 7251/2019) se desestima o
recurso contencioso-administrativo interposto por la representación procesual da Cámara
Oficial Minera de Galicia, contra a resolución da Dirección xeral da Consellería de Economía,
Emprego e lndustria de 26 de abril de 2019 pola que se permite o acceso á información
solicitada e en data 08 de marzo de 2021 o mesmo Tribunal mediante sentenza 96/2021,
desestima o recurso contencioso-administrativo interposto pola representación procesual da
(+34) 9H 5$ 97 40 Rúa <lo Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Corufla
info~q)cc-misiondt:transparcncia.ga~ WW'N.con,isiondatranspa=-cncia.gal
Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) contra la resolución da dita Dirección Xeral do 26 de
abril de 2019, que permite o acceso á información solicitada, non se recibiu a dita información.
Polo que considera vulnerado o seu dereito de acceso á información pública
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
(<·34) 98156 97 4J Rúa Uo Horreo, 6:",
157C>O; Santiago de Cornpostc!a
A Coruña
ínfo~o/comisiondztr2nspar1:ncla.gal V.JW\V.U:.¡n-'fisiondatranspa:-:.:.ncia.gal
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A entidade reclamante presentou, con data do 15 de xaneiro de 2021, reclamación ante a
Comisión da Transparencia de Galicia (expediente RSCTG 6/2021), contra a desestimación por
silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante Vicepresidencia Segunda e Consellería
de Economía, Empresa e lnnovación, aos expedientes relativos ás axudas concedidas para as
actuacións nas "Campaña que sabes dos áridos. Segunda fase", "Pian de comunicación dixital
da minaría sustentable de Galicia 2019", "Recuperación de posta en valor do patrimonio
mineiro galego", "Elaboración 22 número de «Os áridos. Un día na canteira con Lagartiño»",
"Pian de comunicación dixital da minaría de Galicia", "Patrimonio mineiro" e "Creación de
unidades didáctica sobre minaría para nenos", que foi inadmitida por resolución do 27 de
abril, de 2021, por ser a reclamación extemporánea.
Na presente reclamación, a entidade interesada non reclama contra a falla de contestación
duna solicitude de acceso á información ou desacordo coa resolución ditada, senón que está
a solicitar a execución dunha resolución administrativa contra a que se interpuxo por dúas
entidades, recurso contencioso-administrativo que segundo din, foi desestimado,
confirmando as ditas resolucións.
A Comisión da Transparencia de Galicia non foi parte en nos ditos procedemento contencioso-
administrativos, e carece de competencias para executar ou instar a execución de sentenzas
4!( (+3-!)98 i 569740 RU<1 do Hórreo, 65
15700, Santi-lg ô de Com;>•:>St:ela
A Coruña
www.cc,rnisiondatrnnsp:1rcn<ic.1,gal
xudiciais, que de conformidade co disposto no artigo 103 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da xurisdición Contencioso-administrativa, a potestade de facer executar as
sentenzas e demais resolucións xudiciais corresponde exclusivamente aos Xulgados e
Tribunais que coñecesen do asunto.
De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da reclamación a impugnación dunha resolución
expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, procede a inadmisión da
reclamación, de acordo co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non tratarse dun acto
susceptible de recurso ante esta Comisión.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación da
- o n data do 29 de setemlbro de 2021, contra a falla de execución do
~ l i c i t a d a ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais tras as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 38/2021, Rec. 7251/2019,
e Sentenza 96/2021, Rec. 7270/2019.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.10.28 12:32:01 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.