La Asociación ADEGA solicitó a la Xunta de Galicia un listado detallado de proyectos eólicos con sus fechas de permiso de acceso a la red y el estado de su DIA. La administración denegó el listado alegando que requería una reelaboración de la información. La Comisión da Transparencia estima la reclamación al considerar que no se ha justificado la complejidad de dicha reelaboración.
Puntos clave de la argumentación
1
La causa de inadmisión por necesidad de reelaboración de la información debe interpretarse de forma estricta y no restrictiva para no menoscabar el derecho de acceso.
2
Según la jurisprudencia del Tribunal Supremo (sentencia 670/2022), la reelaboración debe presentar una cierta complejidad técnica para justificar la denegación de la solicitud.
3
No opera la inadmisión cuando el órgano no justifica de manera clara y suficiente la necesidad del tratamiento previo, la dispersión de los datos o la incompatibilidad de los sistemas.
4
Se deduce que la administración posee la totalidad de la información solicitada ya que fue capaz de proporcionar los datos agregados y numéricos de los parques eólicos.
5
La mera elaboración de un listado a partir de datos ya disponibles en el órgano administrativo no constituye una reelaboración compleja que justifique la denegación del acceso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA), mediante escrito do 26 de abril de 2023, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 27 de xuño de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26 de abril de 2023,
unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral
de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se resolve a súa solicitude de acceso
ao listado de proxectos eólicos tramitados pola Xunta de Galicia que obtiveran o permiso de
acceso á rede con posterioridade ao 31 de decembro de 2017 e as datas concretas nas que
obtiveron ese permiso e, no caso de non haber erro no reconto publicado na prensa, acceso
ao listado de proxectos eólicos con declaración de impacto ambiental resolta, indicando se foi
en sentido favorábel ou desfavorábel e relación dos que non a teñen resolta.
A Asociación reclamante indicaba que solicitou o listado de proxectos eólicos tramitados pola
Xunta de Galicia, que obtiveran o permiso de acceso á rede con posterioridade ao 31 de
decembro de 2017, así como as datas concretas nas que obtiveron ese permiso e que se lles
confirme se houbo un erro no reconto publicado na prensa, e en caso contrario, se remita o
listado de proxectos eólicos con declaración de impacto ambiental (DIA) resolta, indicando se
foi en sentido favorable ou desfavorable, así como a relación dos que non teñen resolta a
declaración de impacto ambiental. A contestación da Dirección Xeral foi unha relación dos
parques eólicos con DIA favorable e DÍA desfavorable, e que foron arquivados, sen darlle a
información solicitada, na que se conclúe que é o que se lles pode informar ao respecto, sen
que proceda a elaboración do listado solicitado ao ser precisa unha acción de reelaboración.
Segundo. Con data do 2 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 26 de maio de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a Asociación solicitou o listado de proxectos eólicos
tramitados pola Xunta de Galicia, que obtiveran o permiso de acceso á rede con
posterioridade ao 31 de decembro de 2017, así como as datas concretas nas que obtiveron
ese permiso, indicando os que teñan a DÍA resolta en sentido favorable ou desfavorable, así
como a relación dos que non teñen resolta a declaración de impacto ambiental, e con data do
30 de marzo de 2023, ditouse resolución expresa.
Indica a Consellería no seu informe que non existe o documento no que figure a información
tal e como a que pide a solicitante (listado de proxectos eólicos tramitados pola Xunta de
Galicia, que obtiveran o permiso de acceso á rede con posterioridade ao 31 de decembro de
2017, así como as datas concretas nas que obtiveron ese permiso), polo que a información
que se facilitou foi en base aos contidos existentes.
Considera que a información solicitada, precisaría dunha acción de reelaboración, polo que
sería causa de inadmisión; aínda así, optouse en todo caso por facilitar a información que
estaba dispoñible, sen facer unha inadmisión de toda a solicitude. Na resposta dada aos
solicitantes, tras sinalar o número de parques con permiso de acceso e conexión obtido entre
xaneiro de 2018 e o 25 de xuño 2020, e desglosar ese número entre arquivados, con DIA
favorable, DIA desfavorable e os que non completaron o trámite da DIA, se lles informaba
tamén sobre a posible orixe da discrepancia de datos por eles sinalada, indicándolles na
resposta que existen, adicionalmente, 4 parques que obtiveron a DIA entre o 10/05/2017 e o
23/12/2020, e que non tiñan o fito do 25/01/2023 para a obtención da DIA, o que pode ser a
orixe da discrepancia de 4 parques que existe entre o reconto de instalacións don DIA
favorable feito e por esa entidade (81) e o que se informou na prensa (77).
Indicase así mesmo que se ben a entidade solicitante amparou a súa petición de información
na Lei 27/2006, de 18 de xullo, de acceso a información ambiental, o certo é que a información
á que se solicitou acceso non cabe considerala como ambiental, xa que o que se piden son
listados de proxectos eólicos tramitados con diferentes casuísticas.
Conclúe o informe que a información tal e como é solicitada non existe, e esixiría unha
elaboración ad hoc, xa que obrigaría a mesturar datos de diversas fontes e incluso incorporar
manualmente datos relativos a obtención de permisos de acceso, que é un trámite alleo a esta
administración, realizado polos promotores ante os xestores das redes de transporte e
distribución.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
De acordo co informe remitido pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais a resolución ditouse con data do 30 de marzo de 2023, notificouse o 31 do mesmo
mes e foi aceptada pola Asociación o 3 de abril de 2023, tendo presentada a Asociación a súa
reclamación o 26 de abril de 2023, polo que debe ser admitida por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación reclamante solicitou acceso ao listado de proxectos eólicos tramitados pola
Xunta de Galicia que obtiveran o permiso de acceso á rede con posterioridade a unha data,
coas datas concretas nas que obtiveron ese permiso, os que teñen declaración de impacto
ambiental resolto, indicando se foi en sentido favorábel ou desfavorábel e relación dos que
non a teñen resolta. A Consellería resolveu a dita solicitude, indicando que obtiveron permiso
de acceso e conexión entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 25 de xuño de 2020, con fito para a
obtención da DIA favorable 120 parques, dos que 5 Foron arquivados, 77 Obtiveron DIA
favorable, 38 obtiveron DIA desfavorable e 20 non completaron o trámite de DÍA, e que
existen adicionalmente, 4 parques que obtiveron a DIA entre o 10/05/2017 e o 23/12/2020, e
que non tiñan o fito do 25/01/2023 para a obtención da DIA, o que pode ser a orixe da
discrepancia de 4 parques que existe entre o reconto de instalacións con DIA favorable feito
e por esa entidade e o que se informou na prensa. A resolución indica que é o que se lle pode
informar ao respecto, sen que proceda a elaboración do listado solicitado ao ser precisa unha
acción de reelaboración.
O artigo 18.1 Lei 19/2013, establece diversas causas de inadmisión das solicitudes de acceso
á información pública, entre as que se atopan as relativas a información para cuxa divulgación
sexa necesaria unha acción previa de reelaboración. Como establece o Tribunal Supremo en
sentenza 670/2022, do 2 de xuño, continuando a súa a liña xurisprudencial (entre outras
sentenza do 16 de outubro de 2017, recurso 75/2017), a aplicabilidade desta causa de
inadmisión , como de calquera outra causa, debe tomar como premisa a formulación ampla e
expansiva coa que aparece configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013, que
impón unha interpretación estrita, cando non restritiva da inadmisión das solicitudes de
información, na que o dereito de acceso á información soamente debe verse limitado
naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información -derivado do
disposto na Constitución Española- ou pola súa entrada en conflito con outros intereses
protexidos.
Esa formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á
información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a
ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión
de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1, sen que caiba aceptar
limitacións que supoñan un menoscabo inxustificado e desproporcionado do dereito de
acceso á información.
Indica o Tribunal Supremo que a causa de inadmisión das solicitudes de información non
opera cando quen invoca tal causa de inadmisión non xustifique de maneira clara e suficiente
que resulte necesario ese tratamento previo ou reelaboración da información. Debido á
severa consecuencia de inadmisión a trámite da solicitude que se anuda á súa concorrencia,
é esixible que a acción previa de reelaboración presente una certa complexidade, polo que a
subministración de información pública, a quen exercitou o seu dereito ao acceso, pode
comprender unha certa reelaboración, tendo en conta os documentos ou os datos existentes
no órgano administrativo, sen que esta reelaboración básica ou xeral, non sempre poida
integrar, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c), polo que precisa
que tales datos e documentos teña un carácter complexo.
No presente caso, a resolución pola que se resolve a solicitude de acceso pola Dirección Xeral,
permite deducir que o referido órgano directivo posúe a totalidade da información solicitada,
xa que indica o número de parques que obtiveron permiso de acceso e conexión entre as
datas solicitadas, os que foron arquivados, os que obtiveron DIA favorable, os que obtiveron
DIA desfavorable e os que non completaron o trámite de DÍA.
De acordo coa normativa vixente en materia de transparencia e a xurisprudencia citada, non
pode considerarse que para a elaboración do listado solicitado, resulte necesaria unha acción
de reelaboración de certa complexidade, sen que se xustifique de maneira clara e suficiente,
nin na resolución impugnada nin no informe emitido á reclamación, que resulte necesario ese
tratamento previo ou reelaboración da información, o seu nivel de complexidade, a dispersión
da información, a inexistencia de sistemas de tratamento da información ou
incompatibilidade entre eles, que non permitan obter, cun un listado de proxectos eólicos
tramitados coas datas nas que obtiveron o permiso o sentido da súa declaración de impacto
ambiental e os que non a teñen resolta.
De acordo co anterior, ao non considerarse xustificada a causa de inadmisión citada na
documentación administrativa remitida, procede a estimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a
Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) con data do 26 de abril de 2023, contra a Resolución do
30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola
que se resolve a súa solicitude de acceso ao listado de proxectos eólicos tramitados pola Xunta
de Galicia.
Segundo: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
a que no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á Asociación interesada á petición de
información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.