Estimada 26/04/2022 · 60 días en resolverse

Reclamación contra el Ayuntamiento de Fene por denegar el acceso al examen de un proceso selectivo para funcionario interino

Un ciudadano solicitó al Ayuntamiento de Fene copia del primer examen de un proceso selectivo para funcionario interino. El Ayuntamiento denegó el acceso por no ser interesado en el expediente. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el derecho de acceso a la información pública no requiere la condición de interesado.

Puntos clave de la argumentación

1 La información generada por tribunales de selección es pública, ya que son órganos administrativos técnicos cuyo ejercicio de discrecionalidad debe someterse al escrutinio público para acreditar su objetividad.
2 El derecho de acceso a la información pública, según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013, no está supeditado a la condición de interesado ni a la participación en el procedimiento administrativo.
3 La ausencia de una obligación de publicación activa en las bases de la convocatoria no anula el derecho de los ciudadanos a solicitar dicha información mediante publicidad pasiva.
4 No concurre riesgo de vulnerar los principios de igualdad y mérito al facilitar el examen, dado que todos los aspirantes ya recibieron copia del mismo en su momento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 25 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25 de febreiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución 232/2022 do Concello de Fene, pola que se lle denega a publicación ou obtención de copia do primeiro exercicio do proceso selectivo para a formación dunha listaxe de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de postos/prazas de técnico de xestión, escala administración xeral, subescala xestión, grupo A, subgrupo A2, para o departamento de Secretaría de Fene. O reclamante indicaba que se lle denegou o acceso á información por non ter a condición de interesado no expediente. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Fene para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de marzo de 2022 Terceiro. Con data do 22 de marzo de 2022 O Concello de Fene contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a tramitación do expediente de selección atopábase en tramitación no seu proceso de toma de decisións, xa que estaba en fase de alegacións ás cualificacións da primeira proba. Nas bases do procedemento, establecese que as decisións adoptadas polo Tribunal debían publicarse no taboleiro de edictos e web municipal, tal e como se fixo, sen que se estableza a obriga de publicar os exercicios da oposición, algo que tampouco está sometido á publicidade activa pola Lei de transparencia. Considera o informe que a resolución pretende conferir á solicitude un carácter abusivo ou alleo á finalidade da Lei 19/2013, e cita varias sentenzas (Xulgado Central do Contencioso- Administrativo, Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional) nas que se conclúe que permitir o acceso os cuestionarios de preguntas dous diferentes procesos selectivos, co transcurso do tempo reduciría marxe de actuación dos Órganos de Selección á hora de elaborar as preguntas diferenciadas dos exames, e colocaría ao interesado nunha situación privilexiada, caso de presentarse a futuros procesos selectivos, respecto doutros aspirantes que carecen da devandita información polo coñecemento masivo das preguntas que se poidan formular nun exame, situación que pode infrinxir os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ás funcións públicas. Informa que todas aquelas persoas aspirantes que se presentaron á oposición, recibiron copia do exercicio na súa condición de interesados. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, o Concello ditou a resolución con data do 24 de febreiro e a reclamación contra a mes se interpuxo o 25 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional como tal, debido á natureza representativa dos gobernos democráticos e é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas fináncianse con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en servir aos cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía. No dereito de acceso á información poden distinguirse dous aspectos: a transparencia proactiva ou publicidade activa, como aquela obrigación dos organismos públicos de publicar e dar a coñecer a información sobre as súas actividades, orzamentos e políticas e a publicidade pasiva ou dereito de acceso á información, que é o dereito dos cidadáns de solicitar ás Administracións e demais entidades e Institucións calquera tipo de información pública, e o dereito a recibir unha resposta documentada e satisfactoria. A Lei estatal 19/2013 establece nos seus artigos 6 a 8 a información que deben publicar os suxeitos incluídos dentro do se ámbito de aplicación, obriga que se amplía a mais información nos artigos 7 a 19 da Lei galega 1/2016. Se ben o artigo 20 da Lei 1/2016 establece que os suxeitos incluídos dentro do seu ámbito de aplicación fomentarán a difusión de calquera información pública non incluída nos ditos artigos, non existe un dereito dos cidadáns de esixir que unha determinada información sexa obxecto de publicidade activa. No presente caso, o interesado solicitou a publicación dun exercicio dun procedemento de selección, solicitude sobre a que o Concello pode valorar a conveniencia de que sexa obxecto de publicidade activa, pero que en todo caso non é unha obriga que o solicitante poida esixir á Administración, sen que iso signifique que non teña dereito a que se lle proporcione a dita información. Os tribunais de selección de empregados públicos, neste caso para a formación dunha listaxe de aspirantes para futuras coberturas como persoal funcionario interino, son órganos administrativos de carácter técnico ao servizo da Administración, polo que a información que se atope no seu poder é información pública de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016. O carácter técnico destes órganos non debilita a súa natureza administrativa, nin os exclúe de formar parte da Administración pública. A referencia legal ao seu funcionamento segundo criterios de discrecionalidade técnica, reforza a necesidade de someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público, pois para o necesario control desta discrecionalidade e para acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, resultan singularmente esixibles a existencia e o acceso á información que manexan estes órganos para a toma das súas decisións. Por outra banda, o feito de que na convocatoria non se estableza que os exames deben ser obxecto de publicación, non significa que esa información non sexa información pública, nin que a súa solicitude se poida cualificar como abusiva. Nas Leis de Transparencia vixentes, o dereito de acceso non está supeditado á condición de interesado (neste caso de participante no procedemento) do solicitante. De acordo co artigo 24 da Lei 1/2016, información pública é calquera contido ou documento elaborado, neste caso por un tribunal que forma parte da Administración, para o exercicio das súas funcións, polo que é por tanto información pública, de acordo coa definición da Lei. O tribunal de selección como órgano administrativo de carácter técnico está sometido no seu funcionamento á normativa dos órganos colexiados. No seu funcionamento, debe garantirse a súa independencia e discrecionalidade técnica, calidades que implican a súa capacidade de tomar decisións libres de mandatos xerárquicos, baseadas nos seus coñecementos e competencias técnicas, que deben aplicar segundo criterios discrecionais, e son precisamente estes elementos os que reforzan a necesidade de someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público, pois para o necesario control desta discrecionalidade e para acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, é imprescindible a existencia e o acceso á información que usan estes órganos para tomar as súas decisións, e máis se serve para obxectivalas. O acceso a este tipo de información é obrigado en coherencia cos principios de publicidade, transparencia e obxectividade, entre outros, que establece a lexislación vixente para rexer os procesos de selección para o emprego público. No presente caso, considérase que non son de aplicación os motivos contidos na xurisprudencia que se cita no informe, nas que se conclúe que permitir o acceso os cuestionarios de preguntas dous diferentes procesos selectivos, co transcurso do tempo reduciría marxe de actuación dos Órganos de Selección á hora de elaborar as preguntas diferenciadas dos exames, e colocaría ao interesado nunha situación privilexiada, dado que segundo o informe remitido, a todas as persoas que se presentaron á oposición se lles entregou copia do exercicio. Por tanto, o único motivo polo que non se lle entregou ao hoxe reclamante foi porque non ten a condición de interesado no dito proceso, requisito que non é esixible nunha solicitude de acceso á información, como establece o artigo 12 da Lei 19/2013 que outorga este dereito a calquera persoa. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello proporcionar a documentación ao reclamante. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 25 de febreiro de 2022, contra a Resolución 232/2022 do Concello de Fene, pola que se lle denega obtención de copia do primeiro exercicio do proceso selectivo para a formación dunha listaxe de aspirantes para futuras coberturas como persoal funcionario interino. Segundo: Instar ao Concello de Fene a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Fene a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.04.28 09:26:50 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.