Una empresa minera reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la resolución de la Consellería de Economía que permitió a una asociación consultar expedientes de concesión y transmisión. La empresa alegó secreto empresarial y reelaboración de datos. La Comisión desestimó la reclamación, validando la consulta in situ como solución operativa.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de ampliación de información no constituye infracción ultra petita, ya que la Administración tiene la obligación de requerir la concreción de solicitudes genéricas permitiendo la mejora voluntaria.
2
La necesidad de reelaboración solo es causa de inadmisión cuando la información debe elaborarse expresamente mediante diversas fuentes o faltan medios técnicos, no cuando el volumen de datos exija un proceso de recopilación.
3
La consulta in situ de los expedientes se considera una solución operativa adecuada para garantizar el derecho de acceso frente a la carga de trabajo que supondría la selección y envío de la documentación.
4
El riesgo hipotético de filtraciones o el uso posterior indebido de la información no pueden justificar la denegación del ejercicio de un derecho legalmente reconocido.
5
La información relativa a planes de labores y restauración se califica como información ambiental, quedando su impugnación sujeta a la Ley 27/2006 y no a la competencia de la Comisión de Transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación de
mediante escrito do 29 de outubro de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación de
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29 de outubro de
2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería
de Econom ia, lndustria e lnnovación pola que se resolve a solicitude de acceso ao expediente
presentada
A entidade reclamante en resumo alega que é titular da Concesión de Explo t a c i ó n -
e desa condición de titular do dereito mineiro deriva así mesmo a súa condición
de titular lexítimo dos dereitos de propiedade intelectual e industrial dun notable conxunto
de informes, planos, mapas, estudos, incluídos os plans de labores, de explotación e de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
restauración, contratos e outros datas referentes aos bens e dereitos, e outra documentación
técnica e económica que conforman o know-how da empresa, necesario para a actividade
regular de explotación incluíndo, a tramitación legal dos permisos mineiros, e é detentador
dun interese tamén lexítimo en que se protexa o referido carácter reservado desa
información, evitando innecesarios accesos e risco de filtracións a terceiros.
Considera que se utiliza por parte desta Asociación a vía da transparencia para obter
información sensible con espuria intención de filtrala e entregala a terceiras entidades que
veñen facendo un uso indebido, por manipulación intencionadamente terxiversada e
infundada do seu contido, redundando en prexuízo e descrédito público do sector mineiro.
Considera que consonte a Instrución 6/2018, do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de
Enerxia e Minas, sobre acceso á información pública en materia de minas, debe identificarse
correctamente a información da que se solicita o acceso, polo que non se deben admitir nin
atender solicitudes expostas en termos xenéricos e con pretensión de alcance omnímodo,
como foi no presente caso, tal e como establece tamén o artigo 19 da Lei 19/2013.
Considera que a demanda masiva e moitas veces indeterminada de información que afecta a
múltiples expedientes relativos a un mesmo dereito e mesmo simultaneamente a múltiples
dereitos mineiros e implica un inxente volume de documentación a tratar, boa parte dela de
carácter histórico e non dixitalizada, esixe a sistematización e clarificación do procedemento
de acceso, polo que a previsión normativa evidencia a inexistencia dun dereito de acceso de
carácter omnímodo, e un recoñecemento máis que implícito, expreso, de que polo menos
parte da información que os promotores poñen ao dispor das autoridades para o oportuno
desenvolvemento das súas respectivas competencias debe estar especialmente protexida.
Considera que a Resolución contén unha flagrante e sorprendente contradición entre a
motivación que desenvolve na consideración legal e técnica número 5, e a decisión que, a
modo salomónico, finalmente adopta, xa que se establece que por como están redactadas
estas solicitudes enténdese que a asociación xa non solicita copia de documentos, senón que
pretende que a administración realice unha labor de revisión de centos de expedientes que
constan nos seus arquivos dende o outorgamento da concesión de explotación en 1958 e se
lle entregue un informe elaborado ex profeso para a súa solicitude.
Considera de aplicación o disposto no artigo 18 da Lei 19/2013, en virtude da cal procede a
inadmisión das solicitudes de información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción
previa de reelaboración.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiond a transpa rencia.ga 1
Sobre o carácter reservado de información que consta nos expedientes administrativos e a
necesidade de salvagardalo afirma que debe garantirse considerando o sentido sistemático
que teñen os documentos para a protección do seu carácter confidenciai ou reservado, e en
particular, nos plans de labores e de restauración aos que explicitamente se retire o apartado
2º da parte dispositiva da Resolución. Considera que non ten sentido diseccionar un proxecto
ou un informe, de forma que se manteñan protexidos aquelas palabras, liñas ou parágrafos
que, por referirse a técnicas propias da empresa solicite manter afastadas do coñecemento
de competidores, e separar outras que poidan satisfacer o interese dun terceiro. É dicir, este
tipo de documentos e información teñen, pola súa propia natureza, unha sistemática de
conxunto que debe ser protexida na súa integridade, sen que caiba levar a cabo unha especie
de disección por datas, como puideren ser palabras, liñas ou parágrafos, senón que se debe
garantir a reserva dos documentos, plans e informes no seu conxunto tendo carácter
reservado o amplo conxunto de información de natureza técnica, comercial, financeira, etc.,
que os interesados teñen o deber xurídico de achegar ás Administracións competentes, sen
que se teña que acoutarse a extractos concretos.
As organizacións valoran os seus segredos empresariais tanto como os dereitos de propiedade
industrial e intelectual e utilizan a confidencialidade como unha ferramenta de xestión da
competitividade empresarial, de transferencia de coñecemento público-privada e da
innovación en investigación, co obxectivo de protexer información que abarca non só
coñecementos técnicos ou científicos, senón tamén datas empresariais relativos a clientes e
provedores, plans comerciais e estudos ou estratexias de mercado e a obtención, utilización
ou revelación ilícitas dun segredo empresarial comprometen a capacidade do seu titular
lexítimo para aproveitar as vantaxes e considera que a vontade do lexislador non ampara unha
interpretación tan estrita como a que resultaría de diseccionar partes específicas dun
documento, algo que polo demais, resultaría imposible de levar a cabo na práctica.
Insiste na existencia de asociacións e outros grupos de interese organizados que, afán difundir
un discurso pesimista, tendencioso e catastrofista sobre proxectos como o que nos ocupa, e
en xeral, sobre a actividade mineira, sen ter o máis mínimo reparo en facer un uso nesgado e
parcial da documentación que obteñan, sempre que iso sirva para incrementar artificialmente
o nivel de alarma da poboación e nos que parece subxacer que na intención destes grupos
sexa que os minerais non se extraian na proximidade do seu ámbito de actuación, malia as
exhaustivas garantías que se derivan de someterse á lexislación ambiental e mineira europea
e nacional, e sen importar que para cumprir finalmente os obxectivos ambientais europeos
~ ', (•34)981 5697 40 RUa do Hóneo, 6S
1S700, Santiago de Compostela
IICoNo'la
e inf~'ilc:om,siond airansparencia.gat ~1'
,;,:
www.comisiondatran:sparencJa.ga1
tales minerais se extraian en países con estándares máis baixos en controis ambientais, de
seguridade e de respecto ca ra aos dereitos humanos.
O representante da entidade reclamante acreditou a representación que ostenta sobre a
mesma, con data do 19 de novembro de 2021.
Segundo. Con data do 12 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Econom ía, Empresa e lnnovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola adm inistración foi o 9 de novembro de 2021.
Terceiro. Con data do 10 de decembro de 2021, pola representación da
- presenta escrito que cualifica como recurso de alzada e no que en relación co
recurso presentado por contra a Resolución do procedemento de acceso
á información e tras reproducir os argumentos do dito recurso, presenta
unha alegación única.
Na dita alegación, en resumo, manifesta que a organización, de acordo coa lexislación vixente
de acceso á información á que ten dereito reitérase no seu desexo de ter acceso en formato
dixital aos plans de labores e de restauración medioambiental, coa finalidade de analizar a
información e determinar se se pode estar incumprindo algún aspecto legal na concesión
mineira, sen ter "espureas intencións" nin intención de "filtracións" como manifesta a
mercantil, senón a única intención de denunciar, se fora o caso, as situa cións qu e non se
realicen ou realizaran conforme a lei, xa que a Asociación solo se limita a defender que os
proxectos cumpran coa l ei.
Cuarto.- Con data do 7 de xaneiro de 2022 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economia, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
No informe, en resumo indica que a Asociación interesada solicitou con data do 22 de abril de
2021, en base ao establecido na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos
de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia ambiental,
copia do informe que recolla os impactos ambientais producidos pola actividade mineira
extractiva pola empresa copia das autorizacións outorgadas para levar a
ri' (t
,i '. :~'lí'. e ., {) Rua do Hórreo, 65
15700, Santíago de Compostela
;i!! tra nspartnc;a A Coruña
·t;; e:: Gat,ca info@comisiondatransparencia,gat ~~ www.comisionclatran$parencia.ga1
cabo a súa actividade nun antigo espazo mineiro non restaurado e copia do informe resultante
da última inspección mineira.
Pola Xefatura Territorial da Consellería, requiríuselle á Asociación a mellora da solicitude no
senso de que se identifique de forma suficiente a documentación concreta solicitada . A
Asociación, con data do 15 de maio de 2021, remite escrito no que non se limita a responder
ao requirido senón que amplía ou reformula a súa solicitude requirindo acceso aos plans de
labores da empresa e plans de restauración medioambiental presentados e autorizados dende
1988 a 2021, o pian de restauración medioambiental vixente da concesión
informes de inspección de seguimento e vixílancia da concesión e de seguimento do pian ou
plans de restauración medioambiental da dita explotación, informe das sancións emitidas
sobre á explotación con indicación das datas, motivos das sancións e resultado, informes de
investigación solicitados sobre a concesión dende xaneiro de 2020 a maio de 2021 con
indicación da data de solicitude, empresa solicitante e cuadrículas investigadas e indicación
da empresa ou grupo de empresas que contan co dereito mineiro desta concesión dende o
ano xaneiro de 1988 ata maio de 2021.
Pola Consellería déuselle traslado das solicitudes á empresa titular da explotación para que
puidese realizar as alegacións que estimase oportunas, informándose deste trámite á
Asociación solicitante.
Con data do 8 de xuño de 2021, a representación da mercantil, manifesta a súa oposición á
solicitude expoñendo unha serie de alegacións que foron analizadas nas consideracións legais
e técnicas da resolución ditada, e con data do 16 de agosto, a Asociación solicitante presenta
escrito no que solicita que se lle conceda vista do expediente en formato dixital ou acceso a
enlace electrónico para consulta dos documentos que obren e poidan seguir incorporándose
ao expediente.
Indica a Consellería que a mercantil reclamante presenta un único escrito de reclamación e
que a resolución impugnada do 28 de setembro de 2021, refírese tanto a información que ten
carácter xera l como carácter ambiental, polo que entende que a parte da resolución sobre a
que se ten que pronunciar esa Comisión da Transparencia é a que ten que ver co acceso
concedido en atención á Lei 19/2013, e que é a que se refire no seu informe.
Entrando nas alegacións da mercantil, a primeira ten que ver coa xustificación do interese
lexítimo que ten a mercantil para presentar a dita reclamación, sobre a que a Consellería non
1 (+34) 9815697 40 \ts.-., Róa do Hórreo, 65
ACorur\a
.(~
\l~"
mfo@comis,ondatransparenci a.ga1 1) www,comisiondattanspartnc.,a.gal
ten nada que obxectar, ao ser interesada no expediente e estar por tanto lexitimada para
presentar o recurso.
Alegan en segundo lugar, o incumprimento do deber de identificación e concreción da
información, infracción do deber de ponderación; infracción ultro petita por outorgamento
do acceso con ma ior alcance do pedido, que coincide en gran parte coas alegacións xa
presentadas pola mercantil no traslado a terceiros da solicitude de acceso información. Na
resolución agora impugnada, xa se indica que o escrito presentado pola asociación en resposta
ao requirimento de concreción da solicitude, non se limita a responder ao requirido senón
que amplía a información solicitada e que se considera que se debe primar a garantía dos
dereitos dos cidadáns de acceso á información, polo que se opta por poñer a disposición da
asociación para a súa consulta in situ, os expedientes correspondentes a plans de labores,
-
plans de restauración, outorgamento e transmisións relativos a concesión da explotación-
Con respecto a que na tramitación non foi empregada de mane ira axeitada a Instrución
6/2018, do 3 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre acceso á información
pública en materia de minas, non se aprecia que a tramitación se desviase do ind icado na dita
Instrución. E sobre a suposta falta de ponderación dos diferentes dereitos e intereses
afectados, non se pode compartir esta afirmación posto que a información á que facilita o
acceso, foi obxecto de análise para avaliar os int ereses de terceiros en xogo e na resolución
ditada xa se exclúen certo tipo de datos e información, como os documentos que conteñen
datos de carácter persoal especialmente protexidos e datos aos que afecte o deber de segredo
de acordo co artigo 8 do Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o
Regu la mento xeral para o réxime da minería.
Sobre a suposta abu sividade da petición de información que mencionan os alegantes na súa
reclamación, esta cuestión xa foi alegada no trámite de traslado a terceiros e rebatida polo
órgano tramitador na proposta efectuada, indicándose na resolución do 28 de setembro de
2021 que se ben cabería entender que polo vol ume de información solicitada e traballo de
selección e recompilación necesario podería entenderse que seria necesaria unha labo r de
reelaboración, sinalouse que o órgano tramitador considera que debe primar garantir os
dereitos dos ci dadá ns de acceso á información e opta por unha solución operativa de consulta
in situ dos expedientes.
Fina lmente, en relación coa mención á diferencia entre o criterio seguido nesta resolución, e
a resol ución do expediente non se considera comparables as
i nfo@com isiond atrans parencia .ga 1 www.comisiondatransparencia.ga1
circunstancias da resolución que agora se impugna con aquela, na que a inadmisión veu dada
porque os solicitantes non atenderon aos requirimentos de concreción.
En relación co carácter reservado de información obrante nos expedientes administrativos e
a necesidade da súa salvagarda, esa alegación céntrase na protección da información que
figura nos planes de labores e nos plans de restauración, que son información de carácter
ambiental.
Finalmente, o alegante tamén entende que deben aplicarse directamente as prescricións
contidas da Lei 1/2019, de 20 de febreiro, de segredos empresa rias, para vetar o acceso a toda
a información de carácter técnico, comercial, financeiros, etc. que a mercantil tivo o deber de
aportar ao expediente a Consellería considera, en base ao criterio interpretativo 1/2019 do
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que non cabe a exclusión directa de información
que puidera estar incluída no ámbito de aplicación da Lei 19/2013, senón que esta exclusión
debe levarse a cabo logo da debida ponderación dos intereses en xogo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
i nfo@com isiondatranspa renci a .gal www.comisiondatransparencia.ga!
Segundo. Procedemento aplicable
o artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Na tramitación do presente expediente de reclamación, non se abriu trámite de audiencia á
Asociación solicitante da información en base ao disposto nos artigos 82.4 e 118 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas, dado que os motivos de impugnación da resolución da Dirección Xeral de
Planificación Enerxética e Recursos Naturais alegados pola entidade reclamante, son
substancialmente idénticos aos que figuran no seu escrito de oposición presentado o 8 de
xuño de 2021, no seno do expediente de acceso á información AIP-MI-SC-2021-34 (do que
trae causa esta reclamación), no que se refire a información que non ten a consideración de
ambiental, polo que non se tiveron en conta feitos ou documentos non recollidos no
expediente orixinario, e sen que aos efectos do citado artigo 118, se lle poida dar ao recurso,
informes e propostas, o carácter de documento novo.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga!
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses ou
anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou
publicación do acto de que se trate. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a
notificación, se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil
seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o
cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
No presente caso, consta que a entidade accedeu á notificación da resolución o 29 de
setembro de 2021, polo que téndose presentada a reclamación o 29 de outubro, debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
.. (; (+34) 98 15697 40 () Rúa do~Hórreo, 65
ntia¡o de Compostl'la
15700,
¡¡ '
¡¡ • 1 Ji::i re 1, e. •.~:1 A COfuña
t
(,3¡, _!.:..; ('~ [email protected] ~\ www.comisiondatransparenc.ia.ga1
Quinto.- Análise do expediente
De acordo co informe e a copia do expediente remitido pola Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Economía, lndustria e lnnovación, a entidade solicitou nun primeiro momento,
o acceso ao informe que recolla os impactos ambientais producidos pola actividade mineira
extractiva pola empresa ás autorizacións outorgadas para levar a cabo a súa
actividade nun antigo espazo mineiro non restaurado, ao informe resultante da última
inspección mineira.
Como contestación ao requirimento de mellora da solicitude de acceso a información, no que
se solicita que identifique de forma suficiente a documentación concreta solicitada, a
Asociación reformula a súa solicitu de requirindo á comunicación dos plans de labores da
empresa cos que conta ou contou en cada ano o dereito mineiro dende xaneiro 1988, plans
de restauración medioambiental presentados e autorizados por esa Xefatura ou pola
Dirección Xeral competente dende o ano 1981, pian de restauración medioambiental vixente
da concesión, informes de inspección de seguimento e vixilancia realizados á concesión •
pola Xefatura Territorial dende 1988 e de seguimento do pian ou plans de
restauración medioambiental da explotación, informe da s sancións emitidas sobre á
explotación, e informes de investigación solicitados e empresa ou grupo de empresas que
contan co dereito mineiro desta concesión.
Respecto da mellora da solicitude rea lizada pola Asociación solicitante, non pode considerarse
que a ampliación da información e documentación solicitada poda constituír unha infracción
ultra petita por canto, de conformidade co disposto no artigo 19.2 da lei 19/2013, nos casos
nos que a solicitude estea formulada de forma inconcreta ou xenérica, a Administración ten a
obriga de requirir ao solicitante a súa concreción, que debe facerse nos termos do artigo 68
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, nos que se permite que nos procedementos iniciados a solicitude
dos inte resados como é o caso, a mellora vo/untaria dos termos da solicitude. Por tanto no
presente caso, a ampliación do contido da información solicitada, unicamente tería o efecto
de que o inicio do cómputo do prazo para resolver sobre a solicitude da información ampliada
se produza a partir do momento no que se mellore a solicitude, e sen que exista por tanto
incongruencia entre o pedido e o outorgado, e por tanto se poida considerar que exista tal
infracción.
A reclamante formula no seu escrito, reclamación ante a Comisión da Transparencia e recurso
de alzada ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación
i nfo@com isiond atranspa renda .gal www. com isi ondatra nspa rencia.ga 1
contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 28
de setembro de 2021. Nesa resolución, se concede acceso á Asociación solicitante respecto
dos expedientes que constan nesta Xefatura Territorial correspondentes ao outorgamento e
transmisións relativos a concesión da explotación en aplicación da Lei 19/2013, e aos plans de
labores e plans de restauración da dita concesión en aplicación da Lei 27 /2006, así como se
denega o acceso aos procedementos sancionadores en tramitación.
Por tanto, e de acordo coas consideracións realizadas no informe da Consellería e o dobre
carácter que a reclamante lle da ao seu escrito (reclamación ante a Comisión e recurso de
alzada ante a Consellería}, debemos considerar que parte da información solicitada é
información ambiental (aos plans de labores e plans de restauración}, que de acordo coa
Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto
un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos
procedementos de recurso, pola súa normativa específica, como xa se sinalou por esta
Comisión en diversas ocasións.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. } os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Os plans labores e plans de restauración medioambiental, conteñen información sobre contrai
hidroxeolóxico, drenaxes, balsas e presas de decantación e de residuos, destino de lados,
materias primas tratadas, produción de residuos e o seu destino, restauración e condicións
ambientais impostas, informes de seguimento ambiental anual, entre outros, polo procede
que as alegacións contra a concesión de acceso aos mesmos se substancien no recurso de
info@com isio nd atra nsparenci a.gal www .comisi ond atra nspa rencia .gal
alzada presentado que se debe resolver polo órgano competente de acordo co que dispoña a
Lei 27 /2006.
Respecto do acceso aos expedientes referidos ao outorgamento e transmisións da concesión,
debemos de considerar que se trata de información pública por canto se trata de información
que forma parte dun expedientes administrativos de concesión mineira, e por tanto elaborada
e adquirida polo órgano competente da Administración na materia, e no exercicio das súas
funcións e que debe rexerse polo disposto na Lei 19/2013 e Lei 1/2016 e por tanto é
competencia desta Comisión a resolución da reclamación contra a súa concesión.
Entrando nos motivos de impugnación, considera a reclamante que a Asociación solicitante
na súa mellora da solicitude, pretende que a administración realice unha labor de revisión de
centos de expedientes que constan nos seus arquivos dende o outorgamento da concesión de
explotación en 1958 e se lle entregue un informe elaborado ex profeso para a súa solicitude,
polo que considera que procede a inadmisión da mesma de acordo co disposto no artigo 18.1
c) da Lei 19/2013 por ser necesaria unha acción previa de reelaboración.
Respecto do concepto de reelaboración, de acordo coas resolucións ditadas por esta Comisión
en liña co criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, pode
admitirse como causa de inadmisión cando a información que se solicita, pertencendo ao
ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan
necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando
imposible proporcionar a información solicitada, debendo esta circunstancia quedar
debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información
presentada. Sería por tanto a Consellería a que debería, no caso de considerar a súa
concorrencia, xustificar a necesidade de facer unha labor de reelaboración e inadmitir a
solicitude.
A reelaboración, debe distinguirse dos casos nos que o volume ou complexidade da
información que se solicita fai necesario un proceso específico de traballo ou manipulación
para conseguila, que xustificaría, como prevé o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación
do prazo para resolver.
Nestes casos é necesario valorar factores tales como o volume de información que se está a
solicitar, o esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión
i nfo@com i siond atransparencia .ga 1 www.com isio nd atra nspa re nci a.ga 1
sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na
difusión da información. O simple feito de que os datos requiridos non consten reflectidos
nun documento concreto preexistente á solicitude, non debe baleirar de contido ao dereito
de acceso á información.
No presente caso, tal e como se indica na resolución impugnada e no informe emitido pola
Consellería, se ben cabería entender que polo volume de información solicitada e traballo de
selección e recompilación necesario podería entenderse que sería necesaria unha labor de
reelaboración, que ademais non podería ser asumida pola Servizo de Enerxía e Minas da
Xefatura Territorial da Coruña, estando pois a solicitude en causa de inadmisión por
abusividade da petición, o órgano tramitador considerou que debe primar garantir os dereitos
dos cidadáns de acceso á información e opta pola solución operativa de poñer a disposición
da asociación solicitante, para a súa consulta in situ, os expedientes, o que se considera por
esta Comisión unha solución axeitada para o acceso á información.
Respecto dos motivos de oposición á resolución impugnada baseados na necesidade de
protección, por parte da recorrente, dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do
conxunto de documentos técnicos e económicos e datos referentes aos bens e dereitos que
conforman o know-how da empresa e necesaria para a súa actividade, dos innecesarios
accesos e risco de filtracións a terceiros, isto é, a concorrencia do límite de acceso á
información contido no artigo 14.1.J) da Lei 19/2013, non procede que por esta Comisión se
entre a valorar esta alegación, por canto refírese aos plans de labores e plans de restauración,
documentos que polo seu contido, como xa se sinalou son información ambiental, polo que
debe analizarse na tramitación do recurso de alzada presentado que se debe resolver polo
órgano competente de acordo co que dispoña a Lei 27/2006.
Con respecto da constatación por parte da reclamante de diversos casos de filtracións de
información sensible da que se pode facer un uso indebido, debese ter en conta que a Lei
1/2016 establece no seu artigo 24.2 que o cidadá, no exercício do seu dereito ao acceso á
información pública ten dereito de utilizar a información obtida sen necesidade de
autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis, polo que
calquera utilización da información obtida, non terá máis limitacións que as derivadas con
carácter xeral das leis, e se é ilexítima, o titular da mesma poderá utilizar os mecanismos de
defensa previstos no ordenamento xurídico; pero en ningún caso pode utilizarse un eventual
feito posterior, futuro e hipotético, como xustificación para impedir o exercício dun dereito
recoñecido legalmente a todas as persoas.
~... (+34) 9815697 ◄0 Rúa do Hóneo, 65
15700, S•ntiago de Compostela
," , :~p;rc-,1ci.::i A Coruña
'-~ 1, ., < ~ [email protected] www.comisiondauanspa ,~ncia➔ ga l
De acordo co anterior, por considerar que a resolución recorrida, na súa parte non referida a
información ambiental, é conforme coa normativa en materia de acceso á información
pública, procede a desestimación da reclamación presentada.
ACORDO
Único: Desestimar a reclamación presentada con data do 29 de outubro de 2021, por•
en representación de contra a
Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación pola
que se resolve a solicitude de acceso ao expediente presentada pola
Contra esta resolución que pon fin á via administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Sa ntiago de Compostela,
Firmado digitalmente po r 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2022.01.27 09:02:40 + 01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencla.