El ciudadano solicitó al Concello de Marín el presupuesto municipal y la relación de puestos de trabajo de 2017. Alegó que la administración tardó en responder y que la información no estaba disponible en la web. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque la información fue entregada en plazo legal y estaba disponible físicamente en la Secretaría General.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración resolvió la solicitud de acceso a la información dentro del plazo legal establecido en la Ley 19/2013.
2
La documentación estaba accesible al público en la Secretaría General del Ayuntamiento, cumpliendo con el artículo 169.1 del RD Legislativo 2/2004.
3
La falta de disponibilidad de la información en soporte digital no constituye una denegación del derecho de acceso cuando existe disponibilidad física presencial.
4
Las deficiencias en la publicidad activa de la página web deben canalizarse mediante una queja al Valedor do Pobo y no a través de un recurso sustitutivo de acceso a la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por x xxxxxx xxxxxxxxxx xxxxxx, mediante escrito do 09 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. x xxxxxx xxxxxxxxxx xxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 12 de maio de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Marín.
O interesado indicaba o seguinte:
“Primero: En el Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra del día 24/04/2017 se publicaron sendos anuncios de exposición pública sobre aprobación inicial del presupuesto municipal para 2017 y aprobación de la relación de puestos de trabajo de dicha entidad, abriéndose plazo para examen y reclamaciones en el término de quince días (en el caso del presupuesto) y veinte días (en el caso de la relación de puestos de trabajo).
Mediante correo electrónico dirigido a su Alcaldía en fecha 24/04/2017 (se acompaña copia y constancia de su recepción) se interesó la remisión mediante via telemática de los documentos de ambos asuntos sometidos a exposición pública, siendo esta la vía solicitada por cuanto esa documentación consta realizada informáticamente, es abundante y pormenorizada, además de ser accesible, como lo demuestra el hecho de que en el ejercicio 2016 fue insertada en la página web toda la documentación correspondiente al presupuesto.
Este medio permite un examen adecuado de dichos documentos con mas garantía y detenimiento que el medio tradicional donde se entorpecería por la obtención de copias de aquella documentación de interés.
Segundo: No se ha proporcionado respuesta ni la documentación interesada. Tampoco consta, a esta fecha ningún documento en la página web del Ayuntamiento marín.es, a pesar de que se viene proclamando la misma como un elemento de transparencia. Dicha página web tiene gran parte de su contenido sin aplicación práctica ni información o posibilidad de acceso. Los únicos documentos que constan son los referentes al presupuesto de 2016 y otra información incompleta o totalmente desfasada como sucede en el cuadro de personal, oferta de empleo, etc., además de que es completamente ineficaz de ser utilizada como administración electrónica pues no tiene habilitado nada al respecto.
Indicar también que el Ayuntamiento de Marín dispone de Ordenanza reguladora propia publicada en el Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra el 08/10/2015, a cuyo amparo se formuló la citada solicitud según lo previsto en sus arts. 3.d), 4.a) y 4.e).
Dicha falta de respuesta y de proporcionar lo solicitado limita el ejercicio del derecho de información pública y conocimiento de los asuntos antes citados.
Tercero: En el ejercicio 2016 han ocurrido hechos similares, habiéndose pronunciado la Comisión de Transparencia en resolución RSCTG 0005/2016 en el sentido de estimar la pretensión planteada por esta parte e instar al Ayuntamiento de Marín a facilitar la documentación solicitada.
La página web del Ayuntamiento contiene específicamente apartados en los cuales se tendría que insertar la documentación interesada de forma fácilmente accesible para todos los interesados y es su falta la que motiva la solicitud no atendida”.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información, presentada por correo electrónico dirixido á secretaría da alcaldía. O correo electrónico leva data do 24 de abril, o mesmo día da publicación da aprobación provisional dos orzamentos no BOP de Pontevedra, e solicita
“Que de acuerdo a los artículos 3.d), 4.a y 4.e) de la anterior Ordenanza, le sea facilitado por este medio la siguiente documentación que se encuentra expuesta al público según anuncio del B.O.P. de 24/04/2017, comprensiva del presupuesto municipal y relación de puestos de trabajo
1.- Anexo de Personal correspondiente al ejercicio 2017
2.- Memoria de la Alcaldía correspondiente al presupuesto de 2017
3.- Informe del Sr. Interventor Municipal.
4.- Acuerdo plenario de aprobación del presupuesto municipal de 2017
5.- Acuerdo plenario de aprobación de la relación de puestos de trabajo.
6.- Relación de puestos de trabajo en exposición publica.
Se cursa esta solicitud al comprobarse que dicha documentación no está accesible en la página web del Ayuntamiento”.
Segundo. O 18 de maio de 2017, a secretaria da Comisión da Transparencia remitiulle ao interesado un correo electrónico no que se lle informaba que o procedemento de solicitude de información pública está regulado nos artigos 17 á 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Esta lei determina neses artigos que a resolución na que se conceda ou denegue o dereito de acceso deberá notificarse ao solicitante no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Dado que a reclamación ante a Comisión tiña data de 12 de maio, e a súa solicitude ante o Concello de Marín era do 24 de abril de 2017, nese intre a petición carecía de fundamento. Se lle informaba que o seu escrito, polo tanto, quedaría á espera de que transcorrera o dito prazo para o seu estudo sendo necesario que nese momento o interesado manifestase se tiña recibido ou non a documentación requirida.
O día 7 de xuño, recibiuse un correo electrónico dirixido á Comisión da Transparencia (rexistrado o día 8 de xuño) no que o interesado ratificábase en todos os extremos da reclamación presentada o día 12 de maio. Neste correo, achegaba nova información, nos termos que se verá no análise do expediente. Indicaba que o día 10 de maio, cinco días antes de que rematara o prazo de exposición pública para alegacións do orzamento municipal para 2017, se lle facilitou toda a información en formato electrónico, achegándolle os correspondentes arquivos. Cómpre salientar que cando presentou a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia o día 12 de maio, xa recibira o correo electrónico do 10 de maio desde a secretaría da alcaldía con todos os arquivos adxuntos e tiña daquela toda a información solicitada.
Terceiro. Con data do 14 de xuño de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Marín para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xuño de 2017.
O Concello de Marín non achegou o informe nin o expediente elaborado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
-Antes de entrar no fondo do asunto compre indicar que, o solicitante se dirixiu ao Concello de Marín a usando un correo corporativo do concello o día 24 de abril de 2017. Desde o mesmo correo corporativo ao que o solicitante se dirixiu, o 12 de maio de 2017 se lle achega a documentación requirida. O artigo 22 da Lei 19/2013, de 9 de decembro establece que o acceso á información se realizará preferentemente por vía electrónica. O artigo 17 desta mesma norma establece que a solicitude recollerá un enderezo de contacto, preferentemente electrónico, a efecto de notificacións. Por tanto, a vía electrónica, para a formalización da achega é o enderezo electrónico sinalado na solicitude. Solicitude á que o concello non sinala que sexa necesario realizarlle ningunha emenda para darlle trámite, segundo este artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
-A solicitude de acceso á información foi presentada o mesmo día no que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral da Corporación, xunto co cadro de persoal para o exercicio 2017, o 24 de abril de 2017. O anuncio do BOP de Pontevedra sinala que, en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría Xeral do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo se podan formular as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo o orzamento considerarase definitivamente aprobado. O prazo para alegacións concluía o 15 de maio de 2017.
- x xxxxxx xxxxxxxxxx xxxxxx comunica o día 7 de xuño que na data do 10 de maio de 2017 se lle achegou a información solicitada, ás 21:39 horas, en formato dixital á súa dirección de correo electrónico. Xa que logo, a administración municipal resolveu en prazo á solicitude de acceso á información pública.
Porén, a cuestión que o interesado promove nese mesmo escrito é que o mesmo 24 de abril de 2017 solicitouse a documentación por correo electrónico e, con todo, esta non se facilitou ata o día 10 de maio de 2017 ás 21:39 horas, co cal se impediu materialmente o estudo da devandita documentación e presentación de alegacións pois a tres días hábiles da conclusión obstaculizouse o exercicio deste dereito. Salienta o feito de que o concello tardase 12 días hábiles en facilitar a documentación solicitada e que durante o prazo de exposición pública os devanditos documentos non estaban materialmente dispoñibles de forma accesible na páxina web.
Entende que malia que os arts. 17 e 20 da Lei 19/2013 sinalen un prazo máximo dun mes sobre as peticións que se presenten, é esixible o cumprimento das condicións de exposición pública dos documentos do orzamento municipal cando está aberto o prazo de reclamacións e considera evidente que isto non se produciu.
A cuestión sobre a que incide é que a información materialmente non estaba dispoñible cando técnica e xuridicamente debería estalo e, doutra banda, considera que a páxina web do Concello ten graves deficiencias de todo tipo (información atrasada, información sen contido, imposibilidade de acceso electrónico, etc., etc.) e non é un elemento de participación e información.
Sobre o segundo aspecto, o reclamante non solicitou a información, senón que se reclamou ante a Comisión polo incumprimento das obrigas xerais de publicidade activa e o estado da páxina web do concello. Así, o escrito do reclamante dirixido á Comisión, cualificouse para toda a reclamación como recurso substitutivo, cando en realidade debería terse cualificado como queixa contra o concello ante a falta de publicidade activa, desde o momento que se coñece que o concello informou dentro do prazo legal. O anterior obriga a inadmitir o recurso, polo que se refire a este aspecto, sen prexuízo de dar o curso adecuado á queixa citada no marco das funcións ordinarias de supervisión das administracións galegas que o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei 6/1984, do 5 de xuño atribúen ao Valedor do Pobo.
O Valedor do Pobo non pode coñecer a denuncia como Comisionado da Transparencia (art. 32 da lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro) debido a que se trata dun asunto relativo a un concello. Estes non se atopan afectados polas disposicións xerais da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, salvo nos casos que expresamente se prevén, como o coñecemento dos recursos substitutivos por actos expresos ou presuntos dos concellos, a resolver pola Comisión da Transparencia (disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
É de indicar que, no que atinxe á primeira cuestión, o recorrente afirma que a documentación que debería estar accesible para información pública non o estivo, impedindo materialmente o exercicio do acceso á devandita información. Porén, no propio acordo municipal publicado no BOP de Pontevedra anúnciase que, en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría Xeral do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo se podan formular as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. Xa que logo, a documentación si estivo accesible, malia que non o estivera en soporte dixital.
É certo que a Ordenanza do Concello de Marín sobre transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos, publicada no BOP de Pontevedra o día 8 de outubro de 2015, manifesta no artigo 3,d) que estableceranse as medidas necesarias para que, na medida do posible, o acceso á información pública poida realizarse a través de medios electrónicos, sen necesidade de solicitude previa e de forma inmediata. Tamén se procurará que a publicación e posta a disposición se realice incluíndo ademais formatos electrónicos reutilizables sempre que sexa posible, todo iso sen prexuízo do dereito que asiste ás persoas a elixir a vía de comunicación.
Porén, trátase de principios xerais nesta materia e é no artigo 169.1 do RDlexislativo 2/2004, do 5 de marzo, no que se impón unha forma concreta de acceder á información suxeita a obrigas de publicidade.
Quinto.- Segundo a información achegada pola persoa que promove este recurso substitutivo, a información se lle remitiu tamén en formato electrónico e a solicitude de acceso foi resolta dentro do prazo legal.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Desestimar a reclamación presentada por x xxxxxx xxxxxxxxxx xxxxxx con data do 12 de maio e reiterada o 7 de xuño, contra a denegación de acceso á información do Concello de Marín no sentido exposto no fundamento cuarto.
Segundo: Trasladar a queixa formulada á valedora do pobo, por tratarse dun asunto propio desa institución, de acordo co previsto na lei 6/1984, de 5 de xullo, para que actúe como considere en relación ás funcións que lle son propias neste asunto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga