Inadmitida

Solicitud de instrucciones sobre uniformidad de la Unidad Policial adscrita y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó a la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza instrucciones sobre la uniformidad de la Unidad Policial adscrita. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque la competencia reside en el Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (órgano estatal) y porque el solicitante ya obtuvo la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La competencia para resolver la reclamación corresponde al Consejo de Transparencia y Buen Gobierno al tratarse de una materia competencia de la Administración General del Estado (Dirección General de Policía).
2 La administración reclamada no era la competente por razón de la materia, ya que la dependencia orgánica de la unidad policial recae en el Ministerio del Interior.
3 Se determina que la reclamación carece de objeto puesto que el solicitante ya dispone de la información requerida tras la gestión de la Consellería con el órgano competente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 16 de xaneiro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 16 de xaneiro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O interesado indicaba que o 10 de decembro de 2016 formulara a seguinte solicitude de información pública ante a Vicepresidencia en demanda de: “Instrucións remitidas nos últimos tres anos aos funcionarios da Unidade Policial adscrita en relación coa uniformidade”. A motivación era “comprobar a veracidade da afirmación de que se remitiron as mencionadas instrucións”. O escrito viña acompañado da solicitude PR100A, que é o procedemento da acceso a información pública da Xunta de Galicia, e que foi presentado na Xunta de Galicia o 10 de decembro de 2016. Segundo. Con data de 23 de xaneiro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A administración recibiu a solicitude da Comisión da Transparencia o 26 de xaneiro de 2017. Terceiro. Con data 20 de febreiro de 2017 se recibiu o informe de Vicepresidencia e o expediente elaborado a raíz da solicitude de información do agora reclamante. O informe, en resumo, indicou que o Real Decreto 221/1991, do 22 de febreiro, polo que se regula a organización de Unidades do Corpo Nacional de Policía adscritas ás Comunidades Autónomas e se establecen as peculiaridades do réxime estatutario do seu persoal; así coma a Orde do 19 de xuño de 1991, pola que se constitúe unha unidade do Corpo Nacional de Policía e se adscribe á Comunidade Autónoma de Galicia, establecen que esta unidade policial terá dependencia orgánica do Ministerio del Interior, a través da Dirección General de Policía, e dependencia funcional da actual Vicepresidencia, asumindo o seu mando, dirección, coordinación e control a Xefatura de cada unidade. O informe indica que “a información solicitada polo recorrente, ao incidir en aspectos orgánicos como son os relativos á uniformidade, non é competencia desta consellería”. Aínda así, para a consecución da eficiencia en cumprimento da normativa de transparencia, solicitouse a información requirida ao órgano competente para facilitala ao solicitante. Indícase que a documentación recibida será achegada, na mesma data (20 de febreiro de 2017) a Nome apelido1 apelido2, indicándose que se achega copia do escrito remitido ao mesmo, documento que non se recibe. O informe, en todo caso se acompaña dunha nota interior de 7 de febreiro de 2017 que é un informe de dúas páxinas do xefe da Unidade CNP adscrita á Xunta de Galicia. Deste informe cómpre destacar a seguinte parte: “La uniformidad utilizada por los funcionarios de la Unidad del Cuerpo Nacional de Policía adscrita a la Comunidad Autónoma de Galicia, es la misma que utilizan los funcionarios del CNP, así como las normas que lo regulan. La normativa arriba referenciada ha sido publicada en el Boletín Oficial del Estado o por Orden General de la Dirección general Policía de conocimiento general por todos los funcionarios del cuerpo y por tanto de los miembros de esta unidad. Cada nueva publicación normativa, como la vigente en su momento, es recordada por esta Jefatura, a través de notas informativas, correos electrónicos, en las reuniones de jefes provinciales que se celebran mensualmente así como en los briefing que se imparten diariamente en los grupos y secciones para que dichas normas sea de conocimiento generalizado y aplicación obligatoria. Además, así consta en correos remitidos por el secretario general de la unidad, cuyas copias se adjuntan: 20 de mayo de 2013 (Remitiendo mediante nota interior sobre Resolución de la Dirección general de la Policía por la que se establecen normas en relación con el uso del uniforme y el deber de saludo. Documento 1. Nota interior de 18 de junio de 2013 recordando normativa de obligado cumplimiento sobre uso del uniforme y deber de saludo. Documento 2. 26 de marzo de 2014 recordando la obligatoriedad del uso de la uniformidad salvo en aquellos supuestos que resulte no operativos. Documento 3. 19 enero 2015, recordando la obligatoriedad de portar el número de identificación personal en las prendas de la uniformidad. Documento 4. 22 de mayo de 2015 correo remitiendo nota interior recordando la obligatoriedad de portar el número de identificación personal en las prendas de la uniformidad. Documento 5. Correo electrónico del Gabinete Técnico de esta Unidad, remitiendo escritos de la Dirección Adjunta Operativa de octubre de 2016 recordando la necesidad de que todos los funcionarios que vistan el uniforme deben cumplir con lo establecido en la instrucción 13/2007, de la Secretaría de Estado de Seguridad, y portar el número de identificación policial en su uniforme. Documento 6”. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que , contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo y previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas, por tanto as competencias nas materias que corresponden á Administración Xeral do Estado son sempre competencia do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4. Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente Tal como recolle o informe de 20 de febreiro de 2017 “a información solicitada polo recorrente, ao incidir en aspectos orgánicos como son os relativos á uniformidade, non é competencia desta consellería”. A vista deste dato hai que determinar que órgano é competente, por razón da materia para resolver a reclamación presentada, con independencia do feito de que o interesado o día 10 de decembro solicitara unha petición de acceso á información pública ante a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O artigo 19.1 da Lei 19/2013, de 9 de decembro recolle que “se a solicitude se refire a información que non obre en poder do suxeito ao que se dirixe, este a remitirá ao competente, se o coñecera, e informará desta circunstancia ao solicitante”. Este mesmo artigo indica no seu punto 4 que “cando a información obxecto da solicitude, aínda obrando en poder do suxeito ao que se dirixe, fose elaborada ou xerada na súa integridade ou parte principal por outro, se lle remitirá a solicitude a este para que decida sobre o acceso”. Aínda que o artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro di que se informará desta circunstancia ao solicitante, a lei parece entender que esta é unha causa de inadmisión similar á do artigo 18.1 d) que establece que se inadmitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente. Nese caso, segundo o 18.2 o órgano que acorde a inadmisión deberá indicar na resolución o órgano que, ao seu xuízo, é competente para coñecer a solicitude. Por tanto, a Vicepresidencia debería ter informado ao solicitante de que se trataba dunha petición de información que correspondía facer ante a Administración Xeral do Estado que é a que o R.D. 221/1991, do 2 de febreiro, polo que se regula a organización de Unidades do Corpo Nacional de Policía e se adscribe á Comunidade Autónoma de Galicia determina que lle corresponde a dependencia orgánica, en concreto á Dirección Xeral de Policía. Porén a consellería solicitou a información requirida ao órgano competente para facilitala, e a Xefatura da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia a achegou. Segundo se traslada ademais se deu orde de remitir esta información ao solicitante preservando os datos relativos ás persoas, tanto por motivos de seguridade como de protección de datos, polo que o interesado xa disporía da información. Ante unha materia sobre a que é competente resolver a Dirección Xeral de Policía, do Ministerio del Interior, por tanto, fíxose a achega co consentimento feito pola mesma á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Quinto.- En conclusión procede inadmitir a reclamación tanto porque se trata dunha materia na que a entidade competente para resolver o recurso substitutivo é o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (competente ante órganos estatais) como polo feito de que o reclamante xa posúe a información co consentimento do titular da mesma. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data de 16 de xaneiro de 2017, por tratarse dunha materia cuxa resolución corresponde ao Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e que xa lle foi achegada polo titular da información. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga