Desistimiento 30/06/2017 · 107 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Oleiros por denegación de copias de documentos y presunto incumplimiento de obligaciones de publicidad

La interesada solicitó copias de convenios y escrituras al Concello de Oleiros, alegando que se le permitió la consulta presencial pero no la obtención de copias. Tras interponer reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia, el organismo decidió archivar el expediente por desistimiento al no responder la interesada a un requerimiento de aclaración.

Puntos clave de la argumentación

1 El Concello de Oleiros denegó la entrega de copias argumentando que la consulta presencial ya satisfacía el derecho de acceso y que la documentación contenía datos personales protegidos.
2 La administración reclamada sostuvo que la falta de motivación de la solicitud impedía determinar la necesidad de entregar copias de documentos con datos personales.
3 La Comisión da Transparencia señaló que el control del cumplimiento de las obligaciones de publicidad activa de las entidades municipales queda fuera de su ámbito normativo.
4 Se procedió al archivo del expediente debido a que la interesada no respondió al requerimiento de aclaración sobre el procedimiento que deseaba iniciar.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 15 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 17 de marzo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Oleiros. A interesada indicaba que que o 15 de febreiro de 2017 recibira a resolución 479/17 do Concello de Oleiros pola que se resolveu desestimar ou escrito presentado por ela o 2 de febreiro de 2017, solicitando o dereito de acceso á información a través da obtención de copias de documentos, ao terlle facilitado xa o dereito de acceso mediante a consulta directa da documentación no Departamento de Urbanismo o día 25 de xaneiro de 2017. Segundo manifesta, o Concello de Oleiros iniciou o procedemento expropiatorio Zona Verde 2 Bastiagueiro, sobre unha finca da súa propiedade. No devandito procedemento realizou as correspondentes alegacións e interpuxo recurso de reposición, no cal se solicitaba expresamente que se facilitase información sobre a suposta existencia de varios convenios celebrados con propietarios da zona, relativos a acordos sobre a reserva da dispoñibilidade do chan a favor dos mesmos durante 60 anos. A interesada indicaba que non tiña coñecemento directo dos mesmos e dado que, no caso de que existiran, sería o Concello o que dispón deles, solicitaba que se lle facilitase o contido dos mesmos, especificando a que parcelas afectaban e se estaban en vigor. Dita información era considerada de especial relevancia e transcendencia para o procedemento e para que a interesada puidera realizar unhas alegacións fundamentadas que garantiran os seus dereitos. O Concello de Oleiros lle manifestou expresamente que estas entregas de chan foron recollidas nas escrituras públicas que se lle referenciaban e que toda a documentación de escrituras, convenios asinados e acordos plenarios estaban no concello a disposición para a súa consulta. Por ese motivo os seus representantes -debidamente autorizados- acudiron o día 25 de xaneiro de 2017 a consultar a devandita documentación no Departamento de Urbanismo. Ao solicitar copia destes documentos, negóuselles a posibilidade de obtela. Unha vez consultada a documentación (posto que os documentos sí foron mostrados) e á vista dos datos contidos nela, resultaba absolutamente imprescindible obter copia da mesma, polo que se solicitou novamente copia dos devanditos documentos mediante escrito dirixido á Secretaria do Concello o 31 de xaneiro de 2017, ou no seu caso, se lle denegara motivadamente para poder exercitar os recursos correspondentes. Con posterioridade ditouse a Resolución do concello que agora se recorre, na que ademais da desestimación mencionada, os argumentos que se sinalan son os seguintes: -que as leis mencionadas non recoñecen o dereito á obtención de copias da documentación solicitada. -que a solicitante indica que a documentación resulta absolutamente imprescindible para os intereses da súa parte, sen explicar a interrelación que poida existir entre a citada documentación e os terreos da súa propiedade obxecto de expropiación, e aínda máis no momento procedimental no expediente expropiatorio no que xa se resolveron todas as alegacións, recursos de reposición e remitiuse ao Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación definitiva do xustiprezo. -que trátase de terreos con distinta clasificación urbanística: os que son obxecto de expropiación son solo urbano a obter por expropiación conforme ao PXOM de 2009 e os das escrituras públicas están clasificados como solo rústico obtido por cesión gratuíta ao amparo do PXOM de 1984, polo que xera confusión administrativa e xudicial na defensa dos mutuos intereses. - que o artigo 17.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. A ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude. O Concello de Oleiros sinala que no suposto en cuestión a motivación é necesaria para determinar se o acceso facilitado ao expediente require ademais que se lle subministren copias, cando trátase de documentos con datos persoais obxecto de protección. Entende que tampouco son documentos que deban ser obxecto de información pública ao abeiro dos art. 8 e 9 da Lei 19/2013. O escrito viña acompañado de fotocopia do recurso de reposición; da desestimación do recurso de reposición, de 22 de decembro de 2016, fixando día para o levantamento da acta de ocupación do terreo e da edificación; e da solicitude de obtención de copias dos documentos mencionados, de 31 de xaneiro de 2017. Segundo. Analizada a reclamación presentada ao abeiro da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, se desprendía que a recorrente obtivera xa copias dos documentos solicitados “al interponer las correspondientes medidas cautelares en los Juzgados de lo Contencioso-administrativo”, que o Concello facilitou, “demostrando que su actitud anterior era únicamente obstaculizadora, obligando a esta parte a solicitarlos por vía judicial”. Por outra parte, a reclamación presentada solicitaba unicamente que se investigaran os incumprimentos nos que incorreu o Concello de Oleiros no desenvolvemento das súas obrigas “de publicidad de información pública”. Do anterior, podía entenderse que se solicitaba o control do cumprimento das obrigas de publicidade activa. Tercero. Con data do 28 de marzo, desde a secretaría da Comisión da Transparencia envióuselle un escrito á interesada no que se lle solicitaba que aclarase que procedemento quería iniciar dado que, por unha parte, referíase ao disposto na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro; por outra, manifestaba que xa obtivera as copias obxecto da reclamación e, finalmente, aludía ao incumprimento das obrigas de publicidade por parte do Concello de Oleiros. A recepción da solicitude pola interesada foi o 4 de abril de 2017. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro.- Recurso e competencia para resolvelo. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo.- Procedemento. O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública. A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Terceiro.- Análise do expediente A persoa que promove a intervención da Comisión da Transparencia solicitaba a intervención da Valedora do Pobo a fin de investigar os incumprimentos nos que ten incorrido o Concello de Oleiros no desenvolvemento das súas obrigas de “publicidad de la información pública”. Requiriuse á interesada que aclarase a que procedemento se refería a súa reclamación, xa que sinalaba que xa obtivera as copias solicitadas ao poñerse de manifesto o expediente íntegro por mor da interposición dun recurso contencioso-administrativo, e aludía, na parte final do seu escrito, ás obrigas de publicidade. Se lle comunicou que a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública á que se refire o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno é competencia da Comisión da Transparencia. Porén, o control do cumprimento das obrigas de publicidade activa por parte das entidades municipais queda fóra do ámbito normativo desta lei. Este requirimento non foi respondido pola interesada polo que cómpre arquivar esta reclamación por desistimento. ACORDO En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Arquivar a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data do 15 de marzo de 2017, contra a resolución do Concello de Oleiros de data do 10 de febreiro de 2017, por desistimento da interesada. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 30 de xuño de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga