El ciudadano solicitó a la Axencia Galega de Infraestruturas la delimitación pericial de deslindes de fincas en la vía OU-113, específicamente la parcela 500 del polígono 7. Alegó que la administración no contestó a su petición. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque las solicitudes fueron respondidas en plazo y se facilitó la documentación disponible.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión determina que las tres solicitudes de acceso a la información fueron respondidas en tiempo y forma por la administración.
2
Se constata que la información relativa al deslinde de la parcela 500 del polígono 7 ya había sido facilitada al interesado en la resolución AIP 002/2017.
3
La administración aclaró que, al tratarse de obras construidas en los años 40 y 50, no existe toda la documentación técnica requerida bajo los estándares actuales.
4
Se observa que el recurrente presentó peticiones reiteradas sobre información ya proporcionada en periodos de tiempo inferiores a los plazos de tramitación legal.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por : xxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 10 de abril de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. : xxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 12 de abril de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
O interesado indicaba, de forma expresa: “Se solicita información a la administración autonómica en base a un procedimiento instruido -2016/016- sin garantías jurídicas, técnicas y organizativas por parte de la Axencia Galega de Infraestructuras, AXI, que está adscrita a la consellería de Infraestructuras y Vivenda.
PETICIÓN
1.-Se adjunta escrito. Se pide de forma sencilla que la AXI aporte la delimitación pericial de los deslindes de las fincas que están situadas en la OU-113, vía de comunicación de Vilar de Barrio a Laza-Verín, en Ourense, PROPIEDAD DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA. En concreto la delimitación del dominio público y de la propiedad privada de la parcela 500 del polígono 7. Se adjunta gráfico catastral.
2.-No CONTESTAN por parte de la AXI a la petición remitida. Se adjunta petición y se adjunta respuesta a la solicitud.”
O escrito viña acompañado de copia dos seguintes documentos: Unha denominada “solicitud de información y precisión de datos”, de 24 de febreiro de 2017; unha resolución de acceso á información pública, clave AIP 005-2017, de data do 10 de marzo de 2017, na que o director da AXI concede o acceso solicitado e esclarece o alcance da información achegada; unha resolución de acceso á información pública, clave AIP 010-2017, de data do 31 de marzo de 2017, na que o director da AXI concede o acceso solicitado e aclara que se trata de nova imformación en relación coa solicitada previamente; unha fotocopia dunha consulta descriptiva e gráfica de datos catastrais e copia dunha denominada “solicitud de información en relación al expediente sancionador instruido con la denominación 2016/005(Ourense)”, presentada polo interesado na data do 3 de abril de 2017.
Segundo. Con data do 20 de abril déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achégase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de abril (R.E. 2278) na Axencia Galega de Infraestruturas.
Terceiro. Con data do 11 de maio se recibiu o informe de do director da AXI, de 5 de maio de 2017, e o expediente elaborado.
O informe indicou o seguinte: “En relación ao recurso potestativo para a obtención de información pública presentado por : xxxxxxxxxxxxxx ante a Comisión de Transparencia de Galicia, no que solicita "delimitación pericial dos deslindes das fincas que están situadas na OU-113, vía de comunicación de Vilar de Barrio a Laza- Verín, en Ourense, propiedade da Comunidade Autónoma. En concreto a delimitación do dominio público e da propiedade privada da parcela 500 do polígono 7", infórmase o seguinte:
-O 03/02/2017 tivo entrada no Rexistro da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense, un escrito dirixido por : xxxxxxxxxxxxxx á Demarcación Provincial do Ministerio de Fomento en Ourense, no que solicitaba "copia da documentación xerada para a construción e reparación da vía OU -113 que discorre entre Vilar de Barrio e Verín, denominada: Vilar de Barrio - Laza. "
Dita solicitude de acceso á información pública achegada pola delegación provincial do ministerio foi tramitada coa clave AIP 002/2017. Por resolución de data 21 de febreiro de 2017 achegóuselle plano de planta, plano parcelario, orzamento, bens afectados (acta de expropiación da parcela e publicidade) e memoria de liquidación das obras (calendario de execución).
-O 27/02/2017 entrou no rexistro da Axencia Galega de Infraestruturas, en adiante AXI, nova solicitude de acceso á información pública tramitada coa clave AIP 005/2017 na que o interesado solicitaba "deslindes dos bens ocupados polo trazado OU-113, vía que discorre dende Vilar de Barrio a Verín con respecto aos bens de titularidade privada. A data do deslinde e a tramitación do mesmo." Dita solicitude na que ademais pedía máis información foi resolta a través da resolución de data 10 de marzo de 2017, da que se achega copia.
-O 16/03/2016 entrou no rexistro da AXI solicitude de acceso á información pública presentada polo interesado e tramitada coa clave AIP 010-2017, na que volve a reiterar que se lle acheguen "os deslindes dos bens ocupados por parte da administración en materia de estradas e os bens de titularidade privada ao longo da vía Ou-113, no termo municipal de Vilar de Bario, Ourense, concretamente na parcela 500 do polígono 7".
O informe achegado pola AXI pon de manifesto que, como se deduce dos feitos do escrito dirixido a Comisión da Transparencia, as sucesivas peticións de aceso á información pública en relación a unha vía que foi construída entre os anos 40 e 50 do século pasado teñen a súa orixe nunhas actuacións previas, AP/AXIOU/2016/0016, abertas no Servizo de Infraestruturas de Ourense, con data 29/04/2016, a raíz dunha denuncia presentada por un veciño e que supuxeron a incoación do expediente sancionador PS/AXIOU/2016/0005 polo levantamento dun muro a base de terra e cascotes, de 0,80 cm. de altura na zona de dominio público, a distancia de 5 metros do eixe da estrada, estando a liña de expropiación a 6 metros do devandito eixe, sen autorización.
En resumo, a AXI considera que a solicitude de información reclamada por : xxxxxxxxxxxxxx foi atendida coa remisión da documentación dispoñible nos arquivos da AXI relativa ao deslinde da parcela 500 do polígono 7 do concello de Vilar de Barrio.
Achégase como documentación complementaria as solicitudes e resolucións recaídas nos expedientes AIP 002-2017, AIP 005-2017 e AIP 010-2017, así como as dilixencias previas e o acordo de inicio do expediente sancionador aos que o interesado fai referencia no seu recurso potestativo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
1.- A persoa que promove este recurso substitutivo non achega a solicitude inicial neste procedemento de acceso á información pública, de 3 de febreiro de 2017, que segundo se deriva do informe da AXI, consistía en copia da documentación xerada para a construción e reparación da vía OU -113 que discorre entre Vilar de Bario e Verín, denominada: Vilar de Barrio – Laza. O informe da AXI indica que “La vía fue construida por el Ministerio de Fomento en el año 50. Los proyectos de planta datan del año 1942. La carretera está clasificada como de tercer orden según la ley de carreteras de 1877. El expediente tiene que constar de plano de planta, plano parcelario, memoria económica, bienes afectados por la vía Ou-113 y publicación de los trabajos o bien Decreto de iniciación de los trabajos o bien copia de la publicación en el diario correspondiente, Gaceta de Madrid. (Por cierto en el año 1985 por RD se produjeron las transferencias)
Segundo: Para una mayor comodidad al ser consciente del tamaño del mismo, solicitaría la copia a través de un USB o bien por vía mail: : xxxxxxxxxxxxxx o bien remitiéndome un mensaje para pasar a recogerlo personalmente”. Dita solicitude de acceso á información pública achegada pola delegación provincial do Ministerio foi tramitada coa clave AIP 002/2017. A resolución da AXI concede o acceso e achega a información solicitada: Plano de planta, Plano parcelario, Orzamentos, Bens afectados (acta de expropiación da parcela e publicidade) e Memoria de liquidación da obra (calendario de execución), sumando 16 folios.
2.- Nunha segunda “solicitud de información y precisión de datos”, de 24 de febreiro de 2017, o interesado comunica literalmente á AXI: “Acabo de recibir documentación en relación a los bienes afectados por la expropiación de la Ou-113 en el año 43 por parte del Ministerio de Obras Públicas, solicitar la relación de titulares de los predios y las parcelas afectadas.
Nesta petición se inclúe nova información non solicitada previamente. Na resolución do 10 de marzo de 2017, o director da AXI concreta que, nesta solicitude, o interesado pide:
1.- Unha aclaración da razón pola que a un determinado propietario se lle asigna o predio 126, cando na relación de bens afectados figura coas fincas 16 e 34.
2.- A publicación da obra OU-113 Vilar de Bario a Laza no boletín correspondente e as actas de ocupación dos bens, asinadas polos lexítimos propietarios que non se lle aportaron na primeira petición de información.
Ao remate do seu escrito pide “los DESLINDES de los bienes ocupados por el trazado Ou-113, vía que discurre desde Vilar de Barrio a Verín con respecto a los bienes de titularidad privada. La fecha de DESLINDE y la tramitación del mismo”.
Unha vez analizada a solicitude presentada e de conformidade co artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a dirección da Axencia resolve conceder o acceso a información dispoñible.
En relación ao primeiro punto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de data 29 de abril de 1946 que o interesado achega publícase a relación nominal dos propietarios dos terreos que no termo municipal de Vilar de Barrio serán ocupados por causa de utilidade pública, con motivo da construción do tramo terceiro da estrada Laza-Vilar de Barrio. Aparece número de orde, nome e apelidos, residencia e clase de finca.
A resolución aclara o que sucede habitualmente nas relacións de propietarios expropiados. As fincas veñen identificadas no parcelario, do que o interesado achega copia e que lle foi facilitado dende o Servizo da Axencia Galega de infraestruturas en Ourense. A finca está correctamente identificada con núm. 126.
Sobre o segundo punto, nos arquivos da Axencia Galega de infraestruturas non consta a publicación das obras OU-113 Vilar de Barrio a Laza, publicación realizada no seu día pola Administración central, dado que a existencia das Comunidades Autónomas é moi posterior.
En relación as actas de ocupación dos bens asinadas polos seus propietarios con data 23-02-2017, segundo o xustificante do Servizo de Correos, recibiu a documentación solicitada na petición de información pública de clave IP 002¬2017. Nesa documentación atopábase a acta de ocupación da parcela 126 debidamente asinada. De conformidade co índice que acompañaba a documentación enviada correspondíase con punto 4. Bens afectados (acta de expropiación da parcela e publicidade).
3.- Na terceira solicitude, de 3 de abril de 2017, o interesado insiste na cuestión dos deslindes e engade novas peticións de información que non figuraban nas anteriores como é o réxime urbanístico do solo en cada unha das parcelas. Se ben é certo que na resolución da AIP 05-2017 non se trata especificamente o tema dos deslindes, e que a resolución AIP-10-2017 remite á anterior, o interesado recibiu a documentación relativa ao deslinde da parcela 500 do polígono 7 coa resolución da súa solicitude AIP 002-2017.
A tramitación do deslinde en relación á construción da estrada OU 113 está constituído polo acordo da necesidade de ocupación de certos bens, a súa publicación no Boletín da Provincia, o parcelario no que a escala se representan os predios e á liña de expropiación e ás actas previas á ocupación nas que se detallan os ben efectivamente expropiados, de conformidade cos artigos 15 a 23 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 15 a 22 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o seu regulamento. En relación á parcela 500 do polígono 7 o interesado dispón desta información que lle fora facilitada na resolución AIP 002-2017, de data 21 de febreiro, notificada segundo o xustificante do Servizo de Correos o día 23.
O recorrente non achega copia dun escrito que remite a AXI co expediente completo, de 16 de marzo de 2017, no que solicita as actas de expropiación e a correspondente folla de inscrición e matriz do título rexistral; quen autorizou as pintadas reflectoras na vía OU -113 á altura do quilómetro 38,15 marxe esquerda, dirección Laza a Vilar de Barrio, bordeando a parcela 500 do polígono 7; os deslindes dos bens ocupados pola Administración na vía OU -113, no termo municipal de Vilar de Barrio, Ourense, en concreto na parcela 500, do polígono 7; o número de procesos sancionadores incoados ao longo do ano 2016 pola AXI que afecten a vías da Comunidade Autónoma na provincia de Ourense.
Unha vez analizada a solicitude presentada por : xxxxxxxxxxxxxx de conformidade co artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, a dirección da axencia resolveu conceder o acceso á información con carácter novedoso solicitada, en concreto a relativa aos puntos 2 e 4. Así se lle comunica na resolución de 31 de marzo de 2017.
No expediente consta un procedemento sancionador incoado pola AXI contra a persoa que promove este recurso substitutivo polo levantamento dun muro en zona de dominio público, infracción tipificada na Lei de Estradas de Galicia.
Quinto.- O recurso substitutivo foi presentado o 12 de abril, unha vez recibida a resolución estimatoria da AXI á terceira solicitude de acceso. Todas as solicitudes, a de 3 de febreiro, a do 24 de febreiro e a de 16 de marzo de 2017, foron respondidas en prazo. Na segunda e na terceira pídese acceso á información que non se solicitara previamente e sobre a que a AXI da resposta detallada sobre a documentación xa achegada e a dispoñible.
O recorrente presenta novas peticións dirixidas ao mesmo órgano en períodos de tempo inferiores aos prazos de tramitación legalmente previstos. Insiste en solicitar información que xa se lle proporcionou, sen considerar que se trata de procedementos dos anos 40 e 50 que non coinciden cos procedementos legais vixentes, polo que non existe toda a documentación que require.
Finalmente, no recurso substitutivo presentado ante esta Comisión da Transparencia indica que a AXI non contesta á petición remitida, o que non se corresponde coa realidade.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede
Desestimar a reclamación presentada por : xxxxxxxxxxxxxx, rexistrado no Valedor do Pobo con data do 12 de abril de 2017, xa que consta que as solicitudes de acceso á información foron respondidas coa correspondente resolución concedendo o acceso solicitado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga