El ciudadano solicitó a la Axencia Galega de Infraestruturas el expediente de autorización de un muro de hormigón en Ourense. No se presentaron alegaciones adicionales. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación ya que la administración proporcionó la documentación disponible en plazo y la solicitud fue presentada prematuramente ante el órgano de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se presentó ante la Comisión antes de que transcurriera el plazo legal de un mes para que la administración resolviera la solicitud original.
2
La administración proporcionó toda la documentación existente sobre la construcción del muro, cumpliendo con los términos de la solicitud.
3
La documentación restante relativa al proyecto de la estación de ferrocarril se encuentra en poder de un organismo estatal, quedando fuera del ámbito de la información solicitada a la administración autonómica.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 2 de febreiro, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 2 de febreiro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Dirección Provincial de Carreteras de Ourense (sic), dependente da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
O interesado indicaba que “Se pide copia do expediente de autorización do levantamento dun muro de hormigón na parcela 389 do polígono 28 dentro do plan xeral de ordenación municipal do concello de Vilar de Barrio, en Ourense. Unha documentación que urxe para presentar unhas alegacións a un proceso de instrucción administrativa sancionadora”.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o día 30 de xaneiro de 2017, dirixido á Dirección Provincial de la Axencia Galega de Carreteras, Servicio Provincial de AXI, na rúa Saénz Díez, 1 en Ourense. Nesta solicitude acceso á información, o interesado solicitaba, literalmente:
1.- Una copia de la documentación relacionada con la construcción de un MURO de piedra y de hormigón en la Ou-113 en el punto quilométrico 38+185 Margen Derecho de la vía que transcurre entre las localidades de Vilar de Barrio y Verín, en Ourense.
2.- La documentación que se pide se basa en la autorización por parte de las autoridades de obras públicas en su levantamiento o en su construcción. Documentación completa desde el plano del proyecto, autorización del órgano de carreteras, (posible), mediciones a la posible área de dominio público, licencia de construcción, etc.
3.- Se adjuntan fotografías para situar los hechos en el terreno. En las mismas se aprecia la longitud del muro que tiene más de un metro de altura y tiene más de 150 metros de longitud, aproximadamente. El muro se encuentra en la parcela 389 del polígono 23 del plan xeral de ordenación municipal del ayuntamiento de Vilar de Barrio (Ourense).
Segundo. Con data do 9 de febreiro déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de febreiro de 2017.
Terceiro. Con data do 10 de marzo de 2017 se recibiu o informe desde a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, asinado polo director xeral da AXI, e o expediente elaborado.
O informe, en resumo, indicou que, en relación co recurso potestativo para a obtención de información pública presentado por Nome apelido1 apelido2, no que solicita copia do expediente de autorización do levantamento dun muro de formigón na parcela 389 do polígono 28, dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilar de Barrio en Ourense, se informa o seguinte:
-O 01/02/2017 tivo entrada no Rexistro Xeral de Infraestruturas e Vivenda de Ourense (n° 163), unha solicitude de acceso á información pública presentada por Nome apelido1 apelido2 ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e do artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Na dita solicitude (n° AIP 003-2017) o interesado pide unha copia da documentación relacionada coa construción dun muro de pedra e de formigón na OU-113, no punto quilométrico 38+185, na marxe dereita da vía que transcorre entre as localidades de Vilar de Barrio e Verín, en Ourense.
-O 21/02/2017, a Axencia Galega de Infraestruturas, en resposta á dita solicitude, emite unha resolución na que concede o acceso á información dispoñible. A resolución, xunto coas copias da información proporcionada, remíteselle ao interesado o 22/02/2017 (n° rexistro de saída 279985).
En consecuencia, a Consellería considera que a información obxecto do recurso potestativo interposto por Nome apelido1 apelido2 ante a Comisión de Transparencia de Galicia (n° RSCTG 009/2017) xa lle foi proporcionada pola Axencia Galega de Infraestruturas na súa resolución do 21/02/2017.
Xúntase copia da devandita resolución e da documentación que se lle remitiu ao interesado
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que , contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas, por tanto as competencias nas materias que corresponden á Administración Xeral do Estado son sempre competencia do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
1.- A interposición do recurso substitutivo perante a Comisión da Transparencia de Galicia presentouse no Rexistro Xeral da Escola Galega de Administración Pública ao día seguinte do rexistro da solicitude de acceso á información perante a Axencia Galega de Infraestruturas. Xa que logo, non transcorrera o prazo dun mes previsto no artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro para notificar a resolución pola que se conceda ou denegue o acceso.
2.- O recurso substitutivo presenta defectos formais xa que non identifica adecuadamente o servizo ou unidade administrativa á que se dirixe ou o órgano competente para resolver. Refírese na solicitude á Dirección Provincial de la Axencia Galega de Carreteras, Servicio Provincial de AXI, órgano que non existe con esa denominación. No recurso substitutivo, o órgano sinalado é a Dirección Provincial de Carreteras de Ourense (sic), dependente da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
3.- O informe achegado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, asinado polo director xeral da AXI, e as copias que engade, dan resposta aos exactos termos da solicitude de acceso á información, xa que a documentación que se pide basease “na autorización por parte das autoridades de obras públicas no seu levantamento o na súa construción. Documentación completa dende o plano do proxecto, autorización do órgano de estradas, medicións á posible área de dominio público, licenza de construción etc.”.
Coa transferencia da estrada OR-110 de Laxe a Vilar de Barrio, antiga denominación, transferiuse así mesmo a documentación do arquivo. No cartapacio 1139, 4, correspondente á estrada de Laza á de Ponferrada a Ourense, sección Laza a Vilar de Barrio, tramo 3°, atópanse dous oficios, de data 31 de agosto e 18 de setembro de 1940 respectivamente, dos que se deduce o seguinte:
Tanto os terreos nos que se fixeron a estrada como o muro eran de dominio público de obras públicas de estradas e de construcións de ferrocarrís. No primeiro dos oficios citados o enxeñeiro xefe da Xefatura de Obras de Ourense diríxese ao xefe de estudos e construcións de ferrocarrís para indicarlle que sería conveniente que se delimitara a distancia mínima a que pode construírse a estrada Laza a Vilar de Barrio, tramo 3°, en relación ao eixe da estación de ferrocarril de Zamora a Coruña.
A xefatura de Estudos e Construcións de Ferrocarrís sinala na súa resposta que o proxecto da construción da estación de ferrocarril aínda estaba pendente de aprobación superior. Engade que en todo caso non hai inconveniente na ocupación pola estrada dunha pequena faixa do terreo adquirido para as obras e situado ao límite da zona expropiada para construír a estrada.
Estes dous oficios dos que se achega copia é a única documentación dispoñible sobre a construción do muro pola xefatura de Estudos e Construcións de Ferrocarrís no seu propio terreo.
Dado que a estación proxectada correspondía á liña de ferrocarril Zamora -Coruña, entre dúas Comunidades Autónomas a documentación referente debe de atoparse no organismo estatal competente na materia.
Quinto.-A Axencia Galega de Infraestruturas remitiu ao interesado na data do 22 de febreiro, dentro do prazo legal para resolver, copia dos oficios datados en 1940 que obran no seu poder e que dan razón da construción do muro pola xefatura de Estudos e Construcións de Ferrocarrís no seu propio terreo. En ambos os dous oficios xustifícase a autorización para a devandita construción, o órgano autorizante, a afectación do dominio público de obras públicas de estradas e de construcións de ferrocarrís e as demais circunstancias pertinentes.
En conclusión, a reclamación ante a comisión foi presentada antes de que transcorrera o prazo para resolver a consellería. En todo caso, toda a documentación existente sobre a construción do muro foi xa facilitada pola AXI. O resto da documentación, que non se referiría á construción do muro senón ao proxecto de construción da estación de ferrocarril, obra en poder do organismo estatal correspondente, e queda fóra da información pública solicitada.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data do 2 de febreiro de 2017, tendo en conta que a día de hoxe procedería o arquivo por teren recibido xa, en prazo, a documentación solicitada á Axencia Galega de Infraestruturas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga