Se solicitó al Concello da Laracha la entrega de un convenio UTE entre Portos de Galicia, el Ayuntamiento, una constructora y la Confraría de pescadores. El Ayuntamiento no respondió expresamente. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque la información solicitada no existe, es inexistente o ya fue facilitada por otras administraciones.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada no existe en el poder del Ayuntamiento ya que las obras son competencia de Portos de Galicia y fueron ejecutadas por una empresa privada en terrenos de la Confraría de Pescadores.
2
Se determina que no existe tal documento denominado 'convenio UTE', dado que las UTE son acuerdos entre empresas privadas y los convenios son acuerdos públicos, siendo jurídicamente incompatible la denominación solicitada.
3
La Comisión considera que no hay una denegación efectiva de información pública puesto que el solicitante ya dispone de toda la documentación existente sobre las obras.
4
La solicitud carece de fundamento al requerir un documento inexistente y cuya custodia no correspondería al Ayuntamiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional 5ª da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, representada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 6 de febreiro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 6 de febreiro de 2017, unha reclamación en representación de xxxxxxxxxxxxxxx ao amparo do disposto na disposición adicional 5º da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello da Laracha.
O interesado indicaba que tras reiteradas solicitudes de información sobre unhas obras do Peirao de Caión que se realizaron nun solar urbano próximo non se obtivo resposta do Alcalde. Tamén indicaba que este expediente está relacionado coa súa petición a Portos de Galicia no expediente RSCTG 26/2016. A petición concreta é o convenio ute realizado entre Portos de Galicia, o Concello da Laracha, Construcciones López Cao e a Confraría de pescadores de Caión.
O escrito viña acompañado dos seguintes documentos:
Solicitude de 29 de xuño de 2016 do BNG presentada ante o Concello da Laracha para a súa contestación escrita dunha pregunta de porque “Nos terreos do antigo campo de fútbol de Caión, propiedade da Confraría, hai unha zona valada na que se están a acumular materiais de gran tamaño e peso (que poderían conter substancias potencialmente tóxicas), sen que exista en ningún lugar letreiro que indique os datos da licenza municipal.” Demandando resposta a se solicitou licenza para o valado da zona, se foi concedida e cal é o número da mesma.
Resposta do Alcalde da Laracha de 6 de xullo de 2016 con numero de rexistro de saída 1902, que di que existe unhas obras de urxencia no Peirao para garantir a seguridade tras uns danos provocados polos temporais do inverno, explica en que consisten as obras, detalla as actuacións da confraría de Pescadores, recolle o convenio de colaboración subscrito o 18 de setembro de 2013 entre o Concello da Laracha e Portos de Galicia. En concreto di que “A Confraría de Pescadores de Caión permitiu á empresa construtora ocupar parte dos terreos da súa propiedade no Campo da Ínsua para a fabricación dos citados bloques de formigón, o que lles permite dispoñer dun espazo para levar a cabo ditas actuacións sen entorpecer a actividade que se desenvolve no porto durante o verán. Esta opción foi considerada por todas as partes (Concello da Laracha, Portos de Galicia, Confraría de Pescadores e empresa construtora) como a máis beneficiosa para os veciños en xeral, os profesionais do sector pesqueiro, os usuarios das instalacións portuarias e o sector turístico”.
Solicitude de acceso á información de xxxxxxxxxxxxxxx ao Concello de 28 de decembro de 2016 na que lle require a entrega do convenio da UTE entre Portos de Galicia, Concello de Laracha, Confraría de Caión e Construcciones López Cao, xunto ao informe dos relatados feitos (construir bloques de 450 e 20 toneladas no terreo privado da Confraría de Caión Campo da Ínsua, ARC1 Caión Laracha).
Igualmente se presenta un documento que na primeira páxina ten os logos da Consellería do Mar denominado “anexo II. Confraría de Pescadores de Caión” e que recolle as contas anuais coa copia do Balance, conta de perdas e ganancias, Estado de cambios no patrimonio neto e memoria da Confraría de Pescadores de Caión.
Segundo. Con data de 10 de febreiro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Laracha para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de febreiro.
Terceiro. Con data de 6 de marzo se recibiu o informe do Concello.
O informe, en resumo, indicou que non lle contestaron dado que a solicitude xa achegaba o escrito de contestación dado ao Grupo Municipal do BNG polo Concello da Laracha. E tal como se deduce dese escrito non existe a información solicitada “xa que a construción e o depósito dos bloques de formigón no campo da Ínsua, terreo propiedade da Confraría de Pescadores, era parte da execución das obras, que por razóns de seguridade, Portos de Galicia, desenvolveu no porto de Caión tralos danos provocados polos temporais no pasado inverno, e que entran dentro do Convenio asinado por Portos e o Concello da Laracha, do cal o solicitante tamén ten constancia, xa que era opción máis beneficiosa para os veciños, os profesionais do sector pesqueiro, os usuarios das instalacións e o sector turístico.”
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro.- Recurso e competencia para resolvelo.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo.- Procedemento.
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública.
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto.- Análise do expediente
Como queda dito a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública. As características para o exercicio do dereito de acceso á información son:
-Existir uns contidos ou documentos, non importa en que formato ou soporte, isto é, poden estar en papel ou ser electrónicos, de contido textual, gráficos, sonoros ou audiovisuais.
- Elaborados ou adquiridos por un órgano que sexa suxeito incluído no ámbito de aplicación da lei.
- Elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións propias e que deban ser custodiados, ou o que é o mesmo que obren no poder do suxeito a quen se lle solicitan.
No caso que nos ocupa, hai que estudar a solicitude e o suxeito ao que se lle reclama a información pública.
Solicitude
A información que se solicita é un convenio ute realizado entre Portos de Galicia, o Concello da Laracha, Construcciones López Cao e a Confraría de pescadores. Esta petición está relacionada cunhas obras de emerxencia realizadas na zona de dominio público de Portos de Galicia no Porto de Caión. Esta información xa foi obxecto de resolución pola comisión no expediente RSCTG 23/2016 no que o solicitante se dirixiu a Portos de Galicia. Daquela a solicitude foi inadmitida, porque a reclamación presentada perante a comisión era anterior ao transcurso do prazo de que dispoñía o ente público para resolver. O Ente Público de Portos de Galicia resolveu en tempo e forma, dándolle acceso non ao solicitado, que non existía, se non a os datos finalmente exixtentes sobre o Porto de Caión e as obras realizadas por Construcciones López Cao.
Nese expediente xa quedou de manifesto que a información solicitada polo reclamante non existía.
Suxeito ao que se lle reclama a información
No caso que nos ocupa o interesado entende que a información ten que existir e, xa que non é unha información baixo custodia de Portos de Galicia, a reclama ao Concello de Laracha.
O Concello de Laracha se ben non contesta ao agora recorrente, non dispón de mais información que a xa coñecida polo reclamante desde o inicio da solicitude, isto é, que se trata dunhas obras de emerxencia no porto de Caión das que o reclamante xa dispón de toda a documentación ou contido existente nas institucións públicas.
As obras, se ben é certo que teñen lugar no Concello da Laracha, son competencia de Portos de Galicia, realizadas por unha empresa privada e utilizando para o seu desenvolvemento os terreos titularidade da Confraría de Pescadores. As administracións xa lle facilitaron toda a información existente. No caso que nos ocupa non estamos ante unha denegación de información pública, pois a información pública solicitada en relación ao iter das obras xa está en posesión do reclamante.
Como xa ten manifestado esta Comisión da Transparencia o artigo 28 e a disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, solo lle permiten ser un órgano independente de control das resolucións expresas ou presuntas en materia de acceso á información, con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contenciosa administrativa.
O artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro desenvolve distintos principios, aínda que complementarios, para a plena efectividade da citada norma. O principio de transparencia polo que toda a información pública é accesible e relevante tendo toda persoa acceso libre e gratuíto a ela, nos termos establecidos legalmente e o principio de participación cidadá, polo que se considera como obxectivo final dos mecanismos descritos na lei a provisión á cidadanía da información necesaria para exercer o seu dereito fundamental á participación nos asuntos públicos. A cidadanía en xeral, e a plataforma reclamante en particular, ao contrario da Comisión, si que poden exercitar directamente o dereito a participar nos asuntos públicos valorando as actuacións das que son informados se entenden que as resolucións recibidas recollen actuacións que o merezan.
Finalmente cómpre recordar que a petición que realizou a plataforma nesta reclamación ante o concello é a da un Convenio UTE e que a solicitude é unha petición manifestamente carente de fundamento. As siglas UTE significan Unión Temporal de Empresas para a realización dunha obra concreta na que as Empresas privadas acordan presentarse a un contrato como se fosen unha soa mercantil, os Convenios son uns acordos con efectos xurídicos adoptados polos integrantes do sector público entre si ou con suxeitos de dereito privado para un fin común. Non pode existir un convenio UTE, e en ningún caso corresponde ao Concello custodiar os contidos en relación ás actuacións que corresponden as funcións propias doutros suxeitos obrigado.
Quinto.-
En conclusión de acordo co artigo 116 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a petición realizada debeu inadmitirse polo Concello da Laracha por tratarse dunha solicitude de información na que se produce a falta de obxecto.
ACORDO
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 en representación da Plataforma xxxxxxxxxxxxxxx con data 6 de febreiro de 2017, contra a denegación por silencio do Concello da Laracha.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 30 de xuño de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga