Archivada 08/03/2017 · 134 días en resolverse

Solicitud de información sobre el nombramiento y condición de funcionaria pública de la arquitecta técnica del Concello da Laracha

El ciudadano solicitó al Concello da Laracha el documento del BOP que acreditara la condición de funcionaria pública de una arquitecta técnica municipal. Tras la intervención de la Comisión da Transparencia de Galicia, el ayuntamiento facilitó la información el 9 de febrero de 2017, por lo que el organismo decide archivar las actuaciones.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública comprende los contenidos o documentos elaborados o adquiridos por los sujetos obligados en el ejercicio de sus funciones.
2 En casos de información sobre puestos de trabajo de empleados públicos, debe realizarse una ponderación de intereses según el artículo 15.3 de la Ley 19/2013 y el criterio interpretativo 1/2015 del CTBG.
3 La prevalencia del interés público sobre la intimidad es mayor en puestos de especial confianza, alta jerarquía o designación discrecional.
4 La Comisión da Transparencia no es competente para entrar en valoraciones o expresiones que excedan el concepto legal de información pública definida en la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional 5ª da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 en epresentación de .... mediante escrito do 25 de outubro de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 26 de outubro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello da Laracha. O interesado indicaba que solicitaba a apertura de expediente e resolución urxente contra o alcalde do Concello da Laracha pola súa negativa a informar e documentar o BOP que acredita a Nome apelido1 apelido2 como funcionaria pública. A motivación do escrito ocupa 4 páxinas de datos sobre as actuacións da persoa sobre a que se solicita a información. En concreto o reclamante pide á Comisión da Transparencia: “Que tenga por presentado este escrito, lo acepte y se sirva ordenar se practiquen las diligencias necesarias y las demás que se ofrezcan como útiles, y abrir expedientes contra el Concello de A Laracha, en el que se resuelva conforme a derecho, que junto a los relatados hechos y si es conforme ordene el traslado inmediato y urgente a esta entidad de la dictada resolución y documento BOP que confirme o desmienta la función pública de Nome apelido1 apelido2 como Arquitecto Técnico Municipal de A Laracha”. O escrito viña acompañado de diversa documentación para motivar o expediente, da que destacamos o escrito de 13/09/2016 dirixido ao alcalde do Concello da Laracha (Nome apelido1 apelido2) no que se piden “aclaraciones o desmentidos sobre la Técnico Municipal, Nome apelido1 apelido2 y la prestación de servicios en las mesas de contratación y gestiones públicas reservadas a Funcionarios”. Esa mesma petición se lle remitiu ao concello vía Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o 16 de setembro de 2016. Segundo. Con data 11 de novembro de 2016 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello da Laracha para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 15.11.2017. Terceiro. Con data de 18 de novembro de 2016 se recibiu o informe do Concello da Laracha e o expediente elaborado, que consiste en todos os documentos relativos ao acceso e nomeamento de Nome apelido1 apelido2 como arquitecta técnica municipal. O informe non especifica se houbo ou non petición. Tampouco concreta se a persoa solicitante ten dereito a recibir esta información ou non. Simplemente se recollen alegacións e motivacións en resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 ante a Comisión da Transparencia sobre a empregada pública. Destacamos do informe as alusións á disposición adicional 2ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP) que, no seu punto 10, alude á designación polo órgano de contratación de persoal laboral ao servizo da corporación. Igualmente aparece citado o artigo 59.2. da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia que onde se recollen as limitacións para formar parte dos órganos de selección dunha administración, quedando claro que, entre estes, non se exclúe ao persoal laboral indefinido. Cuarto. Con data de 1 de febreiro se lle require por segunda vez ao concello que informe sobre a “existencia da solicitude, os trámites realizados e a información pública obxecto da solicitude tal e como contempla a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro” con indicación de que non recibir resposta no prazo de dez días, e segundo a normativa de aplicación, continuarase coa tramitación do expediente. Quinto. Con data de 13 de febreiro o Concello da Laracha achega a información solicitada, incluíndo a resposta que se lle da á Plataforma o 9 de febreiro de 2017. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4. Limitacións que poden afectar ao seu exercicio A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente A petición do interesado ante a Comisión da Transparencia é “informar e documentar o BOP que acredita a Nome apelido1 apelido2 como funcionaria pública”. Existe unha interpelación ante concello para que explique por que a arquitecta municipal ten capacidade para formar parte de mesas de contratación ou dos tribunais cualificadores de probas para a selección de persoal ou para informar de licenzas urbanísticas. O Concello da resposta ás preguntas o 9 de febreiro de 2016. O criterio interpretativo 1/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (CTBG) e a Agencia Española de Protección de Datos, a disposición de calquera na páxina web do CTBG, indica que cando se trata de información “referida ao posto de traballo desempregado por un ou varios empregados ou funcionarios públicos ou ás retribucións asinadas a un ou varios postos de traballo determinados” á hora de autorizar o acceso, haberá que realizar a ponderación de intereses e dereitos prevista no artigo 15.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. As regras que da o CTBG para a ponderación son: “ a) Con carácter general, cuando el empleado público ocupe un puesto de especial confianza, un puesto de alto nivel en la jerarquía del órgano, organismo o entidad o un puesto que se provea mediante un procedimiento basado en la discrecionalidad, ha de entenderse que prima el interés público sobre los derechos a la intimidad o la protección de datos de carácter personal. Y ello porque, en los tres casos, el interés de los ciudadanos por conocer las retribuciones de los empleados públicos que ocupan ese tipo de puestos conecta directamente con su derecho a conocer el funcionamiento de las instituciones públicas y el modo en que se emplean los recursos públicos y prima sobre el interés individual en la preservación de la intimidad o los datos de carácter personal. b) En este sentido –y sin perjuicio de lo que se ha dicho en los antecedentes de este escrito sobre el carácter flexible y genérico de los criterios interpretativos contenidos en el mismo y sobre la competencia exclusiva de las Unidades de Información para resolver y evaluar en cada caso concreto-, con el fin de contribuir a la más clara comprensión de las reglas establecidas en el precedente apartado a) y a título meramente ejemplificativo, puede decirse que el órgano, organismo o entidad responsable de la información concedería el acceso a la información sobre las retribuciones correspondientes a: - Personal eventual de asesoramiento y especial confianza- asesores en los Gabinetes de Ministros y Secretarios de Estado-, aunque sean funcionarios de carrera en situación especial. - Personal directivo, esto es: a) El personal expresamente identificado como tal en los Estatutos de las Agencias Estatales, los organismos y los entes públicos: b) Los Subdirectores Generales; c) Los Subdelegados del Gobierno en las provincias y d) los cargos equivalentes en las fundaciones públicas y las sociedades mercantiles. - Personal no directivo de libre designación: En este caso, la prevalencia del interés público sobre los derechos individuales es decreciente en función del nivel jerárquico del empleado o funcionario público, considerándose que en los puestos de nivel 30 no Subdirectores Generales o asimilados, 29 y 28- éstos últimos siempre que sean de libre designación. O equivalentes, podría prevalecer, con carácter general, el interés público en la divulgación de la información relativa a las retribuciones de los puestos provistos con un grado de discrecionalidad sobre el interés individual en la preservación de la intimidad y los datos de carácter personal y que en los puestos de niveles inferiores prevalecería, con carácter general, el interés individual en la protección de los derechos fundamentales citados. (…) También, en todo caso, y en el supuesto de que resulte obligado facilitar la información, se observará lo señalado en la regla B del precedente epígrafe 1 respecto a la aplicación del artículo 14.1 de la LTAIBG y a las situaciones especiales de los funcionarios o empleados públicos que desaconsejen el suministro de la información”. O Concello valorou que había que achegarlle os datos relativos á selección de persoal laboral na que participou a agora arquitecta técnica municipal. Entre toda a documentación achegada polo reclamante, por outra banda, se recollen datos, cuestións e expresións á marxe do concepto de información pública legalmente definido no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións” nos que a Comisión da Transparencia non pode entrar no seu marco de competencias. Quinto.- En conclusión, o Concello da Laracha entregou a información pública ao solicitante. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Arquivar a solicitude presentada por Nome apelido1 apelido2 en representación de ... por ter xa recibido a información. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga