El ciudadano solicitó al Concello de Cabana de Bergantiños información sobre la financiación y permisos de obras de saneamiento en Nantón. Tras una respuesta insuficiente y falta de expediente completo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por denegación por silencio y resolución incompleta, instando al ayuntamiento a responder adecuadamente en 15 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso a la información pública no requiere que el interesado motive su petición.
2
La normativa básica de régimen local no constituye un régimen específico de acceso a la información que pueda desplazar la aplicación supletoria de la Ley 19/2013.
3
El informe de una empresa externa que remite artículos ya publicados no constituye una respuesta adecuada a las preguntas concretas del solicitante sobre costes y permisos de obras.
4
La administración debe informar concretamente sobre si las obras se realizaron en terreno público o privado y las autorizaciones correspondientes.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxx xxxxxx xxxxx, mediante escrito do 18 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxxxx xxxxxx xxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 4 de xullo de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Cabana de Bergantiños. A reclamación presentada indicaba que a petición ante o concello fora en base a Lei 7/1985, do 2 de abril, e o Real Decreto 2568/1986, de 28 e Novembro. Sen embargo entendía que a entrada en vigor da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, lle daba dereito a presentar unha reclamación ante a Comisión da Transparencia.
O interesado indicaba que con data de 18 de abril de 2017 solicitara ao concello de Cabana de Bergantiños información en relación co saneamento que se estaba realizando en Nantón. A petición facíase como interesado pois ao ter que cruzar a vía pública as tuberías para conectarme ao mesmo “ me pregunto ¿quién tiene que abonar los referidos gastos? Como también los gastos ocasionados por tener que poner una nueva arqueta (acometida) delante de mi domicilio, trabajos estos en la vía pública. Así como, ¿quién dio permiso para colocar una arqueta y el paso de la tubería de saneamiento invadiendo mi propiedad”.
O escrito viña acompañado de fotocopia da solicitude de 18 de abril de 2017 dirixida ao concello.
Posteriormente, o día 13 de xullo de 2017 reclamante indica que o concello non lle contesta e que tivo que xustificar debidamente a propiedade onde o concello arreglou uns camiños que non son públicos, e que cando lle contestan a documentación non é acorde co solicitado.
Segundo. Con data 7 de xullo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado o concello de Cabana de Bergantiños para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. Este escrito de iniciación indica que o informe solicitado deberá centrarse na existencia da solicitude, os trámites realizados e a información pública obxecto da solicitude tal e como contempla a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de xullo de 2017.
Terceiro. Con data 5 de setembro de 2017 se recibiu información por parte do Concello de Cabana de Bergantiños mais o expediente elaborado está incompleto pois falta a solicitude inicial e o acuse de recibo da notificación da resolución da información ao solicitante .
O informe, en resumo, indicou simplemente que se remite a copia do expediente e que razóns de escaseza de persoal e acumulación de traballo impediron resolver con anterioridade.
Igualmente se achega copia do informe que foi solicitado á empresa que realizaba as obras (OGP) e a notificación ao solicitante, sen acuse de recibo, da resolución do concello en base ao informe desa empresa. A petición faise desde o concello nos seguintes termos:
Hai unha solicitude de información que pide “información en relación con el saneamiento que se está realizando en Nantón; ya que desconozco si el alcantarillado que se está realizando a mis vecinos está sometido a tasas o está financiado en parte por la entidad local u otro organismo público ya que mayoritariamente me manifiestan los beneficiados del mismo que es gratuito. Así también al ener que cruzar la vía pública las tuberías para conectarme al mismo, me pregunto, ¿quién debe abonar los referidos gastos? Como también los gastos ocasionados por tener que poner una nueva arqueta (acometida)delante de mi domicilio, trabajos estos en la vía pública.
Ós efectos de dar resposta á mesma, solicítase se informe sobre os seguintes aspectos:
1.- condicións para realizar á acometida á rede de saneamento de A Cuncha-Nantón por parte dos veciños.
2.- trámites a realizar para a conexión.
3.- Custo económico para os veciños da realización da acometida.
4.- Calquera outro aspecto que se estime relevante para dar resposta á solicitudede información indicada”.
O escrito da empresa OGP pola súa parte, recolle os artigos 31 e seguintes do Regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento do concello de Cabana de Bergantiños, publicado no BOP 192, de 9 de outubro de 2013. Artigos que se ocupan das condicións para realizar unha acometida da rede de saneamento, neste caso a de a Cuncha-Nantón por parte dos veciños.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
O exercicio do dereito de acceso á información pública se inicia sempre por unha solicitude de acceso á información, a normativa citada polo interesado na súa solicitude ante o concello é a básica de réxime local, todos eles artigos xenéricos que recollen a potestade de autoorganización do ente local, os dereitos dos veciños e veciñas a ser informados, previa petición razonada, a participación cidadá, e os capítulos que estas normas dedican a información e participación cidadá no ámbito local. Ningunha das disposicións ditadas regula específicamente o dereito de acceso a información.
A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que se rexerán pola normativa específica, e por esta lei con carácter supletorio, aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información.
Esta disposición adicional , hai que entendela, tal como xa o fixo o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, no sentido de que estamos ante unha lexislación con carácter básico que ten por obxectivo a preservación doutros réximes de acceso á información que foran ou poidan ser aprobados e que teñan en conta as características da información que se solicita, delimite os lexitimados a acceder á mesma, prevea condicións de acceso . Por isto, só cando a norma en cuestión conteña unha regulación específica do acceso á información, por mais que regule exhaustivamente outros trámites ou aspectos do procedemento, poderá considerarse a lei 19/2013 como supletoria en todo o relacionado co dito acceso, non cabendo interpretar extensivamente a aplicación desta disposición en base á existencia de lexislacións sectoriais, pois a Lei 19/2013, do 9 de decembro é normativa básica.
A petición do reclamante non é a que recolle o concello, quen por certo non remite o expediente, tal como se recollen nos antecedentes.
A petición do reclamante é que se lle facilite a información de se tal como lle indican os veciños estanse a realizar unhas obras gratuítas para os beneficiados, se de se lo caso, e dado que hai que cruzar a vía publica para que súa propiedade teña acceso tería el que aboar os referidos gastos para a colocación das tubarias e a arqueta, e sobre todo ¿quen deu permiso para colocar unha arqueta e o paso da tubaria xeral de saneamento invadindo a súa propiedade?
O informe elaborado pola empresa OGP non responde a ningunha destas informacións e datos se non que recolle uns artigos xa publicados. Dado que se trata dunhas obras acometidas polo concello, corresponde a este responder directamente como se están a facer e quen é o departamento responsable das mesmas e en que condicións se fixeron e en concreto, se debe indicar se as obras foron realizadas en terreo público ou non, e en caso de que os terreos fosen privados con que ordenes ou autorizacións contaba o executor material, igualmente deberase indicar se son gratuítas ou existen taxas e cales son para a propiedade do reclamante .
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por xxxxxxx xxxxxx xxxxx con data 4 de xullo de 2017, contra a denegación por silencio do Concello de Cabana de Bergantiños e posterior resolución sen achega da información solicitada.
Segundo: Instar ao Concello de Cabana de Bergantiños, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar ao Concello de Cabana de Bergantiños, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga