El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Xustiza de la Xunta de Galicia información sobre la legalidad de que un médico forense emita informes de psicología forense. Tras alegar desatención, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque las solicitudes iniciales eran previas a la ley de transparencia y las posteriores no respetaron los plazos de silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
Las solicitudes formuladas en 2015 son anteriores a la entrada en vigor de la normativa de transparencia en Galicia (10 de diciembre de 2015).
2
No constan solicitudes por escrito durante el año 2016 que permitan activar el derecho de acceso.
3
La reclamación presentada en 2017 fue interpuesta ante la Comisión sin esperar a que transcurriera el plazo de un mes para que se configurase el silencio administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 2 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 7 de marzo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
A interesada indicaba que desde o 27 de maio de 2015, viña solicitando á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia que se lle informara sobre se un médico forense pode legalmente emitir un informe de psicoloxía forense, ao contravir o disposto no artigo 18.5 do vixente Decreto 119/2005, do 6 de maio.
O escrito viña acompañado de copias das solicitudes de información formuladas á Dirección Xeral de Xustiza de 26 de maio de 2015 (rexistrada o día 27) e de 26 de outubro de 2015. Achegaba copia da resposta desa Dirección Xeral, de data de 6 de novembro de 2015, na que se lle indicaba que se dera traslado do seu escrito ao Instituto de Medicina Legal de Galicia, aos efectos correspondentes.
No escrito indicaba que na data do 19 de xaneiro de 2016, un representante da interesada presentouse na sé do IMELGA en Santiago, onde lle comunicaron que o nome da interesada non figuraba na base de datos do instituto.
Segundo. Con data do 29 de marzo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de abril de 2017
Terceiro. Con data do 24 de abril de 2017 se recibiu o informe do director xeral de Xustiza acompañado de copias dos escritos e contestación remitidas por ese centro directivo.
O informe, en resumo, indicou que con datas do 26 de maio de 2015 e 26 de outubro de 2015 Nome apelido1 apelido2 dirixiu escritos á Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se lle aclarasen as súas dúbidas sobre a vixencia dun artigo (concretamente, o artigo 18.5 do Decreto 119/2005 polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia), así como se un médico forense pode legalmente emitir un informe de Psicoloxía Forense.
Á vista do contido da consulta realizada, con data do 6 de novembro de 2015, a xefa do Servizo de Persoal da Dirección Xeral de Xustiza informou á cidadán (nº de rexistro de saída 14979/RX 1494988) de que se procedía a dirixir a súa solicitude á Dirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), ao ser o órgano en cuxo poder podería constar a información que a cidadá precisaba.
Con data do 2 de marzo de 2017 a interesada presentou escrito indicando que non recibira a información, dándoselle contestación pola Dirección Xeral de Xustiza o 17.03.2017 no que se lle confirmaba que a súa petición de información fora puntualmente remitida á Dirección do IMELGA o 9 de novembro de 2015, detallándolle o número de rexistro de saída do dito envío; e, en todo caso, recabado do dito Instituto información sobre a cuestión que motivou a consulta da cidadá, a información foille trasladada á interesada o pasado 17 de marzo de 2017 (nº de rexistro de saída 2270/RX 461053), indicándoselle expresamente que se consideraba necesario ampliar a súa consulta podía dirixirse directamente ao IMELGA.
O día 5 de abril recibiuse na Dirección Xeral de Xustiza un novo escrito da interesada solicitando aclaración e ampliación da información facilitada, que foi contestado puntualmente á solicitante, no propio día (nº de rexistro de saída 3515/RX 560875), reiterándolle que, á vista do contido da súa consulta (facultades dos médicos forenses do IMELGA e o contido reflectido nas memorias de actividades do IMELGA elaboradas polo dito Instituto), debía dirixirse ao IMELGA para que a dirección do Instituto lle proporcionase a información concreta que precisase ao respecto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro.- Recurso e competencia para resolvelo.
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo.- Procedemento.
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública.
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto.- Análise do expediente
A interesada dirixiuse no mes de maio de 2015 á Dirección Xeral de Xustiza para que se lle aclarase as competencias e funcións dos médicos forenses, ao abeiro do artigo 18 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.
A Dirección Xeral de Xustiza remitiu a solicitude ao IMELGA no mes de novembro de 2015. Non foi respondida desde a Dirección deste instituto polo que un representante da interesada compareceu o 19 de xaneiro de 2016 nas dependencias do IMELGA, informándoselle de que non constaba a petición na súa base de datos.
O mesmo día que a interesada interpón recurso substitutivo perante a Comisión da Transparencia dirixiuse tamén á Dirección Xeral de Xustiza comunicándolle a circunstancia de que no IMELGA non había constancia da súa solicitude, malia que a súa petición lle foi trasladada desde esa dirección xeral.
Ese mesmo día, o director xeral de Xustiza lle comunica á interesada que, en relación á súa consulta puxéronse en contacto, de novo, co Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) para solicitar a información solicitada. A través da dirección do devandito Instituto, informouse que as peritaxes médico-legais e as peritaxes psicolóxicas que se realizan en virtude do vixente Decreto 119/2005 do 6 de maio son emitidos -en función do tipo de informe e circunstancias do mesmo-, por médicos forenses e psicólogos que moi a miúdo traballan de forma conxunta, achegando cada un os coñecementos e experiencias propias da súa competencia profesional naqueles casos en que se trate de cuestións que deben abordarse desde unha perspectiva multidisciplinar.
Se lle sinala á interesada que se estimase conveniente ampliar esta información podería dirixirse directamente ao IMELGA, que é coñecedor da súa consulta, aínda que para obter unha información máis detallada sobre supostos concretos xudicializados debe ostentar a condición legal de interesada.
Á vista do anterior, o IMELGA non deu resposta expresa e por escrito á solicitude da interesada senón que formulou verbalmente unha resposta á consulta realizada desde a Dirección Xeral de Xustiza. A información solicitada, pode entenderse como unha consulta dun particular na medida que supón interpretación do Dereito ou teña efectos xurídicos, é dicir, que de terse respostado sería tratada como información de relevancia xurídica a publicar, segundo o artigo 7 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Por outra parte, o artigo 26 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, dispón que o procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse á persoa titular do órgano administrativo ou da entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 aos cales estean vinculadas.
O IMELGA está adscrito organicamente á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local a través da Dirección Xeral de Xustiza (artigo 3 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia). A información relativa a este instituto pode dirixirse ao órgano da administración autonómica ao cal esta vinculado.
En todo caso, en aplicación da disposición final novena a entrada en vigor da normativa de transparencia en Galicia non sucede ata 10 de decembro de 2015, sen que conste a partir desa data outra petición ata o 2 de marzo de 2017. Por tanto, as primeiras actuacións tiveron lugar antes da entrada en vigor da Lei 19/2013, de 9 de decembro, e cando se presenta a segunda petición non se espera a que se cumpra o período dun mes para que a administración poida responder. A resposta finalmente se produce o 17 de marzo.
Quinto.- En conclusión, a primeira petición se produce cando a Lei de transparencia no entrara en vigor, e a segunda se dirixe simultaneamente ao órgano que resolve a solicitude en primeira instancia e á comisión de transparencia. Por outra banda, dado que existe unha petición de cinco de abril, sen contestar, a interesada poderá presentar en prazo á comisión a súa demanda.
ACORDO
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 con data do 2 de marzo de 2017 contra a desestimación por silencio da súa solicitude de información ao IMELGA, tendo en conta que as solicitudes do ano 2015 son anteriores á entrada en vigor da Lei 19/2013, de 9 de decembro en Galicia, as de 2016 non constan por escrito e as de 2017, se dirixiron á Comisión sen agardar a que transcorrera o prazo dun mes, para que xurdira o silencio administrativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 30 de xuño de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga