Archivada 01/06/2017 · 114 días en resolverse

Acceso a la relación de beneficiarios e importes de las ayudas a la Rehabilitación en la ARI de Vilalba

El ciudadano solicitó al Concello de Vilalba la relación de beneficiarios e importes de las ayudas de rehabilitación en la ARI de Vilalba. Tras una denegación inicial basada en la protección de datos, el Ayuntamiento puso la información a disposición del interesado en su portal web. La Comisión da Transparencia de Galicia decide archivar la reclamación por haber obtenido la información.

Puntos clave de la argumentación

1 El Ayuntamiento denegó inicialmente el acceso alegando que, según el artículo 15.1 de la Ley 19/2013, se requería el consentimiento expreso y por escrito de los afectados.
2 La administración municipal posteriormente notificó al interesado que la información solicitada estaba disponible en el portal de transparencia del Concello de Vilalba.
3 La Comisión da Transparencia determina que, al haber accedido el solicitante a la información el 12 de abril de 2017, la reclamación carece ya de objeto.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 7 de febreiro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no Rexistro Xeral do Valedor do Pobo o día 7 de febreiro, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Vilalba. O interesado indicaba, literalmente: “en maio do ano 2016 solicitei ao Instituto Galego de Vivenda e Solo información sobre a concesión de axudas de rehabilitación na ARI de Vilalba que debería conter: beneficiario/a, inmoble, actuación e importe de axuda concedida. O IGVS contestoume que para iso era competente o Concello de Vilalba xa que segundo os convenios de colaboración asinados coa administración central este era considerado competente para a xestión e a concesión de axudas. Recibo un escrito do concello no que me din que me poña en contacto con eles para logo denegarmo. Posteriormente, en setembro de 2016 volvo a solicitar a información xa con menos datos, só nome de beneficiario e importe, tamén mo denegan por escrito. A Lei de subvencións de Galicia obriga á publicación das axudas concedidas en boletíns oficiais e na web do organismo así como a Lei da transparencia. Logo de máis de once convenios en concesión de millóns de euros en axudas públicas en Vilalba non se coñecen os nomes dos beneficiarios nin os importes concedidos”. O escrito viña acompañado de copia da resolución do 30 de xuño de 2016, do director xeral do IGVS pola que se acorda trasladar ao Concello de Vilalba a solicitude de acceso á información pública de Nome apelido1 apelido2; copia da copia da resolución do 27 de outubro de 2016, tamén do director xeral do IGVS pola que se acorda trasladar ao Concello de Vilalba a solicitude de acceso á información pública de Nome apelido1 apelido2, cun contido substancialmente coincidente coa anterior; e copia da resolución de 19 de xaneiro de 2017, do alcalde de Vilalba, denegando o acceso á información solicitada. Nesta resolución dáse resposta á solicitude presentada o 20 de outubro de 2016 no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para o acceso á información pública referida a relación de beneficiarios/as da axudas á Rehabilitación na ARI de Vilalba, desde o inicio dos Plans de Rehabilitación. A resolución da Alcaldía indicaba que, consultados os servizos xurídicos do Concello de Vilalba e segundo o artigo 15.1 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia e acceso á información pública, o acceso unicamente poderíase autorizar no caso de que se contase co consentimento expreso e por escrito dos afectados/as, a menos que ditos afectados/as houbesen feito manifestamente públicos os datos con anterioridade a que se solicitara o acceso, non sendo este o caso. Segundo. Con data do 10 de marzo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Alcalde-presidente do Concello de Vilalba para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de marzo de 2017. Terceiro. Con data do 28 de marzo de 2017 se recibiu un oficio do Alcalde de Vilalba, dirixido á Comisión da Transparencia no que sinala que visto “o escrito de data 15/03/2017 con número de rexistro de entrada 1568, no que presenta un recurso potestativo para a obtención de información pública, sobre os beneficiarios e as cuantías recibidas das axudas de subvencións para actuacións na área de rexeneración e renovación urbanas do casco histórico de Vilalba e zona ampliada, dos convenios comprendidos dende o ano 2001 ata 2017. Infórmaselle de que a documentación solicitada estará exposta no portal de transparencia en axudas e subvencións do Concello de Vilalba, para que así poda ser estudada pola Comisión de Transparencia de Galicia”. Cuarto. Na data do 30 de marzo, desde a secretaría da Comisión da Transparencia achégase ao Alcalde-presidente do Concello de Vilalba un oficio no que se lle recorda que, ao abeiro do artigo 24.3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, debe achegar informe sobre a solicitude de acceso á información e copia completa e ordenada do expediente para o seu estudo por parte da Comisión da Transparencia de Galicia. A recepción da solicitude pola administración municipal foi o 3 de abril de 2017. Quinto. O 28 de abril de 2017, recíbese no Rexistro Xeral do Valedor do Pobo un oficio do Alcalde que contén o informe sobre a solicitude e copia do escrito achegado ao interesado na data do 12 de abril de 2017. O informe, en resumo, indicou que, en referencia a documentación solicitada pola Comisión da Transparencia sobre o expediente, a información sobre as axudas de subvencións para actuacións na área de rexeneración e renovación urbanas do Casco Histórico de Vilalba e zona ampliada de Vilalba, é accesible no portal do Concello conforme o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Indícase tamén que o solicitante foi notificado con data 12/04/17 e rexistro de saída 1368, de que está a súa disposición no portal electrónico do Concello de Vilalba, na seguinte dirección www.vilalba.org, a información requirida no seu día. O informe achega copia da notificación realizada e o acuse de recibo correspondente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que , contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas, por tanto as competencias nas materias que corresponden á Administración Xeral do Estado son sempre competencia do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4. Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente 1.-A primeira solicitude de acceso á información pública foi remitida ao IGVS en maio de 2016. Desde a Área Provincial do IGVS en Lugo, requiriuse ao solicitante que identificase de forma suficiente a información solicitada, de conformidade ao disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. O 23 de xuño de 2016 tivo entrada no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo o escrito de Nome apelido1 apelido2 no que manifesta que a información solicitada refírese a todos os expedientes de axudas para a rehabilitación na ARI e zona ampliada de Vilalba, tramitados pola Oficina de Rehabilitación Municipal, e os datos solicitados son os seguintes: nome dos/as solicitantes e identificación do inmoble; actuacións certificadas; importes xustificados; importes de axudas concedidas. De conformidade co establecido na cláusula 42 do Acordo da Comisión bilateral relativo á ARI do Casco antigo e zona ampliada de Vilalba (Lugo), celebrado o 27 de outubro de 2015, en execución da cláusula 11ª do Convenio de Colaboración subscrito entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 (Plan 2013-2016), corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia adoptar as medidas necesarias, tanto de carácter normativo coma no ámbito da xestión que procedan, actuando como ente xestor da actuación o Concello de Vilalba, a quen lle corresponderá publicar unha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva no prazo de dous meses desde a sinatura do acordo para a concesión das subvencións previstas neste ámbito. O director xeral do IGVS, tendo en conta que a información obxecto da solicitude, aínda obrando en poder do suxeito ao que se dirixe, foi elaborada ou xerada na súa integridade ou parte principal por outro, entendeu aplicable o artigo 19.4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, segundo a cal remitiráselle a solicitude a este para que decida sobre o acceso. 2.- Remitida a solicitude ao Concello de Vilalba, denégase o acceso á información invocando a normativa sobre protección de datos persoais e, xa que logo, entendendo preciso o consentimento dos beneficiarios. Quinto.-Tras a interposición do recurso substitutivo perante a Comisión da Transparencia, a Alcaldía comunicou ao interesado, que a información solicitada estaba ao seu dispor, conforme ao establecido na Lei 1/2016 del 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no seguinte enderezo electrónico www.vilalba.org, e especificando os pasos necesarios para chegar a acceder á información das subcarpetas nas que se atopan, en formato PDF, as axudas das anualidades 2013,2014,2015, e as da anualidade de 2016. En conclusión, o Concello de Vilalba concedeu finalmente ao reclamante o acceso á información pública solicitada. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Arquivar a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data do 7 de febreiro de 2017, por xa dispoñer da información dende o 12 de abril de 2017. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga