Estimada parcialmente 09/10/2017 · 160 días en resolverse

Solicitud de información sobre el proyecto y presupuesto del centro social del GAC-3 en el puerto de Caión

Se solicitó copia del proyecto y presupuesto del centro social en Caión-Laracha a la Consellería de Política Social, Consellería do Mar y al GAC-3. El interesado alegó falta de respuesta administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación e insta a las administraciones a responder a la solicitud de información sobre el proyecto y presupuesto.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión determina que existe una solicitud de información pública sin respuesta referente al proyecto del GAC-3 para la construcción de un centro social en el puerto de Caión y su información presupuestaria.
2 Se descartan las peticiones relativas a la justificación de la paralización del proyecto o presuntas irregularidades por carecer de fundamento y soporte formal.
3 Se insta a las administraciones reclamadas a responder a la petición de información en un plazo de 15 días hábiles, respetando los límites legales.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamación presentadas ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta ás reclamación presentada pola xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, representada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escritos do 02 de Maio de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escritos con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 2 de maio de 2017, tres reclamacións en representación de xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Conselleira de Política Social, Consellería do Mar e Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte (GAC- 3). O interesado indicaba que tras reiteradas solicitudes de información sobre o proxecto de centro social previsto en Caión – Laracha o cal ten sido publicitado a través dos medios de comunicación non obtivo resposta por parte das Consellerías citadas nin do GAC3 Os escritos viñan acompañado dos seguintes documentos: Solicitude de 25 de marzo de 2017 presentada ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social (con Número de Entrada 2017/762880) Solicitude de 14 de marzo de 2017 presentada ante a Secretaria Xeral Técnica da Conselleria do Mar (con Número de Entrada 2017/633117) Solicitude de 14 de marzo de 2017 presentada ante o GAC.3 - Costa da Morte a través o Rexistro da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social (con Número de Entrada 2017/741663) Segundo. Con data de 10 de maio de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado aos Consellerías do Mar, Política Social e Grupo de acción Costeira 3 para que, en cumprimento da normativa de transparencia, acheguen informe e copia completa e ordenada do expediente para os eu estudo por parte da Comisión. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de maio (Consellería do Mar) e 18 de maio (Política Social e GAC.3). Terceiro. Con data de 6 de Xuño recibiuse o informe da Dirección Xeral de desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. O informe, en resumo, indicou que por parte da Administración e ante íntima conexión entre as solicitudes presentadas ante as consellerías se dispuxo a acumulación e se requiriu ao interesado que detallase a información obxecto da súa solicitude. Que dito requirimento foi atendido con data 10 de abril e seguindo se recolle no mesmo a documentación solicitada é a seguinte: Copia completa do proxecto publicado do GAC para o solar da Insua a través do GAC3, dun centro Social para a confraría de Caión. Informe pormenorizado da partida económica dedicada pola consellería de forma directa á que o GAC fai referencia nas súas declaracións publicas ante os medios de comunicación. O informe indica igualmente que, entre a documentación achegada polo solicitante recóllense múltiples cuestións e expresións á marxe do concepto de información pública que se atopa recollido no artigo 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, polo que non procede entrar a analizalos no marco desta solicitude. Con data 1 de Xuño de 2017 recíbese informe da Consellería de Política Social, que en resume indicou ao seu entender o interesado non formulou ningunha solicitude de información relativa ao proxecto senón a solicitude reiterada de paralización do mesmo solicitando que se lle acheguen os documentos que xustifican dita paralización. Xa que logo e malia ter utilizado un modelo normalizado de acceso a información publica o informe expón que a solicitude formulada non se xustifica coa finalidade da normativa de transparencia pois fai referencia de xeito reiterado a presuntas irregularidades e “corrupcións” de ningún xeito xustificadas e carentes de calquera soporte material ou indiciario. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro.- Recurso e competencia para resolvelo. O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo.- Procedemento. O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública. A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto.- Análise do expediente Como queda dito a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública. As características para o exercicio do dereito de acceso á información son: -Existir uns contidos ou documentos, non importa en que formato ou soporte, isto é, poden estar en papel ou ser electrónicos, de contido textual, gráficos, sonoros ou audiovisuais. - Elaborados ou adquiridos por un órgano que sexa suxeito incluído no ámbito de aplicación da lei. - Elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións propias e que deban ser custodiados, ou o que é o mesmo que obren no poder do suxeito a quen se lle solicitan. No caso que nos ocupa, hai que estudar a solicitude e o suxeito ao que se lle reclama a información pública. Solicitude Unha vez analizados o expedientes dedúcese que a información que se solicita é a Copia completa do proxecto publicado do GAC para o solar da Insua a través do GAC3. De igual xeito o reclamante solicita reiteradamente os documentos que xustifiquen a necesaria paralización do proxecto e as presuntas irregularidades cometidas no mesmo se ben dita formulación carece de fundamento e calquera tipo de soporte formal. Suxeito ao que se lle reclama a información No caso que nos ocupa o interesado entende que a información obra en poder tanto da Consellería de Política Social, a Consellería do Mar e o GAC3. Á vista da información transmitida polas Consellerías de Política Social e do Mar observase que existe unha solicitude de información pública sen resposta referente a o proxecto do GAC-3 para a construción dun centro Social no porto de Caión a información orzamentaria e económica relativa ao mesmo. ACORDO En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx en nome e representación da xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx con data 2 de maio de 2017, contra a denegación da información referente a o proxecto e orzamento do GAC-3 para a construción dun centro Social no porto de Caión. Segundo: Instar á Consellería do Mar e de Política Social e GAC-3, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: Instar ás Consellería do Mar e de Política Social e GAC-3, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga