El ciudadano solicitó a la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza la justificación de idoneidad y proporcionalidad de las cámaras de videovigilancia en el Pazo de Raxoi. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decide inadmitir la reclamación por no solicitar información pública, sino una valoración jurídica.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud consiste en una valoración jurídica sobre la adecuación de una decisión administrativa a principios generales del ordenamiento, lo cual no encaja en la definición de información pública.
2
La información pública se define como contenidos o documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de las funciones administrativas, no incluyendo consultas de aclaración o valoraciones jurídicas.
3
Al no estar amparada la solicitud en la legislación de transparencia, la Comisión da Transparencia carece de competencia para entrar en el fondo del asunto.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito datado o 23 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 23 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O interesado indicou que o 29 de decembro de 2016 formulara unha solicitude de información pública á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para que lle achegara resposta relativa á:
“ Xustificación dos principios de idoneidade e proporcionalidade en relación coas cámaras de videovixilancia instaladas na sede ubicada no pazo de Raxoi”.
A reclamación viña acompañada do escrito dirixido á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en data 29 de decembro de 2016.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro.- Recurso e competencia para resolvelo.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo.- Procedemento.
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública.
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto.- Análise do expediente
O interesado realiza unha consulta en relación á administración autonómica acerca do cumprimento dos principios de idoneidade e proporcionalidade en relación a unhas cámaras de vídeo vixilancia. Esta consulta, polo seu propio contido, non entra dentro do concepto de información pública definido na lei 1/2016, do 18 de xaneiro como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
En efecto, o interesado está a solicitar unha valoración xurídica sobre a adecuación dunha decisión administrativa aos principios xerais do ordenamento xurídico. Esa valoración é unha consulta de aclaración que pode entenderse como información de carácter puramente administrativo o de funcionamento, non estando dentro da definición legal do que debe considerarse como información pública. Isto non significa que a consulta non teña que ser respondida, senón que a Comisión da Transparencia non é competente para entra no fondo do asunto, ao non estar amparada a solicitude na lexislación de transparencia non sendo pois susceptible de utilizar os medios de impugnación previstos en dita normativa.
Quinto.-
Procede inadmitir directamente a reclamación xa que o solicitado pola persoa interesada non se enmarca dentro do concepto de información pública definido polo artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data 23 de xuño de 2017 contra a denegación por silencio da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por non ser considerado información pública o solicitado pola persoa interesada, de conformidade coa normativa reguladora en materia de transparencia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga