El ciudadano solicitó a la Consellería do Mar los convenios y contratos celebrados con el Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por considerarla reiterativa, al coincidir con otro recurso ya presentado por el interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es inadmitida basándose en el artículo 18.1.e) de la Ley 19/2013, que establece como causa de inadmisión las solicitudes manifiestamente repetitivas.
2
Se aplica el Criterio 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, que define la repetitividad cuando la petición coincide con otras presentadas anteriormente por el mismo solicitante.
3
La resolución determina que, dado que las solicitudes versan sobre la misma petición de información, procede la inadmisión por ser reiterativa.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 27 de abril do 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 27 de abril de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería do Mar.
A petición versa sobre unha petición de convenios e contrato celebrados entre a consellería do Mar e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, petición coincidente co recurso potestativo RSCTG 38/2017.
Segundo O interesado achega unha petición reiterada tendo en conta que:
Con data de 25 de abril de 2017, achegou similar solicitude.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta Lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado o desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
O artigo 18.1.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que será causa de inadmisión aquelas que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta lei.
Tal como recolle o Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno para inadmitir unha petición de acceso á información pública por existir unha petición repetitiva a segunda petición tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes e que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza. Ou que, xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento, tamén se o solicitante coñecera de antemán o sentido da resolución por térenselle comunicado nun procedemento anterior polo órgano informante, ou coincida con outra ou outras dirixidas ao mesmo órgano en períodos de tempo inferiores aos prazos de tramitación legalmente previstos, de tal forma que as solicitudes presentadas previamente non tiveran rematado a súa tramitación. Igualmente sería manifestamente repetitiva se se tratara de un asunto de resposta imposible, ben polo contido ou por razóns de competencia e así se lle notificase e xustificara ao solicitante da información.
Este criterio remarca que se coincide o texto pero son varios demandantes solicitando unha mesma información é obrigatorio considerar cada peticionario individualmente. Se a petición é colectiva e algún deles anteriormente xa presentara a solicitude, a inadmisión solo procedería respecto desa persoa, continuando a tramitación respecto do resto.
Dado que as solicitudes versan sobre a mesma petición de información.
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Inadmitir a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx con data de 27 de abril de 2017 por reiterativa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2017.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga