El ciudadano solicitó al Concello de Triacastela información detallada sobre presupuestos, contratos, convenios y actas municipales (2014-2017). Ante la falta de respuesta, se recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última estima las reclamaciones debido a la denegación presunta y a que el Ayuntamiento no respondió al requerimiento de información del órgano supervisor.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración local está obligada a facilitar en su sede electrónica la información relativa a contratos, presupuestos y convenios según los artículos 6, 7 y 8 de la Ley 19/2013.
2
La falta de alegaciones o respuesta por parte de la administración ante el requerimiento del órgano de transparencia conlleva la obligación de aportar la información solicitada en beneficio del interés público.
3
La resolución debe formalizarse garantizando el derecho del solicitante a interponer los recursos correspondientes, incluido el recurso sustitutivo.
4
El Concello de Triacastela incurrió en denegación presunta al no responder a las solicitudes originales de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta ás reclamacións presentadas por xxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx, mediante tres escritos do 29 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx presentou, mediante tres escritos con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 30 de xuño de 2017, tres reclamacións ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendidas unhas solicitudes de acceso á información por parte do Concello de Triacastela.
O interesado indicaba que con data de 22 de maio de 2017 presentou tres solicitudes ante o concello nos que en base á lei 19/2013, do 9 de decembro solicitaba como dereito de acceso á información pública unha serie de documentos e datos que segunda o reclamante xa debían estar colgados na páxina web do concello, recollendo que se incumprían os principios do artigo 5.4 e 5.5 da lei 19/2013, do 9 de decembro relativos á publicación nas sedes electrónicas e a que sexa comprensible.
As solicitudes se referían a:
En materia orzamentaria:
“Primero. Copia íntegra, detallada y desglosada en formato digital abierto de software libre (Open Office, Libre Offixe, o similar) y/o PDF de:
1. Los presupuestos generales de la Corporación, así como sus liquidaciones referente a los ejercicios económicos de 2014, 2015, 2015 y 2016.
2. Sus anexos de:
Los planes y programas de inversión y financiación que, para un plazo de cuatro años, podrán formular los municipios y demás entidades locales de ámbito supramunicipal.
Los programas anuales de actuación, inversiones y financiación de las sociedades mercantiles de cuyo capital social sea titular único o partícipe mayoritario la entidad local.
El estado de consolidación del presupuesto de la propia entidad con el de todos los presupuestos y estados de previsión de sus organismos autónomos y sociedades mercantiles.
El estado de previsión de movimientos y situación de la deuda comprensiva del detalle de operaciones de crédito o de endeudamiento pendientes de reembolso al principio del ejercicio, de las nuevas operaciones previstas a realizar a lo largo del ejercicio y del volumen de endeudamiento al cierre del ejercicio económico, con distinción de operaciones a corto plazo, operaciones a largo plazo, de recurrencia al mercado de capitales y realizadas en divisas o similares, así como de las amortizaciones que se prevén realizar durante el mismo ejercicio.
Sus programas financieros referente a:
La inversión prevista a realizar en cada uno de los cuatro ejercicios.
Los ingresos por subvenciones, contribuciones especiales, cargas de urbanización, recursos patrimoniales y otros ingresos de capital que se prevean obtener en dichos ejercicios, así como una proyección del resto de los ingresos previstos en el citado período.
Las operaciones de crédito que resulten necesarias para completar la financiación, con indicación de los costes que vayan a generar.
Estado de la deuda municipal al día de la fecha de presentación de este escrito.
Segundo: Que toda esta información sea pública y accesible para cualquier persona desde una página web oficial del Ayuntamiento.”
En materia de contratación:
“Primero. Copia íntegra, en formato digital abierto (PDF, Libre office, etc) de todos los contratos firmados por el ayuntamiento durante los años 2014, 2015, 2016 y 2017; con indicación del objeto, duración, el importe de licitación y de adjudicación, así como certificación del procedimiento utilizado para su celebración, los instrumentos a través de los que, en su caso, se ha publicitado, el número de licitadores participantes en el procedimiento y la identidad del adjudicatario, así como las modificaciones del contrato.
Segundo. Certificación de la relación íntegra de todos los convenios suscritos por el Ayuntamiento de Triacastela en vigor actualmente; con mención de las partes firmantes, su objeto, plazo de duración, modificaciones realizadas, obligaciones de realización de prestaciones y, en su caso, las obligaciones económicas convenidas; encomiendas de gestión que se firman, con indicación de su objeto, presupuesto, duración, obligaciones económicas y las subcontratas que se realicen con mención de adjudicatarios, procedimiento seguido para la adjudicación e importe de la misma.
Tercero. Certificación de la relación de los miembros que integran la Mesa de Contratación del Ayuntamiento.
Cuarto. Que toda esta información relativa a Contratos y Convenios sea pública y accesible para cualquier persona desde una página web oficial del Ayuntamiento, en los términos legalmente establecidos.
Otrosi solicita: Que en el caso de que en la documentación solicitada existiese información que fuese motivo de excepción por verse afectado negativamente cualquier extremo relativo a la protección de datos o excepcionalidad contemplados en dicha ley, se justifiquen y motiven las razones concretas de dicha afección, proporcionándoseme acceso al resto de la información, eliminando la información objeto de excepción.”
En materia de actas de distintos órganos de goberno do Concello:
“ Que se me proporcione en formato dixital, mediante envío telemático ou outro medio dixital (CD, CVD, etc):
Copia das actas das sesións dos Plenos Municipais dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.
Copia das actas das sesións da Xunta de Goberno Local dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.
Copia dos decretos e resolucións do Pleno municipal dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.
Copia dos decretos e resolucións da Xunta de Goberno Local dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.
Copia dos decretos e resolucións da Alcaldía dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017
Outrosí solicita. Que no caso de que na documentación solicitada existise información que fose motivo de excepción por verse afectado negativamente calquera dos extremos relativos a protección de datos , se xustifiquen e motiven as razón concretas de dita afección, proporcionándoseme acceso ao resto da información. Eliminando a información obxecto de excepción.”
O interesado achega coas tres reclamacións os tres escritos de solicitude presentados nun rexistro que non é posible identificar pola mala calidade das copias dispoñibles.
Segundo. Con data do 7 de xullo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Triacastela en relación aos tres expedientes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada dos expedientes.
A recepción da petición de información e expediente pola administración foi o día 11 de xullo de 2017. A administración non elaborou informe nin remitiu expedientes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Previamente a analizar o fondo do expediente cómpre indicar que o artigo 57 da Lei 39/2015, do 1 de outubro permite ao órgano administrativo que tramite o procedemento a acumulación con aqueles cos que garde identidade substancial ou íntima conexión, sempre que sexa o mesmo órgano quen deba tramitalos. Neste caso a acumulación procede porque o fondo do asunto é nos tres casos o mesmo: ante o incumprimento sistemático dos principios xerais recollidos nos artigos 5.4 e 5.5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro por parte dun concello, e a falta de publicidade activa na páxina web do concello da información pública relevante, unha persoa, exercitando o dereito de acceso á información pública do artigo 13 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, se dirixe á súa administración local para que lle facilite a dita información.
O artigo 2 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, establece no seu artigo 2.1 a) como ámbito subxectivo de aplicación na transparencia da actividade pública do seu Título I as entidades que integran a Administración Local. Este título dedica o seu Capítulo II á publicidade activa e o seu Capítulo III ao dereito de acceso á información pública.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro pola súa parte no seu Título I, exclúe do ámbito subxectivo de aplicación na transparencia da actividade pública ás entidades que integran a Administración Local (artigo 3). Este título como no caso estatal regula no seu Capítulo II a publicidade activa e no seu Capítulo IV o dereito de acceso á información pública. A reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, corresponde no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais á Comisión de Transparencia vía disposición adicional quinta da lei.
A Disposición adicional cuarta 1. da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que a resolución prevista no seu artigo 24 “corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades Autónomas e o seu sector público , e polas entidades locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas”.
A Disposición final novena da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que os órganos das Comunidades Autónomas e Entidades Locais disporán dun prazo máximo de dous anos para adaptarse ás obrigas contidas nesta Lei.
A publicidade activa e o exercicio do dereito de acceso á información que se establece para as entidades locais é a establecida directamente na Lei 19/2013, do 9 de decembro, pero cun período de adaptación.
O artigo 8 a) da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que se publicarán todos os contratos, con indicación do obxecto, duración, o importe de licitación de adxudicación, o procedemento utilizado para a súa celebración, os instrumentos a través dos que, no seu caso, publicitouse, número de licitadores participantes no procedemento a identidade do adxudicatario, así como as modificacións do contrato. Igualmente serán obxecto de publicación as decisións de desestimento e renuncia dos contratos, a publicación da información relativa aos contratos menores elaborada trimestralmente.
A redacción legal de que publicidade corresponde aos convenios recollida no artigo 8 b), a dos orzamentos do artigo 8 d) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, coinciden practicamente na literalidade da petición realizada.
A publicación das actas dos órganos colexiados no Portal da Transparencia non está previsto expresamente pola normativa básica, se ben pode acordarse a súa publicación.
A publicación das resolucións en materia de dereito de acceso á información está recollido nos artigos 14 , 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro respectivamente. No caso da primeira instancia solo é necesario publicar as resolucións desestimatorias, no caso da segunda instancia se publicarán todas as resolucións previa á disociación dos datos.
O Portal da Transparencia solo recollerá a información cuxo acceso se solicite con maior frecuencia (artigo 10 Lei 19/2013, do 9 de decembro).
Esta normativa implica que o Concello de Triacastela está obrigado a facilitar na súa páxina web os datos e información que dispón os artigos 6, 7 e 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro desde o día da entrada en vigor da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que é o día 7 de marzo de 2017 .
A petición do solicitante como acceso á información pública pide en materia orzamentaria, contractual , en materia de convenios, e actas dos órganos de goberno todo o indicado na solicitude para os anos 2014, 2015, 2016 e 2017.
Reclamouse ao concello que aportara o seu criterio (expediente do procedemento de solicitude de acceso a información pública e un informe sobre a cuestión), pero non se recibiu, o que obriga a continuar o expediente sen os seus argumentos.
Descoñecemos o contido dos documentos solicitados e en que medida poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na lei estatal que resulten aplicables ao caso concreto examinado. Polo mesmo motivo tampouco coñecemos en que medida podería darse a información despois de disociala para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da lei 19/2013, do 9 de decembro). O anterior prodúcese pola falta de aportación do expediente e do informe sobre o actuado, con incumprimento do requirimento feito por esta comisión.
A falta de alegación en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada polo límite legalmente previsto, da lugar a que se teña que aportar a información pedida, aínda que con carácter previo debería examinarse a mesma e realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da lei 19/2013, do 9 de decembro), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista se comprobe que prevalece o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da lei 19/2013, do 9 de decembro).
E dado que desta forma non se pode realizarse a labor propia desta comisión, fundamentalmente a revisión dos criterios da resposta, en especial a ponderación á hora de resolver a petición e de aplicar, no seu caso, os límites ao acceso e a posible prevalencia do interese público ou privado no acceso, a resolución (pendente) na que finalmente se resolva sobre a cuestión debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Desa forma será posible coñecer o fondo do asunto e no seu caso corrixir a aplicación dos criterios de ponderación que poda realizar a administración.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar os tres recursos presentados o 30 de maio de 2017 por xxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx contra a denegación presunta da información referida no punto cuarto dos fundamentos xurídicos.
Segundo: Instar ao Concello de Triacastela a que no prazo máximo de 15 días hábiles responda formalmente (con ofrecemento dos recursos, entre eles o substitutivo que prevé normativa de transparencia) á solicitude de información pública, e especifique claramente os criterios da resolución, en especial os relativos á ponderación que no seu caso realice para aplicar os límites legais ao acceso e o interese público ou privado para o acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Triacastela a que no prazo máximo de 15 días hábiles remita a esta Comisión da Transparencia copia da resolución e da información enviada ao recorrente.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga