Un periodista solicitó a la Xunta de Galicia el detalle de sanciones muy graves en el sector del juego de los últimos 10 años. Tras una concesión parcial que ocultaba nombres de empresas opuestas, la Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información, pues el interés público prevalece sobre el daño reputacional alegado por las empresas.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no obliga al solicitante a motivar su petición, por lo que denegar el acceso basándose en intereses privados infringe la Ley 19/2013 y la Constitución Española.
2
La normativa de protección de datos personales es aplicable únicamente a personas físicas, no siendo un límite válido para denegar el acceso a información sobre sanciones impuestas a personas jurídicas.
3
Según la doctrina del Tribunal Supremo (Sentencia 547/2023), el límite al acceso por falta de amoestación pública solo afecta a personas físicas, excluyendo a las personas jurídicas.
4
Para aplicar el límite de intereses económicos y comerciales, el daño debe ser definido, real y sustancial, no bastando con alegaciones genéricas sobre la pérdida de competitividad o daño reputacional.
5
La potestad sancionadora de la Administración es una actividad pública sujeta al control ciudadano, prevaleciendo el interés general de fiscalizar el sector del juego sobre los intereses privados de las empresas sancionadas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 2 de maio de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xullo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de
maio de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditada no marco do expediente RSCTG 8/2023,
pola que se resolve conceder parcialmente a súa solicitude de data 10 de xaneiro de 2023, de
acceso ao detalle, nos últimos dez anos, das sancións impostas por infraccións moi graves ao
abeiro do artigo 28 da Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, empresas e
persoas sancionadas e importe de cada sanción.
XXX, en resumo, indica que a resolución impugnada, tras consultar coas posibles empresas
afectadas decide concederlle acceso parcial aos datos solicitados ocultando o nome das
persoas xurídicas que manifestaron expresamente o seu rexeitamento.
A Comisión da Transparencia esixiu á Xunta que aplicase ao presente caso os denominados
test de dano e test do interese público, pero como noutra resolución previa deste mesmo
procedemento a administración limítase a reproducir as alegacións que ao respecto fan as
empresas interesadas, sen realizar a propia administración unha valoración detallada das
mesmas máis alá de dalas por válidas cun dobre argumento xenérico.
Con respecto ao test de interese público a Xunta establece que a petición parece obedecer
máis a intereses privados que a un hipotético interese público. O reclamante é xornalista e o
interese público que busca é fiscalizar un sector regulado como o do xogo e a actuación no
mesmo da administración, informacións que son relevantes á hora de permitir á cidadanía
formarse unha opinión fundamentada en datos obxectivos sobre o sector regulado do xogo e
as propostas políticas e empresariais para o mesmo. Obter o detalle de que empresa foi
sancionada por que tipo de infracción permitirá comprobar posibles intereses espurios nas
alegacións presentadas á nova lei por parte desas mesmas empresas e comprobar ata que
punto a administración cede ou non aos intereses empresariais, cuestións que considera de
claro interese público para a cidadanía.
Canto ao test de dano, a resolución asume de xeito acrítico que a publicación da información
vai supoñer un dano reputacional ás empresas implicadas. Por unha banda, aceptando só a
nivel argumentativo esa premisa, o dano reputacional non sería infundado senón que se
basearía en infraccións cometidas por esas empresas. Por outra banda, a resolución da
administración dá por suposto que vai a publicar os datos obtidos, cando iso só será así se
considera, aplicando criterios xornalísticos, que achegan algún valor informativo.
Considera que a Xunta toma unha decisión intermedia incorrecta ao decidir ocultar os nomes
só das empresas que alegaron en sentido negativo pero si facilitar os nomes das que non o
fixeron se cuestiona se está a atacar ás empresas cuxos nomes facilita polo feito de que
decidiron non alegar, protexendo ás que si alegaron.
Sen o detalle que solicita non se pode comprobar a veracidade dos datos previamente
facilitados pola administración e no que existe disparidade entre os datos facilitados na
primeira resposta da Xunta e os desta última: na primeira resposta da Xunta sinalábase que
no ano 2016 houbo unha soa infracción do artigo g) da lei, mentres que nesta segunda
resposta indícase que houbo dúas.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de maio de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 5 de xuño de 2023 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes remite informe da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e
copia do expediente solicitado.
Neste informe, en resumo indícase que en contestación á solicitude do interesado, con data
do 16 de xaneiro de 2023 a Dirección xeral de Emerxencias e Interior resolveu estimar
parcialmente a solicitude presentada. Contra esta estimación parcial o interesado presentou
recurso perante a Comisión de Transparencia de Galicia que, en data 2 de marzo de 2023
acordou retrotraer o expediente e abrir un prazo de audiencia pública. En cumprimento do
dito acordo da Comisión de Transparencia, a Dirección xeral de Emerxencias e Interior abriu
un período de audiencia pública e comunicou a solicitude a todos os posibles afectados, para
os efectos de que manifestasen o seu consentimento ou motivasen o seu rexeitamento.
Como resultado do trámite de información aos interesados, algúns deles manifestaron
expresamente a súa oposición, polo que a Dirección Xeral con data do 27 de abril de 2023
resolveu conceder a información solicitada respecto dos interesados que outorgaron o seu
consentimento ou non manifestaron expresamente a súa oposición e denegando a
información respecto dos interesados que non autorizaron.
A Dirección Xeral acordou conceder o acceso total respecto da información pública
correspondente ás persoas físicas que expresamente concederon a súa autorización e
respecto daquelas persoas xurídicas que non manifestaron expresamente seu rexeitamento,
conceder o acceso parcial respecto da información pública correspondente ás persoas físicas
que non concederon expresamente a súa autorización e respecto daquelas persoas xurídicas
que manifestaron expresamente o seu rexeitamento e denegar a información correspondente
á identificación das persoas físicas e xurídicas que non prestaron consentimento.
A xustificación e motivación do rexeitamento parcial no que atinxe ás persoas físicas, dado
que se trata de datos relativos á comisión de infraccións administrativas, que non implican a
amoestación pública ao infractor e non se conta co consentimento expreso do afectado, nin
tal petición está amparada por unha norma de rango legal.
No que respecta ás persoas xurídicas e en aplicación do argumento do test de dano, considera
que a información solicitada, podería de forma razoable e non simplemente hipotética,
debilitar a posición no mercado das empresas afectadas e producir un detrimento da súa
competitividade, causando un prexuízo real. Indica que a petición resulta demasiado xenérica
solicitando todos os expedientes sancionadores por faltas moi graves incoados no sector do
xogo nos últimos 10 anos, sen concretar á finalidade da dita solicitude e sen acreditar ningún
interese público na divulgación da dita información e a petición parece obedecer máis a
intereses privados que a un hipotético interese público e non ten encaixe en ningunha das
finalidade da Lei de Transparencia.
No trámite de alegacións concedido ás empresas interesadas, moitas delas manifestaron a súa
oposición, en base a que o límite do artigo 14.1.h) da Lei 19/2013 está previsto para protexer
intereses comerciais e outros intereses económicos, públicos ou privados, co obxectivo
fundamental de evitar danos indebidos á capacidade competitiva ou as posicións
negociadoras dos titulares. O elemento identificativo fundamental dos intereses económicos
e comerciais é o feito de que a súa divulgación poida prexudicar a posición do suxeito nos
ámbitos da competencia ou a negociación. Indican as empresas que a reputación empresarial
é un valor empresarial, sen dúbida, o principal valor dunha empresa, é un interese empresarial
a preservar e fórxase ao longo do tempo, mediante as diferentes relacións económicas e
comerciais da empresa cos seus provedores, empregados, clientes, financiadores e mesmo
opinión pública.
Non se opoñen a que por parte da administración autonómica, se conteste á solicitude de
información pero anonimizando os datos, xa que a divulgación do dato das sancións moi
graves impostas citando o nome dos seus propietarios ou administradores, causaría tal dano
reputacional, tanto á propia empresa como aos seus socios ou administradores, que
prexudicaría de maneira clara, real e evidente a posición da empresa no sector de actividade
no que opera, na competencia e na negociación con clientes, provedores, compañías
aseguradoras, entidades financeiras etc.)
Indican que non alcanzan a ver cal é o interese superior que poida xustificar a concesión da
información solicitada sen anonimizar, para a súa posterior divulgación. Non entenden a que
pode coadxuvar á finalidade ter maior coñecemento da actividade do sector público para
evitar arbitrariedades ou o uso indebido do diñeiro o feito de solicitar, para logo divulgar, as
infraccións moi graves e a súa correspondente sanción dunha concreta sociedade mercantil
que opera no sector do xogo, se non é para prexudicala. Considera que non existe un interese
superior dirixido a evitar arbitrariedades do sector público que prevaleza sobre o dano que se
causaría á súa representada coa publicación identificada dos datos solicitados.
Cuarto.- Con data do 6 de xuño de 2023, dado que a resolución da Dirección Xeral denega
parcialmente o acceso á información fundamentada na protección de dereitos e intereses de
terceiros, solicitouse á citada Dirección Xeral a remisión da identificación das empresas
afectadas e os seus enderezos para, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei
19/2013, abrir trámite de audiencia para que as empresas afectadas puidesen presentar as
alegacións ou documentos que ao seu dereito conveña.
Quinto.- Con data do 15 de xuño de 2023, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior remitiu
oficio no que consta a identificación das empresas e so seus enderezos.
Sexto.- Con data do 16 de xuño de 2023, ábrese trámite de audiencia por período de dez días
ás empresas Codere Apuestas Galicia SLU, Sportium Apuestas Galicia, Maquinaria Automática
Del Noroeste S.L., Explomarsa Coruña S.L., Comar Coruña S.L., Luckia Gaming Group, Luckia
Retail S.A., Unión De Operadores Reunidos S.A., Apuestas De Galicia, Gallega De Juegos S.A.,
Recreativos Yupi S.L., Comar Ourense S.L., Recreativos Rama S.L., Xogopro Sur De Galicia S.L.,
SD Xuvenil de Ponteareas, Recreativos Mabe S.L., Opergestión S.A., Egasa Ferrol S.A. e Moure
S.L. o inicio do dito trámite, comunícaselle ao reclamante.
Sétimo.- Con data do 20 de xuño de 2023 ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo escrito
de alegacións da empresa Recreativos Yupi S.L, na que en síntese manifesta que reitera a súa
negativa ao acceso de información ao considerar que son datos persoais que poden afectar á
opinión pública e imaxe da súa empresa e que vulnera la Lei de protección de datos,
excedendo o dereito de información.
Oitavo.- Con data do 22 de xuño de 2023, ten entrada no rexistro, escrito de Explomarsa
Coruña, S.L. no que comunica que se afirma e ratifica no seu escrito de alegacións presentado
na Subdirección Xeral de Xogo do que remiten copia. Nese escrito, en resumo, manifesta a
súa oposición a que se faciliten os datos requiridos, xa que se trata de información relativa a
infraccións administrativas que non levan amoestación pública ao infractor, polo que non se
trata de información pública nin de libre acceso, salvo con consentimento expreso do
interesado, que neste caso expresamente denégase, e considera que debe prevalecer o
dereito á honra da empresa como interese xurídico lexítimo que merece superior protección,
fronte ao interese periodístico.
Indica que o dereito á honra é un dereito fundamental persoalísimo e na actualidade é pacífico
que as persoas xurídicas son titulares do tal dereito, como recolle o Tribunal Supremo na súa
Sentenza 805/2011, do 7 de novembro, no que entende que o dereito á honra da persoa
xurídica expándese a calquera tipo de divulgación que a difame ou impacte a súa
consideración allea, como neste caso son as infraccións administrativas cometidas.
Noveno.- Con data do 28 de xuño de 2023, o Representante da empresa Maquinaria
Automática del Noroeste S.A., remite escrito no que en síntese manifesta que no seu
momento xa contesto o organismo administrativo da Xunta, no sentido de que entende que
os expedientes sancionadores conteñen datos privados e son expedientes entre partes
interesadas que non son de carácter público, que a transmisión de datos persoais atenta
contra a Lei de Protección de Datos e a lei de transparencia permite acceso á información,
sempre con carácter parcial e en todo caso sempre debe disociar os datos de carácter persoal
que conteña. A información solicitada refírese a expedientes do últimos dez anos, os cales
están prescritos e a empresa non autorizou nin autoriza a que se faciliten, nin expedientes,
nin datos.
Décimo: Con data do 29 de xuño de 2023, Apuestas de Galicia presentou escrito no que en
síntese indica que non autorizou a que facilítense os datos requiridos polo solicitante e que
neste caso, de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 19/2013, os datos das infraccións
solicitadas considéranse datos especialmente protexidos debido a que estes datos poderían
causar grandes prexuízos económicos e comerciais e non concorre ningún interese superior
que poida xustificar esta concesión. Indica que neste caso é innegable que a información
contida nos informes de conduta, psicolóxicos e de carácter terapéutico que forman parte dos
expedientes solicitados e que, segundo indica a Administración, sustentan a súa motivación,
conteñen datos de saúde que entran dentro do réxime das categorías especiais de datos
persoais reguladas no artigo 9 RGPD e a lexislación nacional exposta.
Décimo primeiro.- Con data do 4 de xullo de 2023, a representación de Recreativos Rama, S.L
presenta escrito no que en síntese manifesta que reitera as alegacións expostas ante a
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia en todos os seus termos, e
concretamente oponse á identificación dos datos da súa empresa cuxa exposición pública
suporía graves prexuízos para a mesma por todo o manifestado, pois descoñece con que fins
actúa o solicitante e como vai canalizar esa información. Indica que non desexa que a principal
sanción que se lle impuxo pase a ser de coñecemento do resto de empresas operadoras, e
que ese coñecemento causaríanselle prexuízos irreparables á súa reputación e futuros
contratos con outras empresas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 237.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente, a resolución impugnada ditouse con data do 27 de
abril de 2023 e a reclamación se interpuxo o 2 de maio de 2023, debe admitirse a mesma por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou reclamación contra unha Resolución da Dirección Xeral pola que se resolve
conceder parcialmente a información referente ao detalle das sancións impostas por
infraccións moi graves en materia de xogos e apostas con indicación das empresas e persoas
sancionadas e importe de cada sanción, dado que se lle da unha información parcial,
denegándolle a identificación das empresas sancionadas en materia de xogo que non deron
autorización expresa para a concesión da dita información.
A resolución da Comisión da Transparencia no expediente RSCTG 8/23, en contra do que
indica a Dirección Xeral, non lle instou a solicitar autorización ás empresas sancionadas, senón
a abrir período de audiencia de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, a fin
de que os terceiros titulares da información puidesen realizar as alegacións que estimasen
oportunas, e no caso de que se presentasen alegacións, fosen analizadas pola Dirección Xeral
para valorar se debe primar o interese público na difusión da información, concedendo neste
caso acceso total ou parcial á mesma, ou debe primar a protección dos intereses privados que
estes terceiros poidan alegar, denegando neste caso parcial ou totalmente o acceso á
información solicitada, previa xustificación debidamente motivada na resolución que se dite,
análise que non consta que se fixese polo dito centro directivo.
Entrando na análise da denegación parcial da información, a Consellería indica que a petición
do solicitante, resulta demasiado xenérica xa que o que se pide é o acceso a todos os
expedientes sancionadores por faltas moi graves incoados no sector do xogo nos últimos 10
anos, sen concretar á finalidade da dita solicitude e sen acreditar ningún interese público na
divulgación da dita información. Considera que a petición parece obedecer máis a intereses
privados que a un hipotético interese público e non ten encaixe en ningunha das finalidade da
Lei de Transparencia.
Debe terse en conta que o interesado solicitou que se lle informase do número de sancións
impostas nos últimos 10 anos no sector do xogo por infraccións moi graves, con indicación do
nome da empresas ou persoas sancionadas e o importe da sanción, información que é
bastante concreta, polo que non se poden considerar xenérica.
No referente ao interese público no acceso á información, de acordo co disposto no artigo 12
da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas, polo
que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), sen que exista obriga
de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en
conta cando se dite a resolución, sen que a súa ausencia, por si soa, poida ser causa de
rexeitamento da solicitude. Denegar o dereito de acceso por considerar que a petición parece
atender a intereses privados, que en todo caso serían intereses lexítimos, como así estableceu
a Sentenza do Tribunal Supremo ditada no recurso de casación nº 5239/2019, do 12 de
novembro de 2020, infrinxe claramente os artigos 12, 14 e 17.3 da Lei 19/2013, con relación
ao artigo 105. b) da Constitución Española, xa que a norma exime ao solicitante da obriga de
motivar a súa solicitude, porque todas as persoas físicas e xurídicas teñen dereito de acceso á
información pública.
A xustificación e motivación do rexeitamento parcial no que atinxe á solicitude de acceso a
expedientes referidos a persoas físicas que non deron o seu consentimento expreso,
considérase conforme co disposto no artigo 15 da Lei 19/2013. Non así no que respecta ás
persoas xurídicas, xa que o referido artigo non é un límite que se poida invocar neste caso, xa
que a normativa de protección de datos aplícase unicamente aos datos de persoas físicas,
identificadas ou identificables, segundo despréndese do artigo 2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5
de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. É necesario
nestes casos que se dea audiencia a todos os terceiros cuxos dereitos ou intereses poidan
resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da
Lei 19/2013, pero en ningún caso é necesario o seu consentimento ou autorización para o
acceso. Como acertadamente sostén o reclamante, o artigo 15 da Lei 19/2013 non é un límite
que se poida invocar neste caso, posto que estamos ante solicitudes de acceso a expedientes
sancionadores de persoas xurídicas. Como é ben sabido, a normativa de protección de datos
aplícase unicamente aos datos de persoas físicas, identificadas ou identificables, segundo
despréndese do artigo 2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos
Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
A recente sentencia do Tribunal Supremo 547/2023, de 4 de maio, referida a acceso á
información de sancións impostas a residencias de maiores públicas, privadas e concertadas,
fixa como doutrina no seu fundamento xurídico sexto, que de conformidade co disposto no
artigo 93.1 Lei 29/1998, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa a
interpretación dos artigos 14.2 e 15.1 da Lei 19/2013, e 1.1, 1.2 e 4 do Regulamento (UE)
2016/679 e 1 e 27.2 da Lei Orgánica 3/2018, que o límite ao dereito de acceso á información
pública relacionada con sancións administrativas que non levan a amoestación pública ao
infractor, só se refire ás persoas físicas sancionadas, con exclusión das persoas xurídicas.
Por tanto, non é aplicable o límite alegado, se ben os datos de carácter persoal que poidan
figurar nos expedientes referidos a persoas xurídicas, deben anonimizarse, se ben neste caso,
no que se está a solicitar o número de sancións, o nome da empresas e o importe da sanción,
non parece que poidan existir datos de carácter persoal.
No que respecta ás persoas xurídicas e en aplicación do argumento do test de dano, considera
o informe da Dirección Xeral que a información solicitada, podería de forma razoable e non
simplemente hipotética, debilitar a posición no mercado das empresas afectadas e producir
un detrimento da súa competitividade, causándolles un prexuízo real. Esta mesma liña, é a
que seguen as alegacións das empresas que as presentaron no trámite de audiencia.
Para analizar o concepto de intereses económicos e comerciais, que é o límite alegado, débese
ter presente o Criterio Interpretativo 1/2019, do 24 de setembro, do Consejo de Transparencia
y Buen Gobierno, no que se establece que por intereses económicos debemos entender as
conveniencias, posicións vantaxosas ou de importancia dun suxeito individual ou colectivo no
terreo da produción, distribución e consumo de bens e servizos e por intereses comerciais as
conveniencias, posicións vantaxosas ou de importancia en materias relativas ao ámbito do
intercambio de mercadorías ou servizos nun ámbito de mercado. A categorización das
posicións dun suxeito ou suxeitos como intereses económicos e comerciais debe facerse caso
por caso e en atención ás circunstancias concretas de cada suposto.
A protección dos intereses económicos e comerciais dun suxeito determinado poden darse na
información de carácter contractual, a relativa ás encomendas de xestión ou subvencións, a
información orzamentaria e as contas de resultados e informes de auditoría e fiscalización,
entre outros. É nestes sectores ou áreas informativas onde, podería suscitarse o conflito que
podería provocar a divulgación indebida de informacións que puidesen revelar segredos
comerciais, quebrantar cláusulas de confidencialidade ou segredo, ou revelar posicións
vantaxosas.
Como calquera outro límite dos establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, a súa aplicación
debe estar xustificada e proporcionada co obxecto e finalidade de protección e atender ás
circunstancias do caso concreto (art. 14.2), debendo ser obxecto dun estudo individualizado,
da aplicación do test do dano, e da ponderación das súas circunstancias, sen que sexa
suficiente argumentar que a existencia dunha posibilidade incerta, poida producir un dano
sobre os intereses económicos e comerciais para aplicar o límite con carácter xeral. O prexuízo
debe ser definido, indubitado e concreto, o dano debe ser substancial, real, manifesto e
directamente relacionado coa divulgación da información. Debe así mesmo procederse á
ponderación da existencia dun interese prevalente que determinará, en última instancia, o
peso do dano nos intereses económicos e comerciais fronte ao interese lexítimo existente en
coñecer a información concreta a divulgar.
A potestade de inspección e de sanción da Administración deriva do ius puniendi ou facultade
sancionatoria de que dispón para impoñer unha sanción administrativa a quen infrinxiu unha
norma xurídica, é unha potestade que tamén pode e debe ser obxecto de control por parte
da cidadanía a través dos mecanismos que ofrece a normativa de Transparencia, respectando
en todo caso os límites legalmente establecidos. Facer públicas as sancións ás empresas
sancionadas por infraccións en materia de xogo, non cabe dúbida que concorda coa finalidade
da normativa na materia, de coñecer como toman as decisións os poderes públicos, dado que
estes procedementos ínstanse ante as autoridades competentes en materia sancionadora, e
teñen, ou poden ter, potenciais efectos directos sobre os cidadáns, afectando a dereitos
constitucionais vinculados estreitamente coa persoa como a protección como usuarios destes
servizos, polo que non procede acoller estas alegacións da Dirección Xeral nin as que no
mesmo senso presentaron as empresas afectadas.
Nin a Administración nin as empresas que presentaron alegacións, xustificaron con
argumentos suficientes que, neste caso, o dano alegado sexa indubitado e concreto,
substancial, real, manifesto e directamente relacionado coa divulgación da información.
Non se xustificou de forma algunha que na información solicitada existan documentos que
conteñan información sensible para as entidades (estratexias empresariais, produtos novos,
plans de márketing, contas de resultados e informes de auditoría e fiscalización), que si
poderían revelar segredos comerciais, quebrantar cláusulas de confidencialidade ou revelar
posicións vantaxosas no mercado
As empresas afectadas non xustifican o dano que se poida causar, máis aló de limitarse a
referencias xenéricas, ou alegar que os expedientes aos que se solicita o acceso están
prescritos, feito este, que non é límite ou causa de inadmisión no acceso. Ante esta falta de
concreción e determinación do dano, ten que considerarse prevalente o interese público en
coñecer a actuación da administración en relación co control da garantía do cumprimento da
normativa reguladora neste sector.
De acordo co anterior, non pode considerarse que estea nin minimamente acreditada a
existencia de límites para o acceso, polo que debe proporcionárselle ao reclamante o acceso
á información solicitada referida ao número de sancións, o nome da empresas e o importe
das sancións en materia de xogo.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 2 de maio, contra a
Resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
(actual Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) ditada no
marco do expediente RSCTG 8/2023, pola que se resolve conceder parcialmente a súa
solicitude de data 10 de xaneiro de 2023, de acceso ao detalle, nos últimos dez anos, das
sancións impostas por infraccións moi graves ao abeiro do artigo 28 da Lei 14/1985,
reguladora dos xogos e apostas de Galicia, empresas e persoas sancionadas e importe de cada
sanción.
Segundo: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a
que, no prazo máximo de 10 días hábiles, proporciona ao reclamante a información no senso
indicado no fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos
14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a
que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
PS (art.8 Lei 6/1984)
María Xosé Porteiro García
Adxunta á Valedora do Pobo