Se solicitó a la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia la documentación técnica de los proyectos premiados en el concurso de ideas de la 'Cidade da Xustiza' de Vigo. El interesado alegó que la propiedad de los trabajos fue cedida a la administración. La Comisión da Transparencia inadmitió las reclamaciones por tratarse de un procedimiento en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de información se produce en el marco de un procedimiento administrativo en curso, concretamente durante la actividad del Comité de Seguimiento del proyecto.
2
Se aplica la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, que establece como causa de inadmisión las solicitudes de información cuando el peticionario tiene la condición de interesado en un procedimiento en curso en relación a los documentos que se integren en el mismo.
3
La Comisión desestima la aplicación de la propiedad intelectual alegada por la administración al considerar que la causa de inadmisión por procedimiento en curso es prevalente y suficiente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta ás reclamacións presentadas por Nome apelido1 apelido2 como xxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 19 de decembro de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 como xxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 21 de decembro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que foi desestimada por medio de resolución achegada ao interesado o 16 de decembro de 2016.
O interesado indicou:
“se nos denegou o acceso á documentación técnica de todos os proxectos premiados no concurso de ideas da ‘Cidade da Xustiza’ de Vigo (...)” .
A reclamación termina pedindo que:
“se acorde o envío a esta Xunta de Persoal por parte da administración autonómica da documentación técnica obrante no expediente administrativo indicado e concretamente a establecida na ‘base 7.2.3 Contido do Sobre B, apartados a), b) e c)’”
O escrito viña acompañado da resposta que o vicesecretario xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza deu ao representante desta Xunta de Persoal na que se indica que para a adaptación do antigo Hospital Xeral de Vigo para acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo considerárase como mellor opción a convocatoria dun concurso de ideas con intervención de xurado a nivel de anteproxecto. Para isto aprobouse o correspondente prego coas bases. A base 9ª, en concreto, contemplou a constitución dun Comité de Seguimento do proxecto, do que formou parte a Xunta de Persoal da administración de Xustiza de Pontevedra.
Nesa resposta achegada polo departamento da Xunta de Galicia se indica que:
“(...) a achega da documentación solicitada é innecesaria polas razóns seguintes(...) As funcións do Comité de Seguimento desenvólvense en relación co anteproxecto gañador, sen que se analicen en ningún momento cuestións relativas aos demais premiados (...) Aquelas funcións están descritas no prego de bases de forma clara e precisa, e están configuradas de forma tan ampla (fixándose un prazos establecidos como mínimos para recibir información e para formular observacións ou suxestións) que queda perfectamente garantida a audiencia dos colectivos aos que afecta a construción. Nestes termos desenvolveuse recentemente a primeira reunión do Comité, á que asistiu vostede”.
Segundo. Con data de 3 de xaneiro de 2017 a Comisión da Transparencia dirixiuse ao reclamante para garantir a súa correcta identificación e proceder co expediente. O promotor recibiu o oficio o 17 de xaneiro, e a remisión da fotocopia do DNI tivo entrada o 19 de xaneiro de 2017 no rexistro do Valedor do Pobo.
Terceiro. Con data 3 de xaneiro de 2017 (recibida o 9 de xaneiro de 2017) déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Cuarto. A Secretaría Xeral Técnica deste departamento da Xunta de Galicia achegou a esta Comisión da Transparencia o informe e o expediente elaborado ante a solicitude de información con data 23 de xaneiro de 2017.
Neste informe se indica, en resumo, que o solicitante presentara varios escritos, en datas diferentes, ante este departamento pedindo información sobre:
Os pregos aplicables ao concurso de ideas. A solicitude se realizou o 10 de maio de 2016. A documentación se lle achega o 9 de xuño de 2016.
Documentación relativa ao gañador do concurso de ideas e demais premiados. Solicitude realizada o 5 de outubro de 2016. O 20 de outubro se achega ao interesado unha memoria usb con cinco paneis correspondentes ao anteproxecto gañador, aos que facía referencia o prego de bases.
O 28 de outubro do mesmo ano o reclamante acusa recibo da anterior resposta e reitera a solicitude de documentación técnica, non só do gañador, senón tamén do resto dos premiados.
O 9 de decembro de 2016 fai nova solicitude de información, neste caso correspondente ao proxecto gañador e aos demais premiados, “a poder ser en formato dixital” e concretamente “a establecida na base 7.2.3., contido do sobre B, apartados a, b e c”.
O 14 de decembro de 2016 (recibido polo interesado o 16 de decembro) se lle indica que “tendo en conta que forma parte do Comité de Seguimento do Proxecto, cuxas funcións están configuradas de forma tan ampla que queda perfectamente garantida a audiencia aos colectivos afectados, a entrega da documentación solicitada era innecesaria”.
O 19 de decembro de 2016, nunha nova solicitude de acceso á información cursada polo interesado, se cita o amparo das leis de transparencia estatal e galega. O acto que se impugna por parte da administración é a comunicación que ten data de saída 14 de decembro, na que se daba contestación a uns escritos que non se amparaban na normativa de transparencia.
O 20 de xaneiro de 2017 a Consellería ditou resolución denegatoria da solicitude cursada o 19 de decembro de 2016 (recibida pola Secretaría Xeral o 22 de decembro de 2016), por considerar que de acceder á solicitude “vulneraría a normativa de propiedade intelectual”.
Finalmente o informe indica a esta Comisión da Transparencia cales son as funcións propias do Comité de Seguimento así como o seu ámbito de actuación. Recolle, por outra banda, as actuacións do proxecto que xa tiveron lugar e as que serán realizadas seguindo as bases que rexen o concurso de ideas.
O expediente achegado á Comisión da Transparencia, incorpora un índice de toda a documentación que o integra, empezando co prego de bases do concurso de ideas e rematando coa resolución denegatoria de 20 de xaneiro de 2017.
Quinto. Con data de 23 de febreiro de 2017 o reclamante presentou una segunda reclamación ante a Comisión da Transparencia na que recorre a resolución desestimatoria da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 20 de xaneiro de 2017. Refire que dita documentación non pode estar amparada pola propiedade intelectual do proxecto, pois é un requisito do propio concurso garantir a oportuna revisión por calquera interesado e recolle:
“(...) en todo caso, na base 8, segundo parágrafo, establécese literalmente que ‘a documentación correspondente aos tres traballos premiados será propiedade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a quen os participantes cederán, en exclusiva, os dereitos de explotación, segundo a normativa de propiedade intelectual’. Así mesmo, no cuarto parágrafo da mesma Base 8 establécese que ‘toda a documentación admitida ao concurso quedará en poder da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza’”.
O escrito do reclamante remata requirindo a entrega á Xunta de Persoal de toda a documentación técnica obrante no expediente, relativa ao gañador do concurso de ideas da Cidade da Xustiza de Vigo e concretamente a prevista na base 7.2.3, contido do sobre b, apartados a), b) e c) do citado concurso.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
A primeira parte da análise versará sobre a documentación que se solicitou por parte do agora reclamante.
A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza de Pontevedra está a solicitar desde o mes de outubro de 2016 “a documentación técnica obrante no expediente, relativa ao gañador do concurso de ideas da “Cidade da Xustiza de Vigo” e concretamente a establecida na Base 7.2.3, contido do Sobre B), apartados a), b) e c) do citado concurso”. En todos os escritos dirixidos á administración dende o 9 de decembro de 2016 pide esa documentación.
A documentación requirida está sometida as previsións do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector público e ao estipulado no prego de bases que rexerá no concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a adaptación do complexo antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo que fixa os requisitos do procedemento que será: aberto, tramitación ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.
Como consta no informe da Consellería, no mes de febreiro de 2017 aínda non se remataran os traballos do Comité de Seguimento, polo que estamos ante o exercicio do dereito de acceso a información correspondente a un procedemento en curso dos previstos na disposición adicional primeira 1 da lei básica de transparencia. Na mesma se establece como causa de inadmisión a trámite a solicitude de información que se fai tendo a condición de interesado nun procedemento en curso en relación aos documentos que se integren no mesmo.
Nunha segunda orde de cousas, analízanse as dúas reclamacións achegadas á Comisión da Transparencia.
No expediente figuran dúas reclamacións feitas ante a Comisión da Transparencia polo mesmo reclamante cun mesmo obxecto: acceder a documentación técnica obrante no expediente, relativa ao gañador do concurso de ideas da Cidade da Xustiza de Vigo e, concretamente, a establecida na Base 7.2.3, contido do Sobre B), apartados a), b) e c) do citado concurso.
A primeira reclamación foi presentada á Comisión da Transparencia o 19 de decembro de 2016. Do informado polo suxeito obrigado (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza), o 14 de decembro se lle indicou por medio de resolución que, formando parte do Comité de Seguimento do proxecto, a entrega de información era innecesaria. Este escrito foi asinado polo vicesecretario xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, un órgano non competente para resolver as solicitudes de acceso á información.
A resposta foi dada dentro do marco das relacións existentes entre un membro do Comité de Seguimento do Proxecto, no que a parte non invoca en ningún momento o dereito de acceso á información pública da normativa de transparencia. Esta comunicación garda relación co propio contexto do concurso de ideas, e así o recollen expresamente os escritos dirixidos á consellería polo membro do Comité. Neste sentido procede inadmitir a reclamación primeira presentada ante a Comisión da Transparencia de acordo co disposto na disposición adicional primeira 1, da Lei 19/2013, que establece como causa de non admisión a trámite as solicitudes de información cando o peticionario ten a condición de interesado nun procedemento en curso en relación aos documentos que se integren no mesmo.
A segunda reclamación foi presentada ante a Comisión da Transparencia o 23 de febreiro de 2017. Neste caso existe unha resolución de denegación da solicitude de acceso á información pública fundada no artigo 14 1 j) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Os fundamentos xurídicos alegados pola administración son que:
“a documentación solicitada refírese a proxectos de arquitectura amparados polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia (en adiante TRLPI).
En efecto, o artigo 10.1.f) da dita Lei establece que son obxecto de propiedade intelectual todas as creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, actualmente coñecido ou que se invente no futuro, comprendéndose entre elas, os proxectos, planos, maquetas e deseños de obras arquitectónicas e de enxeñería.
Así pois, de acordo co precepto mencionado, corresponden ao autor da documentación técnica os dereitos que configuran a propiedade intelectual dos autores dos correspondentes anteproxectos, non só polo risco dunha inadecuada utilización das ideas plasmadas nos traballos presentados, senón polos prexuízos económicos que da dita actuación poderían derivarse para os autores destes”.
A Xunta de Persoal alega que a base 8, no seu segundo parágrafo, establece que a propiedade dos traballos premiados será da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Á marxe desta discusión o foco cómpre poñelo no feito de que no mes de febreiro aínda non se remataran os traballos do Comité, polo que se trata dun expediente en curso dos previstos na disposición adicional primeira 1 que establece como causa de inadmisión a trámite a información que se solicita tendo a condición de interesado nun procedemento en curso en relación aos documentos que se integren no mesmo.
Quinto.-
En conclusión estamos ante unha solicitude de información promovida polo membro dun Comité de Seguimento creado por un prego de bases para un concurso de ideas e ao que se lle debe respostar nese ámbito.
En canto as reclamacións presentadas ante a Comisión da Transparencia, procede inadmitir a primeira chegada xa que no momento de se realizar a solicitude de información ante a administración aínda non se remataran os traballos do Comité. Trátase dun expediente en curso dos previstos na disposición adicional primeira 1, que establece como causa de inadmisión a trámite a información que se solicita tendo a condición de interesado nun procedemento en curso en relación aos documentos que se integren no mesmo.
En relación á segunda reclamación dirixida á Comisión da Transparencia corresponde inadmitila en base ás mesmas consideracións e obviar os criterios de protección da propiedade intelectual e industrial aludidos pola administración. En tal caso, debería terse dado audiencia aos terceiros cuxos dereitos particulares se pretendían protexer, cousa que neste particular non foi necesaria por tratarse dunha petición de documentos integrados nun procedemento en curso.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir as dúas reclamacións presentadas por Nome apelido1 apelido2 como xxxxxxxxxx con datas de 19 de decembro de 2016 e 27 de xaneiro de 2017 contra as denegacións de información da Vicepresidencia, e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ao tratarse dun procedemento en curso.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga