Estimada 09/10/2017 · 173 días en resolverse

Solicitud de información sobre titularidad y contratos de alquiler de locales municipales en O Burgo y resultado estimatorio

El ciudadano solicitó al Concello de Culleredo información sobre la titularidad y contratos de alquiler de unos locales ocupados por servicios sociales. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación porque la remisión genérica al portal de transparencia no satisface la solicitud concreta del interesado.

Puntos clave de la argumentación

1 La remisión genérica a un portal de transparencia no es suficiente cuando la información constituye publicidad activa; es necesario concretar la respuesta mediante enlaces precisos y directos a los datos solicitados.
2 La simple remisión a la relación de bienes inmuebles del concello no aclara el título jurídico de ocupación de los locales en cuestión, siendo esta la información esencial que el interesado pretende obtener.
3 El Concello de Culleredo incurrió en denegación por silencio al no dictar resolución expresa en plazo sobre la solicitud de acceso.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposició adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx, mediante escrito do 19 de abril de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 19 de abril de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Culleredo. O interesado indicaba que na data do 14 de marzo de 2017 solicitou do Concello de Culleredo documentación relativa á titularidade dos baixos situados na Costa da Lonxa, nº 7, CP 15670, en O Burgo, ocupados polos servizos sociais municipais do concello, e, de selo caso, contrato de alugueiro e importes abonados en concepto de alugueiro. Como motivación indica que, como propietario do inmoble situado no devandito edificio, esta interesado en coñecer ditos datos a fin de cursar as comunicacións ou reclamacións que precise ao titular ou arrendatario do inmoble. O escrito viña acompañado do xustificante de presentación da solicitude no rexistro telemático do Concello de Culleredo. Segundo. Con data do 25 de abril déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Culleredo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 28 de abril. Terceiro. Con data do 11 de maio se recibiu o informe do Concello de Culleredo, asinado o día 8 de maio. O informe, en resumo, indicou que a relación dos bens inmobles dese concello está a disposición pública no portal de transparencia Do Concello de Culleredo no epígrafe Información de relevancia xurídica e patrimonial -Relación de bens inmóbeis do portal de transparencia deste Concello (http://www.culleredo.es/transparencia). Deste xeito, cumpriuse o dereito de acceso do solicitante (a información está accesible de xeito libre e gratuíto para o interesado e a mesma, que se corresponde co inventario de bens deste Concello, é comprensible, utilizable e localizable en condicións de seguridade e comodidade, de xeito autónomo e natural. Por tanto, o concello considera que a información solicitada está dispoñible sen necesidade de autorización algunha. Por este motivo entendeuse que non era preciso ditar resolución algunha por medio da que se concedese ou denegase o acceso á persoa solicitante e que non era aplicable por tanto o prazo máximo para resolver a mesma. Con esa mesma data do 8 de maio, ponse a disposición do solicitante a través dos medios elixidos polo mesmo na súa solicitude (realizada no modelo de instancia de solicitude de acceso á información pública dispoñible na sede electrónica dese concello) que é correo electrónico e buzón web. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013 e pola Lei 1/2016, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016 establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta lei 19/2013 sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016 recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente Da documentación aportada derívase que a solicitude de información non foi obxecto dunha resolución expresa en prazo. Tras a actuación desta Comisión da Transparencia, o Concello de Culleredo lle remitiu a ligazón ao seu portal de transparencia, no que consta a relación de bens inmobles de titularidade municipal. Trátase de información pública e que está xa publicada, polo que o Concello de Culleredo estimou que non tiña que resolver expresamente sobre o acceso. Sen embargo, sobre a información solicitada que poida estar xa dispoñible na páxina web do concello, este pode optar entre remitir toda a información solicitada, ou, respecto da información obxecto da solicitude xa publicada, indicar como pode acceder a ela, en aplicación do previsto no artigo 22.3 LTAIBG, que establece que si a información xa foi publicada, a resolución poderá limitarse a indicar ao solicitante como pode acceder a ela. Se se decide por esta última opción, o criterio desta Comisión, na liña do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e outros organismos similares nas distintas comunidades autónomas, é que cando todo ou parte da información solicitada constitúe publicidade activa en ningún caso será suficiente unicamente a remisión xenérica a portal ou á sede ou páxina web correspondente. É necesario que se concrete a resposta. Esta poderá redireccionarle á información de publicidade activa sempre que, tal información satisfaga totalmente a información solicitada pero deberá sinalar expresamente a ligazón que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras. Así as cousas, concluímos que o órgano reclamado pode elixir entre ofrecer a información solicitada por vía do exercicio de dereito de acceso exposto, podendo ofrecer a parte da información que xa é obxecto de publicidade sinalándolle a ligazón exacta que lle dea acceso directo á información. Nesta relación non figura o baixo situado na Costa da Lonxa, da que consta no expediente que o concello lle comunicou nese mesmo escrito remitido fóra de prazo que os devanditos baixos non son de propiedade municipal nin están ocupados en réxime de alugueiro, polo que entende o concello que non é posible atender a súa solicitude de remisión de documentación. Quinto. Se ben a información sobre os bens inmobles de titularidade municipal esta publicada no portal de transparencia do concello, este debería ter dado resposta, resolvendo a solicitude. Porén, a información que é obxecto de publicidade activa non esclarece a cuestión de quen é o titular co que se ten establecido unha relación xurídica para que os servizos sociais municipais estén a ocupar o baixo do inmoble situado na Costa da Lonxa de O Burgo, uso que é público e notorio, e mesmo esta rotulado na porta de acceso aos locais. Neste sentido, o artigo 5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece entre os principios xerais que rexen a publicidade activa que os suxeitos enumerados no artigo 2.1 (entre os que se atopan as administracións locais) publicarán de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. Neste sentido, a simple remisión á relación de bens inmobles do concello non achega a información relativa ao título xurídico polo que os baixos situados na Costa da Lonxa están sendo ocupados polos servizos sociais municipais, cando esta información é, precisamente, a que o interesado pretende acadar. Esta circunstancia é o fin último da solicitude e debe recibir unha resposta por parte do Concello. En conclusión, a Comisión da Transparencia ACORDA En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede PRIMEIRO. Estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx con data do 19 de abril, contra a denegación por silencio da súa solicitude de acceso á información por parte do Concello de Culleredo. SEGUNDO. Instar ao Concello de Culleredo a proporcionar a información solicitada no prazo máximo de 15 día hábiles, sen prexuízo de que realice as disociacións motivadas que correspondan en materia de protección de datos. TERCEIRO. Instar ao Concello de Culleredo a que remita copia electrónica a esta Comisión da Transparencia da información subministrada en cumprimento do acordado, e a que o faga no prazo máximo de 15 días hábiles. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2017 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga