Inadmitida 20/07/2017 · 114 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a información sobre clubes deportivos subvencionados y solicitud de control de publicidad activa

El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia que instara a un club deportivo a publicar información de transparencia activa. La administración inadmitió la solicitud alegando falta de competencia y que la información debía pedirse al club. La Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación por ser una función propia del Comisionado y no un derecho de acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud no constituye un ejercicio del derecho de acceso a documentos en poder de la administración, sino una petición para que esta inste a un tercero a cumplir obligaciones de publicidad activa.
2 La función de requerir la enmienda de incumplimientos en materia de publicidad activa corresponde específicamente al Comisionado de Transparencia según el art. 32.2 e) de la Ley 1/2016.
3 La administración no puede ser obligada a solicitar información a una entidad privada si no dispone de competencias de control y tutela sobre la misma más allá de la gestión de subvenciones.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 28 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 28 de marzo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O interesado indicaba que a Secretaría Xeral para o Deporte inadmitíu a trámite unha solicitude de información pública sobre os clubs deportivos subvencionados pola administración e sometidos á lei 1/2016, do 18 de xaneiro, relatia aos epígrafes c)d)e) e f) da Ley 19/2013, do 9 de decembro e o importe da cota anual de socio e a forma de pago da mesma. O reclamante indicaba tamén que a resposta está a vulnerar o contido dos artigos 3, 4.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e a lei do deporte 3/2012. O escrito viña acompañado da resolución 1/2017 da Secretaría Xeral para o Deporte que ten rexistro de saída de 27 de febreiro de 2017. Esta resolución non recolle claramente o solicitado polo interesado e resolve a petición mediante unha indadmisión en base aos seguintes aspectos: A solicitude afecta a unha entidade privada, o artigo 45 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia así as configura. Non dispoñendo a administración de competencias de control e tutela dos mesmos, máis aló dos supostos específicos, entre os que está o outorgamento de subvencións e actuacións de fomento do deporte. Carecendo o órgano a quen se lle solicita de tal información. Os clubs deportivos non están obrigados a presentar ante a Secretaría Xeral para o Deporte a información á que se pretende acceder. Estando a entidade obrigada a dar cumprimento ás obrigas de publicidade activa esixidas na lexislación de transparencia. Entende a administración que de cumprir o club as condicións do artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, o interesado debería solicitar a información á propia entidade. Non corresponde aplicar o artigo 4 da Lei 1/2016, de transparencia e bo goberno pois se refire a persoas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, que non é o caso. Segundo. Con data de 11 de abril déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Secretaría Xeral para o Deporte para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril. Terceiro. Con data 19 de abril de 2017 se recibiu o informe da Secretaria Xeral para o Deporte e o expediente elaborado. O informe, en resumo, indicou que o solicitante se dirixe por primeira vez á secretaría o 31 de xaneiro de 2017, sen identificar debidamente a información, polo que se lle requiriu para que o fixer o 14 de febreiro de 2017. Identificada xa a información o 17 de febreiro se resolve inadmitir con notificación electrónica de 27 de febreiro. O 1 de marzo de 2017, o solicitante, usando novamente o PR100A fai alegacións á inadmisión, e a Secretaría Xeral para o Deporte lle informa o 15 de marzo que existindo resolución expresa poderá interpoñer unha reclamación perante o Valedor do Pobo. Do expediente destacamos, que a solicitude do interesado indica que a motivación se centra en que quere facerse socio do club pero que previamente quere saber “como están a xestionar os importantes ingresos públicos que reciben e que cumpran as leis de transparencia as que están sometidos. No caso de que a entidade se negue a facilitarlle esta información á Xunta, solicitamos que se aplique o previsto no artigo 4 da lei 1/2016 de transparencia de Galicia para estes casos. En calquera caso, gustaríame manter a confidencialidade dos meus datos persoais”. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Á vista do expediente compre centrarse en dous aspectos que son se o solicitado entra ou non dentro do concepto legal de información pública definido pola normativa en materia de transparencia, e como debe actuar aquel a quen se lle solicita a información. A solicitude versa sobre datos sobre a entidade deportiva CD Xuvenil Teis. En concreto solicita “ información a que fan referencia os artigos 6 e 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Esta información debería estar visible e actualizada na Web da Entidade () ou no portal de transparencia da Xunta para entidades privadas (http:// Transparencia.xunta.gal/ outras-organizacións/Entidades –privadas) pero actualmente non hai nada polo que solicitamos que se aplique o previsto no artigo 4 da Lei 1/2016 de transparencia de Galicia e sexa a secretaría xeral para o deporte quen lla solicite ao dito club que a publique” O que está a demandar o reclamante é, por tanto, que a Secretaría Xeral para o Deporte inste ao CD Xuvenil Teis a publicar na web do club ou no Portal da Transparencia da Xunta o contido dos artigos 6 e 8 da lei 19/2013, de 9 de xullo. Estes artigos fan referencia á publicidade activa en materia de información institucional, organizativa, de planificación e á información económica, orzamentaria e estatística. A petición do interesado reclamante non se corresponde coa peticións dos contidos ou documentos do artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, se non que se require que a administración pida a unha asociación sen ánimo de lucro para que publique eses contidos e poidan ser consultados. Por tanto, se trata de que o solicitante requiriulle á administración para que realizara unha función que é propia do Valedor do Pobo como Comisionado da Transparencia en virtude do disposto no artigo 32.2 punto e) que é “efectuar, por iniciativa propia ou por mor de denuncia, requirimentos para a emenda dos incumprimentos que se poidan producir das obrigas establecidas en materia de publicidade activa previstas nesta lei” Xeito de actuación da administración ante unha petición de información que non obre en poder do suxeito ao que se dirixe: Se a administración consideraba que se trataba de información pública tería que proceder de acordo co disposto nos artigos 18 1.d), 18.2 e 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e ben inadmitir a solicitude indicando na resolución o órgano que, ao seu xuízo, era o competente para coñecer a solicitude, ou ven remitila directamente ao club. No caso que revisamos, a administración coñecía o suxeito que tiña a información, pero non lle remitiu o escrito ao club, se non que lle di ao interesado que llelo pida directamente ao club. Aínda que a motivación do solicitante puidera ter que ver co feito de que non se remitira a petición ao Club, para futuras peticións similares corresponde inadmitir a solicitude por non tratarse dun exercicio do dereito de acceso á información pública, e enviala ao Comisionado da Transparencia para o exercicio das funcións que lle son propias. Quinto.- A petición debe ser inadmitida por falta de competencia da Comisión da Transparencia ao tratarse dunha función propia do Comisionado da Transparencia. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Inadmitir a reclamación de Nome apelido1 apelido2 contra a resolución de 27 de febreiro de 2017 da Secretaría Xeral do Deporte, ao consistir a solicitude nunha petición de control das obrigas establecidas en materia de publicidade activa. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga