Una asociación solicitó a la Dirección General de Planificación Energética y Recursos Naturales el acceso íntegro al expediente del Parque Eólico Serra de Liñares. Alegó que solo se le remitió la Declaración de Impacto Ambiental. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitante es parte interesada en un procedimiento administrativo en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa de procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de quienes tengan la condición de interesados en un procedimiento en curso.
2
Para inadmitir una reclamación por esta vía, deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, que el reclamante sea interesado en él y que el procedimiento esté en curso.
3
En el caso analizado, se reconoce expresamente que la asociación solicitante tiene la condición de interesada en el expediente del proyecto eólico.
4
Al concurrir los requisitos de la Disposición adicional primera, el acceso a la documentación debe regirse por la normativa del procedimiento administrativo y no por la ley de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación de
, mediante escrito do 29 de marzo de
2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. en representación de
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor
do Pobo o 29 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 23 de marzo
de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se resolve
parcialmente a solicitude de acceso á información pública e recoñecemento da condición de
interesada de no expediente relativo ao Proxecto do Parque Eólico Serra de Liñares.
A entidade reclamante expón que no escrito se solicitaba expresamente que se considerase
a como parte interesada no
expediente de referencia e nas sucesivas dilixencias vinculadas ao mesmo e que se lle remitise
copia dixital íntegra do expediente administrativo relativo ao proxecto eólico "Serra de
Liñares", e a Dirección Xeral só remite ligazón á Declaración de Impacto Ambiental do
proxecto, que xa é de acceso público, e non copia dixital do expediente íntegro do proxecto,
tal e como foi expresamente requirido, e vulnerando así o dereito de a obter copia de
todo o expediente, logo de tres meses da solicitude e xa tendo pagadas as taxas
correspondentes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou o acceso a determinada documentación nun expediente
administrativo dun parque eólico que está en tramitación, e no que por Resolución da
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais se lle recoñece a condición de
interesada no mesmo.
Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que
agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12,
a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans
dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos
certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa
reclamante, neste caso unha , debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o
procedemento debe estar en curso. Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe
concluírse que, na data na que se realiza a solicitude, concorren no caso que nos ocupa, dado
que a reclamación se presenta por unha que ten recoñecida expresamente a
condición de interesada no expediente, segundo se desprende da copia da resolución
remitida, polo que debe inadmitirse por este motivo, a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por en
representación de contra a
Resolución do 23 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais, pola que se resolve parcialmente a solicitude de acceso á información pública e
recoñecemento da condición de interesada de no expediente relativo ao Proxecto do
Parque Eólico Serra de Liñares.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.04.28 14:10:21 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.