Inadmitida 06/07/2022

Acceso al expediente de autorización del parque eólico Chao do Marco y reconocimiento de condición de interesado

Se solicitó el acceso al expediente de autorización del parque eólico Chao do Marco a la Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. La administración alegó que la solicitante era parte interesada. La Comisión da Transparencia decide inadmitir la reclamación ya que, al reconocerse la condición de interesada, debe regirse por la normativa del procedimiento administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de quienes tengan la condición de interesados en un procedimiento en curso.
2 Para aplicar dicha disposición como motivo de inadmisión deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, que el reclamante sea interesado y que el procedimiento esté en curso.
3 Se determina que, a partir del reconocimiento de la condición de interesada, la solicitud de acceso debe regirse por la normativa de tramitación del expediente administrativo del parque eólico.

Texto completo

Terceiro. Con data do 27 de maio de 2022 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 20 de maio de 2022, ditouse pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolución expresa na que recoñece á reclamante a condición de interesada no expediente, polo que de acordo con anteriores pronunciamentos da Comisión da Transparencia, considera que a reclamación debe ser inadmitida, en aplicación do disposto na disposición adicional primeira da Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada solicitou o acceso a determinada documentación nun expediente administrativo dun parque eólico que está en tramitación, e no que por Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais se lle recoñeceu a condición de interesada no mesmo. Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12, a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa reclamante, neste caso unha , debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a solicitude, non concorren todos os requisitos, xa que a non tiña recoñecida a súa condición de interesada, se ben se lle recoñeceu con posterioridade á presentación da reclamación, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, debendo rexerse as solicitude de acceso, a partires da data de recoñecemento da dita condición, pola normativa de tramitación do expediente administrativo do parque eólico. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a desestimación, por silencio administrativo, das solicitudes presentadas perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais con data 11 de novembro de 2021, de acceso ao expediente de autorización do parque eólico Chao do Marco (Becerreá) e de recoñecemento da como parte interesada no devandito expediente administrativo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.07.06 14:27:35 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.