El ciudadano solicitó al Concello de O Grove información sobre el cumplimiento de los principios de idoneidad, proporcionalidad y deber de informar en la instalación de cámaras de videovigilancia. Ante la falta de respuesta del Ayuntamiento, la Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación porque la solicitud pedía una valoración jurídica y no la entrega de documentos o contenidos públicos.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no se ajusta al concepto de información pública al no requerir contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones administrativas.
2
El interesado solicita una valoración jurídica sobre el ajuste de una decisión administrativa a principios generales del ordenamiento, lo cual no constituye información pública accesible.
3
Se constata la reticencia del Concello de O Grove al no colaborar con la Comisión ni remitir el expediente solicitado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito datado o 27 de decembro de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 29 de decembro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de O Grove.
O interesado indicou que o 8 de novembro de 2016 formulara unha solicitude de información pública ao Concello de O Grove para que lle achegara resposta relativa aos cumprimentos de:
“o principio de idoneidade para a instalación das distintas cámaras existentes no concello, do principio de proporcionalidade para a instalación das distintas cámaras existentes no concello e do deber de informas sobre as zonas videovixiladas existentes no concello”.
A reclamación viña acompañada do escrito dirixido ao concello en data 8 de novembro de 2016, que fora presentada por medio dun dos puntos de rexistro dos que dispón a Xunta de Galicia.
Segundo. Con data de 19 de xaneiro deuse traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de O Grove para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Consta recepción deste oficio por parte do ente municipal o 20 de xaneiro de 2017.
Terceiro. Ata o día de hoxe, o Concello de O Grove nin informou a esta Comisión da Transparencia, nin remitiu o expediente iniciado a raíz da petición de acceso á información do reclamante.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
A Comisión da Transparencia se atopa, por unha banda, ante a reticencia do Concello do Grove a colaborar na resolución da reclamación dun particular, da que dispón só dos datos achegados inicialmente por esta persoa. Nesta situación de silencio administrativo negativo (artigo 20.4 da Lei 19/2013, de 9 de decembro) hai que atender ao disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que establece que os suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei de transparencia “prestarán a colaboración necesaria ao Valedor do Pobo para o correcto desenvolvemento das súas funcións, facilitando a información que lles solicite no seu respectivo ámbito competencial”.
O noso ordenamento esixe, ademais, dilixencia dos poderes públicos na resolución administrativa. Para reforzar esta obriga é de aplicación o disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, que no seu artigo 21 impón o mandado de resolver e notificar a resolución, calquera que sexa o xeito de iniciación dun procedemento.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, no seu artigo 20.6 establece que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo terá a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Esta Comisión ten que lembrar ao Concello de O Grove, de que a incidencia detectada na presente reclamación, activa o control de tal obriga, polo que se procede a dar parte da presente resolución ao Comisionado da Transparencia de Galicia, para o seu seguimento.
Entrando no obxecto da solicitude, por outra banda, o interesado demanda ao Concello de O Grove un pronunciamento acerca do cumprimento dos principios de idoneidade e proporcionalidade, e do deber de informar, en zonas municipais vídeo vixiadas. O obxecto da solicitude de información pública non coincide neste particular co propio concepto de información pública definido na lei 1/2016, do 18 de xaneiro como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O interesado está a solicitar unha valoración xurídica sobre o axuste dunha decisión administrativa a principios xerais do ordenamento xurídico. Esa valoración non se axusta a esa definición ao non poder ser considerada nin un contido nin un documento elaborado ou adquirido para o exercicio das funcións dos suxeitos sometidos á transparencia.
Quinto.-
En conclusión, procede inadmitir a reclamación xa que o obxecto no que se basea non coincide co concepto de información pública definido na normativa de transparencia.
En canto a ausencia de colaboración de o Concello de O Grove, a Comisión da Transparencia proceder a comunicar a presente resolución ao Comisionado da Transparencia para que active o seguimento do control da transparencia ante unha posible reiteración que puidera ocasionar actuacións no eido disciplinario.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data 29 de decembro de 2016 contra a denegación por silencio do Concello de O Grove, por inadecuación do obxecto da mesma ao concepto de información pública que da dereito ao acceso; e informar desta resolución ao Comisionado da Transparencia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga