El ciudadano solicitó al Concello de Begonte las fechas previstas de inicio y fin de las obras del Plan sectorial de ampliación del Polígono Industrial. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y requiere al ayuntamiento que responda a la solicitud en un plazo de 15 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
El silencio administrativo del ayuntamiento impide el control del cumplimiento de la actuación administrativa mediante la entrega de datos incorporados en documentos de un proyecto municipal.
2
La paralización del plan sectorial no justifica la denegación del acceso, ya que la información consta en un documento público elevado a información pública en 2007.
3
El solicitante no está obligado a motivar su solicitud de acceso a la información pública según el artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por José Díaz Díaz, mediante escrito do 6 de xuño de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. xxxxxx xxxxx xxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 8 de xuño de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Begonte.
O interesado indicaba que con datas de 20 de xaneiro e 2 de maio de 2017 solicitara ao Concello de Begonte información sobre o Plan sectorial de ampliación do Polígono Industrial de Begonte, como parte interesada, ao ser propietario de fincas sitas no lugar de Postillón. A petición consistía en que se lle indicase a “data na que estaban previstas o inicio e a terminación das obras” (dato obrigatorio cumprimento, conforme o artigo 9.3 g) do Decreto 80/2000, de 23 de marzo). Este artigo recolle que os proxectos sectoriais conterán unha serie de determinacións, sendo a g) o prazo de inicio e terminación das obras.
O reclamante expresaba a súa estrañeza ante o silencio, pois anteriormente o 19 de xaneiro de 2016, en relación a outra cuestión sobre o plan se lle achegara un informe da arquitecta municipal, do 20 de outubro de 2015, no que constaba a paralización do Plan, tras unha serie de actuacións administrativas.
O escrito viña acompañado das solicitudes ao concello e da solicitude e da resposta do Concello no ano 2016, a resposta consistía nun informe(de outubro de 2015) da arquitecta municipal no que constaba a paralización do plan de sectorialización, expresando as fases de tramitación ata o momento da paralización. Igualmente recollía que o Plan fora presentado por Armoal Desarrollos Urbanos S.L.
Segundo. Con data de 7 de xullo de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Begonte para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de xullo de 2017. O concello non emite informe, nin facilita o expediente á Comisión da Transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, do 9 de decembro e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que adscríbese a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Esta lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que o solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
Antes de entrar na análise da existencia do dereito, cómpre analizar a petición realizada. A persoa interesada require ao concello que lle achegue un dato que debe estar recollido no Plan Sectorial de ampliación do Polígono Industrial de Begonte. A solicitude indicaba expresamente que o solicitante quería a data na que estaban previstas o inicio e a terminación das obras do Plan Sectorial de Ampliación.
Dado que o concello non remitiu o seu informe nin o expediente o único dato para a ponderación do acceso recóllese no informe da arquitecta do concello de 20 de outubro de 2015, informe que achega o reclamante, que indicaba que o plan sectorial estaba paralizado, “ya que al no obtener informe favorable de la Exma Diputación de Lugo, no dispone de todas las autorizaciones necesarias para continuar su tramitación”. Esta comisión carece de datos mais actualizados debido a falta de resposta do propio concello.
A petición como queda dito faise sobre un documento que coa documentación remitida polo propio reclamante existe. O Plan Sectorial para o desenvolvemento do solo urbanizable industrial non delimitado ubicado nas inmediacións do polígono industrial de Begonte foi aprobado inicialmente e sometido a información pública durante un período de dous meses segundo anuncio publicado no DOG de 27 de xuño de 2007. O feito de que o plan en si mesmo estea paralizado non xustifica que a información solicitada se atope en curso de elaboración, pois consta nun documento público que foi elevado a información pública por acordo de 23 de maio de 2007, e publicado no DOG de 27 de xuño de 2007.
Quinto. A lexislación da transparencia prevé a divulgación dunha cultura de transparencia na actividade das administracións públicas fundamentada nos seus principios reitores. Principios, que para a lei 1/2016, do 18 de xaneiro se recollen no seu artigo 2, e que sen ánimo de exhaustividade céntranse na idea de responsabilidade no cumprimento desta norma, no principio de veracidade que permite asegurar que a información facilitada é certa e exacta, e en definitiva que se permita a consecución do obxectivo final da norma que é a provisión á cidadanía da información necesaria para exercer o seu dereito fundamental á participación nos asuntos públicos.
O peticionario foi moi claro na solicitude formulada ante o concello pedindo información sobre a “data na que estaban previstas o inicio e terminación das obras”. Por tanto, o concello ao denegar o acceso á información solicitada está impedindo o control do cumprimento da actuación administrativa mediante a efectiva achega dos datos incorporados en documentos relativos a un proxecto do concello.
En conclusión, a Comisión da Transparencia
ACORDA
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por xxxxxx xxxxx xxxxx con data 6 de xuño de 2017, contra a denegación do Concello de Begonte por silencio negativo.
Segundo: Instar ao Concello de Begonte, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: Instar ao Concello de Begonte, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2017
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga