Se solicitó a la Consellería do Mar el acceso a varios convenios y un contrato de consultoría con el Colegio de Ingenieros Navales. El reclamante alegó que la administración no entregaba toda la documentación solicitada. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, instando a la administración a entregar un cuarto convenio pendiente.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
2
La administración cumplió parcialmente al entregar tres convenios y el contrato de consultoría, pero omitió un cuarto convenio suscrito en el marco del programa operativo del fondo europeo de pesca 2007-2013.
3
La entrega de contratos por parte de la administración cumple los requisitos de transparencia al identificar al adjudicatario, siendo buena práctica suprimir firmas manuscritas de cargos no públicos.
4
La Comisión aclara que no tiene competencias para tramitar denuncias sobre presuntos delitos de malversación de fondos públicos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 25 e reiterada o 27 de abril de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxxxxxxxxxxx, en nome e representación da xxxxxxxxxxxxxx presentou, os días 25 e 27 de abril de 2017, no rexistro do Valedor do Pobo, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería do Mar. O primeiro escrito, do 25 de abril, deu lugar a tramitación deste expediente RSCTG 0038/2017, o segundo escrito, do 27 de abril, deu lugar ao expediente RSCTG 40/2017, que foi inadmitido por esta Comisión por reiterativo. Ao longo desta resolución aparecerán referencias ao escrito do 27 de abril, pero, a administración en vez de asignarlle o número de expediente RSCTG 40/2017 o plasma nos seus informes como RSCTG 39/2017. Dado que esta resolución debe ser achegada á administración co fin de non confundir optase por manter na resolución a numeración que recolle o informe da administración.
Os feitos remóntanse ao día 23 de xullo de 2016 , data na que a plataforma realiza unha solicitude de acceso á información pública ante a Consellería do Mar. Inicialmente a solicitude so facía referencia a un convenio entre a consellería do Mar e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais de España, convenio que aparece publicado no DOG de 1 de febreiro de 2016, páx. 3627.
Con data de 29 de xullo de 2016 a European Anti-Fraud Office (OLAF) indícalle á plataforma no marco dun escrito denominado “Información sobre la decisión de no admitir a trámite un asunto (OF/2016/0369/01)” que “ la OLAF ha obtenido información que confirma la celebración del acuerdo de cooperación señalado, así como de otros tres acuerdos de cooperación similares y un contrato de consultoría entre las mismas instituciones en el marco del programa operativo del Fondo Europeo de Pesca (2007-2013)”, o escrito tamén indicaba que por tratarse da interpretación da lexislación europea aplicable en materia de contratación pública era remitido á DX de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pymes da Comisión Europea.
Con data de 2 de agosto de 2016 a plataforma dirixiuse á consellería do Mar, e pediulle que se amplíe a solicitude de 23 de xullo e que se lle achegasen todos os convenios e o contrato de consultaría do que fala o escrito da OLAF. Deste escrito, malia dirixirse a un correo corporativo, o reclamante carece de xustificante de rexistro de entrada ou de correo electrónico de recepción por parte da consellería.
A Administración, o 10 de agosto de 2016, notificoulle ao interesado o dereito de acceso á información dándolle o seguinte link “http://www.xunta.gal/consluta-convenios”.
O interesado presentou o 2 de agosto de 2016 o recurso potestativo RSCTG 22/2016, que se culminou cunha resolución estimatoria parcial en relación a achega do convenio solicitado o día 23 de xullo de 2016, sen entrar a valorar o resto das peticións.
O 7 de febreiro de 2017 xxxxxxxxxxxxxx realizou, ante a Consellería do Mar, unha nova solicitude de acceso á información pública en relación á “Copia de Contrato de Consultoría realizada por el Colegio de Ingenieros Navales en el marco del programa operativo del fondo europeo de pesca 2007-2013. Así como el informe del resultado de dicho contrato”.
O 12 de abril de 2017 a Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica resolveuna favorablemente no sentido de achegarlle o contrato de consultaría e a súa modificación indicando a resolución que “Con respecto ao informe de resultados solicitado, non existe como tal, senón que consta o pagamento tras a xustificación e remate dos traballos de consultaría e asistencia correspondentes ás facturas presentadas, e por outra banda constan todos os informes concretos respecto de cada unha das actuacións nos proxectos obxecto do contrato”. A notificación desta resolución é descoñecida, pero o rexistro de saída é de 21 de abril de 2017.
Os días 25 e 27 de abril de 2017 a plataforma presenta o recurso potestativo de reposición ante a Comisión da transparencia. No escrito de 25 de abril de 2017 indica que “exceptuando el publicitado en el DOG Núm. 20 Lunes, 1 de febrero de 2016 pág. 3627, que tampoco consideramos sea lo solicitado, ....se solicitaba copia de los tres convenios y copia del contrato de consultoría.”. Neste escrito igualmente a plataforma indica que existen indicios delictivos penais de funcionarios públicos “al constar celebrados esos convenios por documentos de la (OLAF Y Consellería do MAR, Xunta de Galicia) que a la contra el (AINE, receptor de los fondos públicos) en su auditoría de las Cuentas Anuales Ejercicio del 2015, cuya copia adjuntamos, no existen ni se han publicitado y por lo tanto, han DESAPARECIDO esos fondos conveniados, estando acreditado el “presunto delito de MALVERSACIÓN DE CAUDALES PÚBLICOS”.
Con data de 11 de maio de 2017 indícaselle ao interesado que os escritos de 25 e 27 de abril considérase que integran un único expediente que é o 38/2017.
Segundo. Con data 16 de maio de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de maio de 2017.
Terceiro. Con data 6 de xuño de 2017 recibiuse o informe da Consellería do Mar e a documentación achegada á plataforma, mais non se remiten os expedientes íntegros que foran solicitados.
O informe, en resume, indicou que os expedientes RSCTG 0038/2017 e RSCTG 0039/2017 están fundados en idéntica petición, “que se concreta na denegación por parte da Consellería do Mar de tres convenios e unha consultaría subscritos co Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais de España”. O informe recollía as datas de achega da documentación á plataforma:
En base ao expediente RSCTG 22/2016 fíxose entrega do convenio de colaboración subscrito o 29 de decembro de 2015.
A Consultaría subscrita con data de 10 de setembro de 2007 tamén foi proporcionada por resolución de 12 de abril de 2017 da Directora Xeral de Pesca Acuicultura e innovación tecnolóxica.
En relación aos dous restantes convenios non consta que a petición fora realizada con anterioridade dentro das diferentes peticións formuladas, “non obstante e ós efectos de evitar dilacións innecesarias procédese con esta mesma data ó envío dunha copia de cada un deles ó peticionario xunto co certificado de copia fiel dos ditos convenios”.
En todos os casos o informe indica que se achegan os xustificantes de envío. A documentación achegada a xxxxxxxxxxxxxx, da que se remite copia, consiste en:
Oficio de remisión con rexistro de saída 17592, de 4 de xaneiro de 2017 e, o convenio subscrito o 29 de decembro de 2015, con certificado de autenticidade da vicesecretaría xeral da Consellería do Mar.
Oficio de remisión con rexistro de saída 838269, de 21 de abril de 2017 e, o contrato de consultaría e asistencia, polo procedemento negociado sen publicidade, para a realización de servicios para a realización de traballos e actuacións concretadas na análise da correcta identificación das unidades pesqueiras contidas no rexistro galego de buques, así como na análise técnica dos proxectos no ámbito da construción e modernización de buques pesqueiros que se presenten perante a Consellería de Pesca e asuntos marítimos. Contrato do 10 de maio de 2007 e, a súa modificación do 23 de novembro de 2007.
Oficio de remisión con rexistro de saída 864016, de 6 de xuño de 2017 e, os convenios subscritos o 10 de decembro de 2008 e 28 de decembro de 2012, con certificado de autenticidade da vicesecretaría xeral da Consellería do Mar. Este oficio de remisión indicáballe ao interesado que a Comisión da Transparencia de Galicia “achegou a esta Consellería dous recursos potestativos para a obtención de información pública interpostos por vostede....de ambos recursos dedúcese unha nova solicitude de dous convenios entre esta Consellería e o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, polo que procédese con esta mesma data a enviarlle unha copia de cada un deles xunto co certificado de copia fiel dos ditos convenios, o cal se pon en coñecemento da Comisión da Transparencia”. Os recursos que se citan son o RSCTG 38/2017 e RSCTG 39/2017.
Cuarto. Con data de 8 de xuño de 2017 xxxxxxxxxxxxxx remitiu un escrito á Comisión da Transparencia no que indicaba que “ Con fecha 8 de Junio de 2017 recibimos mediante correo certificado copia de escritos y convenios cuyas copias se adjunta en los que se pretende, justificar reiteradamente lo que se pide ante esa Comisión de Transparencia y que lo remitido nada tiene que ver con lo solicitado. La totalidad de múltiples expedientes y escritos, documentos y gestiones que de momento no han llegado a ninguna parte, dando largas en el tiempo sin entregar lo que se solicita y que bajo el ardiz se pretende resolver, los hechos quedan resumidos a que, lo que se pide son documentos públicos, COPIAS DE LOS CONVENIOS DE LOS AÑOS 2012, 2013, 2014, 2015, Y COPIA DE LA CONSULTORÍA DEL AÑO 2016 QUE ACREDITA EL OFICIO DE LA FISCALÍA EUROPEA OLAF Nº OF/2016/0369/01.”. Con este escrito se achegaban as copias dos convenios asinados o 10 de decembro de 2008 e 28 de decembro de 2012 e do oficio con rexistro de saída 864016, de 6 de xuño de 2017.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional 5ª da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Neste expediente a conflitividade entre as partes estriba no contido da solicitude e na súa achega.
En relación á solicitude:
A plataforma afirma que ten solicitado “COPIAS DE LOS CONVENIOS DE LOS AÑOS 2012, 2013, 2014, 2015, Y COPIA DE LA CONSULTORÍA DEL AÑO 2016 QUE ACREDITA EL OFICIO DE LA FISCALÍA EUROPEA OLAF Nº OF/2016/0369/01”. A Consellería pola contra indica que so se lle fixeron dúas solicitudes e que non solo foron satisfeitas senón que se lle achegaron dous convenios máis trala remisión pola Comisión da Transparencia da documentación dos expedientes RSCTG 38/2017 e RSCTG 39/2017.
Dos antecedentes queda claro que a OLAF informou da existencia de 4 convenios e un contrato, pero que no rexistro de entrada á Consellería do Mar solo se xustifican as solicitudes do convenio publicado no DOG de 1 de febreiro de 2016 páx. 3627, e a solicitude do contrato de consultaría e o informe de resultado do dito contrato.
Dos antecedentes tamén queda claro que se lle teñen achegado copia de tres convenios e do contrato de consultaría, pero non foi achegado o informe de resultado do contrato porque a Consellería indica que non existe, e tamén queda claro que falta un convenio entre a Consellería do Mar e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, realizado no marco do programa operativo do fondo europeo de pesca 2007-2013.
Dos antecedentes vese que a Consellería do Mar, desde o día 22 de maio de 2017 coñece que a petición da plataforma no recurso RSCTG 38/2017 refírese a tres convenios pero debido á redacción da petición xurde a dúbida de se é directamente entendible que esta solicitude estaba exceptuando o convenio publicado no DOG do 1 de febreiro de 2016 na páxina 3627.
A solicitude de acceso á información pública segundo o artigo 17.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia da identidade do solicitante, a información que se solicita, a dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións e a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.
Todos estes datos lle constaban á Consellería do Mar, e por iso o oficio de remisión con rexistro de saída 864016 de 6 de xuño de 2017 fai entrega dos convenios subscritos o 10 de decembro de 2008 e 28 de decembro de 2012, con certificado de autenticidade da vicesecretaria xeral da Consellería do Mar.
En relación á documentación achegada:
As copias dos convenios achegadas son perfectamente válidas ao ir acompañadas dunha certificación da vicesecretaria da Consellería do Mar.
A achega do contrato, entregada por unha administración pública, cumpre cos requisitos do criterio interpretativo 4/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno –CTBG- cando di que “ A xuicio deste Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e desta Axencia Española de Protección de Datos, o obxectivo de transparencia perseguido pola Lei 19/2013 cumpriríase coa identificación do adxudicatario dun contrato ou dos asinantes dun convenio, non contribuíndo a este obxectivo a publicación do número do DNI ou a sinatura manuscrita cando esta non se corresponda a un cargo público no exercicio das competencias que ten conferidas.
En todo caso consideraríase unha boa práctica a supresión da totalidade das sinaturas manuscritas do documento sempre e cando conste no documento publicado ou que sexa obxecto de acceso algún tipo de mención que poña de manifesto que o orixinal foi efectivamente asinado”.
Por último e como xa se lle ten indicado en máis dunha ocasión, non entran dentro das competencias da comisión realizar denuncias. Pero en todo caso, e dada insistencia da plataforma compre aclararlle o seguinte:
A Xunta de Galicia subscribiu catro convenios e un contrato co Colegio de Ingenieros Navales y Oceánicos. Así o informa a OLAF. As contas que se achegan pola plataforma nos seus escritos correspóndense coa Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos. Este colexio e esta asociación teñen personalidades xurídicas distintas, e igualmente elaboran e son titulares de presupostos e patrimonios diferentes, por tanto, dado que ningún contrato ou convenio dos que foron solicitados á administración foron asinados coa asociación, os presupostos da asociación dificilmente poden recoller os fondos públicos aos que se refire a plataforma. Non podéndose denunciar, aínda que a comisión fose competente, o presunto delito penal de apropiación de fondos públicos europeos que esa plataforma sinala.
Quinto.-
En conclusión, a Comisión da Transparencia entende que só resta que a Consellería do Mar achegue á plataforma o cuarto convenio dos subscritos entre a Consellería do Mar e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos realizado no marco do programa operativo do fondo europeo de pesca 2007-2013, tal como xa ten feito coas demais documentos solicitados.
A plataforma en ningún caso ten solicitado algún outro convenio dos anos 2012, 2013, 2014, 2015 como pretende indicar o escrito de 8 de xuño de 2017, polo que calquera outra documentación que se desexe recibir, terá que ser solicitada directa e claramente pola plataforma ante as administracións públicas, tendo en conta que poderán ser inadmitidas tolas aquelas solicitudes que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxx en nome e representación da Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia, xxxxxxxxxxxxxx con datas de 25 e 27 de abril, contra a denegación dun convenio dos subscritos entre a Consellería do Mar e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos realizado no marco do programa operativo do fondo europeo de pesca 2007-2013.
Segundo: Instar á Consellería do Mar, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar á Consellería do Mar, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga