Retrotraer

Solicitud de información sobre tiempos medios de tramitación de reclamaciones en el Instituto Galego de Consumo

El ciudadano solicitó al Instituto Galego de Consumo datos desagregados sobre los tiempos medios de tramitación de reclamaciones. Ante la falta de respuesta y la posterior alegación de la administración de que no disponía de herramientas informáticas para tal detalle, la Comisión da Transparencia de Galicia decide retrotraer las actuaciones para que se aclare la información disponible y se resuelva la petición.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración no motivó adecuadamente la inadmisión por reelaboración, limitándose a alegar la falta de una aplicación informática específica.
2 La reelaboración de información debe basarse en elementos objetivos de carácter organizativo, funcional o presupuestario debidamente identificados en la resolución.
3 La remisión genérica a la memoria anual o al portal web no es suficiente si no satisface totalmente la información solicitada mediante enlaces precisos y concretos.
4 El derecho de acceso comprende la información sobre el funcionamiento o actividad pública del órgano en términos de eficiencia y productividad.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 1 de febreiro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 1 de febreiro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Instituto Galego de Consumo. O interesado indicaba que o 27 de decembro de 2016 presentou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude de acceso á información pública (procedemento PR100A) sobre o Instituto Galego de Consumo. Transcorrido máis dun mes desde a recepción da solicitude sen que fora resolta ou admitida a trámite, cómpre entendela desestimada por silencio administrativo. Solicitaba a intervención da Comisión da Transparencia para que se lle facilite a información solicitada. O escrito viña acompañado de copia asinada da solicitude de acceso á información, recibo de recepción, copia do DNI e reclamación perante a Comisión da Transparencia asinada dixitalmente. Segundo. Con data do 6 de febreiro déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, órgano do que depende o Instituto Galego de Consumo (en adiante IGC) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de febreiro de 2017. Terceiro. Con data do 8 de marzo de 2017 se recibiu o informe do Instituto Galego de Consumo, asinado pola xerente do organismo. En relación á petición de informe sobre o expediente referenciado, comunicouse o seguinte: -A reclamación foi presentada por Nome apelido1 apelido2 a través da sede electrónica da Xunta de Galicia con data do 27 de decembro de 2016, na que se solicita determinada información sobre as actuacións do IGC. -Con data do 28 de decembro de 2016, o xefe do Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria remite dita reclamación por correo electrónico ao Instituto Galego de Consumo. -Con data 29 de decembro de 2016, o Servizo de Protección ao Consumidor do Instituto Galego de Consumo envía un correo electrónico ao Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria no sentido de que remitan de novo a petición xa que é imposible a apertura do arquivo. -Con data 17 de febreiro de 2017 recíbese un correo electrónico do Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria no que se adxunta escrito da Comisión de Transparencia de Galicia para que se de resposta ao solicitado por Nome apelido1 apelido2. O informe manifesta literalmente: “O reclamante solicita a intervención da Comisión de Transparencia de Galicia para que se lle facilite a información que con anterioridade xa solicitou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. A información solicitada fai referencia ao tempo medio de tramitación das reclamacións presentadas no Instituto Galego de Consumo e solicita a seguinte desagregación: 1. "Solicito sexan desagregadas segundo ou Servizo, unidade ou oficina de Consumo que se encarga da súa tramitación." 2. "Solicito sexan desagregadas segundo ou tipo de procedemento: mediación previa, expediente sancionador, procedemento de arbitraxe (incluídos sustentar na Xunta Arbitral de Consumo de Galicia) e calquera outro cuxa instrución ou resolución competa ao IGC." Por parte do Instituto Galego de Consumo comunícase que é imposible acceder á devandita petición xa que non se dispón de aplicación informática que poida fornecer dita información a ese nivel de detalle. Por se fose de interese para o solicitante comunícase que na páxina web do Instituto Galego de Consumo pode acceder á actividade do mesmo contida na súa memoria anual: Nestes momentos é a correspondente ao ano 2015 e proximamente poderase dispoñer da correspondente ao ano 2016 que nestes momentos está en elaboración”. Non se remite, xunto co informe, ningunha outra documentación ni copia do expediente. Tampouco se pon de manifesto que o contido da resposta dada á Comisión da Transparencia lle fose trasladado xa ao solicitante da información e agora reclamante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4. Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente O reclamante solicitou o 27 de decembro de 2016 acceso á información pública do Instituto Galego de Consumo. O IGC non respondeu á solicitude de acceso, malia que consta no informe que ao día seguinte da recepción, 28 de decembro de 2016, o xefe do Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu dita reclamación por correo electrónico ao Instituto Galego de Consumo. Con data 29 de decembro de 2016, o Servizo de Protección ao Consumidor do Instituto Galego de Consumo enviou un correo electrónico ao Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria para que lle remitiran de novo a petición xa que non podían abrir o arquivo. O informe enviado pola xerencia do IGC á Comisión da Transparencia non di nada sobre a ulterior tramitación da solicitude. Non consta, xa que logo, que xestións foron feitas para dar resposta á solicitude de acceso á información pública. Con data 17 de febreiro de 2017 o Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno da Consellería de Economía, Emprego e Industria recibe o escrito da Comisión de Transparencia de Galicia, que foi recibido nesa consellería o día 9 de febreiro. A información solicitada fai referencia ao tempo medio de tramitación das reclamacións presentadas no Instituto Galego de Consumo, solicitando a seguinte desagregación: 1. "Solicito sexan desagregadas segundo ou Servizo, unidade ou oficina de Consumo que se encarga da súa tramitación". 2. "Solicito sexan desagregadas segundo ou tipo de procedemento : mediación previa, expediente sancionador, procedemento de arbitraxe (incluíndo os sustentados na Xunta Arbitral de Consumo de Galicia) e calquera outro cuxa instrución ou resolución competa ao IGC". O Instituto Galego de Consumo achega un informe á Comisión da Transparencia no que comunica que é imposible acceder á devandita petición xa que non se dispón de aplicación informática que poida fornecer dita información a ese nivel de detalle. Non especifica que parte da información solicitada é xa accesible, que parte esta en curso de elaboración ou que información precisa unha acción previa de reelaboración. O informe comunícalle á Comisión da Transparencia que, se fose de interese para o solicitante, na páxina web do Instituto Galego de Consumo pode acceder á actividade do mesmo contida na súa memoria anual estando actualmente dispoñible a correspondente ao ano 2015 e en elaboración a memoria anual de 2016. Consultada a memoria anual do IGC, figuran nela datos relativos ao número de consultas, reclamacións e expedientes sancionadores desagregados por provincias e sectores de actividade, así como información relativa ás adhesións arbitrais, solicitudes de arbitraxe, resolucións e número de laudos estimatorios, desestimatorios e conciliatorios desagregados por solicitantes e sectores de actividade. Non figuran na memoria os tempos medios de tramitación. Este dato ten natureza estatística e é de elaboración propia. Cómpre examinar se pode considerarse un suposto de información que requira previa elaboración e, por tanto, actúe como causa de inadmisión. Son numerosos os supostos nos que o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno indica que “La aplicación de la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, deberá adaptarse a los siguientes criterios: a) La decisión de inadmisión a trámite habrá de ser motivada en relación con el caso concreto y hará expresión de las causas materiales y los elementos jurídicos en los que se sustenta. b) La reelaboración supone un nuevo tratamiento de la información y no debe confundirse con otros supuestos, tales como el volumen o la complejidad de la información solicitada, la inclusión de datos personales susceptibles de acceso parcial o de anonimización o el acceso parcial de la información, supuestos estos contemplados en los artículos 20.1, 15.4 y 16 de la Ley 19/2013, que no suponen causas de inadmisión en sí mismos. e) La reelaboración habrá de basarse en elementos objetivables de –carácter organizativo, funcional o presupuestario, identificando estos en la correspondiente resolución motivada”. Indica o IGC que é imposible acceder á petición dos tempos medios de tramitación desagregados por unidades e por procedementos xa que non se dispón de aplicación informática que poida fornecer dita información a ese nivel de detalle. A normativa básica da transparencia (artigos 14, 15, 18 e 22.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro) entende que non están motivadas as inadmisións polo simple feito de mencionar o suposto, se non que a aplicación dos límites ou inadmisións será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección, e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso. Neste sentido, debemos salientar dentro da mellora da eficiencia das Administracións Públicas mediante a implantación do sistema de medición da eficiencia/productividade, poderase publicar nas páxinas web dos organismos o tempo de tramitación dos procedementos con maior incidencia nos cidadáns, así como as variacións no mesmo. En execución desta medida, cada vez son máis os organismos e entidades que publican os tempos medios de tramitación e datos referentes ao procedemento de resolución, por exemplo, o número de expedientes resoltos no mes e o tempo medio por servizo ou unidade e os totais. É preciso aclarar que os datos de tempos de resolución que se publican, polo xeral, indican exclusivamente o tempo transcorrido entre a presentación da solicitude e a resolución do expediente. É dicir, non se restan o tempo que un expediente está en trámite a falta de que o interesado achegue algunha documentación, información que precisa ferramentas informáticas máis complexas. A Comisión da Transparencia non ten datos suficientes para coñecer se é posible recadar do sistema actualmente existente no IGC estes datos solicitados. Tampouco se pode entrar a valorar se a posible recolleita de datos se pode realizar sen causar graves perturbacións ás obrigas do IGC. Non se coñece se abondaría con pedir ao sistema unha simple estatística ou hai que facer unha auténtica reelaboración. Neste último suposto, a resolución debería dar datos organizativos, funcionais ou orzamentarios identificados cunha motivación que permitira aplicar esta causa de inadmisión. O artigo 15.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro di que “con carácter general, y salvo que en el caso concreto prevalezca la protección de datos personales u otros derechos constitucionalmente protegidos sobre el interés público en la divulgación que lo impida, se concederá el acceso a información que contenga datos meramente identificativos relacionados con la organización, funcionamiento o actividad pública del órgano”. Neste caso se solicitan unha información sobre o funcionamento ou actividade pública do órgano, en termos de eficiencia e/ou productividade. Pode ser que a información sexa voluminosa ou dificultosa de conseguir pero en todo caso é información pública e hai que indicar que medios deben e poden poñerse para tela dispoñible nun período determinado. É dicir, toda a normativa de transparencia pretende que exista a maior publicidade dos datos cuxa difusión sexa máis relevante para o coñecemento xeral ante a cidadanía, e neste caso, ante a petición do solicitante. Por tanto é necesario achegarlle todos os datos numéricos e de listaxe que estean efectivamente en poder do Instituto Galego de Consumo ao ser elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións, salvo aqueles que teñen unhas datas de publicación periódica ou están en vías de elaboración. É importante indicar que o artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro di que tras a solicitude dirixida ao órgano titular que teña a información o solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito. Por tanto, se non se podía achegar unha serie de datos, ou non é posible obter a información doadamente, todo isto debeu ser respondido o solicitante de acceso á información. Se pode inadmitir a achega dunha información por precisar unha previa eleboración, pero como indica o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no criterio número 8/2015, a publicidade activa é unha obriga que afecta aos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei, e “en ningún caso será suficiente unicamente a remisión xenérica ao portal ou á sede ou páxina web correspondente. É necesario de que se concrete a resposta. Esta poderá redireccionarlle á información de publicidade activa sempre que, tal información satisfaga totalmente a información solicitada pero deberá sinalar expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta, e leve, de xeito inequívoco, rápido e directo á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas buscas”. Hai que destacar aquí que ao interesado non se lle achegou ningún tipo de información. Quinto.- En conclusión, neste expediente non cabe apreciar unha causa de inadmisión nos termos dispostos na lexislación da transparencia pola concorrencia dos motivos expostos polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no criterio número 7/2015. Por todo isto entendemos que o expediente debe retrotraerse e aclarar entre o reclamante e o IGC os seguintes aspectos: que información, da solicitada, ten xa o IGC; cal desa información pública reclamada existe e se lle pode facilitar sen ter que reelaborar; que elementos se lle poden subministrar sobre os tempos medios de tramitación e que posibilidades existen de cuantificar este dato nun período breve de tempo. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Retrotraer a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 ante o Instituto Galego de Consumo, contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de acceso á información, para que se aclare que información está no IGC e se lle pode facilitar da solicitada e en que casos a información ten que ser reelaborada coas condicións expresadas nos fundamentos xurídicos. Segundo: Instar ao Instituto Galego de Consumo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se tramite e resolva á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar ao Instituto Galego de Consumo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga