Estimada 20/07/2017 · 122 días en resolverse

Solicitud de relación de letrados y compatibilidades del Concello da Coruña

La Plataforma [email protected] solicitó al Concello da Coruña la relación actualizada de sus letrados, sus situaciones administrativas y compatibilidades concedidas. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y bookstores al Ayuntamiento a facilitar la información, incluyendo nombres y número de excedencias.

Puntos clave de la argumentación

1 La información sobre la relación de letrados y sus compatibilidades es pública, ya que el artículo 8 de la Ley 19/2013 obliga a publicar las autorizaciones de compatibilidad de los empleados públicos.
2 El acceso a datos meramente identificativos relacionados con la organización y actividad pública del órgano es procedente según el artículo 15.2 de la Ley 19/2013.
3 La situación de excedencia voluntaria de funcionarios altamente cualificados es un dato relevante que impacta en la organización y funcionamiento de los servicios jurídicos, debiendo ser facilitado.
4 La divulgación de nombres y apellidos de los letrados en activo es compatible con la transparencia, previa ponderación del interés público y la aplicación de cautelas de protección de datos si fuera necesario.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional 5ª da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada pola Plataforma [email protected], representada por Nome apelido1 apelido2, mediante escrito do 20 de marzo de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Nome apelido1 apelido2 presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de marzo de 2017, unha reclamación en representación de xxxxxxxxxxxxxxx ao amparo do disposto na disposición adicional 5º da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello da Coruña. O interesado indicaba que existe unha reiterada negativa do Concello da Coruña a achegar información sobre letrados e compatibilidades concedidas polo Concello. O escrito viña acompañado da documentación acreditativa dunha solicitude de acceso á información pública o 10 de febreiro de 2017 no concello e un escrito anexo á solicitude no que se recollía idéntica petición. A petición consistía na relación completa e actualizada dos integrantes do corpo de letrados indicando aqueles que están en activo, excedencia e con especial indicación de quen ten concedida a compatibilidade e informe das compatibilidades que recolla a data de concesión e as actividades da concesión. O interesado motiva a súa petición en que a información solicitada forma parte dun proxecto de investigación de conflito de intereses anunciado polo equipo multidisciplinar de xxxxxxxxxxxxxxx. Segundo. Con data de 29 de marzo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de abril de 2017. Terceiro. Con data de 18 d abril se recibiu o informe do Concello. O informe elaborado pola Directora da Asesoría Xurídica, en resumo, indicou que consta a petición de información o 10 de febreiro de 2017, a cal non se respondeu, e que se xunta “INFORME emitido 0 10 de abril de 2017 pola Xefa de Servizo de Persoal, no que se inclúe a relación de Letrados deste Concello e a inexistencia de concesión de compatibilidades para o exercicio de actividades públicas ou privadas”. O informe da Xefa de Persoal recolle a relación de funcionarios de carreira que neste momento están a prestar servizos na Asesoría Xurídica Municipal, e a inexistencia de compatibilidades. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo Goberno establece que a reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de transparencia, dereito á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, que é parte integrante da Comisión da Transparencia. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que , contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas, por tanto as competencias nas materias que corresponden á Administración Xeral do Estado son sempre competencia do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4. Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente A petición formulada ao concello consiste na relación completa e actualizada dos integrantes do corpo de letrados indicando aqueles que están en activo, excedencia e con especial indicación de quen ten concedida a compatibilidade, indicando a data e os asuntos para as que se concedeu. A Lei 19/2013, do 9 de decembro establece no artigo 8 que se publicaran as resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten aos empregados públicos así como as que autoricen o exercicio da actividade privada ao cese dos altos cargos da Administración Xeral do Estado, ou asimilados segundo a normativa autonómica ou local. A Lei de Bases de Réxime Local establece como órgano municipal no artigo 129 a asesoría xurídica e o artigo 130 di que entre os órganos superiores e directivos municipais está o director da asesoría xurídica. Polo que fai á cuestión obxecto de estudo, non corresponde á Comisión da Transparencia achegar a información solicitada, se non determinar se a petición realizada en primeira instancia se axusta ao concepto de información pública e, de axustarse, determinar se hai dereito a que se produza o acceso en relación ao disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro e finalmente corresponde á comisión facer un seguimento da resolución emitida no sentido de ser informada da recepción da información reclamada ante esta. Da petición formulada se debe por tanto analizar se a relación completa e actualizada dos integrantes do corpo de letrados con indicación dos que están en activo, excedencia e a compatibilidade concedida coa súa data e características é unha información pública e se son datos aos que se pode acceder no exercicio do dereito de acceso á información. O exercicio do dereito de acceso á información pública está relacionado co exercicio das funcións dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei. Calquera contido ou documento, en calquera formato ou soporte, que obre en poder dalgún suxeito incluído no ámbito de aplicación e relacionado co exercicio das funcións do sector público teráselle que facilitar a quen o solicite tras o estudo dos artigos 14, 15 e 18 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Analizados estes artigos no expediente compre destacar que non son de aplicación os límites do artigo 14. En relación ao artigo 15 hai que destacar que o solicitada non trata de ningún dato especialmente protexido pero si é de aplicación o punto 2 do artigo 15 que di que procede dalo acceso á información que conteña datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública do órgano. Os membros da asesoría xurídica teñen unha formación e funcións altamente cualificada. Tal como di o artigo 129 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de Réxime Local corresponde á asesoría xurídica municipal a asistencia xurídica aos órganos directivos e a representación e defensa en xuízo do Concello, por tanto, hai que entender que facilitar os datos do corpo de letrados, é importante para a transparencia das institucións. Segundo os informes achegados polo concello, en relación á asesoría xurídica, o concello non concedeu compatibilidades que teñan que ser obxecto de publicación. De tódolos xeitos esta información ten que ser facilitada polo concello directamente ao solicitante, e distinguir, como xa fan os informes, entre o persoal da asesoría xurídica, da dirección desta asesoría que é órgano directivo (artigo 130 Lei 7/1985, do 2 de abril). Respecto dos datos sobre servizo activo e excedencias dos funcionarios integrantes dos corpos xurídicos, a resolución R/0470/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno establece que a situación de excedencia voluntaria si ten impacto na organización, sobre todo tendo en conta a función altamente cualificada desenvolvida por estes empregados e o feito de que a redución dos efectivos en servizo activo repercute no funcionamento dos servizos xurídicos. Polo tanto, é un dato relevante e que debe ser facilitado. Dito isto só queda determinar se é necesario facilitar o nome das persoas que integran a asesoría xurídica. Por aplicación directa do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, as compatibilidades deben ser publicadas íntegras e por tanto recollendo os datos de carácter persoal. Sen embargo, en relación ás excedencias, tal como queda dito no punto anterior, o dato tan so é relevante no que fai á actividade e organización, polo que sería suficiente con achegar o número das mesmas. Pero neste caso solicitase tamén a relación completa e actualizada de todos os que forman parte co corpo de letrados do concello en activo. En relación á petición da relación completa e actualizada de todos os que forman parte do corpo de letrados en activo hai que indicar que, o artigo 14.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro determina que as limitacións no dereito de acceso deberán ser proporcionadas atendendo ao seu obxecto e finalidade de protección, e a interpretación dos límites será restritiva e xustificada, e aplicaranse a menos que un interese público ou privado superior xustifique a divulgación e as limitacións só serán aplicables durante o período de tempo determinado polas leis ou mentres se manteña a razón que as xustifique. Igualmente o artigo 15.2 establece que se concederá o acceso que conteña datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública do órgano, incidindo o artigo 15.3 da Lei 19/2013 en que cando se trate de datos persoais que non están especialmente protexidos, e o nome e os apelidos non o están, o órgano ao que se dirixa a solicitude concederá o acceso previa ponderación suficientemente razoada do interese público na divulgación da información e os dereitos dos afectados cuxos datos aparezan na información solicitada, en particular o seu dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal. Polo que o concello, para a realización da ponderación podería tomar as cautelas previstas no artigo 19 da Lei 19/2013, que mencionaremos mais adiante. Se ben os dous informes achegados polo concello, en aplicación desta normativa facilitan a relación nominal de todos e cada un dos integrantes da Asesoría Xurídica do concello, sendo tamén necesario que estes datos lle sexan achegados ao reclamante polo concello, agás que exista algún dato relevante que non fose manifestado á Comisión (protección de datos de carácter persoal ante situación de violencia de xénero, etc.) En todo caso, e dado que podería darse algunha situación susceptible de especial protección, sería recomendable dar audiencia ás persoas afectadas para que podan formular as alegacións oportunas, de conformidade co previsto no artigo 19.3 da Lei 19/2013 de 9 de decembro. Quinto.- Procede estimar a petición do reclamante de achegarlle ao interesado a información presentada ante esta comisión, incluíndo en todo caso o número de funcionarios e funcionarias que están actualmente en excedencia voluntaria, e os nomes e apelidos das persoas que son funcionarios e letrados da asesoría xurídica do concello en servizo activo. Coas cautelas indicadas no apartado anterior. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar a reclamación presentada por Nome apelido1 apelido2 en representación da Plataforma apelido2 con data 20 de marzo de 2017, contra a denegación por silencio do Concello da Coruña. Segundo: Instar ao Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar ao Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga