Estimada 20/07/2017 · 106 días en resolverse

Solicitud de acceso al expediente TR51A 2010/415-5 sobre programa de fomento de empleo y resultado estimatorio

La interesada solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria copia del expediente TR51A 2010/415-5. Tras alegar la administración que ya había respondido en ocasiones anteriores (referente a un expediente distinto), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que la información es pública y debe ser facilitada.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada se encuadra dentro del concepto de información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2 Se determina que la administración no proporcionó el expediente correcto, ya que la interesada había solicitado erróneamente un número de expediente distinto en ocasiones previas.
3 La resolución insta a la administración a facilitar la información en un plazo de 15 días hábiles, permitiendo disociaciones motivadas por protección de datos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 5 de abril de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de abril 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Xunta de Galicia. A interesada indicaba que presentara unha solicitude á Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria o 21 de febreiro de 2017 pedindo copia do expediente TR51A 2010/415-5 sobre o programa de fomento de emprego a través do programa de cooperación do ano 2010 de rehabilitación das rúas do conxunto histórico. No seu escrito explica que se ata agora pedira o Exp. TR351 A 2009/415-5 era porque no seu contrato laboral figuraba tal número e non o do ano 2010. O escrito viña acompañado de copia de 8 escritos nos que se detecta que a interesada durante bastante tempo solicitaba á consellería o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2009/415-5 e non o o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2010/415-5. Segundo. Con data de 11 de abril de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2017. Terceiro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria non responde en prazo, chegando a resposta o 17 de xullo de 2017 cando a Comisión da Transparencia xa fora convocada para a Sesión XIV de 18 de xullo de 2017. A Consellería entende que xa se lle deu resposta á interesada en numerosas ocasións e achega documentación para xustificar a achega. Non constando entre os documentos remitidos á persoa interesada o Expediente TR351 A 2009/415-5. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente A persoa interesada solicita actualmente o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2010/415-5 e resulta certo que durante anos estivo a solicitar o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2009/415-5. A documentación solicitada entra dentro do concepto de información pública do artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, sobre todo no que fai á protección de datos. Procede por tanto, estimar a solicitude da interesada. Quinto.- En conclusión procede estimar a reclamación dirixida á Comisión da Transparencia o 5 de abril de 2017 pola interesada. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede PRIMEIRO. Estimar o recurso presentado por Nome apelido1 apelido2 o 5 de abril de 2017 contra a Consellería de Economía, Emprego e Industria. SEGUNDO. Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a proporcionar a información solicitada no prazo máximo de 15 día hábiles, sen prexuízo de que realice as disociacións motivadas que correspondan en materia de protección de datos. TERCEIRO. Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a que remita copia electrónica a esta Comisión da Transparencia da información subministrada en cumprimento do acordado, e a que o faga no prazo máximo de 15 días hábiles. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga