Una entidad solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Galicia acceso a la Estratexia Galega de Minaría Sostible, la Axenda de Impulso da Minería Sostible y el expediente de contratación asociado. La Comisión da Transparencia inadmite la parte ambiental por competencia legal específica y estima por motivos formales la reclamación sobre el expediente de contratación.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso a la Estratexia y Axenda de Minería Sostible se considera información de carácter ambiental, debiendo regirse por la Ley 27/2006 y no por la normativa general de transparencia.
2
La Comisión carece de competencia material para pronunciarse sobre el acceso a informes ambientales al existir un régimen jurídico específico según la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013.
3
Se estima la reclamación por motivos formales respecto al expediente de contratación, ya que la respuesta inicial de la Subdirección Xeral de Recursos Minerais no cumplía con la competencia resolutoria establecida en el artículo 27.3 de la Ley 1/2016.
4
La administración argumentó que la información sobre la estrategia estaba en fase preliminar de elaboración y que el contrato era un contrato menor tramitado conforme a la Ley de Presupuestos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación da -
- mediante escrito do 19 de novembro de 2021, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da presentou,
mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de novembro de 2021,
unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a cont estación da Subdirección Xeral de Recursos Minerais
da Direcció n Xe ral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economia, lndustria e lnnovación) do 18 de novembro de 2021, polo que se
lle da resposta á súa solicitude de acceso á Estratexia Galega de Minaría Sostible e á Axenda
de Impulso da Minería Sostible de Galicia.
O reclamante indicaba que se lle denegou o acceso á información solicitada, considerando
que non é certa a afirmación de que de momento non se teña concluído documento algún, e
que non se lle indica as vías de denuncia dispoñibles ao solicitante.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
~ {+34) 9S1 569740 Rúa do Hór<eo, 65
15700, Slntiagodc Compottcia
ACoroña
O info@comisíondçtran spt1rcnc.~-~,)\
Segundo. Con data do 24 de novembro de 2021, déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e
lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de novembro de 2021.
Terceiro. Con data do 28 de decembro de 2021, a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia
Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitou, a través do Rexistro
Electrónico do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, acceso aos expedientes
administrativos e documentos relativos á denominada Estratexia Galega de Minaría Sostible
e á Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia, incluídos os expedientes e contratos
administrativos relativos á contratación de por parte desa
Administración.
A subdirección xeral de Recursos Minerais desta Dirección Xeral contestou mediante un
escrito do 18.11.2021, no que se lle indicou que nese momento se están a iniciar os traballos
para a elaboración da Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia, recompilando
información, analizando a normativa existente e realizando unha prospección das tendencias
actuais, sen que de momento se teña concluído ningún documento. lnformóuselle que para o
desenvolvemento destes traballos se tramitou un contrato menor de servizo de consultaría,
ao abeiro do disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e
normativa de contratos do sector público.
A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución sobre
solicitude de acceso a información, pola que se concede acceso parcial a información
solicitada e se inadmite parte da solicitude.
A reclamación considera que non se atendeu debidamente ás peticións solicitadas, e que
ademais non se indicaba na resposta as vías de recurso, fronte ao que a Consellería indica que
se esta a solicitar acceso a información que está en elaboración, nunha fase moi preliminar e
sobre o contrato infórmase ao solicitante que se trata dun contrato menor, tramitado
conforme á Lei de orzamentos vixente e a Lei de contratos. Na resolución expresa ditada pola
Dirección Xeral se indican os recursos que caben contra dita resolución.
Para poder elaborar unha Estratexia que oriente a actividade mineira galega cara un
desenvolvemento sustentable na súa vertente ambiental, económica e social, e en harmonía
cunha política de responsabilidade social empresarial, a Dirección Xeral necesitou contar cun
(+3,t,) 9Sl 56 97 40 Rúa do Hórreo) 65
15700, Santí-Jgo de Cornposte!a
A Coruña
info~@comisíondêtransparcncia,gal
servizo de apoio polo que se asinou un contrato menor de asistencia técnica, que se está
desenvolvendo no momento actual mediante a recompilación e análise dos programas actuais
da Dirección Xeral e doutras áreas de goberno da Xunta orientados ao impulso da industria,
análise da normativa existente e prospección das tendencias do sector da minería nacionais e
internacionais, identificando os principais axentes no eido da minería galega. Os ditos
traballos, servirán de base para que a Dirección xeral elabore, con arreglo a Axenda de Impulso
da Minería Sostib/e de Galicia que se estableza, a Estratexia Galega de Minería Sostible, polo
que se trata de información que está en fase de elaboración.
Con respecto aos expedientes administrativos relativos á contratación, sen prexuízo da
información que se publique no portal de transparencia, na resolución ditada pola Dirección
Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, déuselle acceso ao expediente de
contratación salvo a información que afecta aos intereses económicos e comerciais da
empresa contratista.
Considera a Consellería que se estaría ante unha petición de información de carácter
ambiental (a referida á Estratexia Galega de Minaría Sostible, que se tramitaría polo disposto
na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente), e á información
relativa a un expediente de contratación dunha asistencia técnica, e que se tramita de acordo
coa normativa xeral de Transparencia.
Considera que, dado que o solicitante foi informado da situación na que se atopa a
información á que fai referencia, enténdese que procedería a desestimación do recurso
presentado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34) 98156 97 40 Rúa cio Hórreo., 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruíla
info~(1/comisíondatransparcncia.gat WW'N.cornlsfond¡-¡tra11spar0nCf,1_gc1l
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreoi 65
15700, Santiago de Cornpo5:tela
A Coruña
info:<1/comisíondctransparc>ncía.gat ww•N,cornlsiond.itransparcncia.gal
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Segundo consta no expediente remitido, á entidade interesada notificóuselle unha
comunicación da Subdirección Xeral de Recursos Minerais de data 18 de novembro de 2021,
e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 19 do mesmo
mes, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada solicitou acceso aos expedientes administrativos referentes á Estratexia
Galega de Minaría Sostible e á Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia, así como a
un expediente referente a un contrato para o desenvolvemento dos ditos documentos.
En contestación á dita solicitude, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais remitiulle un
oficio no que lle informa que nese momento se están a iniciar os traballos para a elaboración
dos ditos documentos sen que se teña concluído ningún documento, e para os que se tramitou
un contrato menor de servizo de consultaría.
Esta resolución, contra a que se presentou a reclamación ante esta Comisión, non se pode
considerar conforme co disposto no artigo 27.3 da Lei 1/2016, que establece que a
competencia para a resolución das solicitude de acceso á información no ámbito do sector
público autonómico, corresponde á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica ou da
correspondente Dirección Xeral.
Sen embargo, de acordo co informe e o expediente remitido pola Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Segunda, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
e
i t \ ,,'·.:
,, (~ (+34) 9Sl 5$ 9740
e Rúa d::, Hôr<eo, bS
l 57C-0, S3nti.lgv de Compostela
ACon.,ña
@ ww.~.comisiondau.:,nsp.1rcnci.J.gal
ditou resolución expresa con data do 23 de decembro de 2021, da que consta que se puxo a
disposición da entidade reclamante, aínda que non consta que se accedese á mesma,
Respecto da consideración na resolución ditada pola Dirección Xeral e no informe emitido, de
que a información referente á estratexia é información de carácter ambiental, e debe rexerse
respecto á resolución polo disposto na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia
de medio ambiente, considérase correcta, xa que os traballo están ·referidos á elaboración
dunha estratexia de orientación da actividade mineira galega cara un desenvolvemento
sustentable nas súas vertentes ambientais, económicas e sociais, mediante a recompilación e
análise dos programas autonómicos orientados ao impulso da industria mineira e prospección
do dito sector, polo que debe tramitarse, de conformidade co disposto na Disposición
Adicional Primeira da Lei 19/2013, ao referirse ao estado dos elementos do medio ambiente
e da incidencia que en tales elementos ambientai.s poidan ocasionar outros factores, e ter esta
materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á
información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, sen que
proceda que esta Comisión se pronuncie sobre o acceso a informe ambiental, por carecer de
competencia por razón da materia.
Respecto do expediente de contratación para a realización dos traballos de apoio técnico para
a elaboración da Axenda, na resolución da Dirección Xeral comunícase á Asociación interesada
que sen prexuízo do que se publique no portal de transparencia da Consellería, se facilita o
acceso ao expediente mediante un link, polo que procede a estimación da reclamación por
motivos formais, sen prexuízo de que se a Asociación o considera oportuno, pqida presentar
reclamación ou os recursos que se lle indican na dita resolución, ou os que estime que mellor
conveñen ao seu dereito.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmit ir a reclamación no referente á información solicitada que ten carácter
ambienta l e estimar por motivos formais con respecto ao acceso ao expediente administrativo
de contratación, presentada por en representación da -
- c o n data do 19 de novembro de 2021, contra a contestación da Subdirección Xeral
de Recursos Minerais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e
lnnovación do 18 de novembro de 2021, polo que se lle da resposta á súa solicitude de acceso
á Estratexia Galega de Minaría Sostible e á Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia .
(+34) 9-3156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700; Santiago de Compostela
¡)
info;(1/comisiondttransparcnc\).gal www.con1isiondatra11span::ncia.gal
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2022.01.26 13:55:57 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.