La interesada solicitó al Concello de Malpica copia de las actuaciones sobre una denuncia de ruido e incendios por un aserradero, así como los nombres del técnico y concejal responsables. Ante la falta de respuesta, recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima parcialmente la reclamación al considerar que dicha información es pública y debe ser facilitada.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de copia de las actuaciones administrativas y la identificación de los cargos públicos responsables encaja en la definición de información pública al ser documentos elaborados en ejercicio de sus funciones.
2
La Comisión advierte que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
3
Se distingue entre la solicitud de información pública y las denuncias vecinales sobre urbanismo e incendios, determinando que estas últimas deben canalizarse mediante una queja separada al Valedor do Pobo por falta de competencia de la Comisión en dicha materia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 24 de xaneiro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 25/01/2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Malpica.
A interesada indicaba que se dirixira ao Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e que este órgano o 5 de decembre de 2016 lle comunicou unha resolución na que consta que a súa reclamación debía dirixirse ao Valedor do Pobo.
O escrito viña acompañado da solicitude feita ao Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e a Resolución do citado órgano e de dúas solicitudes dirixidas ao Concello de Malpica nas que expoñía que a solicitante era unha muller de avanzada idade e saúde precaria que ten a súa vivenda desde o ano 1963 no Concello de Malpica de Bergantiños. Que recentemente instalaron un serradoiro na finca colídante que da lugar a un ruído insoportable e á isto hai que engadirlle o medo da reclamante a que se produza un incendio, por este motivo tense dirixido de varios xeitos ao concello, sen que desde o concello se contestasen os escritos.
A información que demanda nos escritos consiste en:
Que o Concello requira aos propietarios da finca para que procedan a retirar á maior brevidade os troncos de madeira almacenados da mesma por incumprirse a legalidade en materia de protección do entorno do núcleo rural, polo perigo de incendio e por non axustarse á ordenación urbanística.
Coñecendo, por información telefónica dada desde o concello que a actividade de acumular e serra de madeira na finca colídante carece de permisos, e constatando que na finca veciña se traballa ata ben tarde, incluso sábados e domingos descargando madeira e realizándose a actividade de serra de leña. Carecendo dos permisos pertinentes e de medidas de seguridade se solicita que se expida copia completa das actuacións levadas a cabo polo concello, o nome e apelidos do técnico que realizou as actuacións, o nome do concelleiro que ten a competencia nas materias relacionadas cos feitos.
Segundo. Con data 2 de febreiro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 6 de febreiro de 2017. Non houbo resposta por parte do Concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
Para exercer o principio de transparencia administrativa esta Comisión ten insistido ás administracións públicas na necesidade de dar resposta e notificar á mesma aos solicitantes de información pública, tal como o establece a normativa de procedemento administrativo común. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, no seu artigo 20.6 establece que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo terá a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora, polo que esta comisión faille a advertencia á administración, de que debe actuar conforme a dereito.
En canto ao expediente en si hai que indicar que existen dous asuntos, por unha parte as denuncias veciñais ante unha posible situación de incumprimento por parte dun particular da normativa local no que se refire tanto as licenzas e permisos para desenvolvemento de actividade, como o risco de incendio que esa actividade comporta; e o posible incumprimento da ordenación urbanística. Por outra parte unha petición de información pública que consiste en que se indique os datos dos empregados públicos e do concelleiro responsable destes asuntos e copia completa das actuacións levadas a cabo polo concello tras a denuncia.
En relación ás diversas denuncias esta Comisión da Transparencia non é competente para actuar. Existen separación de funcións entre a actividade do Valedor do Pobo e esta Comisión a raíz do contido do artigo 34 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, lle indica á reclamante que se fai necesario que pola persoa interesada se dirixa unha queixa ao Valedor do Pobo separada desta solicitude.
En relación á solicitude de datos relativos á copia completa das actuacións levadas a cabo polo concello, o nome e apelidos do técnico que realizou as actuacións, o nome do concelleiro que ten a competencia nas materias relacionadas cos feitos se trata de contidos e documentos que entran directamente na definición de información pública como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”, e polo tanto deben ser achegados a persoa reclamante.
Quinto.-
En conclusión procede resolver estimando parcialmente a reclamación no que fai a achega por parte da administración da copia completa das actuacións levadas a cabo polo concello, o nome e apelidos do técnico que realizou as actuacións, o nome do concelleiro que ten a competencia nas materias relacionadas cos feitos.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data 24 de xaneiro de 2017, contra a denegación por silencio do Concello de Malpica de acordo co disposto no fundamento xurídico quinto.
Segundo: Instar ao Concello de Malpica, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar ao Concello de Malpica, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga