Estimada 20/07/2017 · 106 días en resolverse

Solicitud de copia del expediente TR51A 2010/415-5 sobre programa de fomento de empleo en el Concello de Baiona

El ciudadano solicitó al Concello de Baiona copia de un expediente de fomento de empleo (2010) tras varios intentos fallidos por un error numérico en la documentación oficial. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al ayuntamiento entregar la información en 15 días.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a la información pública no requiere que el interesado motive su petición.
2 Se constata que la administración no respondió a la solicitud presentada el 21 de febrero de 2017 ni al requerimiento posterior de la Comisión.
3 La Comisión determina que procede estimar la solicitud dado que el error en la identificación del expediente provenía de la propia documentación oficial del ayuntamiento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 5 de abril de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de abril 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Baiona. A interesada indicaba que presentara unha solicitude ao Concello de Baiona o 21 de febreiro de 2017 pedindo copia do expediente TR51A 2010/415-5 (incluído proxecto) sobre o programa de fomento de emprego a través do programa de cooperación do ano 2010 de rehabilitación das rúas do conxunto histórico cofinanciado con fondos europeos, sen recibir resposta do Concello. O escrito viña acompañado de copia de 20 escritos nos que se detecta que a interesada durante bastante tempo solicitaba ao Concello o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2009/415-5 e non o o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2010/415-5, debido a un erro numérico na documentación oficial emitida desde o concello. Este erro numérico fixo que se solicitase o expediente 2009, cando se precisaba o do 2010 e a solicitante así o fai constar cando se dirixe ao Concello o 21 de febrero de 2017, indicándolle ao Concello de onde ven o seu erro. Segundo. Con data de 11 de abril de 2017 déuselle traslado da documentación achegada pola interesada ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de abril de 2017. O Concello de Baiona non responde. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente A persoa interesada solicita o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2010/415-5 e resulta certo que durante anos estivo a solicitar o Programa de cooperación 2010-nº Exp. TR351 A 2009/415-5 debido a un erro numérico que figura na propia documentación oficial. Procede por tanto, estimar a solicitude da interesada. Quinto.- Procede estimar a reclamación dirixida á Comisión da Transparencia o 5 de abril de 2017 pola interesada. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede PRIMEIRO. Estimar o recurso presentado por Nome apelido1 apelido2 o 5 de abril de 2017 contra o Concello de Baiona. SEGUNDO. Instar ao Concello de Baiona a proporcionar a información solicitada no prazo máximo de 15 día hábiles, sen prexuízo de que realice as disociacións motivadas que correspondan en materia de protección de datos. TERCEIRO. Instar ao Concello de Baiona a que remita copia electrónica a esta Comisión da Transparencia da información subministrada en cumprimento do acordado, e a que o faga no prazo máximo de 15 días hábiles. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga