La Asociación de vecinos O Cruceiro de Mehá solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Galicia el acceso parcial a análisis de riesgo de REGANOSA y Forestal del Atlántico. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación al considerar que la solicitud era manifestamente repetitiva, ya que el objeto era idéntico a una petición previa denegada por seguridad nacional.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración denegó el acceso inicial basándose en el artículo 14.1.a) de la Ley 19/2013, alegando que la información afectaba a la seguridad nacional y a infraestructuras críticas catalogadas por el Ministerio del Interior.
2
El solicitante alegó que la Directiva SEVESO 2012/18/UE y el Real Decreto 840/2015 obligan a poner la información de seguridad a disposición del público, permitiendo la eliminación de datos críticos o confidenciales.
3
Para que una solicitud sea inadmitida por repetitiva, según el Criterio 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, debe coincidir con una petición anterior rechazada cuya respuesta haya adquirido firmeza.
4
La Comisión determinó que la solicitud de acceso parcial era repetitiva porque el límite de seguridad nacional afectaba a la totalidad de la información solicitada originalmente.
5
Se concluye que, al no haber interpuesto recurso contra la primera denegación, la nueva solicitud con el mismo objeto carece de fundamento para ser admitida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación de veciños O
Cruceiro de Mehá, mediante escrito do 9 de decembro de 2022, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá presentou,
mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de decembro de 2022,
unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Xefatura Territorial da Coruña da
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 9 de
novembro de 2022, pola que se inadmite a súa solicitude de data 15 de setembro de 2022,
de acceso á información pública sobre a análise de risco de novembro de 2021, de
REGANOSA, e a análise de risco de xuño de 2021, de Forestal del Atlántico, emitidos no
marco da actualización do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promotorio, sometido a
consulta pública mediante Resolución publicada no DOG do 21 de xuño de 2022.
A Asociación reclamante indicaba que no marco do proceso de consultas públicas do Plan de
Emerxencia Exterior de Punta Promontorio, seguido ante a Dirección Xeral de Emerxencias e
Interior, solicitou acceso ao análise de risco (AR), novembro 2021 REGANOSA e xuño 2021 de
Forestal do Atlántico. Mediante Resolución do 2 de setembro de 2022, denegóuselle a
solicitude por considerar que está limitado o acceso á mesma por razóns de seguridade
nacional.
Con data do 15 de setembro de 2022, presentaron nova solicitude de acceso parcial á
devandita documentación, omitindo a información afectada por tal limitación e por
resolución do 9 de novembro de 2022, inadmitiuse a solicitude por ser manifestamente
repetitiva. Considera que non se xustifica de forma algunha, a imposibilidade de dar acceso
parcial á información contida nos documentos en cuestión, sen que se poña en risco a
Seguridade Nacional, máxime canto esa documentación é esencial para que os cidadáns
poidan exercer o seu dereito de participación cidadá na elaboración de plans e programas
que teñan relación directa co medioambiente, a seguridade e a salubridade da cidadanía.
Considera que a lexislación derivada da Directiva SEVESO 2012/18/UE, obriga que nestes
procesos de consultas a documentación solicitada estea en disposición do público en xeral.
Indica que o Real Decreto 840/2015 do 21 de setembro polo que se aproban medidas de
control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias
perigosas, e a Lei 8/2011, do 28 de abril, esixe que a información sobre o informe de
seguridade, que inclúe a análise de riscos, ten que estar ao dispor de calquera persoa que o
solicite (física ou xurídica), aínda que se poden eliminar aqueles datos considerados críticos
ou confidenciais.
De acordo co disposto no artigo 15 do Real Decreto o informe de seguridade debe estar a
disposición do público cando se solicite, e a estes efectos, poñerase a disposición do público
un informe modificado, por exemplo en forma de resumo non técnico, que incluirá
información xeral sobre os perigos de accidente grave e os seus efectos potenciais para a
saúde humana, os bens e o medio ambiente en caso de accidente grave.
A interesada presentou con data do 23 de decembro de 2022, a acreditación da
representación da Asociación, a requirimento da Secretaría da Comisión da Transparencia.
Segundo. Con data do 2 de xaneiro de 2023, déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e
Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de xaneiro de 2023.
Terceiro. Con data do 18 de xaneiro de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
No informe da Xefatura Territorial da Coruña do 16 de xaneiro de 2023, indicase que con
data do 21 de xuño de 2022 publicouse a Resolución do 30 de maio de 2022 da Dirección
Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acordou someter a información pública a
revisión do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro (DOG núm. 118) e pola
Asociación reclamante solicitouse documentación non suxeita a exposición pública (Análise
de risco (AR), novembro 2021 REGANOSA e Análise de risco (AR), xuño 2021 de Forestal del
Atlántico).
A solicitude foi redirixida á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e
Innovación da Coruña por ser a competente para garantir que o informe de seguridade estea
á disposición do público cando este o solicite. Con data do 21 de xullo de 2022, de
conformidade co artigo 19.3 da Lei 19/2013, déuselles traslado do solicitado aos dous
terceiros interesados debidamente identificados, e titulares dos establecementos industriais
referidos (Regasificadora del Noroeste, SA (REGANOSA) e Forestal del Atlántico, SA ) e
informouse á entidade solicitante.
Por si os ditos establecementos industriais puidesen estar incluídos no Catálogo Nacional de
Infraestruturas Estratéxicas, cuxa responsabilidade é do Ministerio del Interior, de acordo co
establecido no artigo 4 da Lei 8/2011, do 28 de abril, pola que se establecen medidas para a
protección das infraestructuras críticas, púxose en coñecemento da Delegación do Goberno
en Galicia, por si no ámbito das súas competencias, procedía facer algunha observación ou
alegación, que tivera que ser tida en consideración na resposta de acceso de información ao
solicitante.
Con data do 12 de agosto de 2022 a Delegación do Goberno en Galicia comunica que deron
traslado de dito escrito ao Centro Nacional de Protección de Infraestructuras Críticas (en
diante CNPIC) do Ministerio do Interior e trasladan o criterio do órgano administrativo
consultado, de que o coñecemento do resultado das análises de risco, pode levar unha
vulneración da seguridade, en todas as súas vertentes, para estas instalacións polo que
considera o CNPIC, que a información solicitada atoparíase dentro dos supostos de
limitación do acceso á información sobre a seguridade nacional contemplada no artigo
14.1.a.) da Lei 19/2013.
Por parte de REGANOSA con data do 17 de agosto de 2022, e Forestal del Atlántico, SA. con
data do 22 de mesmo mes, solicitou acceso ao expediente .
Forestal del Atlantico, SA. con data do 26 de agosto de 2022, presentou escrito no que
solicita que non se divulgue o análise de riscos, dado que de acordo co disposto no Real
Decreto 840/2015, o PEE ten como finalidade previr e, no seu caso mitigar as consecuencias
de posibles accidentes graves previamente analizados, e establecer as medidas de
protección máis idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios e o esquema de
coordinación das autoridades, órganos e servizos chamados a intervir. En relación coa
poboación, o obxectivo fundamental é pois que dispoña da información sobre as medidas de
protección máis eficaces e as actuacións necesarias a adoptar para previr e reducir os
efectos adversos en caso de accidente.
Alega que a publicación da información sobre o Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Punta
Promontoiro foi completa e axustada á normativa aplicable e púxose a disposición do
público o borrador do Plan de Emerxencia Exterior nunha fase temperá, para que puidese
dar a súa opinión.
As análises de riscos conteñen información técnica e de seguridade sobre a configuración
física e sistemas das plantas, os sucesos iniciadores e as condicións que poden xerar
accidentes e se sinalan os fallos suficientemente específicos e detallados e os cálculos de
vulnerabilidade das instalacións, información que reviste carácter confidencial. A Planta de
Forestal é unha infraestrutura crítica (catalogada pola Secretaría de Estado de Seguridade do
Ministerio do Interior en data 30 de outubro de 2019, co número 1485) á que lle resulta de
aplicación a Lei 8/2011. Nesta condición, a planta debe adoptar todas as medidas para o
adecuado tratamento da información sensible, sendo información sensible de acordo co
disposto na dita Lei, os datos específicos sobre infraestruturas estratéxicas que, de revelarse,
poderían utilizarse para planear e levar a cabo acciones cuxo obxectivo sexa provocar a
perturbación ou a destrución destas, debendo as Administracións Públicas velar pola
garantía da confidencialidade dos datos sobre infraestruturas estratéxicas aos que teñan
acceso e dos plans que para a súa protección se deriven.
REGANOSA, con data do 26 de agosto de 2022 presentou escrito nos mesmos termos que
Forestal del Atlántico, SA indicando que a planta de Mugardos é unha infraestrutura crítica
catalogada pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior en data 26 de
xuño de 2014, co número 265.
A resolución do 2 de setembro de 2022 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Economía, Industria e innovación da Coruña, denega o acceso á totalidade do
solicitado, ao abeiro do artigo 14.1 a) da Lei 19/2013, por considerar a información solicitada
dentro dos supostos de limitación de acceso á información sobre a seguridade nacional. A
resolución notificouse o 5 de setembro de 2022 e con data do 15 do mesmo mes, a
Asociación reclamante solicitou acceso ao contido do Análise de risco (AR), novembro 2021
de REGANOSA e Análise de risco (AR), xuño 2021 de Forestal del Atlántico emitidos no marco
da actualización do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Punta Promotorio, sometido a
consulta pública mediante Resolución publicada no DOG de 21 de xuño de 2022.
Na motivación indican que na Resolución 2022/T-00523, da Xefatura Territorial
denegóuselle o acceso á devandita documentación por razóns de seguridade nacional, en
tanto que segundo nos informan, estes documentos conteñen datos de seguridade
sensibles, pero nesta nova solicitude, solicitan o acceso parcial, omitindo a información
afectada pola limitación.
Con data do 9 de novembro de 2022, a Xefatura Territorial ditou resolución pola que
inadmite a solicitude por ser manifestamente repetitiva polas razóns expostas na
consideración legal e técnica quinta da dita resolución, que notificouse o 11 de novembro de
2022.
Considera a Xefatura Territorial que a petición do 15 de setembro de 2022, a pesar de que se
denomine de acceso parcial, é manifestamente repetitiva xa que de forma patente, clara e
evidente, ten o mesmo obxecto que a solicitude resolta o 2 de setembro de 2022.
Indica a xefatura que, no caso de que o solicitante non estivera de acordo coa resolución
ditada o 2 de setembro 2022, o modo de impugnación é a interposición do correspondente
recurso contencioso-administrativo ou potestativamente a presentación de reclamación
potestativa.
O informe conclúe que produciuse unha denegación total da información solicitada por
atoparse dentro dun dos supostos de limitación de acceso á información sobre a seguridade
nacional e inadmisión da solicitude de acceso parcial por considerarse manifestamente
repetitiva.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, á Asociación interesada notificóuselle a
resolución con data do 9 de novembro de 2022 e a reclamación presentouse o 9 de
decembro (rexistro de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 12 do mesmo mes), debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación reclamante solicitou acceso a dous documentos concretos sobre análise de
riscos que forman parte dun Plan de Emerxencia Exterior (PEE), solicitude sobre a que se
denegou o acceso, polos motivos que figuran nela, sen que conste que tras a súa
notificación, e transcorrido o prazo dun mes, por parte da Asociación se presentase
reclamación ante esta Comisión, como establece o artigo 28 da Lei 1/2016.
Posteriormente, a dita Asociación reitera a solicitude, que xa fora denegada por resolución
expresa, nos mesmos termos, engadíndolle na motivación que solicita o acceso parcial á
información non afectada polo límite.
Procede analizar pois, se se trata dunha petición repetitiva ou non. Tal e como consta no
expediente remitido, a Asociación solicitou acceso dous documentos de análise de riscos,
sen que conste que ante a resolución de denegación de acceso aos mesmos, presentase
reclamación en vía administrativa nin recurso contencioso-administrativo.
Como se fai constar no informe da Xefatura Territorial, o Criterio 3/2016 do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión de solicitudes de información
repetitiva ou abusiva, para inadmitir unha solicitude de acceso á información por repetitiva,
tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos
solicitantes, que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza.
No presente caso, a solicitude de acceso á información presentada o 8 de xullo de 2022,
rexeitada por resolución da Xefatura Territorial do 2 de setembro de 2022, coincide coa
presentada con data do 15 de setembro de 2022, xa que o límite que concorría na mesma
afectaba á totalidade da información solicitada, polo que debe considerarse que a solicitude
é repetitiva ao ter o mesmo contido e sen que conste que se presentase reclamación en vía
administrativa nin recurso contencioso-administrativo contra a resolución do 2 de setembro
de 2022, polo que procede a desestimación, en consecuencia, da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación de
veciños O Cruceiro de Mehá con data do 9 de decembro de 2022, contra a Resolución da
Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía,
Industria e Innovación de data 9 de novembro de 2022, pola que se inadmite a súa solicitude
de data 15 de setembro de 2022, de acceso á información pública sobre a análise de risco
emitidos no marco da actualización do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promotorio.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.