El ciudadano solicitó información a la Xefatura Territorial da Consellería de Política Social na Coruña. Interpuso reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia alegando desatención. La Comisión decidió inadmitir la reclamación por ser extemporánea, ya que se presentó antes de que finalizara el plazo legal para que la administración respondiera.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se considera extemporánea al presentarse el 6 de junio de 2017, habiéndose registrado la solicitud original el 30 de mayo de 2017.
2
El plazo máximo para resolver y notificar el acceso a la información es de un mes desde la recepción de la solicitud, según el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3
La resolución de la Consellería no había vencido en el momento de la interposición de la reclamación, ya que el plazo finalizaría no antes del 30 de junio de 2017.
4
Se aplica la potestad de la Presidencia de la Comisión para inadmitir reclamaciones presentadas antes de que transcurra el plazo de resolución del sujeto pasivo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxx, mediante escrito do 6 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 6 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da xefatura territorial da Consellería de Política Social na Coruña.
O escrito non viña acompañado de documentación, mais permitía ter constancia da identidade do solicitante, a información solicitada, a dirección de contacto e a modalidade que se prefería para acceder á información solicitada nos termos do artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
A Comisión da Transparencia como órgano colexiado externo independente adscrito ao Valedor do Pobo, carecía de antecedentes, polo que o día 15 de xuño de 2017 solicita diversa documentación á propia interesada, e solicita á consellería de Política social que “informe sobre a existencia das solicitudes de 9 e 30 de maio, os trámites realizados e a información pública obxecto da solicitude tal e como contempla a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro”.
A interesada non achega a documentación solicitada. O informe da Consellería e o expediente remitido recollen claramente e en exclusiva a existencia da solicitude de 30 de maio de 2017.
Segundo O interesado achega unha petición extemporánea tendo en conta que a data de presentación da reclamación é o 6 de xuño de 2017, por tanto, e tal como recolle a propia Consellería o prazo para resolver e notificar a solicitude finalizaría non antes do 30 de xuño de 2017, pois o prazo para resolver do artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro computa desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolvelo.
Terceiro En todo caso compre sinalar que á vista do expediente, consta que a documentación se lle entregou en tempo e forma.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Prazos de interposición do recurso
O artigo 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado o desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
O artigo 116 d) da Lei de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, de 1 de outubro, establece que será causa de inadmisión ter transcorrido o prazo para a interposición do recurso.
O 30 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia acordou en sesión ordinaria, por unanimidade, a aprobación do seguinte acordo:
“Delegar na Presidencia as resolucións de inadmisión das reclamacións presentadas no exercicio do dereito de acceso á información pública que sexan extemporáneas, tanto porque son presentadas antes de que transcorra o prazo para resolver polo suxeito ao que se lle solicita, como por tratarse dunha reclamación na que ten transcorrido o prazo para dirixir o recurso ante a comisión.”
Cuarto. Análise do expediente
A petición que a interesada dirixiu á Consellería de Política Social, ten rexistro da xefatura territorial de Política Social Coruña o día 30 de maio de 2017, ás 13.01 horas. Este escrito vai dirixido ao xefe do servizo de coordinación administrativa. O artigo 20.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, indica que a resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órganos competente para resolver, por tanto a reclamación dirixida á Comisión da Transparencia ten lugar antes de que transcorrera o prazo para resolver a consellería.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Único: Inadmitir a reclamación presentada por xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxxx con data 6 de xuño de 2017.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga