Estimada 20/07/2017 · 128 días en resolverse

Solicitud de acceso a información sobre la no inclusión del sitio arqueológico de Pena Rama en el Inventario de Xacementos Arqueolóxicos

El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) acceso a documentación sobre la no inclusión de un sitio arqueológico en el Inventario de Xacementos Arqueolóxicos. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración incumplió los plazos legales.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración cometió un error en el cómputo del plazo de respuesta al considerar que este iniciaba el 22 de febrero de 2017 y no en diciembre de 2016, fecha de recepción por el órgano competente.
2 Se determina que la resolución de acceso fue notificada el 24 de abril de 2017, incumpliendo los plazos establecidos en la Ley 1/2016.
3 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido a la denegación presunta derivada del retraso administrativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 14 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2, representante da entidade xxxxxxxxxxxxxxx, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 14 de marzo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O interesado indicaba que o 24 de novembro de 2016 presentou diante da citada Dirección Xeral unha petición de consulta de documentación referente á non inclusión no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia do posible sitio arqueolóxico de Pena Rama, na parroquia de Sargadelos, no Concello de Cervo, Lugo. O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información perante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, presentada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia, portelo único no rexistro do Concello de Cervo, na data do 28 de novembro de 2016. O expediente se identificou co nº 15447. Na documentación consta que o 29 de novembro de 2016 o Rexistro Xeral de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o remitíu á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Igualmente consta que 16 de decembro de 2016 a Secretaría Xeral de Cultura, desde a xefatura de servizo de arqueoloxía, solicita información, o 16 de decembro de 2016, á xefatura territorial de Lugo desta Consellería. Segundo. Con data do 4 de abril de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de abril de 2017. Terceiro. Con data do 4 de maio se recibiu o informe da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de data do 26 de abril, no que en resumo comunicaba que, unha vez analizada a solicitude, a consellería concedeu o acceso ao expediente nº 15447, ao que se refire a dita solicitude, nos termos establecidos na Lei 19/2013, e que esa resolución foille notificada ao interesado, Nome apelido1 apelido2, en data do 24 de abril de 2017. O informe non achegaba copia completa e ordenada do expediente. Por tal motivo, na data do 9 de maio, desde a secretaria da Comisión da Transparencia lembróuselle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a obriga de completar o informe achegando copia da solicitude de acceso á información pública en relación co sitio arqueolóxico de referencia no expediente nº 15447, os trámites realizados en relación coa dita solicitude, a resolución ditada e o acuse de recibo da información por parte do interesado. O requirimento foi recibido na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data do 15 de maio de 2017. O 24 de maio de 2017 recibiuse no Rexistro Xeral do Valedor do Pobo a documentación relativa ao expediente RSCTG 0023/2017. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo interesado deriva da falta de resposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ante a solicitude de acceso á información sobre o expediente nº 15447. A Consellería competente, ten recibido a solicitude o 1 de decembro de 2016, segundo consta no expediente administrativo. O rexistro de saída do Rexistro Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galicia foi de 29 de novembro. O día, de recepción da solicitude no órgano competente é o 1 e decembro. O informe remitido á Comisión da Transparencia, asinado polo xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na data do 26 de abril de 2017 confirma que o día 28 de novembro de 2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no portelo único do Concello de Cervo, a solicitude de acceso á información pública que facía referencia á consulta da documentación relacionada coa non inclusión como xacemento arqueolóxico no Inventario do sitio arqueolóxico de Pena Rama, Sargadelos (Cervo). Xunto con esta, nas datas do 28 e 29 de novembro, o agora reclamante presentou 15 solicitudes de acceso á información sobre a non inclusión no Inventario de diversos xacementos arqueolóxicos dos concellos de Xove, Cervo e Foz, na provincia de Lugo. O informe da consellería manifesta que “O 22.02.2017 estas solicitudes recibíronse no Servizo de Arqueoloxía da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, data a partir da cal empeza a contar o prazo dun mes para súa resolución previsto no artigo 20.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e no artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Unha vez analizada a solicitude, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural resolveu conceder o acceso ao expediente nº 15447, ao que se refire a dita solicitude, nos termos establecidos na Lei 19/2013, do 9 de decembro.” Consta no expediente remitido á Comisión da Transparencia que as solicitudes presentadas a través do Sistema Único de Rexistro foron enviadas polo Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial desa consellería en Lugo na data do 16 de decembro de 2016. O 14 de febreiro de 2017, a xefa do Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Lugo remite unha relación dos expedientes solicitados sobre os presuntos 15 sitios arqueolóxicos cuxa inclusión no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos fora proposta pola Asociación Mariña Patrimonio. Informa a xefa do servizo que non procede o acceso a outros catro expedientes xa que estes casos si foron incluídos nas fichas de xacementos arqueolóxicos e, polo tanto, non hai documentación sobre a non inclusión. Porén, no informe da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria maniféstase que a data a partir da cal comeza a contar o prazo dun mes para a resolución da solicitude de acceso á información é o 22 de febreiro de 2017, pois foi a data na que se recibiron estas solicitudes no Servizo de Arqueoloxía da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Este cómputo é incorrecto xa que a data debe contarse desde que a solicitude foi recibida polo órgano competente para resolver que é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que recibiu as solicitudes en decembro de 2016 e comezou a súa tramitación remitíndoas ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial desa consellería en Lugo. Así resulta da interpretación sistemática dos apartados 3 e 4 do artigo 27 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Quinto.- O 17 de abril de 2017 emítese o informe do xefe do servizo de Arqueoloxía e a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na que se concede o acceso a once expedientes, excluíndo catro polas razóns xa apuntadas. Considerase no informe técnico que, salvo que houbera nos ditos expedientes datos suxeitos a propiedade intelectual ou de carácter persoal (nos que habería que solicitar autorización ao interesado), pode ter acceso a información concreta solicitada, que sería a correspondente aos expedientes 15447, 16816, 16817, 16818, 16819, 16820, 17192, 18523, 20395, 21052 e 21481, non procedendo o acceso aos expedientes 15834, 16508, 21196 e 21479, pois estes foron engadidos como xacementos arqueolóxicos, o que foi comunicado aos interesados, non correspondéndose coa solicitude "información sobre a non inclusión no inventario de xacementos arqueolóxicos”. A solicitude foi recibida na Consellería de Cultura o 1 de decembro de 2016, o 16 de decembro os servizos centrais da consellería de cultura pedían informe aos seus servizos territoriais. Esta resolución foi notificada ao interesado o 24 de abril de 2017, incumprindo os prazos establecidos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 (Rpte. da entidade xxxxxxxxxxxxxxx) contra a denegación presunta da solicitude de información dirixida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre o expediente nº 15447. Segundo: Non procede facer ningún outro pronunciamento, dado que a información xa foi respondida en sentido positivo e proporcionado o acceso á documentación. Porén, si procede instar ao órgano recorrido para que en próximas ocasións responda en prazo, de tal forma que non resulte preciso o exercicio do recurso substitutivo e a información se proporcione nas condicións temporais legalmente previstas, un aspecto de relevancia en materia de transparencia. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga