El ciudadano solicitó al Concello de Culleredo información sobre la titularidad y el régimen de ocupación de unos locales en la Rúa Costa da Lonxa 7. Tras una denegación previa, el interesado presentó una segunda reclamación alegando evasivas por parte del Ayuntamiento. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación por ser extemporánea.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se presenta el 21 de junio de 2017 frente a una resolución del ayuntamiento fechada el 8 de mayo de 2017.
2
El plazo para interponer la reclamación es de un mes a contar desde el día siguiente a la notificación del acto impugnado según el art. 24.2 de la Ley 19/2013.
3
La resolución es inadmitible al haber transcurrido el plazo legal para dirigir el recurso ante la comisión, conforme al artículo 116 d) de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxxx xxxxxxx xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxxx, mediante escrito do 21 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxx xxxxxxx xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 21 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Culleredo
Segundo Tratase da segunda reclamación que o interesado fai respecto a unha petición que dirixiu ao concello de Culleredo. A primeira reclamación deu lugar ao expediente RSCTG 37/2017. Nese expediente o que se quere saber é en que réxime ou titulo son ocupados polo concello os baixos que o Concello de Culleredo ocupa no edificio Rúa Costa da Lonxa 7. A solicitude o que dicía foi “Documentación relativa a la titularidad de los bajos situados en Rúa Costa da Lonxa 7, 15670 O Burgo, ocupados por servicios sociales del Ayuntamiento. De ser el caso, contrato de alquiler e importes abonados al titular en concepto de alquiler”. A motivación indicaba que era propietario dun piso no dito edificio e quería cursar comunicacións e/ou reclamacións ao titular ou arrendatario do ben.
Cando a comisión no expediente RSCTG 37/2017 se pon en contacto coa administración local, esta resolve o 8 de maio de 2017, non constando a data de notificación. Fronte a esta resolución, o 21 de xuño de 2017, é que se produce a segunda reclamación en base ao seguinte:
Considera que lle denegan a información porque só se indica que non é da propiedade do concello nin están en réxime de alquiler polo que “Considero esta una respuesta como una clara evasiva de aportar la información adecuada sobre la realidad de la ocupación y por tanto, atenta contra la transparencia.”
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
A este procedemento lle son aplicables as leis 19/2013, do 9 de decembro (estatal) e 1/2016, do 18 de xaneiro (galega), xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O art. 24 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no art. 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O art. 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O art. 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu art. 28.
Segundo. Procedemento aplicable
O art. 28.3 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”; é a mesma definición da información pública que se contén no art. 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro (básica).
Tanto o concepto de información pública como o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla na normativa autonómica e estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas e o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
A lei 19/2013, do 9 de decembro ten por obxecto “ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública” e “regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade” (art. 1). No seu preámbulo sinala que “a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política. Só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións poderemos falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos”.
A Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro sinala na súa Exposición de Motivos que “a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións” aconsella a aprobación do texto, e resalta a superación dos anteriores estándares (“avanzar nos pasos dados pola lexislación previa e de os superar”), o que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Terceiro. Prazos de interposición do recurso
O artigo 24.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación se interporá no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado o desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
O artigo 116 d) da Lei de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, de 1 de outubro, establece que será causa de inadmisión ter trascorrido o prazo para a interposición do recurso.
O 30 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia acordou en sesión ordinaria, por unanimidade, a aprobación do seguinte acordo:
“Delegar na Presidencia as resolucións de inadmisión das reclamacións presentadas no exercicio do dereito de acceso á información pública que sexan extemporáneas, tanto porque son presentadas antes de que transcorra o prazo para resolver polo suxeito ao que se lle solicita, como por tratarse dunha reclamación na que ten transcorrido o prazo para dirixir o recurso ante a comisión.”
Quinto. Análise do expediente
A resolución do concello é de 8 de maio de 2017 e a reclamación se presenta o 21 de xuño de 2017, por tanto trátase dunha reclamación na que ten transcorrido o prazo para dirixir recurso ante a comisión.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Inadmitir por extemporánea, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a reclamación presentada por xxxxx xxxxxxx xxxxxxxxxxxx xxxxxxxxxx con data 21 de xuño de 2017, contra a denegación da solicitude de acceso á información pública do Concello de Culleredo de data 8 de maio de 2017
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga