Inadmitida 20/07/2017 · 114 días en resolverse

Reclamación por acceso a información sobre asistencia a taller de empleo y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó a la Xunta de Galicia documentación acreditativa de haber sido alumna de un taller de empleo. Tras alegar la administración que no se trataba de una solicitud de acceso a la información pública sino de un expediente de queja, la Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por no tratarse de un derecho de acceso desatendido.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración sostiene que los escritos presentados forman parte de un expediente de queixa tramitado bajo la normativa de atención a la ciudadanía y no de una solicitud de acceso a la información pública.
2 La Comisión verifica que el escrito del 6 de septiembre de 2016 está vinculado a otros documentos de un procedimiento administrativo particular iniciado por la interesada.
3 Se determina que no existe una solicitud de acceso a la información pública desatendida, sino un procedimiento administrativo en curso.
4 La resolución aplica la disposición adicional primera 1 de la Ley 19/2013 para inadmitir la petición al no ser competencia de la comisión valorar los plazos de un expediente administrativo común.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 28 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 27 de marzo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Xunta de Galicia. A interesada indicaba que presentara unha solicitude á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa o 6 de setembro de 2016 pedindo documentación de que foi alumna dun taller de emprego. Este departamento o 25 de outubro de 2016 lle indicou que a petición era remitida á Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que se lle daría conta da mesma, cando dispuxeran dela. O 10 de febreiro de 2017 a interesada volve a indicarlle á Dirección Xeral de Avaliación que non se lle ten achegado a información. O escrito viña acompañado de copia dos documentos de 6 de setembro de 2016, 25 de outubro de 2016 e de 10 de febreiro de 2017. Segundo. Con data de 7 de abril de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de abril no caso da Vicepresidencia e o 12 de abril no caso da Consellería de Economía, Emprego, e Industria. Terceiro. Con data de 2 de maio de 2017 se recibiu o informe da dirección xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. O informe, en resumo, indicou que non consta ningunha solicitude de acceso á información de carácter público da interesada, e que “os escritos que se achegan forman parte dun expediente de queixa que foi tramitado por este centro directivo ao amparo do procedemento establecido no derrogado Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención á cidadanía (actual Decreto 129/2016, do 25 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia)”. Entendendo por tanto que estase “ante un expediente particular iniciado a instancia da propia interesada e que está a substanciarse de conformidade coa súa normativa reguladora específica”. Cuarto. A Consellería de Economía, Emprego e Industria non responde en prazo, chegando a resposta o 17 de xullo de 2017 cando a Comisión da Transparencia xa fora convocada para a Sesión XIV de 18 de xullo de 2017. A Consellería entende que xa se lle deu resposta á interesada o 2 de xuño de 2017 e achega dous documentos para xustificar a achega. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Para o estudo deste expediente hai que partir da petición dirixida á Comisión da Transparencia o 28 de marzo que se centra nun escrito dirixido á comisión na que a persoa interesada reclama que existe unha documentación que di non ter recibido da Xunta de Galicia e que fai referencia a que “haya sido alumna de un taller de empleo”. A dirección xeral de Avaliación e Reforma administrativa indica que non existe unha solicitude de acceso á información se non que os escritos achegados forman parte dun expediente de queixa tramitado ao amparo da normativa pola que se regula a atención á cidadanía. O expediente non é remitido, ao non existir unha solicitude de acceso á información pública. Efectivamente, unha vez revisado polo miúdo o escrito de 6 de setembro de 2016, consta que se trata dun documento vinculado a outros documentos realizados entre a administración e esta persoa e que por tanto non estamos ante unha solicitude de acceso á información pública desatendida. Sen poder entrar a valorar os prazos dun expediente que non é competencia desta comisión, procede inadmitir a petición ao tratarse dun procedemento administrativo en curso segundo o establecido na disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Quinto.- Procede inadmitir a reclamación dirixida á Comisión da Transparencia o 28 de marzo pola interesada. En conclusión, a Comisión da Transparencia, coa abstención da representante da Xunta de Galicia, que participou no expediente administrativo do que trae orixe esta solicitude. ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Inadmitir a reclamación dirixida á Comisión da Transparencia o 28 de marzo de 2017 Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga