El ciudadano solicitó al SERGAS información sobre listas de espera, criterios de derivación a centros privados y costes asociados. El SERGAS inadmitió la solicitud alegando publicación general y necesidad de reelaboración. La Comisión da Transparencia de Galicia decide retrotraer las actuaciones para que la administración aclare qué información posee y la facilite correctamente.
Puntos clave de la argumentación
1
La remisión genérica a un portal web o sede electrónica no es suficiente si no se concreta la respuesta con el enlace exacto y directo a la información solicitada.
2
La inadmisión por reelaboración de información debe basarse en elementos objetivables de carácter organizativo, funcional o presupuestario, debidamente motivados en el caso concreto.
3
La existencia de una normativa específica de acceso a la información sanitaria no impide el ejercicio del derecho de acceso a contenidos o documentos elaborados en el ejercicio de funciones públicas.
4
Cualquier limitación al acceso a la información debe ser justificada y proporcionada, no bastando la mera mención del supuesto legal sin una motivación detallada.
5
El derecho de acceso permite obtener datos identificativos relacionados con la actividad pública del órgano, siempre que se proceda a la disociación de datos personales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, como integrante Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 31 agosto do 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2, como integrante Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 1 de setembro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
O interesado indicaba que solicitou ao SERGAS información relativa á situación das listaxes de agarda, os criterios de derivación a centros non dependentes do SERGAS e custo da atención nestes centros , existindo unha inadmisión do SERGAS de data 28 de xullo de 2016.
O escrito viña acompañado da resolución de inadmisión. Esta resolución inadmitía a solicitude, pero daba unha ligazón de acceso aos datos publicados sobre as listas de espera: http://www.SERGAS.es/busca?k=lista+de + espera
Segundo. Con data 8 de novembro do 2016 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de novembro.
Terceiro. Con datas de 29 de novembro e 1 de decembro se recibiu o informe de 24 de novembro asinado pola secretaria xeral técnica e o expediente elaborado.
O informe indicou que o 6 de xullo se recibira na Secretaría Xeral Técnica unha petición na que se solicitaba literalmente: “situación das listas de espera e saber se se están a adoptar criterios de racionalidade na prestación sanitaria”.
En documentación adxunta á petición, segundo se informa, se pedía:
“1. Situación con datos reais das listas de agarda a xuño de 2016, cirúrxicas por especialidade, probas diagnosticas e de primeira consulta de todos os servizos.
2. Número de doentes que están nas listas de espera non estruturais, ben por rexeitar ser derivado a un centro privado ou por non ter recibido aínda a notificación de data para a súa proba ou intervención.
3. Criterios que se aplican aos chamamentos nesas listas de espera por servizo e hospitais e criterios que se aplican para derivar aos doentes á clínicas privadas.
4. Informes técnicos previos da necesidade para a derivación a clínicas privadas e nome das empresas que se utilizan para cada servizo.
5. Informes técnicos da avaliación comparada de probas e intervención do anteriormente informado, entre a sanidade pública e a sanidade privada”.
A xustificación que outorgou a administración para inadmitir a petición centrouse en que se trata dun suposto do artigo 18.1 letra a) por canto o acceso á documentación pública que solicita o interesado “é obxecto de publicación xeral” dándose un link sobre listas de agarda. O informe ademais engade que existe unha normativa específica para a información pública en materia de sanidade que se recolle nas seguintes referencias:
-Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Artigos 40 puntos 13 e 15.
-Real Decreto 605/2003, do 23 de maio, polo que se establecen medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listases de agarda no Sistema Nacional de Saúde (SNS)
-Decreto 104/2005, de garantía de tempos máximos de acceso.
-Real decreto 1039/2011, do 17 de xullo, polo que se establecen os criterios marco para garantir un tempo máximo de acceso ás prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.
O informe engade que no que fai referencia aos puntos 4 e 5 da solicitude “non existe a documentación aludida, polo que sería preciso realizar un labor previo de reelaboración dos documentos, o que constitúe unha causa de inadmisión do artigo 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro”.
O informe remata dicindo que “a actuación da Consellería de Sanidade é consecuente co establecido na Disposición adicional da Lei 19/2013, xa que o sistema de acceso á información das listas de espera é único e homoxéneo para todo o Sistema Nacional de Saúde e, por outra parte, a información sobre as listas de agarda son publicadas de xeito periódico nas páxinas web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e de cada un dos servizos de saúde autonómicos.
As listas de agarda constitúen un réxime específico de información aos efectos do establecido na Disposición adicional da referida Lei.
O resto da información solicitada ademais de incluír datos que forman parte da historia clínica dos pacientes, precisarían dun labor previo de reelaboración polo que se está perfectamente axustada á normativa a inadmisión da solicitude de acceso á información pública”.
Previamente o informe indica que pode acceder a unha serie de datos no link apuntado previamente: http://www.SERGAS.es/busca?`k=lista+de + espera.
Do expediente cómpre indicar que a resolución inadmite a petición, coa seguinte redacción “en consecuencia, con fundamento no disposto no referido artigo 18.1 letra a) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, INADMÍTESE o acceso á información pública solicitada”.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao exercicio
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Causa de inadmisión por petición fóra de prazo
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé no seu artigo 20.1 que o prazo de resolución e notificación do acceso á información pública ou a súa denegación por parte dos suxeitos obrigados a garantir este dereito é de un mes dende a recepción da solicitude.
O artigo 20.4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece o sentido do silencio como desestimatorio. Para a presentación dunha reclamación, ante a resolución ou o silencio neste ámbito, o artigo 24 .2 determina que existe un mes a contar desde a notificación. No caso que nos ocupa, non consta cando se fixo a notificación da resolución pola Consellería de Sanidade, pero o rexistro de saída leva data de 5 de agosto e a recepción da solicitude no Valedor do Pobo é de 1 de setembro, polo tanto está en prazo.
Causa de inadmisión por tratarse dun interesado
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé na súa disposición adicional primeira no punto 2 que se rexerán pola súa normativa específica, e por esta lei co carácter supletorio, aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información.
Outras causas de inadmisión
As previstas no artigo 18 da lei 19/2013 e na lexislación de procedemento administrativo común.
Cuarto.- Análise do expediente
Neste expediente cómpre deterse na existencia ou non dunha inadmisión.
A análise que facemos, neste senso, será triple: primeiro analizaremos se se trata dunha auténtica resolución de inadmisión, en segundo lugar analizaremos se é posible inadmitir as dúas cuestións dos puntos 4 e 5 da solicitude inicial e, en terceira orde, estudaremos se están validamente contestadas as cuestións dos tres primeiros puntos.
Estamos realmente ante un caso de inadmisión?
A resolución de 28 de xullo de 2016, como queda recollido nos antecedentes, outorga unha serie de información relativa a os puntos 1, 2 e 3 solicitados. É dicir, da os datos sobre as listas de espera e os criterios que se aplican aos chamamentos nas mesmas. Estase a dar información xa publicada.
Igualmente se lle indica ao peticionario cal é a normativa onde están os criterios relativos aos chamamentos nas listas de agarda.
Ante unha solicitude de acceso á información pública en relación a cinco cuestións se lle deu unha resposta a tres das cuestións. No escrito de resolución se lle indica que de acordo co artigo 18.1 a) se trata dunha información xa obxecto de publicación xeral e se lle da o link.
Estamos pois, ante unha estimación parcial da solicitude e non dunha inadmisión total do solicitado.
Se poden inadmitir as peticións dos puntos 4 e 5 da solicitude inicial?
As cuestións 4 e 5 recollen a demanda de informes técnicos previos que xustifican a necesidade para a derivación a clínicas privadas de doentes, así como o nome das empresas que se utilizan para cada servizo. Tamén solicita informes técnicos previos de avaliación comparada de probas e intervencións do anteriormente informado entre a sanidade pública e a sanidade privada.
Sobre esta cuestión se indica que forman parte da historia clínica dos pacientes. En todo caso non se indica si se inadmite a petición por tratarse de datos de carácter persoal pois están nas historias clínicas dos pacientes ou se inadmite porque hai que reelaborar. Simplemente se inadmite.
Sobre este punto hai que indicar que calquera establecemento de límites ao acceso a información ten que estar motivado. A normativa básica da transparencia (artigos 14, 15, 18 e 22.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro) entende que non están motivadas polo simple feito de mencionar o suposto, se non que a aplicación dos límites ou inadmisións será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso.
Son numerosos os supostos nos que o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno indica que a inadmisión por estar en curso de elaboración non pode ser sine die se non que se ten que indicar ao interesado o prazo no que terá os datos a súa disposición. Neste caso a normativa establece a información semestral para as listaxes. Pero aquí se demandan informes técnicos que e o SERGAS di que se fan para cada historia clínica concreta. Tendo en conta que en Galicia está totalmente implantada a historia clínica electrónica hai que recoller aquí o Criterio 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que di:
“ La aplicación de la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, deberá adaptarse a los siguientes criterios:
a) La decisión de inadmisión a trámite habrá de ser motivada en relación con el caso concreto y hará expresión de las causas materiales y los elementos jurídicos en los que se sustenta.
b) La reelaboración supone un nuevo tratamiento de la información y no debe confundirse con otros supuestos, tales como el volumen o la complejidad de la información -solicitada, la inclusión de datos personales susceptibles de acceso parcial o de anonimización o el acceso parcial de la información, supuestos estos contemplados en los artículos 20.1, 15.4 y 16 de la Ley 19/2013, que no suponen causas de inadmisión en sí mismos.
e) La reelaboración habrá de basarse en elementos objetivables de –carácter organizativo, funcional o presupuestario, identificando estos en la correspondiente resolución motivada”.
Con todo, a solicitude dos puntos 4 e 5 queda sen resposta. A Comisión non ten datos suficientes para coñecer se é posible recoller do sistema actualmente existente no SERGAS estes datos solicitados. Tampouco se pode entrar a valorar se a posible recolleita de datos se pode realizar sen causar graves perturbacións ás obrigas do SERGAS. Non se coñece se abondaría con pedir ao sistema unha simple estatística ou busca de datos nas historias clínicas dos pacientes ou hai que facer unha auténtica reelaboración. Neste último suposto, a resolución debería dar datos organizativos, funcionais ou orzamentarios identificados cunha motivación que permita aplicar esta causa de inadmisión, que en todo caso non é a do artigo 18.1 a).
Están validamente contestadas as cuestións solicitadas nos tres primeiros puntos?
A disposición adicional primeira indica que se rexerán pola súa normativa específica, e por esta lei co carácter supletorio, aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información. Por tanto, o feito de que haxa unha normativa específica que regule o xeito de informar sobre as listas de agarda non impide que se lle informe sobre contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta normativa que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Hai que diferenciar aquí as obrigas de publicidade activa do dereito de acceso a información que é moito mais amplo, pois é a demanda da cidadanía.
Hai que entender que se informará correctamente en canto ás cuestións dos criterios que se aplican nos chamamentos, sempre que non exista ningún documento escrito, co nome que sexa no que se recollan estes criterios para a comunidade de galega. En definitiva, só no caso no que o SERGAS non tivera contido ou documento, calquera que sexa o formato ou soporte, no que estean recollidos os criterios que se aplican nos chamamentos nas listas por servizo e hospitais, estaría ben aplicada a inadmisión. No caso contrario, habería que tela achegado.
O artigo 15.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro di que “con carácter general, y salvo que en el caso concreto prevalezca la protección de datos personales u otros derechos constitucionalmente protegidos sobre el interés público en la divulgación que lo impida, se concederá el acceso a información que contenga datos meramente identificativos relacionados con la organización, funcionamiento o actividad pública del órgano”. Neste caso se solicitan uns criterios (información) sobre o funcionamento ou actividade pública do órgano. Pode ser que a información sexa voluminosa ou imposible de conseguir pero en todo caso é información pública e hai que indicar se existe ou non e, no caso de que exista e non se poida achegar, por que non se pode achegar obxectivamente. Entendese ademais que os datos son anonimizables posto que están nun sistema electrónico ao que se lle poden pedir estatísticas para o control das pandemias, ou outros datos sanitarios e de xestión económica do sistema.
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, por outra banda, di expresamente no artigo 25 que “naqueles casos en que a aplicación dalgunha limitación non afecte a totalidade da información, e sempre que sexa posible, concederase o acceso parcial, omitindo a información afectada pola limitación, agás que a información resultante sexa equívoca ou carente de sentido”. A Xunta de Galicia ten encomendado o fomento da cultura da transparencia e do exercicio do dereito de acceso á información (artigo 5 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro) e polo artigo 22 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, tamén debe facilitar “os seus documentos nos formatos ou nas linguas en que estean dispoñibles e, sempre que sexa posible, en formato lexible por máquina e conxuntamente cos seus metadatos. Tanto o formato coma os metadatos, na medida do posible, deben cumprir normas formais abertas”.
O artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, respecto dos datos de carácter persoal di, pola súa banda, que “no será aplicable lo establecido en los apartados anteriores si el acceso se efectúa previa disociación de los datos de carácter personal de modo que se impida la identificación de las personas afectadas”.
É dicir, toda a normativa de transparencia pretende que exista a maior publicidade dos datos ante a cidadanía, neste caso ante a petición da Nome apelido1 apelido2.
Por tanto é necesario achegarlle todos os datos numéricos e de listaxe que estean efectivamente en poder da administración ao ser elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións, salvo aqueles que teñen unhas datas de publicación periódica e están en vías de elaboración o resto do tempo, porque se é posible achegalos antes tamén teñen que achegarse cando os demande a sociedade.
É importante indicar que o artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro di que tras a solicitude dirixida ao órgano titular que teña a información o solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito. Por tanto, se non se podía achegar unha serie de datos, ou estes estaban nas historias clínicas electrónicas e non é posible obter a información doadamente, todo isto debeu ser recollido na resolución.
Isto é importante, para a demanda dos cinco puntos de acceso á información pública por parte da Nome apelido1 apelido2 ante o SERGAS, porque dan lugar a unha resolución do Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade na que se mestura o feito de que se trata de información en curso de elaboración ou de publicación xeral, co feito de que fai falta reelaborar, e o tema de que os datos forman parte das historias clínicas dos pacientes, e por tanto son datos especialmente protexidos.
Se pode inadmitir a achega dunha información por estar en curso ou xa publicada, pero como di o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no criterio número 8/2015 a publicidade activa é unha obriga que afecta aos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei, e “en ningún caso será suficiente unicamente a remisión xenérica ao portal ou á sede ou páxina web correspondente. É necesario de que se concrete a resposta. Esta poderá redireccionarlle á información de publicidade activa sempre que, tal información satisfaga totalmente a información solicitada pero deberá sinalar expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de xeito inequívoco, rápido e directo á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas buscas”.
Hai que destacar aquí que ao interesado non se lle achega o link correcto, pois na resolución de 23 de xullo aparece cunha errata.
Quinto.-
En conclusión, neste expediente non se produce unha inadmisión nos termos dispostos pola lexislación da transparencia por varios motivos. Dunha parte, porque non se motiva a inadmisión para cada solicitude. Doutra banda, porque parte da información é facilitada parcialmente. En terceiro lugar, porque daquela información que se denega non se saben os motivos e se descoñece se é posible que dentro do SERGAS exista esta información aínda que sexa voluminosa ou exixa unha reelaboración nos termos legais, ou ben porque non existe a información solicitada sen máis.
Por todo isto entendemos que o expediente debe retrotraerse e aclarar entre a reclamante e o SERGAS os seguintes aspectos: que información ten a administración; cal desa información pública reclamada nos cinco puntos requiridos existe e se lle pode facilitar sen ter que reelaborar; como achegala se é voluminosa; se é posible entregar os metadatos para que sexan analizados pola parte do reclamante ou, se por engadidura, é preciso un maior detalle na solicitude para poder dar resposta á solicitude.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Retrotraer a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 como integrante da Nome apelido1 apelido2 con data 1 de setembro ata o momento da solicitude ante o SERGAS, contra a inadmisión da Secretaría Xeral de Sanidade de data 28 de xullo de 2016 (notificada o 5 de agosto), para que se aclare que información está na Consellería de Sanidade e se lle pode facilitar da solicitada e en que casos non hai a información ou esta ten que ser reelaborada coas condicións expresadas nos fundamentos xurídicos.
Segundo: Instar a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se tramite e resolva á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela 8 de marzo do 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga